Proxecto de fomento lingua galega

Page 1

Proxecto do Fomento do Uso do Galego (2017-2018)

PROXECTO do FOMENTO do USO do GALEGO Curso 2017-2018

Equipo de Dinamización da Lingua Galega C.E.I.P. PLURILINGÜE E DIXITAL Nº1 de TUI

1 CEIP PLURILINGÜE E DIXITAL Nº1. TUI


Proxecto do Fomento do Uso do Galego (2017-2018)

ÍNDICE 1.- INTRODUCIÓN. EQ. DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA….. 3 2.- BREVE ESTUDO SOCIOLINGÜÍSTICO………….……………………. 4 2.1- Contorna sociolingüística do centro……………….…………… 5 2.2- Situación sociolingüística do profesorado………..……………. 7 2.3- Situación sociolingüística do alumnado……..………………… 8 2.4- Ambientalidade lingüística do centro…………………………… 10 3.- OBXECTIVOS ……………..………………………………………………. 11 4.- ACTIVIDADES……………………………………………………………… 12 4.1- Actividades para fomentar a Competencia Lingüística nas dúas linguas oficiais de Galicia…………………………………. 12 4.2- Convivencias con outros centros educativos da nosa contorna e visitas a institucións……………………………………….. 17 4.3- Proporcionar aos membros da comunidade información sobre actividades de formación que se oferten para mellorar as súas competencias lingüísticas……………………………………………..18 4.4- Dinamizar a lectura con libros, publicacións periódicas, contos, banda deseñada, poesía, teatro ou narrativa……………... 19 4.5- Realización de actividades en soporte informático…………... 20 4.6- Cadro-resumo de actividades(ANEXO II)……………………

21

Novembro 2017

2 CEIP PLURILINGÜE E DIXITAL Nº1. TUI


Proxecto do Fomento do Uso do Galego (2017-2018)

1.- INTRODUCIÓN: EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA.

O Proxecto do Fomento do Uso do Galego do CEIP Plurilingüe Nº 1 de Tui continúa o camiño cara a planificación lingüística que como centro educativo percorremos para conseguir os obxectivos que a lexislación vixente marca en relación co fomento das dúas linguas oficiais de Galicia entre o noso alumnado, e para que acaden desta forma a competencia lingüística.

Partimos nun primeiro momento da Constitución e do Estatuto de Autonomía, centrándonos na Lei 3/1983 de Normalización Lingüística, e por último no Plan Xeral de Normalización Lingüística. Todas estas leis desenvólvense no Decreto 79/2010 do 20 de maio para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia.

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP PLURILINGÜE DE DIXITAL Nº1 de Tui para o curso 2017 - 2018 quedou formalmente constituído o día 7 de setembro do 2017, conforme ao previsto no artigo 82 do Decreto 324/1996, do 26 de xullo, e no artigo 63 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro. Os mestres/as que formarán parte do equipo neste curso serán:  Mª Luísa López Ramírez  Mª Teresa Bugallo Castiñeiras  Mª José Sánchez González  Gemma Rodríguez Castosa, coordinadora. Por outra banda, baseándonos no Decreto 79/2010 do 20 de maio para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, que pretende reforzar a dimensión comunicativa do galego en relación con contextos vivos e facilitarlle ao alumnado unha oferta educativa que axude a percibir a utilidade da lingua e que o capacite para o seu uso correcto e eficaz; así como tamén no noso Proxecto Lingüístico elaborado no pasado curso presentamos este proxecto para o fomento e uso do galego.

3 CEIP PLURILINGÜE E DIXITAL Nº1. TUI


Proxecto do Fomento do Uso do Galego (2017-2018)

Entendemos que o noso proxecto debe ser un proceso meditado baseado na consecución duns obxectivos concretos e realistas, previa análise da realidade sociocultural das familias, e na planificación de actividades que leven ao alumnado a acadar os obxectivos lingüísticos recollidos na lexislación, independentemente de cal sexa a súa lingua inicial.

Este curso, como se mostra no proxecto, dende o equipo de Dinamización da Lingua Galega, intentaremos continuar co abano de actividades que se iniciaron o curso anterior para fomentar a lingua galega, actividades axustadas ás necesidades de mellora reais que se presenten en relación á competencia lingüística, e estarán destinadas tanto a pais/nais coma a profesorado e alumnado, en definitiva, a toda a comunidade educativa.

2.- BREVE ESTUDO SOCIOLINGÚÍSTICO.

Cando falamos dun estudo sociolingüístico da contorna do centro referímonos á suma de todos os elementos lingüísticos básicos que inflúen no proceso educativo. Son catro os índices relevantes para ter coñecemento da realidade sociolingüística do centro:

- Contorna sociolingüística do centro

- Situación sociolingüística do profesorado

- Situación sociolingüística do alumnado

REALIDADE SOCIOLINGÜÍSTICA DO CENTRO

- Ambientalidade lingüística do centro

4 CEIP PLURILINGÜE E DIXITAL Nº1. TUI


Proxecto do Fomento do Uso do Galego (2017-2018)

2.1- Contorna sociolingüística do centro:

O CEIP PLURILINGÜE E DIXITAL Nº1 de Tui, ten na actualidade 204 alumnos/as, distribuídos en tres unidades de Educación Infantil e sete unidades de Educación Primaria. Para a determinación da situación sociolingüística do noso centro analizamos os seguintes criterios: Datos aportados polo profesorado mediante as entrevistas persoais cos pais e as nais.

