Animais mariños- PROA

Page 1

ANIMAIS MARIÑOS

PROA 2019


Traballo realizado polas nenas e nenos de PROA de 5º e 6º de Educación Primaria.

AUTORES: • ANXO • CANDELA • DANIELA • DIEGO • ERIC • MANUEL • NICOLÁS • ROSA


Araña mariña ¿Onde vive? En todas as profundidades dos océanos, dende os mares tropicais aos polares. ¿Que

come? Anémonas,

invertebrados

de corpo brando,

pequenos

crustáceos, vermes mariños e cáscaras de ovos doutras especies. ¿Como se despraza? Desprázase andando o nadando con axuda das súas patas. ¿Canto mide? Pode medir hasta 10 mm. ¿Como se reproduce? É ovípara. O macho transporta os ovos. Esperanza de vida: arredor dun ano. Curiosidade: Algunhas arañas de mar non teñen corazón.


Cachalote ¿Onde vive? Vive en todo os océanos, excepto na zona ártica, e habita sobre todo nos mares tropicais e temperados. O cachalote é común nas aguas da península Ibérica e tamén nas illas Canarias. ¿Que come? É carnívoro e a súa presa favorita é o calamar. ¿Vive só ou en grupo? Vive en grupos. As femias e as súas crías están separadas dos machos más vellos. ¿A que velocidade nada? Nada a unha velocidade de 3 millas por hora, sen embargo, poden moverse se é necesario a 25 millas por hora. ¿Ten algún sentido desenvolto? O cachalote é o animal con dentes máis grande do mundo e é a especie co cerebro máis grande e pesado de todos os seres vivos. ¿Canto mide e pesa? Os machos poden acadar os 18 m de lonxitude e as 48 toneladas de peso, mentres que as femias son máis pequenas, máximo 12 m de lonxitude e 14 toneladas. ¿Como se reproduce? É un animal mamífero. Só teñen unha cría cada 3 ou 4 anos. A nai dálle de mamar ao fillo ata os 19-42 meses. Esperanza de vida: arredor de 60-70 anos. Curiosidade: Está en perigo de extinción.


Calamar Xigante ¿Onde vive? Vive nas profundidades mariñas de todos os océanos. ¿Que come? Comen peixes de tamaño mediano e pequenos crustáceos. ¿Como se despraza? Desprázase por “propulsión a chorro”. ¿Vive só ou en grupo? Vive só. ¿Ten algún sentido desenvolto? O seu sentido do olfacto é moi bo e é moi sensible ao gusto (ten unha capacidade de gusto 1.000 veces superior ao do ser humano). ¿Canto mide e pesa? Mide de 6 a 13 metros. O peso máximo estímase en 312 kg as femias e 178 kg os machos. ¿Como se reproduce? Os machos fertilizan os ovos (que se localizan debaixo das branquias das femias) mediante un tentáculo máis corto que teñen para esta función. Esperanza de vida: arredor de 2 anos. Curiosidade: Os seus tentáculos pódense rexenerar.


Estrela de mar ¿Onde vive? Vive en todos os océanos. ¿Que come? As estrelas de mar son animais carnívoros. Aliméntanse de moluscos (ameixas, mexillóns, ostras e caracois de mar), esponxas mariñas, ourizos de mar e algúns peixes pequenos. ¿Como se despraza? Non posúen sistema óseo. Un dos seus brazos é a súa cabeza e o resto móvese seguindo esa dirección. Posúen pés con ventosas. ¿Vive soa ou en grupo? Pasa a maior parte das súas vidas soas. Durante certos períodos do ano agrúpanse para alimentarse. ¿Ten algún sentido desenvolto? Ten un fascinante sentido da vista. ¿Canto mide e pesa? Pode medir ata 70cm de largo e pode pesar ata 5 kg. ¿Como se reproduce? A estrela de mar libera os ovos e os espermatozoides no mar, aí fertilízanse. É unha reprodución sexual. Esperanza de vida: arredor de 35 anos. Curiosidade: as estrelas de mar non teñen sangue, polas súas veas pasa auga do mar.


