PROXECTO E-DIXGAL – CONVOCATORIA CURSO 2015-2016 0.- Datos do centro Nome: CEIP Emilia Pardo Bazán Titularidade: Pública Código: 15021627 Dirección postal: Travesía de Los Rosales, S/N Dirección de correo electrónica: ceip.emilia.pardo.corunha@edu.xunta.es
1.- Introdución descritiva do contexto do centro. O Contorno O CEIP Emilia Pardo Bazán está situado no barrio de Labañou escolarizando a nenos e nenas de Labañou, Los Rosales e O Portiño. O colexio e o alumnado participan dun contorno urbán e natural, con amplas zonas verdes como a Praza Elíptica deseñada para ser o centro neurálxico do barrio. Temos moi cerca o parque do Monte de San Pedro que conta cunha cúpula atlántica (único miradoiro cuberto de España de 360º) desde a que divísase o ir e vir dos barcos guiados polo faro milenario da Torre de Hércules. No parque hai un labirinto inglés confeccionado con plantas italianas e tamén un estanque con patos.
As tres zonas que conforman o barrio dánlle un aspecto bastante heteroxéneo en canto á configuración urbanística, características das vivendas, comunicacións e equipamentos. Heteroxeneidade que se traslada á renda familiar,
PROXECTO E-DIXGAL – CONVOCATORIA CURSO 2015-2016 superior en Los Rosales; antigüedade, no barrio de Labañou; distanciamento ao centro, tamén cultural, no barrio do Portiño. Neste lugar a meirande parte da poboación é de etnia xitana. O nivel socio-económico das familias é de clase media-baixa nas zonas de Labañou e O Portiño, e clase media-alta na zona de Los Rosales. Con todo dentro de cada unha destas zonas hai as diversidades suficientes para poder afirmar que cada “familia é un mundo”. Preto do colexio bate con forza o océano atlántico nunha costa escarpada na que podemos desfrutar de 14 especies vexetais distintas e gran diversidade de aves na proximidade das Illas de San Pedro.
En canto á oferta cultural e de ocio dispoñemos dunha biblioteca municipal, un pavillón polideportivo e un centro cívico. No mesmo barrio e moi cerca de nós hai outros dous centros escolares privados, o CPR Plurilingüe Calasancias e o CPR Calasanz - PP Escolapios, unha escola infantil municipal, a EIM Los Rosales. Alumnado Ao centro asisten 649 alumnos e alumnas repartidos en nove aulas de educación infantil e dezaito de educación primaria. Na última década a matrícula do centro incrementouse un 31 % con respecto ao curso 2004/05. Un 3,8 % é alumnado de etnia xitana, un 1,54 % do alumnado procede do estranxeiro: Alxeria, Andorra, Arxentina, Brasil, Colombia, México, Portugal e República Dominicana.
O centro conta cunha Aula Específíca de Educación Especial en
centro ordinario na que está escolarizado un alumno con Síndrome de West. Entre
PROXECTO E-DIXGAL – CONVOCATORIA CURSO 2015-2016 o alumnado hai un 1,7 % que presenta necesidades educativas especifícas e un 8 % presenta necesidades especifícas de apoio educativo. Distribución por aulas: •
4º de Educación Infantil (3 anos): 66 alumnos/as
•
5º de Educación Infantil (4 anos): 73
•
6º de Educación Infantil (5 anos): 76
•
1º de Educación Primaria: 64
•
2º de Educación Primaria: 78
•
3º de Educación Primaria: 72
•
4º de Educación Primaria: 72
•
5º de Educación Primaria: 74
•
6º de Educación Primaria: 74
Profesorado A situación administrativa do profesorado é a seguinte: 41 mestres/as con destino
definitivo,
7
mestres/as
con
destino
provisional,
coa
seguinte
distribución: •
17 mestres/as de Primaria
•
12 mestras de Educación Infantil.
•
1 mestra de Filoloxía Francesa.
•
3 mestras de Filoloxía Inglesa.
•
3 mestres/as de Educación Física .
•
2 mestres de Educación Musical.
•
4 mestras de Pedagoxía Terapéutica.
•
2 mestras de Audición e Linguaxe (1 compartida con outro centro).
•
1 orientadora.
•
2 mestras de Educación Relixiosa Católica.
•
1 mestra de Educación Relixiosa Evanxélica.
