Triptico benef ler

Page 1

Recorda que podes visitar o noso blogue da biblioteca: axaneladechisco@blogspot.com.es

Colgaremos as actividades que levamos a cabo, as novidades que van chegando e as visitas ilustres que temos programadas. Podes facerte socio ou socia da biblioteca do colexio, pregunta polo equipo da biblioteca e farémosche a foto para poder imprimirche o número de lector e coller libros da nosa fantática biblioteca. En breve informarémosvos dos horarios de préstamos para adultos, que pode ser unha estupenda ocasión para que visites co teu fillo ou filla a biblioteca escolar. Intentaremos editar unha guía de lectura ao final de cada trimestre para que vos poñades ao día dos “best seller” da nosa biblioteca. Para calqueira dúbida ou cuestión xa sabedes que os martes pola tarde atenderémosvos sen problema. ÁNIMO!!!!

“LER É BO, PERO QUE LEAS COS TEUS FILLOS É MOITO MELLOR” Chisco (Rato da Biblioteca do CEIP de Randufe)

Non esquezas visitarnos!!! axaneladechisco@blogspot.com.es

EQUIPO DE BIBLIOTECA CEIP DE RANDUFE

2 4 O U T U B RO : D Í A DA S B I B L I OT E C A S

Lemos en familia?


Lemos en familia? Na escola, creamos ambientes para facer lectores e lectoras eficaces, pero consideramos que dende a casa tamén podemos axudar aos nosos fillos e fillas a crear un ambiente propicio para invitalos a ler. E para iso imos darvos uns consellos moi importantes para conseguilo: 1. É necesario que a familia asuma un papel protagonista coa lectura, non fai falta ser un profesional da materia, únicamente porlle cariño constancia e diversión. 2. A lectura ha de convertirse en algo tan habitual como lavar os dentes, faremos do acto de ler un conto parte da nosa rutina diaria. 3. Debemos dar exemplo da nosa concentración na lectura, os cativos aprenden tamén observando o que facemos os adultos, se ti les, eles len. 4. Debemos mostrar interese nas súas lecturas , adaptarnos aos temas que lle interesen para motivalos moito máis á hora de ler. 5. Ademáis de contarlle contos, ten vital importancia a tradición oral, refráns, cantigas, adiviña, trabalinguas… 6. Ler xunt@s, ver as letras, as imaxes, preguntar que pasaría se…, que farías ti se…, ir un pouquiño máis alá e dialogar xunt@s.

7. Escoitalos ler un conto que vos xa lle contastes, ainda que non saiban, resultará moi interesante escoitar como a través das imaxes como fían a historia e do que retiveron das vosas palabras, 8. Crear unha pequeña biblioteca de fácil acceso cos seus propios contos e que poida usalos en calquer momento 9. Visitar de cando en vez unha biblioteca ou libraría para escoller un conto e acudir a contacontos ou obras de teatro que se organicen dende a biblioteca do centro ou municipal. 10. Calquera excusa e boa para ler, carteis, etiquetas, rutas de viaxe, receitas de cociña…

Non vos desanimedes, estas recomendacións poden parecer complicadas en principio, pero pouco a pouco veredes que os hábitos lectores dos vosos fillos e fillas cambian e esto implica en moitos aspectos positivos da aprendizaxe, e se aínda non le, moito mellor empezar canto antes a motivalos para darlle á lectura a importancia que terá nas súas vidas. E qué libros escolleremos? Cada neno e nena é distinto e especial e non existen fórmulas máxicas que aseguren o éxito, pero por experiencia, é moi importante ter en conta que os libros son un obxecto de disfrute, case un xoguete e por iso deben ser estéticamente atractivos, sendo a ilustración o máis importante. No blogue da biblioteca do colexio colgamos novidades que chegan, podedes guiarvos por ahí, ou senón un paseo por unha libraría sempre resulta moi inspirador. axaneladechisco@blogspot.com.es


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.