AS PROPOSTAS DE TAREFAS SEMANAIS. Dende que se deu o aviso de suspender as clases, o equipo docente de infantil, seguindo as indicacións da Consellería de Educación, comezou a programar actividades xenéricas relacionadas cos contidos curriculares para que o noso alumnado as poida realizar no seu domicilio. Nestas indicacións tamén nos falan de facer un seguimento coas familias do que estades facendo, resolver dúbidas,..., pero son propostas que non terán carácter de avaliables. O que se busca é de dispor as medidas precisas para facilitar a continuidade do proceso de aprendizaxe do alumnado fóra do ámbito escolar. As propostas que estamos elaborando son moi variadas, tratando sempre de utilizar material que poidades ter na casa, e non pensando en que as fagades todas, senón aquelas que mais interesen. Pero seguimos primando ese momento de xogo en familia, sen presas, de axudar nas labores da casa, na cociña, en poñer a mesa, e os platos, coitelos, vasos,... para cada un dos que vivimos na casa... Porque ahí temos moitas aprendizaxes. Entendemos que a situación actual non se vive do mesmo xeito en todos os fogares, e que hai familias que dispoñedes de mais tempo para estar cos vosos fillos, e poder facer estas propostas e ter ese seguemento e intercambio de información, mentres que hai outras que non. Por iso queremos facervos chegar a calma de que non hai que facer todas as tarefas, non tedes que enviar o seguemento se estades traballando e cando remata a xornada o que precisades e desfrutar dos vosos fillos sen presións. O equipo de infantil estamos para axudarvos no que precisedes. PORQUE TOD@S XUNT@S VENCEREMOS.