Dado que practicamente a totalidade do claustro conta con dsetino definitivo no centro favorécese o bo funcionamento e organización deste, facilitando en gran medida a continuidade dos proxectos que se poñen en
PROXECTO E-DIXGAL – CONVOCATORIA CURSO 2015-2016 marcha, como se vén demostrando ata o momento actual. No centro están constituídos os órganos de goberno, tanto unipersoais como colexiados, que marca a lexislación vixente. O mesmo ocorre en canto ós órganos de coordinación docente. Familias As familias que así o desexan poden asociarse na Asociación de Nais e Pais “Milnen@s”. Esta ANPA xestiona o programa de Madrugadores e o Comedor Escolar en colaboración co Concello da Coruña e a Federación de ANPAs. Dito comedor funciona con servizo de cátering. A ANPA tamén organiza en horario de tarde actividades extraescolares deportivas e culturais.
A relación entre centro e familias se canaliza fundamentalmente a través das titorías co profesorado. Cando se considera necesario tamén intervén o departamento de Orientación e/o equipo directivo. Persoal non docente O centro conta co seguinte persoal non docente: •
2 conserxes (1 a media xornada).
•
4 limpadoras (1 a media xornada).
•
4 coidadoras auxliares para alumnado con NEE (1 compartida con outro centro) .
•
Monitores
de
madrugadores,
comedor
escolar
e
actividades
PROXECTO E-DIXGAL – CONVOCATORIA CURSO 2015-2016 extraescolares (pertencentes ás empresas que xestionan os servizos complementarios). Instalacións O centro comezou a funcionar no ano 1979. Conta con tres edificacións: •
Edificio principal: para educación primaria.
•
Aulario infantil: inaugurado no actual curso escolar
•
Edificio azul: antigo edificio de educación infantil destinado para albergar aulas para actividades extraescolares.
En conxunto conta coas seguintes instalacións: •
9 aulas de educación infantil.
•
18 aulas de educación primaria .
•
2 aulas de Inglés.
•
1 aula de Música .
•
3 aulas de Pedagoxía Terapeútica.
•
2 aulas de Audición e Linguaxe.
•
1 aula de Educación Especial.
•
3 aulas para Educación Relixiosa Católica/Evanxélica.
•
1 aula para desdobres no Encerado Dixital Interactivo infantil.
PROXECTO E-DIXGAL – CONVOCATORIA CURSO 2015-2016 •
2 salas de usos múltiples para Psicomotricidade.
•
1 aula de informática (con 25 equipos con sistema operativo GALPon MiniNo distribución de GNU/Linux para equipos lixeiros con EDI).
•
1 biblioteca escolar.
•
1 laboratorio/aula de plástica..
•
1 despacho-aula de Orientación.
•
1 pequeno almacén para materiais de teatro.
•
Zonas administrativas (2 Salas de Profesorado, Dirección, Xefatura de Estudios, Secretaría e administración) .
•
1 conserxería.
•
1 comedor escolar con obradoiro para o servizo de catering.
•
1 despacho para a ANPA.
O edificio anexo, antigo edificio de infantil, acollerá no vindeiro curso escolar aulas para actividades extraescolares, almacén da horta escolar,...
Horario O centro funciona en sesións de xornada única. O servizo de Madrugadores funciona dende as 7:30 ata as 9:00 horas. O horario lectivo vai desde as 9:00 ás 14:00 horas. O comedor funciona de 14:00 a 16:00 horas. Dende as 16:00 ata as 18:00 horas lévanse a cabo as actividades extraescolares. Durante todo o curso o profesorado permanece no centro os luns de 16 a 19 horas. O resto da semana se establece un sistema de gardas para atención ás necesidades que poidan xurdir, garantindo sempre a presenza de 2 mestres/as na biblioteca escolar no horario de 16:00 a 18:00 horas. Actividades, proxectos e premios O centro participa en moitas das actividades propostas polos diferentes organismos presentes na cidade: •
Descubrir Coruña
•
Voz Natura
•
Museo de Arte Contemporánea (MAC)
•
Museo de Belas Artes
PROXECTO E-DIXGAL – CONVOCATORIA CURSO 2015-2016 •
Fundación Luís Seoane
•
Fundación María José Jove
Así mesmo, como resultado destas participacións obtivo nos últimos anos varios premios: •
Finalista no II Premio Espiral Edublogs na categoría de infantil con “Aula Blogue” no ano 2008.
•
1º premio na categoría de 1º ciclo de Primaria no Premio Noray da Autoridade Portuaria de a Coruña no ano 2009.
•
3º premio mellor blog de aula nos premios EDUBLOGSAWARDS polo blog de inglés “English with Rose” no ano 2009.
•
1º premio Concurso de deseño dunha campaña de promoción da lingua galega en centros públicos de educación primaria da cidade da Coruña, organizado polo Equipo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña no ano 2011.
•
1º premio na categoría Infantil no XVI Certame de Teatro "Candilejas Don Bosco" no ano 2013.