Observación do alumnado, tanto no patio coma nas aulas.

Enquisas realizadas a pais/nais, alumnos/as e o profesorado durante o curso 2014-2015 co fin de actualizar os datos sociolingüísticos da comunidade educativa. Os resultados das enquisas realizadas ás familias dos alumn@s de 4º,5º e 6º de Ed. Infantil e 1º, 2º, 3º e 4º de Ed. Primaria e ao alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria reflíctense na seguinte táboa:

Cubriron as enquisas un total de 163 familias e alumnos/as (73%). PREGUNTA SÓ CASTELÁN

1

78 (48%)

PREDOMINA CASTELÁN/ PREDOMINA SÓ CASTELÁN GALEGO GALEGO GALEGO POR IGUAL 32 (53%) 26 (16%) 5 (3%) 1 (0,6%)

2

69 (42%)

33 (54%)

19 (12%)

8 (5%)

11 (7%)

2 (1%)

3

95 (58%)

23 (38%)

25 (15%)

2 (1%)

3 (2%)

0

MOI DEFICIENTE 20(12%)

DEFICIENTE ACEPTABLE

PREGUNTA 4

42(26%)

60(37%)

BOA 32(20%)

MOI BOA 10(6%)

NS/NC

0

NS/NC 2(1%)

PREGUNTA COMPLETAMENTE BASTANTE INDIFERENTE BASTANTE COMPLETAMENTE NS/NC EN EN DE DE DESACORDO DESACORDO ACORDO ACORDO 5 5.1 5.2

16(10%) 5(3%)

11(7%) 5 (3%)

31(19%) 9(5%)

43(26%) 24(15%)

56(34%) 119(73%)

6(4%) 1(0,6%)

5 CEIP PLURILINGÜE E DIXITAL Nº1. TUI


Proxecto do Fomento do Uso do Galego (2017-2018)

5.3

31(19%)

23(14%)

44(27%)

23(14%)

41(25%)

1(0,6%)

PREGUNTA COMPLETAMENTE BASTANTE INDIFERENTE BASTANTE COMPLETAMENTE NS/NC EN EN DE DE DESACORDO DESACORDO ACORDO ACORDO 6 6.1 6.2 6.3

33 (20%) 8(5%) 9(5%)

9(5%) 14 (8%) 12(7%)

56(34%) 43(26%) 30(18%)

17(10%) 37(23%) 32(20%)

45(28%) 61(37%) 56(34%)

3(2%) 0 1 24 (15%)

Despois de analizar estes datos observamos que a maioría do alumnado emprega habitualmente a lingua castelá, tanto oral coma de forma escrita, sendo unha tendencia maioritaria na poboación onde se asenta o noso centro: TUI (zona urbana). Só unha minoría do alumnado (1%) emprega habitualmente a lingua galega. En canto ás familias, en consonancia co dito anteriormente, existe un predominio no emprego do castelán (42%), pero destaca un lixeiro aumento na utilización do idioma galego na casa ( 7%), disto dedúcese que unha pequena porcentaxe do alumnado ten como lingua materna no contorno familiar a lingua galega, logo no ámbito escolar e social acaba utilizando a lingua castelá.

A actitude dos pais/nais cara a utilización do galego no ámbito educativo, consideran na gran maioría (73%) que a adquisición das dúas (ou máis) linguas enriquece e inflúe na maduración dos seus fillos/as, non obstante, só a un 41% lles gustaría que se recibisen máis clases en galego.

Por último dicir, que a actitude dos pais e nais cara a normalización social do galego, vén dada por un 61% que pensa que en Galicia debería usarse máis a lingua galega, un 67% que considera que o ensino en galego axuda a aumentar o prestixio social desta lingua e un 56% que admite que é necesario o

1

Na enquisa de 4º de educación infantil non parecia esta pregunta.

6 CEIP PLURILINGÜE E DIXITAL Nº1. TUI


Proxecto do Fomento do Uso do Galego (2017-2018)

uso do galego establecido na lexislación. Destacar, que se dá unha porcentaxe moi elevada de pais e nais que contestaron “Indiferente” a varias preguntas.

2.2.- Situación sociolingüística do profesorado. En canto ao profesorado, este curso hai unha grande parte de mestres/as novos, polo que se lle ofreceu a todo o claustro a enquisa para actualizar os datos da contorna escolar. Hai que ter en conta que participou un 50% do claustro (10 mestres dos 20 actuais).

