PROTOCOLO URXENCIAS SANITARIAS E ENFERMIDADES CRÓNICAS. 1. XUSTIFICACION 2. URXENCIAS SANITARIAS POR ACCIDENTES GRAVES OU LEVES. 2.1. NOTIFICACIÓN ÁS FAMILIAS 2.2. REXISTRO DE ACTUACIÓNS EN EMERXENCIAS E INCIDENCIAS 2.3. PRIMEIROS AUXILIOS. 2.4. CAIXA DE URXENCIAS BÁSICAS. 3. ENFERMIDADES CRÓNICAS. 3.1. PLAN DE ATENCIÓN INDIVIDUALIZADO. 3.2. QUE DEBEMOS FACER CO ALUMNADO CON ENFERMIDADES CRÓNICAS. 3.3. ALERTA ESCOLAR
1.
XUSTIFICACION Dentro
da
Estratexia
Galega
de
Convivencia
Escolar
2015-2020,
educonvives.gal, enmárcase o Protocolo de Protocolo de Urxencias Sanitarias e Atención Educativa ao alumnado con enfermidade crónica, este será o marco de referencia para elaborar o protocolo do CEIP PLURILINGUE Nº1 DE TUI adaptado ás súas necesidades e particularidades. A escola non pode nin debe permanecer allea a esta realidade da vida diaria de moitos nenos e nenas e da súa contorna. Especialmente relevante é a función titorial e orientadora, que corresponde, en xeral a todo o profesorado e moi especialmente ao profesorado titor e aos servizos de orientación educativa (Departamentos de Orientación e Equipos de Orientación Específicos). Desde esta óptica o CEIP PLURILINGUE Nº1 DE TUI aborda de maneira integrada, transdisciplinaria e competencial a educación para a saúde e os estilos de vida saudables. Con carácter xeral na abordaxe das situacións que requiren intervención de urxencia por accidente hai que observar unha conduta PAS (Protexer - Avisar Socorrer, por esta orde). E no caso de enfermidades Crónicas trátase de Deseñar accións orientadas á inclusión, normalización e aceptación da enfermidade crónica na comunidade educativa (profesorado, familias, alumnado e persoal de administración e servizos sanitarios).
2.
URXENCIAS SANITARIAS POR ACCIDENTES GRAVES OU LEVES. Na abordaxe das situacións que requiren intervención de urxencia por
accidente hai que observar unha conduta PAS (Protexer - Avisar - Socorrer, por esta orde). PROTEXER O LUGAR DOS FEITOS Protexer ao accidentado e á persoa que intervén. É preferible afastar o perigo(sempre que sexa posible) que mobilizar ao accidentado.
AVISAR aos SERVIZOS DE SOCORRO Sempre que a urxencia, presumiblemente, non poida ser atendida desde o centro: 061 - Número de urxencias sanitarias 112Número de urxencias xerais O teléfono directo de referencia para o alumnado inscrito no programa Alerta Escolar é o 061; ademais recoméndase contactar con 061 directamente cando se estea seguro de que a natureza do problema que se quere comunicar sexa exclusivamente sanitaria. Recoméndase contactar co 112 en casos nos que existan dúbidas de que a natureza do problema e a súa resolución poidan necesitar da intervención de servizos non exclusivamente sanitarios. En caso contrario, unha vez contactado o 061, se fóra manifesta a necesidade doutros medios técnicos como bombeiros ou policía, serán tamén mobilizados. É de vital importancia saber informar correctamente as circunstancias ás que nos enfrontamos. Se nos poñen en contacto cun equipo médico DEBEMOS SEGUIR SEMPRE As súas INSTRUCIÓNS e non facer nada sen consultalo primeiro. NUNCA DEBEMOS CORTAR A COMUNICACIÓN ata que a central indíquenolo. As chamadas ás centrais de urxencias quedan rexistradas e gravadas polo que, en todo momento, teremos a seguridade de actuar seguindo instrucións. Nunca deixaremos á vítima soa. Se para avisar temos que afastarnos dela debemos asegurarnos de que queda alguén ao seu cargo con capacidade de actuar. Se non é posible pediremos axuda de viva voz ou tentaremos estabilizar á vítima ata que podamos conseguir axuda. SOCORRER: APLICAR ESTAS INSTRUCIÓNS Debemos actuar seguindo unha orde de prioridades básicas: Primeiro: salvar a vida. É o obxectivo prioritario da actuación. Segundo: evitar que se agraven as lesións. A nosa actuación, guiada polos servizos de urxencia, debe ir enfocada a evitar que as condicións da persoa afectada empeoren e, de ser posible, estabilizándoa, e cando sexa posible mellorar as súas condicións de espera. Terceiro: Organizar. Afastar aos curiosos, transmitir instrucións da central e dos servizos de urxencia, etc.
