PROGRAMA EDUCATIVO DE CENTRO INCLUSIVO
ÍNDICE 1. CONTEXTUALIZACIÓN .........................................................................................3 2. XUSTIFICACIÓN.....................................................................................................4 3. ORGANIZACIÓN.....................................................................................................4 4. METODOLOXÍA.....................................................................................................12
LECTURA FACIL........................................................................................13
5. OBXECTIVOS........................................................................................................25 6. CONTIDOS............................................................................................................25 7. DESCRICIÓN DOS ÁMBITOS DE APRENDIZAXE INCLUSIVOS ......................26 8. AVALIACIÓN.........................................................................................................29 9. CONCLUSIÓN.......................................................................................................30 10. ANEXOS................................................................................................................31
FORMATO DE DOCUMENTOS DE CENTRO
FORMATO DE LECTURA FACIL
“A adecuada resposta educativa a todos os alumnos concíbese a partir do principio de inclusión, entendendo que unicamente dese modo garántese o desenvolvemento de todos, favorécese a equidade e contribúese a unha maior cohesión social. A atención á diversidade é unha necesidade que abarca a todas as etapas educativas e a todos os alumnos. É dicir, trátase de contemplar a diversidade das alumnas e alumnos como principio e non como unha medida que corresponde ás necesidades duns poucos". Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación.
2
CONTEXTUALIZACIÓN
“O enfoque de educación inclusiva implica modificar substancialmente a estrutura, funcionamento e proposta pedagóxica das escolas para dar resposta ás necesidades educativas de todos e cada un dos nenos e nenas, de forma que todos teñan éxito na súa aprendizaxe e participen en igualdade de condicións. Na escola inclusiva todos os alumnos benefícianse dun ensino adaptado ás súas necesidades e non só os que presentan necesidades educativas especiais." CARA AO DESENVOLVEMENTO DE ESCOLAS INCLUSIVAS, UNICEF, UNESCO, Fundación Hineni.
Para o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, a Educación inclusiva no sistema educativo ten como propósito prestar unha atención educativa que favoreza o máximo desenvolvemento posible de todo o alumnado e a cohesión de todos os membros da comunidade. Todos os compoñentes da comunidade educativa colaboran para ofrecer unha educación de calidade e garantir a igualdade de oportunidades a todo o alumnado para participar nun proceso de aprendizaxe permanente. A inclusión educativa se guía polos seguintes principios fundamentais: •
A escola debe educar no respecto dos Dereitos Humanos e, para facelo,
organizarse e funcionar de acordo cos valores e principios democráticos. •
Todos os membros da comunidade colaboran para facilitar o crecemento e
desenvolvemento persoal e profesional individual, á vez que o desenvolvemento e a cohesión entre os iguais e cos outros membros da comunidade. •
A diversidade de todas as persoas que compoñen a comunidade educativa
considérase un feito valioso que contribúe a enriquecer a todo o grupo e favorecer a interdependencia e a cohesión social. Búscase a equidade e a excelencia para todos os alumnos e recoñécese o seu dereito para compartir unha contorna educativa común no que cada persoa sexa valorada por igual. •
A atención educativa vai dirixida á mellora da aprendizaxe de todo o
alumnado, polo que ha de estar adaptada ás características individuais.
3
•
A necesidade educativa prodúcese cando a oferta educativa non satisfai as
necesidades individuais. Consecuentemente, a inclusión implica identificar e minimizar as dificultades de aprendizaxe e a participación e maximizar os recursos de atención educativa en ambos os procesos. O deseño para todos en educación é “para todos”, é dicir, non é só para os que teñen necesidades educativas especiais (NEE), sendo precisamente a diversidade un dos valores máis importantes que deben ser asimilados por “todos” os
alumn@s,
conxeniando os seus diferentes intereses e modos de percibir a realidade, mediante unha metodoloxía e uns recursos capaces de adaptarse a esta diversidade. 4
XUSTIFICACIÓN
Seguindo
o
DUA
(Deseño
Universal
de
Aprendizaxe)
tentaremos
proporcionar enfoques flexibles que poidan ser personalizados e axustados ás necesidades individuais. Todo isto levanos a unha nova organización espacial e temporal para satisfacer as necesidades e inclusión do noso alumnado. Esta nova organización espacial require crear novos ÁMBITOS INCLUSIVOS DE APRENDIZAXE: STEAM, Lingüístico, Artístico, Social e Natural que a súa vez requiren dunha nova organización temporal na que dúas veces a semana o noso alumnado comparta, experimente, aprenda e reflexione nestes ámbitos de aprendizaxe.