•
1º premio na categoría Benxamín no XVII Certame de Teatro "Candilejas Don Bosco" no ano 2014.
Actualmente o centro está inmerso nos seguintes proxectos: •
Proxecto Abalar.
•
Proxecto teatral interaulas.
2.- Xustificación da solicitude do proxecto de Aula dixital. Consideracións previas O Foro Tic e Educación Metas Educativas 2021 recolle na súa meta 5 o seguinte: Asegurar que todos os alumnos alcancen as competencias básicas. O acceso universal á educación básica e as condicións para a súa calidade son imprescindibles, pero tamén o é lograr que todos os alumnos e alumnas alcancen as competencias básicas para proseguir estudos posteriores, para
PROXECTO E-DIXGAL – CONVOCATORIA CURSO 2015-2016 incorporarse á sociedade de forma activa e para exercer os seus dereitos e deberes como cidadáns libres e responsables. Iso supón ofrecer un currículo significativo que potencie, polo menos, a educación en valores, que incorpore a lectura e o uso do computador no proceso de ensino e de aprendizaxe, no que a educación artística teña un papel relevante e que se estimule o interese pola ciencia entre as alumnas e os alumnos. No mes de abril do pasado curso 2013-2014, desde a Comisión de dinamización das TIC, aplicouse unha enquisa TIC ás familias. O seu obxectivo foi ter información sobre o acceso, uso e actitudes que as familias tiñan cara ás tecnoloxías.
Dos
resultados
obtidos,
obtivéronse
varias
conclusións
que
acentuaron a sensación da necesidade dunha maior formación no eido das TIC: unha moi ampla maioría das familias contaban con algunha ferramenta TIC e dispoñían de acceso á Internet; un gran número de familias consideraba importante o uso das TIC na educación, pero máis da metade consideraba que no noso centro se utilizaban pouco; a páxina web e revista dixital do colexio valorábanse positivamente).
PROXECTO E-DIXGAL – CONVOCATORIA CURSO 2015-2016
Por estes motivos no actual curso escolar estamos a desenvolver un Proxecto de Formación en Centros, dunha liña: Integración didáctica das TIC, e no uso para o traballo cooperativo en rede a través de espazos virtuais. Educación Dixital, pero con dous itinerarios formativos: Itinerario 1: Utilización na docencia das ferramentas TIC básicas. Itinerario 2: Uso das potencialidades da aula Abalar e manexo da aula virtual. No ámbito das TIC, o colexio está ben equipado. Todas as aulas que albergan titorías contan, con ordenador de sobremesa para o alumnado e portátil para o profesorado, Encerado Dixital Interactivo e videoproxector. O resto das aulas dispoñen dun ou varios PCs, na biblioteca escolar hai catro ordenadores e tres na sala de mestres/as. Ademais, na aula de informática do centro están instalados 25 ordenadores. As impresoras do centro están instaladas, algunhas delas en liña, nos espazos comúns.
PROXECTO E-DIXGAL – CONVOCATORIA CURSO 2015-2016
O desenvolvemento das ferramentas TIC das que dispoñemos no centro tales como webs dinámicas, aulas virtuais da plataforma Moodle, as galerías de imaxes e o Espazo Abalar, permiten actualmente unha interacción de toda a comunidade educativa do centro. No decreto curricular de educación primaria (Decreto 130/2007, do 28 de xuño, polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicai) sinálanse as competencias dixitais a desenvolver polos nenos/as de primaria. Estas consisten en desenvolver habilidades para buscar, obter, procesar e comunicar información e para transformala en coñecemento, seax cal sexa a fonte á que se acuda e o seu soporte (oral, impreso, audiovisual, dixital ou multimedia). Require o dominio de linguaxes específicas básicas (textual, numérico, icónico, visual, gráfico e sonoro). A xuventude actual vive inmersa no uso das ferramentas TICs e así
o
ordenador, a consola, o móbil -sobre todo o móbil- e, desde hai un tempo, a tableta. Este é o equipamento común de boa parte dos adolescentes. Con el, ademais de realizar tarefas escolares, rabuñan máis ou menos tempo para estar en Facebook, conectarse a YouTube, escoitar música, guglear buscando cuestións que están de moda ou que teñen que ver coas súas afeccións... É indubidable que se desenvolven con aparente soltura, pero teñen un coñecemento sólido sobre este tipo de ferramentas e o que poden facer con elas? Neste marco consideramos o momento educativo idóneo para abordar en 5º curso de primaria, un cambio metodolóxico que permita ao profesorado e ao alumnado empregar as ferramentas das aulas Abalar cos materiais dixitais que implementa o Proxecto de Educación Dixital E-DIXGAL.