Os resultados foron os seguintes:

PROFESORADO / CURSO 2017-2018

*2 PREGUNTA

SÓ GALEGO

1

5

PREDOMINA GALEGO/ PREDOMINA SÓ GALEGO CASTELÁN CASTELÁN CASTELÁN POR IGUAL 30 5 0 10

2

0

25

20

5

0

3

0

5

10

25

10

4

0

0

10

PREGUNTA COMPLETAMENTE BASTANTE DE DE ACORDO ACORDO 5 a 30 20 b 15 25 c 0 5 d 0 5 e 0 0

15

15

NS/NC

50

60

INDIFERENTE BASTANTE COMPLETAMENTE NS/NC EN EN DESACORDO DESACORDO 0 0 0 50 0 10 0 50 0 15 30 50 0 10 35 50 0 15 35 50

A través da observación directa dos nosos compañeiros e as enquisas recadadas polo E.D.L.G. chegouse á conclusión de que o profesorado no cal predomina como lingua habitual o galego é un 30%, castelán e galego por igual un 5%, galego un 5 % e so castelán 10%. 2

Porcentaxes en %

7 CEIP PLURILINGÜE E DIXITAL Nº1. TUI


Proxecto do Fomento do Uso do Galego (2017-2018)

De todas formas, ao haber un número baixo de participación (50%), os datos non poden ser representativos da realidade lingüística do centro polo que aos mestres/as se refire.

2.3.- Situación sociolingüística do alumnado.

A maioría do alumnado do noso centro ten coma lingua materna o castelán, a cal é a habitualmente empregada no seu ámbito familiar, con algunhas excepcións (familia galego falante/ neno castelán falante debido á influencia ambiental).

Tamén se constata que cada vez máis, sobre todo no ámbito escolar, hai unha porcentaxe elevada de nenos/as que utilizan indistintamente as dúas linguas (26%).

Debemos traballar na mellora da competencia comunicativa en galego do alumnado. A pesar de non ser a lingua predominante teñen unha actitude positiva cara a lingua galega e o 63% dos pais/nais cren que os seus fillos posúen unha competencia lingüística aceptable ou boa. En canto ás novas familias do centro (do alumnado de 4º de Ed. Infantil) a participación na enquisa foi por parte dun 65%, sendo a abstención dun 35%. A enquisa foi a oficial que proporciona a CEDLG para estes casos.

8 CEIP PLURILINGÜE E DIXITAL Nº1. TUI


Proxecto do Fomento do Uso do Galego (2017-2018)

FAMILIAS ALUMNADO 4º E.I. / CURSO 2017-2018

*3 PREGUNTA

SÓ GALEGO

PREDOMINA GALEGO

GALEGO/ CASTELÁN POR IGUAL

PREDOMINA CASTELÁN

SÓ CASTELÁN

NS/NC

1

0

0

12

18

30

40

2

0

0

6

24

30

40

3

0

0

6

36

18

40

4

6

12

30

12

-------

40

PREGUNTA COMPLETAMENTE BASTANTE INDIFERENTE BASTANTE COMPLETAMENTE DE DE EN EN ACORDO ACORDO DESACORDO DESACORDO 5 5.1 5.2 5.3 5.4 5.5 5.6

30 30 60 24 24 30

6 12 6 12 24 12

18 12 0 12 6 24

0 0 0 6 0 0

6 12 0 12 12 0

NS/NC

40 34 34 34 34 34

CONTORNA FAMILIAR / CURSO 2017-2018

* PREGUNTA

3 4

SÓ GALEGO

PREDOMINA GALEGO

GALEGO/ CASTELÁN POR IGUAL

PREDOMINA CASTELÁN

SÓ CASTELÁN

4

NS/NC

1

12

12

12

18

6

34

2

0

24

0

24

12

34

3

6

6

6

30

12

34

4

0

0

6

24

30

34

5

0

0

12

42

6

34

6

0

0

0

0

0

34

Porcentaxe en % Porcentaxes en %

9 CEIP PLURILINGÜE E DIXITAL Nº1. TUI


Proxecto do Fomento do Uso do Galego (2017-2018)

2.4.- Ambientalidade lingüística do centro.

As variables que analizamos neste punto buscan coñecer cal é a presenza que ten a lingua galega na vida do centro, fóra da que teña nas actividades docentes. Podemos afirmar que existe:

A presenza da lingua galega na documentación administrativa, nalgunhas notas informativas dos taboleiros, decoracións e letreiros do centro. O emprego da lingua galega nunha grande parte das comunicacións escritas ás familias e a outras institucións (concello, outros colexios,…). Un maior emprego da lingua castelá nas interaccións co alumnado en contextos informais. O emprego do galego e do castelán indistintamente nas reunións.

Despois de todas estas afirmacións, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega chega á conclusión de que o noso centro precisa fomentar unha ampla variedade de actividades dirixidas a unha maior participación do profesorado, alumnado e familias no uso e aprendizaxe da lingua galega.