ORGANIZACIÓN
RECURSOS HUMANOS: Para optimizar os recursos humanos seguindo os principios fundamentais da inclusión será fundamental unha boa cordinación das parellas pedagóxicas: INFANTIL 3 ANOS
JENNY+ ORIENTA@R
APOIO
4 ANOS
VANE+DÉBORA
+
5 ANOS
NURI+SEVES
TINA
PRIMARIA 1º E.P
MARÍA+A.L
PT AULA SOL
2º E.P
MARTA+ANA RUTH+PT
+
3º E.P
TUTOR+PT
CLARA
4º E.P
TUTOR+ ELENA
+
5ºA E.P
NATALIA+PT
TEACHER
5ºB E.P
NURIA+ALBERTO
+
6º E.P
CHUS+ MªJOSÉ+ MARI AL
MARINA 5
Reunión de parellas pedagóxicas o luns de 14:10 a 15:10 horas para revisar a programación semanal e avaliación do proceso.
Titorizar ao profesorado novo.
FUNCIÓNS DAS PARELLAS PEDAGÓXICAS:
Traballar en equipo dando exemplo ao alumnado:
Tomar decisións e compromisos sempre acordando coa parella.
Comunicación de calquera aspecto que se fale coas familias ou con outros mestres para estar informado.
Programar e avaliar conxuntamente as tarefas.
Informar dos logros e non só dos aspectos negativos do acontecido na aula.
Propostas de mellora
Asumir o mesmo nivel de responsabilidade na práctica docente e coas familias.
Respectar os horarios de reunións do profesorado.
Respectarse e coidarse mutuamente.
FUNCIÓNS TITORIZACIÓN DO PROFESORADO NOVO:
A Secretaria recibe nun primeiro momento para cubrir e firmar as tomas de posesión...
A Coordinadora de convivencia ensina as dependencias do cole.
Facilitar a incorporación ao noso centro entregando o caderno de centro.
Acompañar ao novo profesorado sobre todo nos primeiros días na organización, funcionamento, metodoloxía...
Axudar ao profesorado a realizar o seu traballo sendo coherente coa cultura de centro (parella pedagóxica, consello dos nen@s, proxecto de centro…).
Facilitar documentos e materiais necesarios para desenvolver as tarefas. RECURSOS MATERIAIS: A aula do Sol é unha aula de recursos de diferentes ámbitos como a lectoescritura
ou as matemáticas. Na aula dixital encontramos o croma, o espazo de “Stop Motion” e varios ordenadores, está aula exténde a unha aula paralela “a aula Maker” onde está o material de robótica, electrónica, impresión 3D… Na biblioteca temos importantes fontes de recursos e complétase co local da radio. COORDINACIÓN: Só haberá 4 coordinadores, un por ámbito tanto en infantil coma en primaria.
6
Faranse dúas reunións: 1ª REUNIÓN: onde só asistirán os coordinadores/as por ámbitos para deseñar as tarefas.
E.I.
E.I.
STEM
5º E 6º EP
1º E 2º EP
3º E 4º EP
5º E 6º EP
E.I. 5º E 6º EP
ARTE
1º E 2º EP
LETRAS 3º E 4º EP
1º E 2º EP
5º E 6º EP
E.I. SOCIAL E NATURAL
1º E 2º EP
3º E 4º EP
3º E 4º EP
2ª REUNIÓN: o coordinador/a xuntarase co seu equipo para revisar e adaptar a tarefa e as actividades pensando no DUA e así axudaremos aos nosos/as alumnos/as superar as barreiras coas que se podan atopar.
STEM
SOCIAL E NATURAL
STEM
SOCIAL E NATURAL
E.I.