2.1 . NOTIFICACIÓN ÁS FAMILIAS As familias serán informadas puntualmente de todas as urxencias que lles afecten aos e ás menores ao seu cargo. En caso de urxencias vitais ou de gravidade a prioridade é contactar cos servizos de urxencia. Non obstante, sempre que sexa posible e paralelamente á actuación temperá, a familia será informada mediante chamada telefónica do ocorrido e das actuacións que se están a levar a cabo. Cando a persoa que socorre estea sola a prioridade nestes casos será estar en contacto cos servizos de urxencia e seguir as súas instrucións. Cando a vítima estea estabilizada ou os servizos médicos asuman a súa atención será cando informaremos á familia por vía telefónica. En caso de urxencias menos graves, independentemente de que se atenda á vítima, avisarase á familia da situación para que tome as medidas que estime oportunas (levalo ao domicilio, ao médico, etc.). En calquera caso, ao remate da atención, cumplimentarase o “Rexistro de actuacións en emerxencias e incidencias” En caso de incidentes que non requiran aviso inmediato ás familias, darase traslado a estas igualmente dunha copia do parte de atención para o seu coñecemento,
2.2. REXISTRO DE ACTUACIÓNS EN EMERXENCIAS E INCIDENCIAS Cando no centro se realice algunha intervención de urxencia, unha vez rematada esta, darase conta no formulario correspondente
(ANEXO) das
circunstancias que motivaron a intervención, das actuacións realizadas e das orientacións que se fan en termos de seguimento e derivación. Farase constatar expresamente todas aqueles aspectos que foran importantes de cara a elaborar informes, se procede, como os necesarios para a Seguridade Social (por activación dos servizos de seguro escolar). Este documento será trasladado ao equipo directivo para o seu arquivo. Tanto naqueles casos nos que se estableza comunicación telefónica coa familia como nos que non se estime oportuno (pequenos golpes ou contusións e feridas menores), a titoría ou, en caso de non ser posible, o equipo directivo, dará traslado á familia das actuacións fundamentais nunha notificación por escrito.
2.3. PRIMEIROS AUXILIOS. O documento da consellería inclúe unhas “fichas de actuación” para a intervención en determinados accidentes, doenzas e enfermidades. Xunto á caixa de urxencias (botiquín) haberá unha copia encuadernada do manual.
2.4. CAIXA DE URXENCIAS BÁSICAS. Nuria Garabal González encargarase de revisalo e repoñer períodicamente os produtos gastados ou caducados. Esta responsabilidade quedará recollida no NOFC e no Plan de Autoprotección. Ademáis do botiquín principal (situado ee Secretaría) haberá outros con material básico, un en cada pasillo, outro no pabellón e outro portable para excursións. Os botiquíns debe situarse fora do alcance dos nenos e nenas e nun lugar accesible para o profesorado, debe conter: vendas, tiritas, termómetro, gasas estériles, esparadrapo, desinfectante, crema para golpes, algodón… Sería conveniente ter preto do botiquín unha guía de primeiros auxilios e o protocolo de actuación propio de centro, así como os teléfonos de urxencia e dos familiares de cada alumn@. No noso centro está escolarizado alumnado con enfermidade crónica que precisa medicación, ésta será conservada segundo as súas características nun contedor aparte ou nun compartimento diferenciado da caixa de urxencias.
3. ENFERMIDADES CRÓNICAS. A atención á diversidade é responsabilidade de todos. Por estas razóns, cando unha alumna ou un alumno cunha enfermidade crónica se incorpore no centro, ou cando no transcurso da súa escolarización xurda a diagnose, o centro poñerá en marcha unha serie de medidas mínimas, sen prexuízo daqueloutras que poida establecer nas súas Normas de Organización, funcionamento e convivencia.