A necesidade de solicitar agora o proxecto de Aula Dixital é consecuencia do proceso no que estamos inmersos. Contar cun espazo virtual de aprendizaxe nos permitirá abandonar definitivamente a rixidez do libro de texto, algo que xa
PROXECTO E-DIXGAL – CONVOCATORIA CURSO 2015-2016 levamos poñendo en práctica dende a iniciación de Abalar, xa que algunhas áreas complementáronse
con
materiais
dixitais,
tanto
de
creación
propia
do
profesorado ou atopados na rede e elaborados por outros profesionais da educación. Ademais a promoción de alumnado que finaliza este curso a educación primaria traballou todo o ciclo coa aula virtual de Moodle en combinación con outros recursos dixitais. As vantaxes da Aula Dixital son: •
Contribúe á formación do alumnado en habilidades do uso de ferramentas TIC.
•
Alberga a posibilidade de producir actividades como foros, mensaxes, chat, descargar materiais didácticos, test, avaliacións, etc., que permiten manter a participación e comunicación permanentes entre o profesorado e compañeiros de estudo.
•
Posibilita ao alumnado de estudar ao seu propio ritmo segundo as súas posibilidades de tempo e necesidades.
•
Permite a actividade educativa diaria nun entorno virtual de aprendizaxe (EVA).
•
Facilita ao alumnado establecer o seu ritmo de aprendizaxe, dándolle a oportunidade de acceder desde o seu netbook e volver sobre os materiais de lectura e exercitación cantas veces desexe.
•
Os docentes poderán elaborar a súa propia “mochila dixital” seleccionando a través da plataforma dixital os contidos formativos.
•
Permite
a
aprendizaxe
cooperativa
cos
instrumentos
que
proporcionan as TIC facilitando o traballo en grupo e o cultivo de actitudes sociais que propician o intercambio de ideas e a cooperación. •
Motiva ao alumnado á lectura ofrecéndolle novas formas de presentación multimedia, formatos animados e titoriais para ilustrar procedementos, vídeos e material audiovisual.
•
Capacidade para achegar ao alumnado á comprensión de procesos, mediante as simulacións e laboratorios virtuais que representan situacións reais ou ficticias ás que non é posible ter acceso no mundo real próximo. As simulacións son recursos dixitais interactivos; son
PROXECTO E-DIXGAL – CONVOCATORIA CURSO 2015-2016 sistemas nos que o suxeito pode modificar coas súas accións a resposta do emisor de información. Os sistemas interactivos danlle ao estudante un certo grao de control sobre o seu proceso de aprendizaxe. •
Facilita a exploración nun contorno dixital seguro.
•
Posibilita a ampliación con recursos externos ou elaborados polo equipo docente.
•
Aforra tempo tanto na preparación como na exposición das unidades didácticas, o que permite ao docente centrarse nas necesidades de aprendizaxe do alumnado.
•
A utilización do ordenador portátil e das ferramentas e contidos dixitais instalados no mesmo é gratuíta para o alumnado. 3.- Obxectivos. A escola é sensible aos cambios culturais e a oferta cambiante no
mundo sociolaboral. O alumnado debe estar preparado para o futuro cun carácter global que lle permitirá adaptarse aos novos ámbitos profesionais. Un alumnado creativo terá máis oportunidades para esta adaptación. O rol do profesorado tamén cambia nun ambiente rico en TIC deixando de ser fonte de todo coñecemento e pasando a actuar como guía do alumnado, facilitándolle o uso dos recursos e as ferramentas que necesita para explorar e elaborar novos coñecementos e destrezas; pasa a actuar como xestor de recursos de aprendizaxe e a acentuar o seu papel de orientador e mediador. O obxectivo xeral do proxecto é fomentar o uso dos materais dixitais empregando o EVA (Espazo Virtual de Aprendizaxe) que ofrece o proxecto E-DIXGAL. Obxectivos específicos ◦ Mellorar a competencia dixital do alumnado, profesorado e familias. ◦ Obter un maior desenvolvemento das competencias clave para o alumnado.
PROXECTO E-DIXGAL – CONVOCATORIA CURSO 2015-2016 ◦ Adaptar a programación do currículo ás necesidades individuais do alumnado, especialmente do que presenta necesidades educativas especiais. ◦ Acadar unha mellor calidade educativa nos procesos de ensinoaprendizaxe. ◦ Desenvolver novas metodoloxías docentes no profesorado. ◦ Reducir a brecha social, dixital e educativa. ◦ Aproveitar o espazo virtual de aprendizaxe que permita desenvolver todo o potencial das aulas Abalar. ◦ Transformar o centro nun referente para a comunidade educativa no uso de diferentes ferramentas de traballo, especialmente daquelas que forman parte do noso traballo diario. Obxectivos co alumnado •
Inicio
no
coñecemento
e
manexo
dos
novos
recursos
tecnolóxicos dunha aula Abalar. •
Usar programas e contornas que faciliten a aprendizaxe e adquisición
de
habilidades,
destrezas
e
coñecemento,
incrementando a motivación do alumnado. •
Potenciar o traballo coperativo entre o alumnado.