1º E 2º
ARTE STEM
LETRAS
ARTE
SOCIAL E NATURAL
STEM
LETRAS
SOCIAL E NATURAL
5º E 6º
LETRAS
3º E 4º
LETRAS
ARTE
ARTE
7
ORGANIZACIÓN ÁMBITOS DE EDUCACIÓN PRIMARIA:
9:10-9:30
Dinámica/círculo
STEM
CLUB DE
ARTÍSTICO
SOCIAL E
LETRAS
9:30-11:30
Matemáticas
Comprensión
Análise
oral
artística
Ciencias
dunha
obra Horto
VEXO-PENSOExpresión
Tecnoloxía
NATURAL
Sostenibilidade
PREGÚNTOME
escrita
O mundo que nos Creación dunha obra con rodea
Robótica
Comprensión
distintos materias
escrita
PINTURA/FOTOGRAFÍA
Imprensión3D
Cambio climático
/ ESCULTURA Expresión oral
Enxeñería:
A contaminación ExpresArte: Sentimentos, títulos
Construcción
ás
obras
con
pictos e nos tres idiomas, música…
Electricidade
PRODUTOS
FERIA DE CIENCIAS
PROGRAMA
EXPOSICIÓN
CAMPAÑA DE
CON
DE RADIO
ARTÍSTICA
CONCIENCIACIÓN
ESPACIO MAKER PARA AS FAMILIAS
8
ORGANIZACIÓN ÁMBITOS DE EDUCACIÓN INFANTIL:
Dinámica/círculo
9:10-9:30
9:30-11:30
STEM
ARTÍSTICO
CLUB DE LETRAS
Matemáticas
Análise dunha obra artística
Libros para soñar
Ciencias
9
VEXO-PENSOPREGÚNTOME
Noticiario/publicidade
Tecnoloxía/ Enxeñería Robótica
Creación dunha obra con Esta semana coñécemos distintos materias
a…(relacionado
PINTURA/FOTOGRAFÍA
música da semana).
imprensión3D Construcción Electricidade
ExpresArte:
Sentimentos,
títulos ás obras con pictos e nos tres idiomas.
PRODUTOS
FERIA DE CIENCIAS CON ESPACIO MAKER PARA AS FAMILIAS
EXPOSICIÓN ARTÍSTICA
PROGRAMA DE T.V.E/RADIO
coa
STEM
LETRAS
ARTE
SOCIAL
1ยบ e
3ยบ e
1ยบ e
3ยบ e 4ยบ
1ยบ e2ยบ
3ยบ e 4ยบ
1ยบ e2ยบ
2ยบ E.P
4ยบ E.P
2ยบ E.P
E.P
E.P
E.P
E.P
3ยบ e 4ยบ E.P
11 12
12
12
12
11
12
11
5ยบ e 6ยบ E.P
E.I.
5ยบ e 6ยบ
E.I.
5ยบ e 6ยบ
E.I.
5ยบ e 6ยบ
E.P 12
21
E.P 21
12
๏ ท
E.P 21
12
X
13
Os grupos serรกn heteroxรฉneos e formarรกn equipos cooperativos
fixos onde farรกn as estruturas cooperativas e o plan de equipo. En cada รกmbito haberรก 3 equipos cooperativos.
๏ ท
En cada รกmbito haberรก un panel co plan de traballo que os
alumnos/as completarรกn para levar un control da tarefa planificada, revisala e incorporar melloras (que falta, que estรก en proceso ou o que xa finalizamos). isto servirรก de diario das sesiรณns.
10
PENDENTE
EN
FEITO
CURSO
PLANIFICACIÓN DA TAREFA
NON PLANIFICADO
MELLORA CONTINUA
OS OBXECTIVOS. TEMPORALIAZACIÓN EQUIPOS PRODUTO FINAL CALQUERA OUTRA INFORMACIÓN QUE NOS INTERESE TER MOI A MAN
11
IMPEDIMENTOS
PENDENTE
EN
RETROSPECTIVA
FEITO
FUNCIONA
PROBLEMAS
CURSO
A fila para actividades non planificadas, aquelas que non son parte dos requisitos/obxectivos pero que é necesario facer de maneira urxente (erros, urxencias, etc.).