Tras esta análise dos distintos índices, e tendo en conta que a situación do alumnado e do profesorado ten un peso máis importante no indicador sociolingüístico global, consideramos ao noso centro coma unha contorna con predominio do castelán. Destaca unha predominancia do uso da lingua castelá en detrimento do idioma galego, tanto a nivel oral coma escrito, influenciados pola transmisión que reciben no seu ámbito familiar maioritariamente en castelán, a excepción dunha pequena minoría que ten coma lingua materna o galego. Existe polo tanto unha situación social de desigualdade entre os dous idiomas, por iso a importancia do traballo do Equipo de Dinamización da Lingua Galega para conseguir equiparar o nivel de competencia nos dous idiomas, un traballo que se deberá continuar ao longo dos vindeiros anos para lograr dito obxectivo.

10 CEIP PLURILINGÜE E DIXITAL Nº1. TUI


Proxecto do Fomento do Uso do Galego (2017-2018)

3.- OBXECTIVOS XERAIS.

Atendendo ás competencias do Equipo de Dinamización da Lingua Galega e de acordo co artigo 14 do Decreto 79/2010 establécense unha serie de obxectivos xerais e liñas de actuación que concretamos a continuación. O Equipo de Dinamización da Lingua Galega reúnese unha vez cada mes (3º martes) e cantas veces sexa preciso a maiores para poder levar a cabo os seus principais obxectivos: 

Fomentar o uso das linguas propias de Galicia, tanto a nivel oral como a nivel escrito, e da transmisión e do coñecemento da súa cultura entre os distintos membros da comunidade educativa.

Convivir con outros centros educativos da nosa contorna, visitar as institucións que fomenten o coñecemento, a cultura e as linguas de Galicia.

Proporcionar aos membros da comunidade información sobre actividades, actos e institucións culturais relacionados coa realidade lingüística e participación nas mesmas.

Informar ao profesorado de tódalas actividades de formación que se oferten, para mellorar as súas competencias lingüísticas.

Realización de actividades en soporte informático para mellorar as competencias lingüísticas da comunidade educativa, e actualizarse como equipo no emprego de novos soportes.

Dinamizar a lectura, sexa con libros informativos, publicacións periódicas, contos, banda deseñada, poesía, teatro ou narrativa. As liñas de actuación previstas para acadar os obxectivos son: Implicar a toda a comunidade educativa na normalización do galego.

11 CEIP PLURILINGÜE E DIXITAL Nº1. TUI


Proxecto do Fomento do Uso do Galego (2017-2018)

Procurar a comunicación oral e escrita en galego cos interlocutores da nosa comunidade autónoma.

Celebración das festas tradicionais: Magosto, Nadal, Día da Paz, Entroido, Maios, Letras Galegas e outras actividades que contribúan á revalorización da nosa cultura , proporcionando recursos ao profesorado.

Manter a docencia en galego nas áreas de Lingua Galega, Ciencias Sociais, Ciencias da Natureza, Educación Musical e Valores Sociais e Cívicos. Propiciar hábitos de lectura en lingua galega.

Colaborar coas diferentes coordinacións e equipos do centro: Equipo de AACCEE, Convivencia, Biblioteca, TIC...

4.- ACTIVIDADES. 4.1.- Actividades para fomentar a Competencia Lingüística nas dúas linguas oficiais de Galicia e co paso do tempo intentar acadar o 33% que marca o decreto 79/2010 do 20 de maio. EMPREGO DA LINGUA GALEGA EN:

Todos os documentos administrativos e pedagóxicos do centro. A correspondencia e avisos dirixidos ás familias do alumnado, ou calquera institución. Carteis, letreiros, avisos … que se coloquen no colexio. Festivais e actos conmemorativos realizados no centro. CELEBRACIÓN DE FESTAS POPULARES: Samaín (derradeira semana de outubro)

U.D. en galego para traballar na aula aspectos do Samaín.

Exposición de libros de medo.

12 CEIP PLURILINGÜE E DIXITAL Nº1. TUI


Proxecto do Fomento do Uso do Galego (2017-2018)

Proxección de sesións de curtametraxe de medo na biblioteca do colexio.

Photocall monstruoso.

Obradoiro de maquillaxe terrorífica.

Experimentos científicos terroríficos para traballar o Proxecto de Centro sobre Ciencia e Tecnoloxía deste curso académico 2017/18 (aula)

Exposición de cabazas coma temática de Ciencia e Tecnoloxía, en colaboración coas familias.

Os nenos/as virán disfrazados da casa e desfilarán a 3ª hora.

Sesión disco de Samaín.

Xogo libre no patio do colexio.

Está previsto que a profesora de música faga un videoclip cos nenos empregando música de Samaín.

Dende o equipo TIC facilitarán a todo o profesorado recursos web sobre o Samaín.

Magosto ( 10 de novembro, véspera de San Martiño): 

Utilización de U.D. en galego na aula.

Elaboración de murais temáticos sobre esta celebración popular.

Festa do magosto de forma tradicional, na Macoca (Monte Aloia de Tui) en colaboración coa ANPA.

Xogos populares.