León mariño ¿Onde vive? Ten o seu hábitat en todos os océanos do mundo. A maioría viven nas zonas extremadamente frías subárticas, aunque outros prefiren vivir nas aguas cálidas dos trópicos. Non existen leóns mariños no Océano Atlántico. ¿Que come? É carnívoro xa que come unha gran cantidade de peixes. ¿Como se despraza? Desprázase como as morsas e animais parecidos. Dando aletazos contra o chan e saltando. ¿Vive só ou en grupo? Vive en grupo. ¿Ten algún sentido desenvolto? Son animais moi sociables e teñen variedade de métodos de comunicación. Ten un bo sentido da vista. ¿Canto mide e pesa? Os machos miden arredor de 1.9 m e o seu peso máximo é de 160 kg. As femias miden arredor de 1.5 m e o seu peso é de 50 kg. ¿Como se reproduce? Mediante a reprodución sexual. Esperanza de vida: arredor de 20-30 anos. Curiosidade: é capaz de durmir na auga.


Medusa melena de león ¿Onde vive? O hábitat natural é a rexión Ártica. Tamén atopáronse no océano Atlántico e Pacífico. ¿Que come? Cando é pequena comen zooplancton e cando é adulta aliméntase de crustáceos, peixes pequenos, larvas, ovos doutros animais acuáticos e ata incluso outras medusas. ¿Como se despraza? Flotando ou deixándose levar polas correntes de auga. Posúen un mecanismo de propulsión similar ao dunha moto de auga para poder desprazarse. ¿Vive soa ou en grupo? Vive en grupo para protexerse. ¿Ten algún sentido desenvolto? Unha das características máis fascinantes é a súa capacidade para moverse na auga. ¿Canto pesa? Ten un peso de máis de 200 kg. ¿Como se reproduce? Expulsa ao mar tanto óvulos como espermatozoides, para forman larvas de onde nacen novas medusas. Esperanza de vida: arredor de 12 meses. Curiosidade: A medusa melena de león é a máis grande de todas as medusas. Pode medir máis de 120 pés de largo. É unha das especies máis antigas do mundo.


Morsa ¿Onde vive? En zoas onde fai moito frío como no océano Ártico. ¿Que come? Gústalle comer moluscos e ameixas. Tamén se alimenta de outros tipos de invertebrados como vermes. ¿Como se despraza? Saltando ou dando batendo contra o chan. ¿Vive soa ou en grupo? Vive en grupos. ¿Ten algún sentido desenvolto? Ten un gran sentido da audición. Creése que poden escoitar chamadas ata dunha milla de distancia. ¿Canto mide e pesa? O macho pesa entre 800 e 1700 kg e a femia pesa entre 400 e 1250 kg. O macho mide entre 2.7 e 3.6 m e a femia mide entre 2.3 e 3.1 m. ¿Como se reproduce? O macho aparéase con varias femias dentro da auga. Esperanza de vida: arredor de 20-30 anos. Curiosidade: A súa pel cambia de cor dependendo da temperatura. É gris en augas frías, pero nas temperadas tórnase rubia xa que as súas veas dilátanse regulando a calor.


Orca ¿Onde vive? Nos océanos de todo o mundo. ¿Que come? Come peixes, calamares, focas, leóns mariños, morsas, aves, tartarugas mariñas, pingüíns , polbos e baleas pequenas. ¿Como se despraza? Como un submarino. Ten unha cola usada para a natación. As aletas móvense de arriba cara abaixo para acelerar. A aleta dorsal actúa como a quilla dun barco. ¿Vive soa ou en grupo? En grupo. ¿Ten algún sentido desenvolto? O seu sentido do oído. ¿Canto mide e pesa? Pesa entre 4 o 5 toneladas e mide entre 7.7 e 9 metros de lonxitude. ¿Como se reproduce? É un mamífero acuático. Esperanza de vida: arredor de 15-30 anos, pero poden chegar a vivir 50 ou 80 anos. Curiosidade: respiran por pulmóns a través dun espiráculo situado na cabeza.


Peixe Cirurxián ¿Onde vive? No Océano Pacífico e Índico. ¿Que come? É un peixe omnívoro xa que come: placton, escamas, camaróns e algas. ¿Como se despraza? Nadando. ¿Vive só ou en grupo? En grupo. ¿Como se reproduce? A femia expulsa os seus óvulos por riba do coral e o macho expulsa o esperma e a fertilización ocorre externamente. ¿Canto mide e pesa? Pode medir ata 30 cm e pode alcanzar os 7-8 kg. Esperanza de vida: arredor dos 10 anos. Curiosidade: é famoso pola película Buscando a Dory.