A fila da mellora continua, onde se poderemos as froito de retrospectivas anteriores. Só poñeremos aquí aquelas que non sexan
asociables a un
obxectivo.
En impedimentos anotaremos os obstáculos que poden impedir que o equipo avance, que consiga os obxectivos, ou outros riscos que requiren unha atención especial. O responsable da súa solución son os axudantes dos equipos. Xestiónanse de maneira similar ás tarefas (pendentes, en curso, feitos).
A zona de retrospectiva servirá para ir anotando durante a iteración os aspectos que están funcionado ben así como os problemas que imos identificando.
Nas columnas da esquerda iranse situando os obxectivos para conseguir o produto que o equipo se compromete a completar, ordenados por prioridade . Estes obxectivos pódense redactar, debuxar ou, simplemente cun título e un detalle. Á dereita de cada obxectivo poñeranse, na columna “pendentes”, as actividades necesarias para poder completalo, indicando as horas estimadas para a súa resolución, que iremos actualizando durante a sesión.
Marcaremos con cores as distintas zonas (rotuladores, pósits…) e
marcaremos cun
gomet vermello os obxectivos e/ou as actividades con máis
dificultades, aquelas que queremos ter controladas con máis atención.
METODOLOXÍA
Nos ámbitos de aprendizaxe trabállanse distintan áreas de maneira globalizada. En cada ámbitos de primaria traballan varios mestres, reforzaránse os grupos onde se precise máis perosal. Para a elaboración das tarefas aplicaremos os principios do DUA intentando eliminar as barreiras. A través de ferramentas de apoio e das TIC (netbooks, tablets, encerado dixital...) trataremos de que os nosos alumnos e alumnas personalicen a información, coa axuda precisa, en base as súas necesidades. Por exemplo: cambiando o tamaño, a fonte, a cor..., outras veces son os compañeiros e compañeiras os que adaptarán a información, por exemplo transformando o escrito en vídeos, en audio, en imaxes.. Tamén a través dos grupos cooperativos facilitaremos a participación entre compañeiros/as para que xuntos expresen ideas, opinións, lecturas compartidas..., e empleando os “Thingkings Maps” (mapas conceptuais), para facilitar e aclarar a información, o vocabulario..., xa que resaltan as palabras clave; serven para enlazar ideas, resumir, comparar ideas, conceptos... Fomentaremos a planificación e o desenvolvemento de estratexias para lograr obxectivos como por exemplo rutinas de pensamento (agora penso-antes pensaba; vexo-penso-me pregunto; o que sei-o que quero saber- o que aprendín...) Deseñaremos tarefas flexibles permitindo a participación do alumnado no deseño de actividades a través dun plan de traballo (PANEL) no que se involucren para cumplir obxectivos, tempos...) e sexan conscientes do que van a facer, como e para que. A través de actividades reais, viables e comunicables, con distintas respostas correctas e que fomenten a creatividade, a metacognición, a coavaliación e a autoavaliación (DIARIO DA SESIÓN).
12
Crearase un bo clima de apoio mediante agrupamentos flexibles que favorezan a colaboración e o traballo en equipo ensinando ao noso alumnado a xestionar e controlar as súas respostas emocionais (frustración, medo, vergoña, afrontación de problemas, resolución de conflitos..) Cando deseñemos materiais usaremos formas alterantivas ao texto (imaxes, vídeos, fotografías, material manipulable..) e empregaremos medios alternativos para expresarse: obxectos manipulables, música, expresión corporal...e para resolver os problemas deixaremos empregar correctores ortográficos e gramaticais, calculadoras, materiais manipulativos... 13 LECTURA FÁCIL
O acceso á información, ao coñecemento e á cultura é un dereito de todas e todos os cidadáns. A lectura é unha das ferramentas universais que nos permiten ser máis autónomos na sociedade da información, pero non sempre o texto escrito axústase ás nosas capacidades para comprender o que lemos. A lectura fácil pretende salvar esas barreiras comprensivas para favorecer a igualdade de oportunidades. É unha forma de facer máis accesible calquera texto escrito, xa sexa en formato dixital ou analóxico, mediante o uso dunha linguaxe clara, directo e sinxelo. Esa accesibilidade cognitiva pódese conseguir tamén con apoios visuais e/ou auditivos (imaxes, debuxos, pictogramas, audios, vídeos, etc.) O propósito da lectura fácil vai máis aló de facilitar o coñecemento da nosa contorna, permite tamén a aprendizaxe, o desenvolvemento do sentido crítico, o fomento da creatividade e a imaxinación... En definitiva, favorece a autonomía e a participación cidadá de todos e todas. Seguindo o principio do “deseño para todos”, a lectura fácil é un modelo accesible a calquera usuario que teña unha capacidade mínima de lectura. É unha forma de respectar a diversidade humana e de favorecer a igualdade e a inclusión social. Todos saímos beneficiados, especialmente as persoas con dificultades de comprensión lectora, tendo en conta que ao redor do 30% da poboación ten dificultades para comprender e interpretar textos. Por exemplo:
Persoas con dificultades específicas de aprendizaxe ( dislexia, disortografía, atraso lector, etc.)