Nadal (3º/4º semana de decembro):  Concerto de panxoliñas, posiblemente en diferentes lugares da vila.  Murais e actividades plásticas festexando esta celebración.  Obradoiro de tarxetas navideñas (a determinar en aula ou en colaboración coas familias) Entroido ( 1ª semana de febreiro)  Elaboración de murais e traballo nas aulas a nivel de titoría.

13 CEIP PLURILINGÜE E DIXITAL Nº1. TUI


Proxecto do Fomento do Uso do Galego (2017-2018)

Elaboración do típico Meco e cumprimento das súas ordes.

O alumnado virá disfrazado da casa para desfilar posteriormente no colexio (determinarase se é disfrace libre ou con temática do Proxecto que se está a desenvolver no centro)

Degustación de sobremesas (colaboración ANPA)

CONMEMORACIÓNS: Día da Ciencia en Galicia (1ª semana novembro)

4.1

Este ano dedicado a Charles Darwin e A viaxe do Beagle e a Domingo Fontán a súa Carta Xeométrica de Galicia. En Galicia dedicado a Baltasar Merino

Traballarase a nivel de aula.

o

Exposición de libros de ciencia e experimentos en lingua galega e castelá.

o

Realización de experimentos nos diferentes cursos, e logo de gravalos, mostraranse ao resto do alumnado.

o

Exposición sobre Charles Darwin, Domingo Fontán e Baltasar Merino, homenaxeado deste ano.

o

Exposición dos experimentos realizados nos diferentes cursos. Semana da Tradición Oral: (2ª semana de novembro)

o Convivencia co Centro de Maiores da vila para intercambiar experiencias ( escolas de hai 50 anos, contos populares, cancións, refraneiro…)

Día Contra a Violencia de Xénero: (25 novembro) o Actividades a nivel de titoría. A Paz ( derradeira semana de xaneiro): o Traballo na aula de unidades didácticas en galego.

14 CEIP PLURILINGÜE E DIXITAL Nº1. TUI


Proxecto do Fomento do Uso do Galego (2017-2018)

o Elaboración de murais. o Certame de relato curto (a determinar)

Día de Rosalía: (24 de febreiro) o Exposicións coa vida e obra de Rosalía tanto en E.I coma na E.P. o Letras musicadas da poetisa. Dia da Muller Traballadora: (8 de marzo) o Traballo con diferentes U.D. nas aulas. Semana da Prensa: o Exposición de prensa variada e actualizada diariamente durante unha semana incluída a prensa dixital. o Traballo de U.D. a nivel de aula. o Mural: “As novas da Ciencia”, onde participarán unha por aula. Día do Consumidor: (do 11 ao 17 de marzo) o Continuidade do Proxecto “Froita fresca na Escola”, reparto de froita ao alumnado para promover o seu consumo saudable. A nivel de aula traballaranse os nomes, variedades, procedencia … destas froitas, facendo fincapé en L. Galega.

Día da Poesía: (21 de marzo) o Recitado de poesías pola megafonía na hora de lecer durante toda a semana. o Certame de poesía. Día Mundial do Libro Infantil e Xuvenil: (última semana de abril)

15 CEIP PLURILINGÜE E DIXITAL Nº1. TUI


Proxecto do Fomento do Uso do Galego (2017-2018)

o Actividade “Apadriña/amadriña a un lector”, na cal establécense parellas de alumnos/as que lerán contos na hora de lecer polas diferentes dependencias do centro.

Día das Letras Galegas: (3ª semana de maio): o Realizaranse actividades de investigación e lectura comprensiva, entre outras, sobre Victoria Moreno Márquez (Letras Galegas 2018) o Escoitarase á hora de entrada e saída o Himno Galego ou, de selo caso música relacionada) o Na Hora de Ler os textos da escritora homenaxeada, adaptándoas ao nivel de cada clase. o A través de diferentes fontes o alumnado de Primaria e Infantil traballará sobre a vida e obra de Moreno Márquez . o Elaboración do mural sobre a autora homenaxeada. o Exposición de carteis (enviados pola Xunta) facendo referencia á súa vida e obra. o Elaboración dun cartel para participar no Tui Le (de ser convocado) o Recitado dalgún escrito de Victoria Moreno en Tui Le.

PROXECTOS. o o o o o o o o o o o

Proxecto FROITA FRESCA NA ESCOLA. Proxecto HORTO ESCOLAR. Proxecto SAÚDE NA ESCOLA. Proxecto CIENCIA E TECNOLOXÍA. Proxecto O PATIO DOS NOSOS SOÑOS. Proxecto APRENDO PROGRAMANDO dentro do Plan Proxecta para 5º e 6º de educación primaria (E.P.) Plan Director. Programa ATRÉVENTE. Programa PRENSA NA ESCOLAR. ENGLISH WEEK para o alumnado de 6º de E.P. Outros proxectos aínda por determinar.