•
Empregar as TICs como medio de creación, integración e ptenciación de valores sociais e de manifestación de ideas con liberdade de expresión, tolerancia e respecto.
•
Uso de internet, ferramentas web 2.0, foros de discusión e descarga e descompresión de arquivos para un tratamento posterior empregando ferramentas ofimáticas.
Obxectivos co profesorado •
Usar o libro dixital nas programacións de aula e na preparación didáctica das sesións lectivas.
•
Desenvolver estratexias didácticas para familiarizar ao alumnado co uso do EVA e os materiais dixitais.
PROXECTO E-DIXGAL – CONVOCATORIA CURSO 2015-2016 •
Coñecer as ferramentas do libro dixital.
•
Mudar a metodoloxía no proceso de ensino-aprendizaxe por unha metodoloxía
máis
activa
e
motivadora
para
o
alumnado
incrementando o seu desexo de aprender. •
Usar as TICs como medio para incorporar novas prácticas docentes máis consontes co alumnado e sociedade actuais, elaborando materiais de traballo para o alumnado.
•
Mellorar a atención á diversidade, favorecendo a aprendizaxe autónoma co uso das ferramentas axeitadas.
•
Manexar o libro dixital nas diferentes áreas curriculares para o tratamento da información que permita ao alumnado a realización de traballos de produción propia con espiritu creativo.
•
Fomentar o traballo colaborativo co resto do profesorado.
•
Adquirir e actualizar coñecementos teóricos e prácticos en relación ás TICs.
Obxectivos cos pais e nais •
Potenciar a comunicación coa Comunidade Educativa.
•
Promover o acceso ao equipamento de forma gratuíta para reducir a brecha dixital.
•
Acordar
mediante
protocolos
de
utilización
gratuíta
dos
miniportátiles e do entorno virtual de aprendizaxe. Obxectivos globais para o centro •
Sistematizar o uso dos recursos dixitais como apoio, reforzo e desenvolvemento das actividades básicas do currículo.
•
Continuar co proceso de formación do profesorado aproveitando ao máximo as posiblidades do EVA.
•
Recoñecer o libro dixital como elemento cotián nos procesos de ensino-aprendizaxe.
•
Fomentar o cambio metodolóxico no traballo de aula.
•
Seleccionar os recursos educativos dixitais e contidos adaptándoos
PROXECTO E-DIXGAL – CONVOCATORIA CURSO 2015-2016 ás características do alumnado. •
Establecer
canles
de
comunicación
con
outros
centros
participantes no proxecto E-Dixgal. 4.- Experiencia educativa coas TIC no centro. Nos últimos cursos realizouse unha lenta pero progresiva incorporación dos procedementos dixitais de información e comunicación entre os integrantes da comunidade educativa.
Niveis de educación infantil (9 unidades): •
Traballos de aula con imaxes e textos, previamente tratados polas mestras son incorporados á revista electrónica do centro en forma de artigos dixitais. As fichas de traballo do alumnado son elaboradas polas mestras de infantil empregando as ferramentas TIC.
•
Tódalas
aulas
contan
con
Encerado
Dixital
Interactivo
(EDI),
videoproxector, altavoces e PC con conexión a Internet. O alumnado realiza actividades prácticas con programas didácticos interactivos. •
Semanalmente tódolos cursos contan con dúas sesións prácticas de uso do Encerado Dixital Interactivo (EDI), realizando actividades encamiñadas ao uso das TIC desde idades temperás.
PROXECTO E-DIXGAL – CONVOCATORIA CURSO 2015-2016
Niveis de 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Primaria (12 unidades): •
Tódalas
aulas
contan
con
Encerado
Dixital
Interactivo
(EDI),
videoproxector, altavoces, PC e ordenador portátil, ámbos con conexión a Internet. O alumnado realiza actividades prácticas con programas didácticos interactivos na meirande parte das áreas curriculares. •
Durante os recreos escolares e nos períodos extraescolares o alumnado emprega os ordenadores da biblioteca escolar para realizar procuras de información para os seus traballos escolares ou ben realizan actividades en liña de tipo didáctico ou de lecer.