Persoas que se están iniciando na aprendizaxe da lecto-escritura.
Persoas con diversidade funcional no ámbito comunicativo-lingüístico.
Persoas con pouco interese pola lectura ou experiencias previas negativas.
Persoas con discapacidade intelectual.
Persoas con pouca formación cultural ou analfabetos funcionais.
Persoas estranxeiras ou con descoñecemento do idioma.
Persoas maiores. Tampouco debemos confundir este modo de escritura co uso dun argot infantil nin
prexulgar que atenta contra a riqueza lingüística. Do que se trata é de que o texto escrito poida ser interpretado polo maior número posible de lectores, seguindo as pautas e principios do Deseño Universal para a Aprendizaxe ( DUA). O proceso de elaboración dun texto en lectura fácil segue os mesmos pasos que calquera outro texto: planificación, redacción e revisión. A diferenza vén dada polos criterios de lexibilidade e de comprensividad do texto escrito, ao obxecto de resaltar a información máis importante. 1. Criterios de lexibilidade:
Estrutura ordenada e previsible, por exemplo mediante un índice ou guion.
Tipo de letra sen remates nin ornamentación: Arial, Helvética, Calibri, Tahoma...
Empregar dous tipos de letra como máximo no mesmo texto: para título e texto.
Tamaño grande da letra: de 12/14 puntos en diante.
Alto contraste da letra sobre o fondo. Por exemplo: negro-branco, negroamarelo.
Evitar efectos tipográficos como adornos, cores, sombras...
Entre 55-60 caracteres por liña como máximo.
Aliñar o texto á esquerda.
Marxes xenerosas e interlineado amplo.
Incluír imaxes descritivas alusivas ao texto.
2. Criterios de comprensividade:
Expresar as ideas do texto escrito dunha maneira concisa.
Explicitar todo o que sexa relevante e refugar a información superflua.
Redactar cunha sintaxe sinxela, con frases curtas: transmitir unha soa idea en cada frase.
Utilizar palabras e expresións de uso frecuente.
Facilitar exemplos para explicar as palabras difíciles ou incluír un glosario dos tecnicismos empregados no texto.
14
Primar o uso da voz activa en lugar da pasiva.
Evitar rodeos lingüísticos, frases formuladas en negativo e conceptos abstractos.
Non utilizar metáforas nin comparacións que poidan ser confusas.
Evitar o uso de abreviaturas e de caracteres especiais.
Evitar o uso de moitos números. Escribilos con díxitos e non con letras.
Mesmo podemos falar de diferentes niveis de adaptación dun texto en lectura fácil: Nivel 1: texto facilmente comprensible, cun número elevado de elementos visuais que complementan o texto. Nivel 2: nivel intermedio, con expresións cotiás. Nivel 3: texto escrito con palabras máis complexas e menos apoios visuais.
No seguinte texto presentarase a información que acabamos de achegar redactada en termos de Lectura Facil.
15
Lectura fácil Este documento está en Lectura fácil.
As palabras difíciles están escritas en negrita e cun *. 16
Estas palabras difíciles explícanse a continuación en cadros.
Índice
1.Introdución ................................................................................2
2. Que é a Lectura ....................................................................... 3
3. A quen axuda a lectura fácil?...................................................4
4. Como se fan textos en lectura fácil? ....................................... 5
1.
