Rúa do Candil 19. Vimianzo 15129. A Coruña Telf – Fax 981 716 059 Correo electrónico: ceip.sanvicenzo@edu.xunta.es
C.E.I.P. “SAN VICENZO”
Axudas para adquisición de libros de texto 2015/16 O día 2 de xuño abriuse o prazo para solicitar a gratuidade de libros de texto para o curso 201/2016. Poden solicitar estas axudas os país, titores, ou representantes legais dos alumnos que no curso 2015/16 vaian cursar 1º, 2º, 4º e 6º de Educación Primaria ou 1º e 3º da ESO. Esta é unha información parcial dos aspectos mías importanes da normativa. A información completa pódese atopar no centro, no taboleiro de anuncios situado no vestíbulo de entrada, e tamén poden informarse na secretaría do centro. En internet pódese acceder a esta información no enderezo http://www.edu.xunta.es/ e pódese encher a solicitude en https://sede.xunta.es para logo imprimila e presentala na secretaría. Tamén se colgará esta información na páxina web do centro: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipsanvicenzo/. Os alumnos matriculados no curso 2015/2016 en 3º e 5º de Primaria non poden pedir esta axuda. A eles aplícaselle o programa de Fondo Solidario de libros. Lugar e prazo: Ed. Primaria: na secretaría do centro en horario de 11:20 a 12:15 de luns a venres. Do 2 de xuño ao 1 de xullo. Prégase sen embargo que para axilizar os trámites se entrega preferentemente antes do 19 de xuño. ESO: Os alumnos de 6º curso deste centro que no curso 2015/2016 se matriculen no Instituto presentarán alí as súas solicitudes. Para eles o prazo será do 25 de xuño ao 27 de xullo Documentación (referida á situación familiar ou económica a 31 de decembro de 2013): a) Impreso de soclicitude que se poderá conseguir nas secretarías dos centros ou descargar e imprmir nas direccións de internet citadas máis arriba.
• • • •
• • •
b) Ademáis do impreso de solicitude é necesario presentar orixinal e copia do Libro de Familia no que figuren todos os membros da unidade familiar. Se se autoriza no impreso de solicitude a consulta no Sistema de Verificación non será necesario presentar esta documentación. Se non hai Libro de Familia ou se a situación familiar a 31 de decembro de 2013 cambiou con respecto a aquel débese acreditar esta situación con algún destes documentos se fose o caso: Sentencia de divorcio ou separación Certificado de convivencia Certificado dos servizos sociais do concello sobre a situación familiar. Certificado de defunción c) No caso de discapacidade dalgún membro da unidade familiar débese acreditar con algún destes documentos: Certificado emitido polo órgano competente do grao de discapacidade cunha porcentaxe igual ou superior ao 33%, Resolución ou certificado emitido pola Seguridade Social de pensión de incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou gran invalidez, ou Documentación acreditativa da condición de pensionista de clases pasivas cunha pensión de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.
d) No caso de situación de violencia de xénero no contorno familiar: documentación acreditativa. e) O alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 65%, ten que presentar a certificación emitida polo órgano competente do grao de discapacidade, xunto coa solicitude da axuda. Neste caso non ten que xustificar requisitos económicos. IMPORTANTE: en caso de separación ou divorcio e se a custodia do fillo é compartida deben firmar a documentación presentada os dous proxenitores. f) É requisito indispensable para obter esta axuda ter devolto en bo estado os libros adquiridos coa axuda para libros do curso 2014/2015 se fose o caso. O remate de prazo para esta devolución é o 18 de xuño. Exclúense desta obriga de devolución os libros de 1º e 2º cursos de primaria. Contía das axudas: Educación primaria: •
Familias monoparentais: o Renda per cápita familiar ata 6.000,00 €: 170 €. o Renda per cápita familiar desde 6.000,01 ata 9.000,00 €: 90 €.
•
Resto das familias: o Renda per cápita familiar ata 5.400,00 €: 170 €. o Renda per cápita familiar desde 5.400,01 ata 9.000,00 €: 90 €.
O alumnado matriculado en educación especial, en centros específicos ou en unidades de educación especial en centros ordinarios, así como o que presente unha discapacidade igual ou superior ao 65%, que solicite a axuda e que cumpra os requisitos desta orde recibirá un importe de 250 €, con independencia da renda per cápita familiar.
Calculo da contía: Deberán sumarse as casiñas 366 e 374 das declaracións do IRPF do exercicio 2013 de tódolos membros computables que presentasen dita declaración. No caso de non presentar declaración teránse en conta os ingresos netos (despois de impostos e deducións) de todos os membros computables da unidade familiar. Forman parte da unidade familiar os pais e os fillos solteiros menores de 25 anos que convivan no domicilio familiar ou os maiores de idade con discapacidade física, psíquica ou sensorial ou incapacitados xudicialmente. En caso de separación ou divorcio non se considera membro computable o proxenitor que non conviva co causante a non ser que a custodia sexa compartida, en cuio caso se terá en conta os ingresos dos dous proxenitores. Se fose o caso terá condición de membro computable o novo cónxuxe ou persoa unida por análoga relación, e as rendas incluiranse dentro do cómputo da renda familiar. Se se asina o consentimento para a comprobación dos datos fiscais non será necesario aportar documentación acreditativa. Se non se da confirmade haberá que presentar fotocopia e orixinal da declaración da renta ou no seu defecto certificado de imputacións referida ao exercicio fiscal de 2013.
Os membros con discapacidade superior ao 33%, os que acrediten una pensión de incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez ou que teñan recoñecida a condición de pensionista de clases pasivas con pensión pensión de xubilación por incapacidade permanente computarán por dous.
O centro educativo poderá requirir das persoas solicitantes en calquera momento aclaración da documentación presentada.