Orientación en Galicia - http://orientaciongal.blogspot.com.es/
PROPOSTA DE AULA DE CONVIVENCIA INCLUSIVA NUN CEIP
1 XUSTIFICACIÓN A Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa, establece no seu artigo 19.3, que se crearan nos centro aulas de convivencia inclusiva, non estables e con vocación de substituír o tempo de expulsión, con apoios e formación específica, que busque reincorporar o alumnado á súa propia aula no menor tempo posible.
2 OBXECTIVOS Os obxectivos que se pretenden para a aula de convivencia son os seguintes:
Ensinar ao alumnado a resolver os conflitos de xeito pacífico, reflexivo e dialogado, na procura dun cambio de actitude.
Atender esporadicamente ao alumnado que por problemas de conduta non pode permanecer na súa aula de referencia.
Atender ao alumnado que, pola reincidencia das súas condutas contrarias ás normas, permanece expulsado durante un período de tempo (horas, materias ou días), sendo unha medida sancionadora de carácter intermedio antes de chegar á privación do dereito a asistencia ao centro.
Medir a conflitividade no centro procurando datos cuantitativos e cualitativos sobre a realidade de cada alumno/a, de cada grupo e sobre o centro en xeral.
3 AULA DE CONVIVENCIA É un recurso do centro para facilitar a reflexión do alumnado que impide gravemente o normal desenvolvemento do grupo-clase. O alumnado que polas repetidas condutas contrarias ás normas fora obxecto de privación temporal do dereito de asistencia a clase, pode tamén ser atendido nesta aula, combinando os traballos propiamente curriculares e traballos de modificación de conduta. Neste espazo, o profesorado trata de darlle axuda ao alumno/a para que analice as súas condutas disruptivas e se comprometa a cambiar.
1
Orientación en Galicia - http://orientaciongal.blogspot.com.es/
3.1 Cando empregar este recurso?
A conduta do alumno/a impide o normal desenvolvemento das actividades lectivas, logo de poñer en práctica outras medidas e estratexias sen acadar resultados. Destas medidas tiveron coñecemento o Equipo Docente, Xefatura de Estudos e Departamento de Orientación.
É reincidente.
Presentan dificultades no seu autocontrol, autoestima e/ou relacións persoais.
A expulsión no favorecerá a corrección da conduta.
3.2 Funcionamento A aula de convivencia será atendida en horario lectivo polo profesorado que realice a función de garda. O alumnado que impida gravemente o desenvolvemento normal do grupo-clase e que cumpra os requisitos aquí recollidos, pode ser enviado á aula de convivencia atendendo ao seguinte protocolo: 1. O mestre/a de aula envía a un alumno/a da súa clase na procura do mestre/a de garda para que acompañe ao alumno/a á aula de convivencia. 2. O mestre/a de aula fai constar no parte de faltas a expulsión do alumno/a e entrega as tarefas que quere que realice na aula de convivencia. Posteriormente cumprimenta os formularios para deixar constancia do motivo da expulsión e enviarlle a notificación á familia e o titor/a do grupo-clase nese mesmo día. (ANEXO A e ANEXO B). 3. Na aula de convivencia o alumno cumprimentará a ficha de reflexión (ANEXO C). Para esta tarefa, o mestre/a de garda iniciará unha entrevista co alumno/a, co obxectivo de acadar un compromiso de mellora. 4. O alumno/a realiza a tarefa proposta (se non a remata faina na casa) ou, de non ser o caso, outra relacionada coa mellora da convivencia. 5. Unha vez rematada a sesión, o responsable da aula de convivencia cumprimenta a folla de rexistro (ANEXO D), arquivando o caso xunto coa ficha de reflexión (ANEXO C). 6. Semanalmente a xefa de estudos e o orientador revisan o rexistro e recollen as incidencias para a súa análise e valoración cos titores/as.
O alumnado que cometa condutas contrarias ás normas durante o período de recreo, poderá ser enviado á aula de convivencia nas horas que se determinen. Á vista do acontecido polo profesorado de garda de recreo, esta decisión será tomada por Xefatura de Estudos.
2
Orientación en Galicia - http://orientaciongal.blogspot.com.es/
3.3 Funcións dos profesionais participantes Profesorado que adopta a medida
Deixar constancia da expulsión no parte de faltas.