Introdución
A Lectura fácil é unha parte da accesibilidade cognitiva.
A Accesibilidade Cognitiva é o dereito a comprender a información
e a túa contorna.
Todos temos dereito a poder acceder á información e a todo o que nos rodea.
A lectura é o medio polo que as persoas reciben a información para poder moverse na sociedade de forma autónoma.
A lectura ás veces non é accesible para todos.
A lectura fácil quere facer que todo sexa accesible para calquera persoa e que todos teñamos as mesmas oportunidades.
17
2. Que é a Lectura fácil?
A lectura fácil é unha forma de facer textos que sexan fáciles de entender.
18
O texto pódelo ler en papel ou nun aparello tecnolóxico por exemplo móbiles, computadores e outros.
A linguaxe que se usa en lectura fácil é claro e sinxelo.
O texto pode ir acompañado de imaxes que apoian o que di o texto.
A lectura fácil quere que todos podamos participar na sociedade sen depender de ninguén.
3. A quen axuda a lectura fácil?
A lectura fácil é unha forma de facer textos para todos.
A lectura fácil é accesible para todas as persoas que saiban ler. 19
A lectura fácil respecta as diferenzas que hai entre as persoas e axuda a incluír a todos na sociedade.
3 de cada 10 persoas
non entenden ben os textos escritos.
Algunhas das persoas son:
o Persoas con dificultades de aprendizaxe Por exemplo persoas con **dislexia .
**Dislexia: é a dificultade que ten algunhas persoas para aprender a ler, aprender a escribir e ás veces para aprender a falar.
o
Persoas que están a empezar a ler e escribir. 20
o
Persoas ás que non lles gusta ler.
o
Persoas con discapacidade intelectual.
o
Persoas con poucos estudos.
o
Persoas que non saben ler nin escribir.
o
Persoas estranxeiras que non coñecen o noso idioma.
o
Persoas maiores..
A lectura fácil non usa unha linguaxe infantil
e non impide que aprendamos palabras novas.
A lectura fácil dános cousas boas a todos.
4. Como se fan textos en lectura fácil? 21
En lectura fácil temos que seguir uns pasos para facer que o texto sexa máis fácil de ler
e máis fácil de comprender para todos.
Algúns pasos para escribir en lectura fácil son:
o
Ordena o texto por partes
por exemplo pondo un *índice ou usando números e guións.
*Índice: é unha lista que serve de guía.
Nesta lista aparecen os nomes das partes
que hai no documento.
o
Usa letras sen adornos
por exemplo a *Arial, *Calibri ou *Tahoma.
o
Usa só un tipo de letra.
o
Usa un tamaño grande de letra 12 ou máis.
o
Usa cores de letra que se distingan do fondo por exemplo fondo branco e letra
negra.
o Evita adornar as letras con sombras, cores e adornos.
o
Pon todo o texto pegado á beira esquerdo.
o
Deixa espazos grandes aos lados do folio.
22
o Deixa espazos grandes entre as liñas.
o Apoia o texto con imaxes.
o Escribe cada idea do texto de forma 23
clara e curta. Explica todo o que sexa importante.
o Escribe con frases curtas e sinxelas, tentando explicar unha idea en cada frase.
o Usa palabras e frases que usamos todos os días.
o Pon exemplos para explicar as palabras difíciles. Feixe unha lista de palabras difíciles ao final.
o Usa frases activas en lugar de pasivas.
oEvita explicar unha idea de varias formas distintas porque pode confundir. Evita usar frases negativas
por exemplo Non tires papeis ao chan.
o Evita usar palabras abstractas.
24
As palabras abstractas son palabras que pon nome a cousas que non podemos ver, ouvir, tocar, cheirar ou probar coa boca. Dous exemplos de palabras abstractas son o amor e a alegría.
o Non uses abreviaturas para resumir
por exemplo é mellor pór páxina que pór *pag.
o Non uses signos ou caracteres especiais por exemplo parénteses ().
o Evita escribir números moi longos
o Evita escribir os números con letras.
OBXECTIVOS
Producir un CAMBIO REAL e SIGNIFICATIVO nos/nas docentes que incida, á súa vez, no alumnado.