•
Elaboración
de
documentos
dixitais
elaborados
polo
propio
alumnado, narrando experiencias persoais ou de grupo, mediante o emprego de procesadores de textos e programas gráficos, así como sistemas de procura de información e imaxes en Internet.
PROXECTO E-DIXGAL – CONVOCATORIA CURSO 2015-2016 5º e 6º de Educación Primaria: •
Desde hai varios cursos o profesorado titor das aulas de 5º/6º de educación primaria emprega a contorna virtual de aprendizaxe (aula virtual Moodle) incluida no proxecto de webs dinámicas para o desenvolvemento dos contidos curriculares das súas áreas de docencia.
◦ Uso didáctico e administrativo das TIC no centro: •
O profesorado emprega as ferramentas TIC do centro para a preparación dos seus materiais curriculares e de avaliación.
•
Emprego do Encerado Dixital Interactivo (EDI) nas áreas curriculares: inglés, educación física, educación musical, coñecemento do medio, matemáticas e linguas.
•
O préstamo de libros na biblioteca escolar realízase mediante o programa Meiga durante os recreos e tamén no horario de tardes de 16:00 a 18:00 horas.
•
De martes a venres en horario de 16:00 a 18:00 horas a biblioteca escolar permanece aberta a toda a comunidade educativa, creando un punto de encontro entre as familias, alumnado e profesorado.
•
Todo o profesorado do centro é usuario da aplicación Xade, xestionando os datos persoais e de avaliación dos seus grupos de alumnos/as.
•
Emprégase o correo electrónico como medio de comunicación entre os diferentes sectores da comunidade educativa mediante o envío de
PROXECTO E-DIXGAL – CONVOCATORIA CURSO 2015-2016 circulares, convocatorias de órganos colexiados ou de outros órganos de coordinación didáctica. •
A existencia de variados espazos web (páxinas web, blogues, revista dixital...) xestionados polos mestres fan que o emprego das TIC nos procesos de ensino-aprendizaxe sexa unha realidade no noso centro. Nos seguintes enlaces pódense valorar os seus contidos: •
Páxina web do centro.
•
Revista dixital en liña: E-Journal.
•
Blog de aula en educación infantil: Aula Blogue.
•
Blog de aula en inglés en educación infantil: Blue School
•
Blog de aula en inglés en primaria: Los Rosales in english
•
Blog de aula en inglés en primaria: Rosenglish
5.- Modelo organizativo e metodolóxico previsto. A nivel organizativo no ámbito das TIC, o centro conta cunha Comisión de dinamización das TIC encargada de desenvolver o Proxecto de integración das
PROXECTO E-DIXGAL – CONVOCATORIA CURSO 2015-2016 TIC no centro e conta cun coordinador. Reúnese con carácter xeral, ao igual que as demais comisións de dinamización do centro convivencia, biblioteca…, unha vez ao mes. Se ben, o contacto entre os seus membros é constante co fin de desenvolver tarefas comúns que competen a esta comisión de dinamización. O dominio das TICs implica o manexo de medios e recursos máis complexos que os coñecidos tradicionalmente, requerindo dunha aprendizaxe previa para aproveitar as súas potencialidades ao servizo das programacións de aula, da metodoloxía e da didáctica escolar. É preciso coñecer o funcionamento dos equipos informáticos, EDI (hardware), manexar os sistemas operativos e os programas (software) nos contextos didácticos. O alumnado debe manexar con axilidade o equipamento TIC para aproveitar as súas ferramentas para a elaboración ds traballos de aula. A utilización das aulas virtuais Moodle como repositorio de contidos, como espazo de traballo individual e colaborativo ou como espazo de comunicación permite aproveitar ao máximo os recursos dixitais. Organización dos recursos humanos O profesorado participante no proxecto participará nas actividades formativas que se programen para os centros participantes en E-Dixgal. A persoa coordinadora acepta o compromiso de participación no curso “Formación técnica nos elementos do proxecto” para logo transmitir os coñecementos adquiridos ao resto do profesorado implicado no proxecto. En función da súa dispoñibilidade horaria asistirá ao profesorado que lle requira a súa presencia na aula para resolver as dúbidas que puidesen xurdir. O profesorado integrado no equipo docente do 5º curso de primaria comprométese
ao
desenvolvemento
do
proxecto.
Reunirase
con
certa
periodicidade para avaliar o proceso, comentar a problemática que xurda e as súas posibles solucións. Dirixido ao alumnado estableceranse tarefas que deberán realizar segundo o seu nivel de autonomía: •
Libre: Realización de actividades seguindo os seus intereses.
•
Semiguiado: Empregando o material con liberdade pero cumprindo as propostas didácticas estipuladas polo profesorado.