Peixe Globo ¿Onde vive? En todo o mundo. A maioría atópase nas augas oceánicas tropicais e subtropicais, pero algunhas especies viven en augas doces. ¿Que come? Come animais invertebrados e algas. ¿Como se despraza? Nadando, pero aumenta a súa velocidade inchándose e movendo as aletas laterais. ¿Vive só ou en grupo? Vive só. ¿Como se reproduce? Reprodúcese de forma ovípara. ¿Canto mide e pesa? Pode medir ata 61 cm e pode alcanzar os 10 kg. Esperanza de vida: entre os 5 e 10 anos. Curiosidade: infla o seu corpo con auga ou aire para nadar máis rápido e defenderse dos seus depredadores.


Peixe Pallaso ¿Onde vive? Poden vivir en lados, ríos, mares ou océanos. ¿Que come? este peixe aparte de empregar a anémona para vivir tamén é unha fonte de alimento brindándolle unha especie de parásitos os cales come e limpa a anémona. Tamén se alimenta algas, plantón e peixes máis pequenos. ¿Como se despraza? Desprázase de norte a sur, seguindo as correntes. ¿Vive sé ou en grupo? Vive en grupos en anémonas. ¿Como se reproduce? Reprodúcese de forma ovípara na anémona. ¿Canto mide e pesa? Pode medir ata 10 cm e pode alcanzar os 10 g. Esperanza de vida: ata os 15 anos. Curiosidade: cando a femia morre, o macho convértese na femia.


Tiburón Balea ¿Onde vive? Está presente en todos os mares tropicais. ¿Que comen? Aliméntase de peixes pequenos, crustáceos e calamares. ¿Como se despraza? Desprázase a unha velocidade media de 5 km/h. ¿Vive sé ou en grupo? Habitualmente vive só pero pode formar grupos. ¿Como se reproduce? Non se coñece. ¿Canto mide e pesa? Pode medir ata 12 m e pode alcanzar as 15 toneladas. Esperanza de vida: entre os 20 e 30 anos. Curiosidade: pódeselle chamar tamén dominó ou peixe dama polas súas pintas brancas na pel.


Tiburón Branco ¿Onde vive? Habita na costa este de EE.UU. e no oeste, a costa do golfo, América do Sur, Australia, Nueva Zelanda, Hawái, o mar Mediterráneo, ao oeste de África, Japón e o este de China. ¿Que come? Aliméntase de peixes como as raias ou outros tiburóns, focas, leóns mariños ou golfiños. ¿Como se despraza? Desprázase con movementos ondulantes. ¿Vive só ou en grupo? Vive só. ¿Ten algún sentido desenvolto? Ten o olfacto desenvolto. ¿Canto mide e pesa? Mide arredor dos 5 metros e pesa entre 680 e 1100 kg. ¿Como se reproduce? Pode ser vivíparo ou ovíparo. Esperanza de vida: pode vivir máis de 70 anos. Curiosidade: ten 300 dentes e están dispostos en ata sete filas.


Tiburón Martelo ¿Onde vive? En augas cálidas. ¿Que come? Comen peixes, lagostas, calamares e peixes raia. ¿Como se despraza? Con movementos ondulantes. ¿Vive só ou en grupo? Vive só. ¿Ten algún sentido desenvolto? O sentido da vista. ¿Canto mide e pesa? Pode chegar a medir 6 metros e pesar case media tonelada. ¿Como se reproduce? Unha vez ao ano e en xeral prodúcese cando o tiburón macho morde á femia con violencia ata que ela se compromete a aparearse con el. Esperanza de vida: arredor dos 30 anos. Curiosidade: non son perigosos para o ser humano.


Tartaruga mariña ¿Onde vive? Onde a temperatura da auga é superior os 20º. ¿Que come? Come peixes e camaróns. ¿Como se despraza? Dentro da auga movendo as súas aletas. ¿Vive soa ou en grupo? Vive en grupo mentres é pequena. ¿Ten algún sentido desenvolto? Fóra da auga son practicamente cegas. ¿Canto mide e pesa? Mide arredor de 1.5 metros e pesa arredor de 230 kg. ¿Como se reproduce? A femia sae do mar e na praia cava o seu niño y pon os seus ovos (fano pola noite). Créese que fan os seus niños nas mesmas praias onde naceron elas. Esperanza de vida: arredor dos 100 ou 150 anos, pero unha tartaruga chegou a vivir 250 anos. Curiosidade: son uns dos habitantes máis antigos do noso planeta. Poden acadar ata os 36 km/h e realizar 500 km en 10 días.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.