Atender eficazmente á diversidade.
Involucrar, motivar e desafiar aos alumnos e alumnas.
OPTIMIZAR e POTENCIAR o talento nas aulas.
Axudar a desenvolver os talentos dos alumnos/as que teñen baixos resultados.
Proporcionar actividades enriquecedoras e motivadoras aos alumnos e alumnas.
Centrarse nas fortalezas e intereses dos nosos/as alumnos/as
Traballar cooperativamente.
CONTIDOS
Os principios do DUA e a metodoloxía para atender á diversidade.
perfil triangular no alumnado: cognitivo, motivacional e socioemocional.
Actividades de Tipo II como transición entre exploración e investigación, que forma parte da Tríada do Modelo de Renzulli.
pensamento creativo como reto do sistema educativo.
Desenvolvemento socio-emocional dos nenos e nenas.
A motivación por aprender e o seu antónimo: revertir o “underachievement”.
modelo SEM e nenas.
As intensidades emocionais e sensoriais dos nenos
25
DESCRICIÓN DOS ÁMBITOS DE APRENDIZAXE INCLUSIVOS:
1.
STEM
Para axudar aos nosos alumn@s a mellorar as súas destrezas, coñecementos e capacidades. Coa participación nestas actividades trátase de impulsar as “Vocacións STEM” en todos os seus ámbitos, tendo en conta as inquedanzas do alumnado e fomentando en todo momento a súa creatividade. As actividades STEM proporcionarán ao noso alumnado un escenario propicio para desenvolver capacidades, coñecementos e técnicas a través dunha invitación ao descubrimento, que aumenten o seu interese por saber, cada vez máis, sobre diversos campos da Ciencia e as súas posibilidades de aplicación na Tecnoloxía. O produto serán unas xornadas científicas onde se invitará ás familias “maker” a presentar os seus traballos. UBICACIÓN: INFANTIL
AULA 1
1º E 2º
AULA DE 1º
3º E 4º
AULA DE 3º
5º E 6º
AULA DIXITAL
2.
CLUB DE LETRAS
O obxectivo é potenciar o emprendemento, o pensamento crítico e creativo na área das Humanidades, as Artes e as Ciencias Sociais. Queremos capacitar ao alumnado para o exercicio do pensamento crítico e independente co que alcanzar unha mellor comprensión do mundo globalizado e de si mesmo. Queremos crear un escenario propicio que promova a adquisición de novas habilidades e sensibilidades, a través dunha invitación ao descubrimento que aumente o interese dos participantes por saber, cada vez máis, sobre diversos campos e manifestacións das Humanidades, das Artes e dasCiencias Sociais. A través do descubrimento, a indagación, o debate, a lectura reflexiva, a escritura creativa, a creación artística, a análise crítica, a creación e a aprendizaxe colaborativa, o alumnado adquirirá o coñecemento mediante un método activo.
26
Partiremos da igualdade para fomentar a reflexión, a lectura crítica e a achega a novos materiais e perspectivas de xeito transversal(desde un punto de vista literario, artístico, filosófico ou histórico a cuestións relacionadas coa visibilización das mulleres, do seu rol na sociedade e/ou representación das mulleres ao longo da historia). Como produto sairá un programa de radio para darlle difusión ao traballo do alumnado. 27 UBICACIÓN: INFANTIL
AULA 2
1º E 2º
AULA DE 2º
3º E 4º
AULA DEL SOL
5º E 6º
AULA DE 6º
3.
ARTÍSTICO
O obxectivo é potenciar a creatividade dos nosos alumnos/as e que desenvolvan a súa expresión artística, para o que empregaremos diversos materiais (follas, paus, piñas, froitas, verduras, botón, teas, de refugallo…) e utilizaremos diferentes técnicas. Transformaremos as ideas en representacións artísticas. Intentaremos reflexionar e aprender a valorar diferentes obras, e a expresar opinións, sentimentos… Coñecendo, comprendendo, apreciando e valorando con espírito crítico, cunha actitude aberta e respectuosa, as diferentes manifestacións culturais e artísticas, e consideralas como parte do noso patrimonio. Sentindo as obras de arte seremos quen de se pór no lugar do outro, aceptar as diferenzas, ser tolerantes e respectar os valores, as crenzas, as culturas e a historia persoal e colectiva dos outros. O produto final deste obradoiro será unha exposición artística.