16 CEIP PLURILINGÜE E DIXITAL Nº1. TUI


Proxecto do Fomento do Uso do Galego (2017-2018)

4.2.- Convivencias con outros centros educativos da nosa contorna e visitas a institucións: Aloiada 2017-2018. Actividades de coñecemento do contorno para os alumnos\as de sexto curso do CEIP Nº1 con outros centros máis de Tui no Parque Natural do Monte Aloia.

Convivencias deportivas Participarase xunto con outros centros do entorno Xornadas de Deporte Escolar. Correlingua: o Solicitarase, de selo caso, a asistencia ao Correlingua. o “TUI LE” (23 de abril) o Actividade conxunta coas biblioteca escolares de Tui e a Biblioteca Municipal de Tui. Flashmob solidario: Pingas de esperanza. #lumesgalizanuncamais Saídas pola contorna o o o

o

Coñeceremos a vila co historiador tudense Suso Vila. Andaina polo Monte Aloia. Plantación de árbores no concello de As Neves, tras os incendios acontecidos recentemente. Otras que xurdirán ao longo do curso.

Outras actividades: o Saída á Área Panorámica: representación teatral Un lugar chamado mundo (outubro) o Saída á Área Panorámica: visionado da película O meu mellor amigo (bullying). (Novembro). o Outras que podan xurdir.

17 CEIP PLURILINGÜE E DIXITAL Nº1. TUI


Proxecto do Fomento do Uso do Galego (2017-2018)

OUTRAS ACTIVIDADES DINAMIZADORAS E COLECTIVAS: *

Calendario escolar 2017-18. Repartiranse os meses polos niveis, e logo elaborarase un calendario escolar para o vindeiro curso. Cada grupo fará un debuxo e escribirá o que considere relacionado coa Ciencia e/ou Tecnoloxía.

Dinamizar o novo blog de EDLG con variedade de propostas relacionadas co fomento.

Exposición de xogos tradicionais como aportación ao Proxecto “O patio dos nosos soños”

Plan de animación á lectura en galego; cada titor/a traballará co seu alumnado libros en galego tanto de forma oral como escrita.

Elaboración do Itinerario Lector, introducindo libros en galego.

* Contacontos en galego. * Visita de escritores e ilustradores. * Animacións lectoras dos libros seleccionados no itinerario lector. * A “hora de ler”: de luns a venres adicaranse nas aulas 25 minutos á lectura nas dúas linguas oficiais: Galego e Castelán. * A “Mochila Viaxeira”. * Partipación no XXIV CERTAME DE POESÍA NA ESCOLA (Emilia Rosende)

4.3.- Proporcionar aos membros da comunidade información sobre actividades de formación que se oferten, para mellorar as súas competencias lingüísticas.

Informarase aos membros da comunidade sobre actividades, actos e institucións culturais relacionados coa realidade cultural galega. Habilitarase un espazo no exterior na porta 1 e 3 para información ás familias.

18 CEIP PLURILINGÜE E DIXITAL Nº1. TUI


Proxecto do Fomento do Uso do Galego (2017-2018)

Informarase ao profesorado de actividades de formación que haxa, a través do correo electrónico, carteis, letreiros e charlas informativas.

Ficha de Axuda ao profesorado a través da cal o EDLG intentará resolver dúbidas lingüísticas que poidan xurdir ao longo do curso. A revista escolar será feita polos nenos/as.

4.4.- Dinamizar a lectura, sexa con libros, publicacións periódicas, contos, banda deseñada, poesía, teatro ou narrativa. Plan de animación á lectura en galego; cada titor/a traballará co seu alumnado libros en galego tanto de forma oral como escrita. Elaboración do Itinerario Lector, introducindo libros en galego. Contacontos en galego (por profesionais, mestras alumnado e familias). Visita de escritores e ilustradores galegos. Animacións lectoras dos libros seleccionados no itinerario lector. A “hora de ler”: de luns a xoves adicaránselle nas aulas 25 minutos á lectura nas tres linguas. Realización do “Conto Viaxeiro”: A determinar en Claustro si se fará a nivel de aula, cursos ou etapas. Realización do “Caderno Lector” dos libros que lean, cubrindo unha ficha cos datos básicos. Incrementaranse a medida que se aumente de curso. Na “Mochila Viaxeira” incluiranse libros escritos en lingua galega.

19 CEIP PLURILINGÜE E DIXITAL Nº1. TUI


Proxecto do Fomento do Uso do Galego (2017-2018)

4.5.- Realización de actividades en soporte informático para mellorar a competencia lingüística da comunidade educativa. Creación, difusión e mantemento do blog do EDLG. Publicación do XIV número da revista anual do centro: “A BILLARDA”. Elaboración de xogos interactivos sobre a vida e a obra de Victoria Moreno. Comunicación coas familias e o EDLG por escrito para o traballo colaborativo. Realización dun díptico informativo para o período de matrícula no que se informa das características do centro. Obradoiros para empregar software e aplicacións útiles en lingua galega, así coma páxinas de interesse (RAG, …). Elaboración dun “Pasapalabra estacional” online, ao cal se poida acceder dende o blog de EDLG para poder familiarizarse co vocabulario correspondente a cada estación do ano. Outros que podan xurdir.