3.1. PLAN DE ATENCIÓN INDIVIDUALIZADO. Todo o alumnado con enfermidade crónica que precise apoio educativo no centro, contará cun plan de atención individualidado integrado por: 1. Ficha do alumno/a. 2. Autorización da familia. 3. Alta no programa de “Alerta Escolar”, se procede. 4. Documentación médica. 5. Formularios complementarios: de seguimento, de control , etc.
3.2. QUE DEBEMOS FACER CO ALUMNADO CON ENFERMIDADES CRÓNICAS. 1.- Profesorado: Diseñar estratexias para coñecer , respectar e Incluir o alumnado con enfermidade crónica. Acordar pautas no centro que poden facilitar a inclusión destes nen@s referidas fundamentalmente aos momentos educativos de talleres de cociña, celebracións ( magosto, nadal…), Débese informar con claridade , axudar pero non compadecer, e ser amables pero non compracentes, Trátase de ofrecer seguridade e apoio. 2.- Persoa titor@: Informar ao grupo, de xeito adecuado á idade do alumnado e previa charla coa familia ( para determinar a información que se debe compartir ) das características da enfermidade. Poderá contar co asesoramento do Dto de Orientación e Persoal Sanitario. 3.- Equipo Directivo: Entrega o documento coa solicitude para o Plan de atención individualizado. Comunica a necesidade de dispoñer de informes médicos. Solicitude de inscrición no programa de “Alerta Escolar , se é o caso.
Convocatoria de sesión informativa a que debe asistir todo o persoal do colexio, docente e non docente. Nesta xuntanza informarase de sobre diversos aspectos relacionados coa enfermidade crónica. Determinarase a necesidade de solicitar formación sobre a enfermidade. Informar sobre o Plan de Atención Individualizado. - Gardarase no expediente, dentro dun cartafol co título: “PLAN DE ATENCIÓN ENFERMIDADE CRÓNICA.” Xunto cos informes médicos e outros datos relevantes. - Tamén se elaborará unha ficha en tamaño A5 plastificada que deberá gardarse no caixón da mesa do titor ou titora. Estará accesible para todo o profesorado. - Solicitar un profesional sanitario de referencia para o apoio ao centro - Nomear un equipo de apoio (profesorado), con persoal voluntario e un coordinador/a. A persoa coordinadora será, en primeiro luga , a responsable do seguimento e intervención. Independentemente da existencia do equipo de apoio, calquera persoa deberá atender ao alumno/a nas emerxencias que poidan xurdir. En situación de urxencia: chamar ao 061, identificar ao alumno/a e seguir as instrucións.
3.3. ALERTA ESCOLAR A Xunta Galicia dispón dun Programa Especial chamado Alerta Escolar para colaborar cos Centros educativos dirixido ao alumnado con enfermidades crónicas susceptibles de xerar urxencias con compromiso vital. Neste programa éntrase cos seguintes requisitos: Un informe médico: diagnóstico e recomendacións asistenciais. Formulario asinado polos pais ou titores legais que autoricen o rexistro nos arquivos informáticos cos datos do niñ@. O Centro tramita o expediente a Urxencias Sanitarias 061. Urxencias Sanitarias 061 contactará co Centro para confirmar o rexistro.
Que se fai cando ocorre algunha crise? Comunicar co 061. Facilitar o estado da nena/ou: Consciente : Se-Non, Insuficiencia Respiratoria: se-non. O Persoal Médico do 061 realiza indicacións,informa do recurso mobilizado e do tempo que tardará en chegar. No libro informativo sobre o Ceip Plurilingue nº1 que se entrega a todo profesorado a comezo de curso inclue:
4. ACTUALIZAZCIÓNS Mariela de 5º de Educación Infantil é alérxica aos frutos secos e está dada de alta no Progrma Alerta Escolar desde setembro do 2017 .Dispón de adrenalina na súa clase e en Secretaría. Actualizacións según os derradeiros informes médicos: Valeria de 1º de Primaria é alérxica ao kiwi, aos ácaros, noces e froitos secos. Triana de 2º de Primaria é alérxica . Leire de 1º de Primaria é alérxica ao platano, a tiza e ás noces.
Ademáis todo o profesorado prestará atención ( coñecer, respetar e incluir) aos coidados que require a dieta de dúas nenas celiacas: Nina de 3º de primaria. Tatiana de 5º de Educación Infantil.