Cubrir o parte de incidencias (ANEXO A e B).
Proporcionar o material curricular para o traballo do alumno/a durante o período de expulsión na aula de convivencia ou, de ser o caso, na casa.
Profesorado que atende a aula de convivencia
Responsabilizarse de que o alumno/a reflexione sobre o acontecido, cubra a ficha de reflexión (ANEXO C) e faga a traballo proposto.
Cando non sexa posible facer reflexionar ao alumno e/ou facer a tarefa proposta, deixarase constancia ao finalizar a sesión deste feito na folla de rexistro.
Cumprimentar a folla de rexistro (ANEXO D), arquivando o caso no rexistro de incidencias.
Profesorado titor Valorados os informes individuais do alumno/a, poderá intervir sobre o caso:
Falando individualmente co alumno/a.
Propoñendo unha entrevista coa familia.
Derivándoo ao Departamento de Orientación.
Calquera outra que considere oportuna.
Xefatura de Estudos
Coordinar a dispoñibilidade de recursos persoais e materiais para o seu funcionamento.
En colaboración cos titores/as e o orientador, facer un seguimento do alumnado que pasa pola aula de convivencia.
Convocar as reunións necesarias para a correcta coordinación do profesorado, tanto na posta en práctica como no proceso de toma de decisións.
Informar ás familias do alumnado.
Solicitar o material curricular preciso para a atención do alumnado durante os períodos de expulsión.
Solicitar ao Departamento de Orientación do centro o material de reflexión para a modificación de conduta e/ou a mellora da convivencia escolar.
3
Orientación en Galicia - http://orientaciongal.blogspot.com.es/
Departamento de Orientación
Coñecer a todo o alumnado que sexa obxecto desta medida para proporcionar a intervención e os recursos axeitados segundo as circunstancias particulares. De ser o caso, solicitarase información complementaria de servizos externos ao centro.
Colaborar co Equipo Docente, Xefatura de Estudos e Dirección no proceso de toma de decisións.
4 AVALIACIÓN No marco do Plan de Convivencia, dende a Observatorio da Convivencia Escolar analizaranse os resultados obtidos cunha periodicidade trimestral. Ao finalizar cada curso escolar se elaborará un informe-memoria final no que se recollerá o estado da conflitividade no centro escolar aportando datos cuantitativos e cualitativos xunto coas propostas de mellora.
4.1 Criterios de avaliación Os criterios que nos van permitir facer un seguimento e/ou avaliación relaciónanse directamente cos obxectivos proposto e veñen determinados por:
A realización e coordinación das actuacións previstas.
A resposta ás demandas da comunidade educativa.
O grao de axuste á realidade do colexio.
A resposta á diversidade.
A relación cos axentes externos.
O apoio ao alumnado para favorecer o seu desenvolvemento integral.
A promoción e apoio á mellora da convivencia.
4.2 Instrumentos e procedementos de avaliación Para a avaliación da aula de convivencia empregaremos as seguintes procedementos e/ou instrumentos:
As reunións de coordinación.
Rexistro de incidencias.
Entrevistas.
Análise dos resultados escolares e das probas de diagnóstico.
Análise do clima de convivencia no centro.
4
Orientación en Galicia - http://orientaciongal.blogspot.com.es/
que nos darán información acerca de:
As accións previstas e non realizadas.
As modificacións e/ou actuacións introducidas.
Reunións celebradas.
Número de demandas atendidas.
Número de intervencións positivas e negativas.
Material e/ou documentos elaborados axustados á realidade.
E outras que poidan ser de interese.
5
Orientación en Galicia - http://orientaciongal.blogspot.com.es/
ANEXO A COMUNICACIÓN Á FAMILIA Comunícolle que o mal comportamento do seu fillo/a____________________________________________, alumno/a do curso __________ impediu o normal desenvolvemento da clase e provocou a súa expulsión no día de hoxe na materia ___________________, co mestre/a _____________________________________ Polo que foi enviado á Aula de Convivencia para realizar as actividades correspondentes. Confiamos na súa colaboración para que non volva repetirse unha situación semellante, xa que de repetirse un comportamento contrario ás normas de convivencia, tomaranse as medidas indicadas no Regulamento de Réxime Interno do centro e no Real Decreto 732/1995 do 5 de maio que regula os Dereitos e Deberes dos alumno/as.