UBICACIÓN:
INFANTIL
PSICOMOTRICIDADE
1º E 2º
BIBLIOTECA
3º E 4º
BIBLIOTECA
5º E 6º
AULA DE 5ºA
4.
SOCIAL E NATURAL: 28
Con este obradoiro pomos en funcionamento actitudes e valores como: o respecto ás normas de convivencia; o exercicio activo da cidadanía; o desenvolvemento dun espírito crítico; o respecto aos dereitos humanos e o pluralismo; a concepción do diálogo como ferramenta primordial para a convivencia, a resolución de conflitos e o desenvolvemento das capacidades afectivas en todos os ámbitos; unha actitude de curiosidade, interese e creatividade cara á concienciación das problemáticas mundiais. A sostenibilidade será a nosa meta máis importante, reflexionaremos con sentido crítico sobre a nosa maneira de vivir, estar, consumir e na súa relación cos riscos medioambientais. Durante as sesións planificarán e organizarán unha campaña de concienciación. UBICACIÓN: 1º E 2º
AULA DE XOGOS
3º E 4º
AULA DE 4º
5º E 6º
AULA DE 5ºB
AVALIACIÓN
Cada día farase unha avaliación, todo o profesorado dos distintos ámbitos debe cubrir a seguinte folla de valoración:
29
CONCLUSIÓN
Axudar, colaborar, construir xuntos partindo da capacidade. Debemos cambiar a nosa mirada, de ver capacidades onde outros só ven discapacidades. Con este programa pretendemos ofrecer contextos flexibles que permitan que todas as persoas poidan participar e obter logros, contextos onde non existan barreiras que lles impida estar, participar, sentirse acollidos e poder desenvolver así, o seu pleno potencial. A educación inclusiva, equitativa e de calidade é un dereito, como tamén o é asegurar os axustes razoables e os apoios adecuados.
30
ANEXOS
FORMATO DE DOCUMENTOS DE CENTRO
FORMATO DE LECTURA FACIL
31
FORMATO DE DOCUMENTO DE CENTRO
FORMATO DE DOCUMENTO DE CENTRO TEXTO EN ARIAL 12. ALINEACIÓN XUSTIFICADA. SANGRÍA PRIMEIRA LÍNEA. INTERLINEADO 1,5 LÍNEAS
PODEREMOS ESCRIBIR OS TÍTULOS CON ALINEACIÓN CENTRADA EN ARIAL 14 OU AMATIC 26
Este documento é unha recreación do formato de centro. Este documento é unha recreación do formato de centro. Este documento é unha recreación do formato de centro. Este documento é unha recreación do formato de centro.
EMPREGAREMOS A MARXE DENOMINADA NORMAL
INTRODUCCIÓN
Empregamos este tipo de táboa para enmarcar os títulos.
"Si te atreves a enseñar nunca dejes de aprender" John Cotton Dana
Empregamos este outro tipo para enmarcar citas ou observacións. Lembra que as citas deben figurar en cursiva e entre comiñas.
32
LOGO LECTURA FACIL ESQUINA SUPERIOR DEREITA
TÍTULOS ARIAL 16 ALINEACIÓN ESQUERDA.
FORMATO EN LECTURA FACIL ENTRE TÍTULO E TEXTO DEIXAMOS DOUS INTROS TEXTO EN ARIAL 14.
Índice
ALINEACIÓN ESQUERDA. INTERLINEAD O MÚLTIPLE.
33
1. Deseño de páxina
2. Parágrafo AQUÍ TAMÉN DEIXAMOS DOUS INTROS
1. Deseño de páxina
Empregamos a marxe denominada normal.
AQUÍ TAMÉN DEIXAMOS DOUS INTROS
2 . Parágrafo
Empregamos alineación esquerda.
Empregamos interlineado múltiple.
Empregamos este cadro para definir as palabras complexas.
ACOMPAÑAMOS AS EXPLICACIÓNS DE IMAXES