4.6.- Cadro resumo de actividades: (ANEXO II) Páxina seguinte.

20 CEIP PLURILINGÜE E DIXITAL Nº1. TUI


Proxecto do Fomento do Uso do Galego (2017-2018)

TEMPORALIZACIÓN

ACTIVIDADE

RESPONSABLES

DESTINATARIOS

ORZAMENTO

MATERIAL NECESARIO

AO LONGO DO CURSO

EMPREGO DA LINGUA O SAMAÍN

PROFESORADO

COMUNIDADE EDUCATIVA COMUNIDADE EDUCATIVA

100€

ALUMNADO

30€

EDLG TITORES

ALUMNADO

60€

FOLIOS, TÓNER E CARTACES. FOLIOS, TÓNER, TÉMPERAS E CARTOLINAS. FOLIOS, TÓNER, PAPEL CONTINUO, TÉMPERAS, PEGAMENTO E CARTOLINAS. FOLIOS, TÓNER, PAPEL CONTINUO, POREXPAN, MATERIAL ESPECÍFICO (bicarbonato, vinagre…),ARXILA.

TITORES EDLG E.ACTVS.EXTRAESC.

ALUMNADO

0€

EDLG EB EDLG PROFESORADO

ALUMNADO

15€

PAPEL E TÓNER.

ALUMNADO

25€

PROFESORADO ALUMNADO FAMILIAS

COMUNIDADE EDUCATIVA ASOCIACIÓNS

73€

PAPEL CONTINUO, PEGAMENTO,CARTOLINAS, CERAS GORDAS, FOLIOS E TONER. PAPEL CONTINUO, ALGODÓN, COLA, PURPURINA, LA, TÉMPERAS, CARTOLINAS, PAPEL CHAROL, PAPEL PINOCHO E PAPEL CELOFÁN. PAPEL CONTINUO,PEGAMENTO, CERAS GORDAS, GLOBOS, TÓNER E FOLIOS. PAPEL CELOFÁN, PAPEL PINOCHO, CELOFÁN, MAQUILLAXE FACIAL E CARTOLINAS.

DERRADEIRA SEMANA DE OUTUBRO NOVEMBRO

O MAGOSTO

NOVEMBRO

SEMANA DA CIENCIA EN GALEGO

NOVEMBRO

XXIV CERTAME DE POESÍA NA ESCOLA (Emilia Rosende) 2ª OU 3ª SEMANA SEMANA DA DE NOVEMBRO TRADICIÓN ORAL 25 DE NOVEMBRO DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO DECEMBRO

NADAL

EDLG EQUIPO BIBLIOTECA(BE) TITORES/ESPECIALISTAS PROFESORADO BE

50€

30 DE XANEIRO

A PAZ

EDLG E.ACTVDS. EXTRAESC. TITORES

ALUMNADO FAMILIAS

25€

1ª/2ª SEMANA DE FEBREIRO

O ENTROIDO

EDLG E.ACTVDS. EXTRAESC. TITORES

ALUMNADO

60€

CEIP PLURILINGÜE E DIXITAL Nº1. TUI


Proxecto do Fomento do Uso do Galego (2017-2018)

TEMPORALIZACIÓN

ACTIVIDADE

RESPONSABLES

DESTINATARIOS

ORZAMENTO

24 DE FEBREIRO

DÍA DE ROSALÍA

ALUMNADO

25€

FOLIOS, TÓNER E PLASTIFICACIÓNS.

8 DE MARZO

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

EDLG TIC BE EDLG

ALUMNADO

25€

SEMANA DO 11 AO 15 DE MARZO

DÍA DO CONSUMIDOR

ALUMNADO

25€

MES DE MARZO

SEMANA DA PRENSA

PROFESORADO FAMILIARES CONSELLERÍA DE SANIDADE EDLG TITORES

ALUMNADO

35€

4 DE ABRIL

DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

EDLG

ALUMNADO

25€

EDLG TITORES

ALUMNADO FAMILIAS

60€

EQUIPO TIC TITORES BE BIBLIOTECA MUNICIPAL DE TUI CONCELLO DE TUI

COMUNIDADE EDUCATIVA COMUNIDADE EDUCATIVA

20€

PAPEL CONTINUO, PINTURA DE DEDOS, FOLIOS E TÓNER. CARTOLINAS, PLASTILINA, COLA, TÉMPERAS, FOLIOS E TÓNER. PRESA DE TODO TIPO, PAPEL CONTIUNO, ROTULADORES GROSOS, PEPEL CONTINUO, CERAS BRANDAS, FOLIOS E TÓNER. FOLIOS, TÓNER, PLASTIFICACIÓNS, PAPEL CONTINUO, CERAS GROSAS. PAPEL CONTINUO, TÉMPERAS, COLA, CARTULINAS, FOLIOS E TÓNER. FOLIOS E TÓNER

