Novas de Lavacolla en xaneiro

Page 1

NOVAS DE LAVACOLLA O TEU XORNAL ESCOLAR PREFERIDO

www.ceipmestrerodrigueaxixirei.es

Número 2

Desde 2018

Actividades do primeiro trimestre Elas, rompendo moldes Durante este curso estamos a desenvolver o proxecto de Biblioteca co título “Elas, rompendo moldes”, en colaboración con toda a Comunidade Escolar. Trátase de destacar e poñer de relevo a importancia do traballo das mulleres nos diferentes eidos da sociedade (na arte, a literatura, a ciencia, a tecnoloxía...).

Entre outras actividades imos recibir visitas de mulleres que destacaron nestes ámbitos. O 20 de decembro tivemos a fortuna de contar coa presenza de Verónica Boquete, quen nos falou das súas experiencias e do que houbo de loitar para superar a discriminación das mulleres no fútbol. Tamén falouos da súa peripecia vital en diferentes países.

Na Alameda de Santiago A comezos de outubro as alumnas e os alumnos de Infantil fixeron unha ruta guiada pola Alameda de Santiago, un espazo verde con moita historia e árbores e plantas moi valiosas, algunhas únicas, senlleiras, recunchos e puntos moi interesantes (o monumento a Rosalía de Castro, a escultura de Valle-Inclán e unha das mellores vistas da Catedral de Santiago). Acompañounos unha guía da Centro de Interpretación dos Parques e Xardíns de Compostela (CIPX). Tamén vimos unha fonte en forma de ollo entre grandes fentos na que había un montón de cágados. O día foi soleado e aprendemos moito!gh

Traballo no horto Neste trimestre fixemos moitas actividades no horto e sobre o Medio Ambiente. Comezou o alumnado de Educación Infantil plantando aloe vera en macetas en setembro. Despois recollemos os froitos que quedaran do curso pasado no invernadoiro, como tomates, e iniciamos o programa de compostaxe, a cargo do alumnado de 3º de Primaria. Xa en decembro María e Raquel viñeron comprobar o resultado do noso traballo e recollemos un saco de abono da mellor calidade! Tamén plantamos plantas con flor e diferentes sementes de árbores en macetas. Xa regalamos algúns plantóns e plantas ás persoas que viñeron facer actividades con nós.

Carreira Solidaria

Samaín e Magosto 2018 O día 1 de novembro celebramos no colexio o Samaín. Houbo unha gran exposición de cabazas que, como outros anos, amosaron unha gran orixinalidade. Moitas alumnas e alumnos viñeron disfrazados con motivos alusivos ao Samaín. Tamén tivemos nesta xornada festiva unha merenda con castañas e chocolate. Foi unha xornada moi entretida e viñeron moitas nais, pais e outros familiares do alumnado. E tamén veu un equipo da TVG para o programa de A Revista dese día.

A fins de outubro, o día 26 organizamos no colexio unha carreira solidaria en colaboración coa asociación, Uno entre mil quen baixo o lema La Vuelta al Cole contra la leucemia infantil animou a centos de colexios en toda España a participar para recaudar fondos para a investigación sobre a leucemia infantil. Tivemos un día perfecto para correr e moias gañas de participar, pois ademais de alumnado, profesores e conserxe, tamén se animaron moitos familiares. A todas e todos quen participamos nos encantou a experiencia e quedamos en que a repetiríamos máis veces.


Novas

Xaneiro de 2019

Visita ao aeroporto A finais de outubro as alumnas e os alumnos de Infantil foron visitar o aeroporto Rosalía de Castro. Foi unha visita moi interesante, estiveron na torre de control, visitaron diferentes dependencias e ata pasaron os arcos de control como se fosen pasaxeiras e pasaxeiros que ían coller un avión. Estamos moi agradecidos a todo o personal do aeroporto polo ben que nos recibiron e pola súa atención. Foi unha experiencia inesquecible!

Cans de palleiro

Actividades na Biblioteca

O 10 de decembro viñeron ao noso colexio varios membros do Club de Raza “Can de Palleiro” acompañados por Loira unha cadela desta raza. Ensináronnos moitas cousas dos cans e lembráronos da importancia de que os cans estean educados e de que os seus donos sexan responsables e tamén das características propias desta raza. E, ademais, pasámolo moi ben con Loira, unha cadela moi paciente e colaboradora. Foi unha descuberta para moitos e moitas de nós.

