APRENDENDO CO PROGRAMA DE BIODIVERSIÓN DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO (USC) Nesta semana un equipo da USC veu traballar ao noso colexio, cos alumnos e alumnas de 5º e 6º. Fixemos varios experimentos: estracción do ADN dunha froita, experimentamos co ciclo do carbono e o CO2, analizamos os efectos tóxicos (contaminación) que poden interferir na xerminación e crecemento das plantas e fixemos un experimento de cultivo in vitro de plantas. Foi unha experiencia moi interesante e agradecémoslles aos compoñentes do equipo que se tivesen achegado ao noso colexio.
Ata pronto!