PROFESORADO PROFESORADO ANPA CONCELLO DE TUI CLUB KAIAK TUDENSE CLUB DE ESCALADA

ALUMNADO ALUMNADO

50€ 50€

3ª/4ª SEMANA DE DÍA DAS LETRAS MAIO GALEGAS AO LONGO DO CURSO RADIO ESCOLAR DÍA SEN CONCRETAR EN ABRIL

TUI LE

2º E 3º TRIMESTRE CONVIVENCIAS 3º TRIMESTRE ALOIADA

CEIP PLURILINGÜE E DIXITAL Nº1. TUI

40€

MATERIAL NECESARIO

PEPEL CONTÍNUO, TÉMPERAS, CARTOLINAS, PEGAMENTO, ROTULADORES GROSOS, TÓNER E FOLIOS. AUTOBUSES AUTOBUSES


Proxecto do Fomento do Uso do Galego (2017-2018)

TEMPORALIZACIÓN

ACTIVIDADE

AO LONGO DO CURSO VISITAS Á ÁREA PANORÁMICA AO LONGO DO CURSO VISITAS E CHARLAS DE ESCRITORES E ILUSTRADORES GALEGOS AO LONGO DO CURSO CONTACONTOS AO LONGO DO CURSO

VISITAS DOS PAIS/NAIS ÁS AULAS COMA CONTACONTOS AO LONGO DO CURSO INFORMACIÓN A TODA A COMUNIDADE AO LONGO DO CURSO INFORMACIÓN AO PROFESORADO PUBLICACIÓN NO 3º XORNAL ESCOLAR TRIMESTRE 2º TRIMESTRE DÍPTICO INFORMATIVO MATRÍCULA 3º TRIMESTRE AO LONGO DO CURSO AO LONGO DO CURSO AO LONGO DO CURSO AO LONGO DO CURSO AO LONGO DO CURSO

LIBRO INFORMATIVO MANTEMENTO DA WEB E BLOG ANIMACIÓN Á LECTURA HORA DE LER CADERNOS LECTORES ITINERARIO LECTOR

RESPONSABLES

DESTINATARIOS

ORZAMENTO

PROFESORADO

ALUMNADO

0€

EDLG

ALUMNADO

45€

EDLG PROFESORADO EDLG FAMILIAS

ALUMNADO

0€

ALUMNADO

0€

EQUIPO DIRECTIVO EDLG

COMUNIDADE EDUCATIVA

33€

FOLIOS E TÓNER.

EQUIPO DIRECTIVO EDLG PROFESORADO EQUIPOS EQUIPO DIRECTIVO

PROFESORADO

30€

FOLIOS E TÓNER.

COMUNIDADE EDUCATIVA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CENTRO E EXTERNA A EL COMUNIDADE EDUCATIVA COMUNIDADE EDUCATIVA ALUMNADO

0€

EDLG EQUIPO DIRECTIVO EQUIPOS TITORES EDLG PROFESORADO PROFESORADO BE TITORES EDLG

PAPEL CONTINUO, TÉMPERAS,CARTOLINAS, ROTULADORES GROSOS, PEGAMENTO, FOLIOS E TÓNER.

35€

FOLIOS E TÓNER.

35€

FOLIOS E TÓNER.

0€ 50€

ALUMNADO ALUMNADO

0€ 50€

ALUMNADO

0€

CEIP PLURILINGÜE E DIXITAL Nº1. TUI

MATERIAL NECESARIO

PAPEL CONTINUO, FOLIOS E TÓNER. FOLIOS E TÓNER.


Proxecto do Fomento do Uso do Galego (2017-2018)

TEMPORALIZACIÓN

ACTIVIDADE

RESPONSABLES

DESTINATARIOS

ORZAMENTO

MATERIAL NECESARIO

AO LONGO DO CURSO

PASAPALABRA ONLINE

EDLG

0€

ORDENADOR CONEXIÓN A INTERNET

MAIO/XUÑO

CALENDARIO ESCOLAR

TITORES EDLG TIC

ALUMNADO FAMILIAS COMUNIDADE EDUCATIVA ALUMNADO FAMILIAS COMUNIDADE EDUCATIVA

90€

IMPRENTA

TOTAL

1.161€

A coordinadora, xunto cos demais membros do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, comprométense a levar a cabo, sempre que sexa posible, as actividades sinaladas anteriormente, para o que precisan do orzamento indicado.

Tui, 6 de novembro de 2017 Visto e Prace da DIRECTORA:

Coordinadora do E.D.L.G.

Dna. Nuria Garabal González

Dna. Gemma Rodríguez Castosa Equipo de Dinamización da Lingua Galega

CEIP PLURILINGÜE E DIXITAL Nº1. TUI


Proxecto do Fomento do Uso do Galego (2017-2018)

CEIP PLURILINGร E E DIXITAL Nยบ1. TUI


Proxecto do Fomento do Uso do Galego (2017-2018)

26 CEIP PLURILINGร E E DIXITAL Nยบ1. TUI


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.