Feito acontecido: _________________________________________________________________________________________ _________________________________________________________________________________________ _________________________________________________________________________________________ _________________________________________________________________________________________ _________________________________________________________________________________________ _________________________________________________________________________________________ _________________________________________________________________________________________ ________________________________________________________________________________________
Pontevedra, a____________de_____________de 20____ Asdo. O/A mestre/a
……………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………..…… Comunicado de conduta contraria ás normas de convivencia/ envío á AULA DE CONVIVENCIA. Resgardo
para ser
devolto
á/ao
titor/a, asinado
polo
pai/nai/titor/a
legal do/a alumno/a
_______________________________________________ con DNI________________ Pai/nai/titor/a legal doa
alumno/a_________________________________________do
curso____________________fun
informado/a do comportamento inadecuado do meu fillo/a e procuraremos que non volva repetirse.
_______________, a____________de____________de 200_____ Asinado pai/nai/titor/a legal
6
Orientación en Galicia - http://orientaciongal.blogspot.com.es/
ANEXO B COMUNICACIÓN AO/Á TITOR/A Comunícolle que o mal comportamento do/a alumno/a______________________________________, do curso __________ impediu o normal desenvolvemento da clase e provocou a súa expulsión no día de hoxe na materia ___________________, co mestre/a ______________________________Polo que foi enviado á Aula de Convivencia para realizar as actividades correspondentes. Este feito foi comunicado á familia que deberá enviar un resgardo asinado para entregarlle ao/á titor/a. Feito acontecido: _________________________________________________________________________________________ _________________________________________________________________________________________ _________________________________________________________________________________________ _________________________________________________________________________________________ _________________________________________________________________________________________ _________________________________________________________________________________________ _________________________________________________________________________________________ _________________________________________________________________________________________ _________________________________________________________________________________________ _________________________________________________________________________________________ _________________________________________________________________________________________ _________________________________________________________________________________________
_________________, a____________de_____________de 20____
Asdo. O/A mestre/a
7
Orientación en Galicia - http://orientaciongal.blogspot.com.es/
ANEXO B FICHA DE REFLEXIÓN PARA O ALUMNADO Nome:________________________________________________ curso e grupo:__________ Data: ______________________________ Nome do mestre que envía ao alumno/a á Aula de Convivencia_______________________________
1º.Relata que che aconteceu na aula para que o profesor/a te enviara á aula de convivencia. Por que pensas que estás aquí?
2º.- Como te sentiches cando o profesor/a che dixo que tiñas que vir aquí?
3º.-Quen pensas que se sentiu afectado polo teu comportamento?
4º.- Como cres que se sentiu a persoa ou persoas afectadas?
5º.- Intenta porte na situación do profesor/a. Que farías se alguén se comportase coma ti hoxe?
6º.- Como podes facer para resolver este problema? Escribe a que te comprometes. _________________________________________________________________________________________ _________________________________________________________________________________________ _________________________________________________________________________________________ _________________________________________________________________________________________ _________________________________________________________________________________________ _________________________________________________________________________________________ Sinatura
7.- Como te sentes agora?
8
Orientación en Galicia - http://orientaciongal.blogspot.com.es/
ANEXO D CUESTIONARIO DE OBSERVACIÓN NA AULA DE CONVIVENCIA Mestre/a de garda na aula de convivencia: _____________________________________________ Nome e apelidos do alumno: _______________________________________________________ Curso e grupo: ___________________________Data: ____________________
De que xeito entrou o/a alumno/a na aula de convivencia? Chorando Alterado Con actitude pasiva Con actitude violenta Con boa actitude. Outras: __________________________________________________________
Sobre a reflexión Reflexionou sobre o que pasara na aula. Limitouse a cubrir a folla sen reflexionar. Non cubriu a folla. Non cubriu a folla e amosou unha actitude desafiante.
Tarefa proposta Rematou. Non rematou. Ten que facelo na casa.
Cal é a súa actitude ao rematar a sesión? Tranquilo Alterado Pasivo Violento Positiva Outras: __________________________________________________________
9