PROXECTO E-DIXGAL – CONVOCATORIA CURSO 2015-2016 •
Guiado: Seguindo as instrucións especificadas polo profesorado.
Organización dos recursos espaciais e materiais As tres aulas de 5º curso de primaria participantes no proxecto están situadas no 2º andar do edificio de educación primaria. O equipamento pertencente a cada aula está inventariado e rexistrado no conxunto dos recursos das aulas Abalar do centro. Elaborouse un protocolo de uso para garantir o bo uso e funcionamento de todo o equipamento informático. Cada alumno/a terá asignado un ordenador ultraportátil en función do seu número de lista, empregando sempre o mesmo. O reparto dos ultraportátiles, en cada sesión didáctica, realízase seguindo un procedemento establecido por cada profesor/a titor/a en coordinación coa persoa coordinadora do proxecto. Evitando en todo momento as aglomeracións ao redor do armario de carga. Organización temporal O profesorado titor mailo especialista poderá empregar as respectivas aulas Abalar e a aula de informática para desenvolver a súa programación didáctica co alumnado, en virtude do horario establecido ao inicio de curso pola xefatura de estudios e recollido na Programación Xeral Anual. Metodoloxía A proposta metodolóxica a seguir estará baseada nos seguintes principios: * Principio de individualización •
Todos somos diferentes, no físico e no psíquico, e por tanto a nosa forma de aprender ten formas distintas de realizarse.
•
A aprendizaxe é sempre individual.
* Principio de socialización •
O home é un ser por natureza social, que debe contar con outros para sobrevivir.
•
O alumnado deberá aprender a convivir solidariamente e non competitivamente.
•
A aprendizaxe faise máis eficaz se se realiza en grupo.
PROXECTO E-DIXGAL – CONVOCATORIA CURSO 2015-2016 * Principio da actividade •
Sen actividade persoal do alumnado non hai aprendizaxe.
•
Para que un ensino sexa activo debe iniciarse desde a programación de actividades, presentando ao alumno actividades problemáticas de solución alcanzable ao seu nivel que teñan, se é posible, resultados visibles, que permitan ao alumno interesarse pola súa aprendizaxe e fagan máis fácil a avaliación e autoevaluación das aprendizaxes.
* Principio da intuición •
A experiencia persoal é a base da aprendizaxe, e apréndese mellor o que se puido ter en contacto con algún dos sentidos.
* Principio do xogo •
O alumnado aprende xogando con maior entusiasmo o que nos causa pracer ou nos entra xogando.
•
O xogo descarga a enerxía sobrante, canaliza os intereses, serve de descanso, estimula o desenvolvemento, motiva cara á aprendizaxe, exerce de técnica evaluadora de comportamentos, fomenta a creatividade.
* Principio da creatividade •
Procurar a espontaneidade e a capacidade expresiva, a creación con dificultades de espazo, tempo ou lugar, para que o alumno afágase a decidir
creativamente
mesmo
en
circunstancias
adversas,
a
creatividade inventiva, a que despregan a orixinalidade, e sobre todo a que busca sempre novas vías ou canles de expresión distintos aos tradicionais: ensino diverxente. * Principio de “estar ao día” •
É a base da profesionalidade do profesor. Aprender a aprender é un dos principios ideolóxicos que máis forza achegaron aos cambios metodolóxicos, autoaprendizaxe.
xa
que
incitan
aos
alumnos
camiño
da
PROXECTO E-DIXGAL – CONVOCATORIA CURSO 2015-2016 Baixo os anteriores principios pretendemos •
Espertar no alumnado o interese polo uso do EVA.
•
Estimular a súa creatividade.
•
Fomentar o traballo en equipo.
•
Adaptar os temas ás necesidades especiais do alumnado.
•
Utilizar métodos activos baseados na experiencia e investigación.
6.- Actividades de formación permanente e outras relacionadas coas TIC desenvoltas no centro durante os últimos cinco anos. Nos últimos cursos, desde a
Comisión de dinamización das TIC fóronse
levando a cabo diferentes accións formativas para tratar de responder ás necesidades de formación que ían xurdindo. Realizáronse actividades puntuais de formación, mediante titorías individuais co profesorado que o solicitou e resolvéronse dúbidas concretas que naceron da práctica diaria na aula. Fóronse constatando uns niveis de formación con respecto ás TIC moi variables entre o mestres/as: mentres algúns poderían situarse nun nivel básico inicial ou básico, outros poderían formar parte de niveis máis avanzados, cuxo uso das TIC nas súas clases estaba consolidado. Curso 2010-2011 •SP: A mascota como elemento de cohesión, dinamizador e motivador •SP: A revista dixital como motor de dinamización pedagóxico . •SP: Blogging in Los Rosales •SP: Fala, móvete e navega polas competencias básicas en educación infantil. Curso 2011-2012 •PFAC Abalar: Integración dos medios informáticos dunha aula abalar curriculum . •SP: A mascota como elemento de dinamización . •SP: A revista dixital como vehículo de comunicación. Curso 2012-2013 •GT: “Mellora da competencia dixital do profesorado.