Ademais de constituir o centro de dinamización de todas as actividades relacionadas co proxecto deste ano, realizou moitas actividades concretas. Como todos os anos se puxeron en marcha as mochilas viaxeiras grazas á labor das alumnas e os alumnos colaboradores da Biblioteca, quen prepararon e repartiron as Mochilas Viaxeiras por todas as aulas do colexio. En 6º se puxo en marcha o Club de Lectura, que este trimestre propuxo como lectura O misterio das badaladas, de Xabier Docampo.

Saídas educativas e culturais Durante este trimestre as nosas alumnas e alumnos asistiron a diferentes representacións teatrais, como El mágico planeta de los instrumentos inasólitos, da compañia Fetén Fetén, ou "A Galiña Azul", unha obra de teatro de títeres baseada no libro do mesmo título de Carlos Casares, posta en escena polo grupo Tanxarina, ambas as dúas no Auditorio Abanca, entre moitas outras. O obxectivo destas saídas é poñer en contacto ás nosas alumnas e alumnos con eventos culturais e artísticos, moi necesarios e importantes para a súa formación

Contra a violencia de xénero

Xornadas de convivencia Neste trimestre, ademais dos diferentes actos e celebracións nas que participan alumnas e alumnos de diversos niveis académicos fixemos unha experiencia concreta na que se relacionaron nunha actividade alumnas e alumnos de 6ª de Educación Primaria con alumnado de 4º de Educación Infantil, de tres anos. A experiencia é moi enriquecedora para todas e todos. Esperamos repetila moitas veces ao longo dos seguintes trimestres, entre diferentes aulas do colexio.

As alumnas e os alumnos de Educación Infantil fixeron unha andaina polos arredores do colexio para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, que se conmemora anualmente o 25 de noviembre para denunciar a violencia que se exerce sobre as mulleres en todo o mundo e reclamar políticas en todos os países para a súa erradicación. Este día foi designado así pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas.


Novas

Viaxe a Mozambique O xoves pasado, como actividade remate do noso proxecto de Biblioteca sobre África, levado a cabo durante o curso pasado, a profe Lorena contounos como fora a súa viaxe a Mozambique, que fixo durante o verán. Tamén ensinounos fotos de diferentes lugares nos que estivo, como as que mostran a súa visita á escola Lifidzi, as que mostran como visten moitas mulleres, coas súas capulanas, como son os mercados, o safari polo parque Gorongosa, e moitas experiencias máis. Entre outras aprendizaxes, comprobamos as enormes diferencias entre a vida que levamos aquí coas condicións de vida noutras partes do noso planeta.

Xaneiro de 2019

Navega con rumbo Navega con rumbo polo Hiperespazo, unha actividade deseñada polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), un especialista do mesmo veu ao noso colexio a falarlles ás alumnas e aos alumnos de 5º e 6º de Primaria sobre os riscos e perigos cos que se poden atopar cando navegan por internet. Esta visita encádrase dentro do Plan Navega con Rumbo polo Ciberespazo, que leva a cabo o CPEIG en colaboración coa Xunta de Galicia. Foi moi interesante e instructiva!

Actividades en Infantil Durante este curso leváronse a cabo moitas actividades nas aulas de Educación Infantil. Entre elas destacamos a representación de obras de teatro como “A min non me comas” ou A bruxa regañadentes, actividades baseadas en diferentes contos (Aquiles o puntiño, A que sabe a Lúa...), sesións de relaxación, Zumba, diferentes obradoiros, roteiros... En moitas delas participaron as familias do alumnado, e tamén houbo actividades conxuntas co alumnado de Primaria. Do mesmo xeito, fixeron un vídeo moi bo baseado na canción de Gaudi, Matriarcas.

Festival de Nadal Como todos os cursos, o último día de clases antes das vacacións de Nadal celebramos o noso Festival. Foi de novo no edificio de Cersia, cedido polo Concello de Santiago para a ocasión. Todas as aulas actuaron levando a cabo o que tiñan ensaiado nas diferentes aulas. Tamén houbo unha actuación na que participaron alumnos e alumnas de todas as aulas de Educación Primaria, tamén actuación en inglés e ata un grupo de nais de alumnado, mestras e mestres. Para finalizar, como sempre, recibimos aos desexados Reis Magos, que lle deron un pequeno agasallo a cada alumna e alumno. Agradecémoslle ao Concello a cesión deste espazo para poder realizar este festival con comodidade, aínda que esperamos contar nun futuro cercano cun recinto axeitado a carón do noso colexio. En todo caso, desde aquí desexámosvos un ano 2019 de paz e harmonía.

Agradecémoslle de todo corazón a Imaxson a súa inestimable axuda e colaboración. A ANPA do noso colexio e a Carmiña polo seu traballo e a todas e a todos quen acudistes a ver o Festival. Moitas gracias!


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.