no
PROXECTO E-DIXGAL – CONVOCATORIA CURSO 2015-2016 Curso 2013-2014 Desenvolvéronse sesións de formación dirixidas ao profesorado de Educación Infantil. Centráronse fundamentalmente no uso das ferramentas do EDI: calibrado, software propio para a escritura, recoñecemento de texto, manexo de imaxes… As sesións foron tratando ciclicamente estes temas. Ademais disto, xurdiron necesidades de formación no ámbito do manexo da aula virtual. Dada a escasez de orzamento neste aspecto, tratamos de buscar relatores que, de xeito desinteresado, acudiron a impartir unha sesión práctica sobre o tema. Curso 2014-2015 •PFPP: Integración didáctica das TIC, e no uso para o traballo cooperativo en rede a través de espazos virtuais. Educación dixital. 7.- Tipo de conexión á rede, indicando a súa velocidade de baixada nominal e real. O tipo de conexión á Rede internet é a través dun módem de cable cunha velocidade real (comprobado no velocímetro da Xunta) descendente de 186,77 Mbps e de 9.42 Mbps de subida.
A velocidade de conexión nas aulas Abalar mediante conexión wifi é: velocidade de descarga de 53,71 Mbps e de 9.48 Mbps de subida.
PROXECTO E-DIXGAL – CONVOCATORIA CURSO 2015-2016
O resto de aulas do centro están cableadas e a súa velocidade é a seguinte: velocidade de descarga de 181,21 Mbps e de 9.53 Mbps de subida.
8.- Procedemento de avaliación interna do desenvolvemento do proxecto, especificando os indicadores de logro vinculados aos obxectivos propostos. A avaliación é unha ferramenta fundamental no proceso continuo de retroalimentación, para detectar os posibles fallos ou deficiencias no proxecto e servirá para introducir os cambios necesarios que contribúan á mellora do mesmo. Deberá atender a tódolos elementos que conforman o proxecto: alumnado, profesorado, familias, espazos, activiaddes, materiais... Ao finalizar cada curso é conveniente realizar unha avaliación sumativa que nos permita coñecer o grao no que se alcanzaron os obxectivos e realizar un informe no que sinalemos os aspectos positivos e propostas de mellora para o próximo curso. A responsabilidade da avaliación estará na Comisión de Coordinación Pedagóxica. Tipos de avaliación: •
Interna. Realizada polos participantes no proxecto.
•
Individual: mediante cuestionarios persoais anónimos.
•
Colectiva: a través de debates e postas en común en niveis, ciclos, Comisión de Coordinación Pedagóxica.
•
Cuantitativa: Reflectindo datos estatísticos dos distintos criterios
PROXECTO E-DIXGAL – CONVOCATORIA CURSO 2015-2016 valorados. Cualitativa: reflectindo opinións sobre o grao de consecución dos
•
criterios. Criterios: Grao de desenvolvemento do proxecto e a súa adecuación ao
•
contexto da aula •
Grao de implicación do profesorado na súa aplicación
•
Grao de satisfacción do profesorado e alumnado
•
Recursos tecnolóxicos utilizados
•
Modelos didácticos deseñados e aplicados na aula: tipos
•
Grao de utilización dos recursos por áreas: sesións.
•
Grao de utilización dos recursos na aula
•
Grao de formación adquirido polo profesorado
•
Grao de consecución dos obxectivos do currículo (no alumnado).
Instrumentos: •
Cuestionarios en liña elaborados ao efecto.
•
Material elaborado e estratexias deseñadas
9.- Conclusións. A Comunidade Educativa do CEIP Emilia Pardo Bazán está integrada por un grupo humano plenamente identificado coa súa entorna. Ao longo dos 35 anos de existencia do centro, sempre foi considerado e valorado pola súa sensibilidade e solidariedade ante as carencias dos máis débiles e necesitados. Por este e outros motivos o conxunto formado por familias, profesorado, persoal non docente e colectivos afíns ao CEIP Emilia Pardo Bazán considera que o Proxecto Aula Dixital pode permitir o mantemento da idea de centro integrador achegando o mundo das TIC a tódolos contextos sociais e favorecendo a consecución da competencia dixital en toda a comunidade escolar.