ÍNDICE
1. INTRODUCCIÓN………………………………………………………………3 2. CONCRECIÓN…………………………………………………………………4 3. ABALAR E EDIXGAL…………………………………………………..…….9 4. ÁMBITOS DE APRENDIZAXE……………………………………………..14 5. DIGICRAFT…………………………………………………………………...15
2
1. INTRODUCCIÓN "O alumnado é o centro e a razón de ser da educación". Ley Orgánica 8/2013, de 9 de diciembre, para la mejora de la calidad educativa. Estes son tempos de cambio, de renovación, de innovación, de información...; estámonos adentrando nun novo modelo e estilo de vida: na chamada "sociedade do coñecemento".
Nesta sociedade atopámonos que unha das súas características é que está hiperconectada e hiperinformada debido ao incremento das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) e da variedade de linguaxes dixitais que fan preciso un cambio no xeito de nos comunicar. A educación é o motor que promove o benestar dun país polo que non pode permanecer impermeable aos cambios que se producen na sociedade. Deste xeito descubrimos outros dous términos: as TAC e as TEP.
3
4
2. CONCRECIÓN
Tódolos estudiantes posúen talento, pero a natureza deste talento difire entre eles. En consecuencia, o sistema educativo debe contar cos mecanismos necesarios para recoñecelo e potencialo. A incorporación das TIC permite personalizar a educación e adaptala ás necesidades e ao ritmo de cada alumno.
A integración das TIC no noso centro é evidente e atópase consolidada, polo que o noso obxectivo prioritario é a creación dun ECOSISTEMA DIXITAL no que as TIC son unha peza fundamental para producir o cambio metodolóxico necesario para a mellora da calidade educativa.
Atendendo ao disposto no Decreto 105/2014, do 4 de setembro, polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia, no presente curso elaborarase un proxecto de educación dixital que formará parte do noso proxecto educativo.
As orientacións da Unión Europea insisten na necesidade da adquisición das competencias clave como condición indispensable para lograr que os individuos alcancen un pleno desenvolvemento persoal, social e profesional que se axuste ás demandas dun mundo globalizado e faga posible o desenvolvemento económico, vinculado ao coñecemento. Unha das competencias clave incluida pola LOMCE é a Competencia Dixital.
5
COMPETENCIA DIXITAL SABER
Dereitos e riscos do mundo dixital. Linguaxes específicas. Fontes de información. Aplicacións
SABER FACER
SABER SER
Emprego dos recursos para a comunicación e resolución de problemas. Buscar, obter e tratar información. Crear contidos. Empregar e procesar información de xeito crítico e sistemático.
Actitude crítica, activa e realista cara as tic. Curiosidade, motivación e respecto cara as tic. Valoración das súas fortalezas e debilidades.
O CEIP Plurilingüe Nº1 de Tui é un centro que aposta pola integración das TIC na práctica educativa diaria. Exemplo disto é a nosa participación nos diferentes proxectos que a consellería oferta como o Proxecto Abalar, o Proxecto e-Dixgal, o programa de introducción á robótica en Educación Primaria, semana STEM, Club de Ciencia ou o Programa Digicraft no teu cole. Cada curso realízanse cambios sustanciais no equipamento informático do centro: Contamos cunha mellorada rede
WIFI no centro e instalouse fibra
óptica. Á entrada do centro atópase instalada unha pantalla plana onde se proxecta información relevante como anuncios, videos e enlaces. O centro conta con 2 Impresoras 3D postas ao servizo do alumnado, fomentando así a creatividade e a capacidade para solventar problemas, captando o interese do alumnado e xerando máis participación. O curso pasado trala ultima dotación de ultraportátiles realizada pola consellería para o alumnado
e profesorado que participa no
proxecto e- Dixgal e que permite unha mellora considerable nos equipamentos, decidimos aproveitar os ultraportátiles INVES que para introducir ao alumnado de cursos máis baixos da etapa no manexo deste tipo de dispositivos. O centro posúe unha aula dixital que inclúe seis ordenadores de sobremesa 6
para uso do alumnado, estando todos en rede e dispoñendo de conexión a internet, o sistema operativo é dual: UBUNTU ou WINDOWS. Conta cunha impresora e un escaner, así coma cun recuncho de STOP MOTION, outro para a gravación de video con CROMA e outra zona destinada á ROBÓTICA. A aula dixital empregase atendendo a un horario mensual flexible exposto na sala de mestres. Alí cada mestre pode reservar as horas que precise e cando o precise, sin ter que adaptarse a un horario fixo. O equipo TIC é o encargado do mantemento da aula dixital. Na procura de que estea sempre a punto para que calquera docente poida utilizala co alumnado, teranse en conta as incidencias que xurdan nos ordenadores e comunicarase ao equipo TIC para que se resolva coa maior brevedade posible. Tódalas aulas do centro contan con alo menos un ordenador con conexión a Internet e nalgúns casos dous. Tódalas aulas posúen EDI. Na aula de recursos dispoñemos de dous ordenadores, un con pantalla táctil, e un conxunto de videoxogos diseñados para traballar áreas clave do desenvolvemento de nenos con autismo. Tamén contan con dúas tablets android e unha mesa interactiva multitactil de gran tamaño con sistema operativo Android. A Biblioteca conta con conexión
a Internet e está dotada de catro
ordenadores: un deles para xestIonar o préstamo a través do programa MEIGA e que conta cunha multifuncións e un lector óptico.
"A música é para a alma o que a ximnasia é para o corpo". Platón O outro pc que se atopa na Biblioteca é preciso para xestionar o sistema de megafonía do centro. No noso centro sustituise o habitual timbre ou serea de entrada, saída é cambios de clase por música tendo así en conta os seus efectos positivos no desenvolvemento dos máis pequenos. Dita música é seleccionada pola mestra especialista de música que elabora un pequeno video explicativo de cada peza musical para posteriormente colgala no seu apartado da web do centro e na pantalla do hall. Deste xeito faise partícipe a toda a comunidade educativa. Dito sistema funciona a través dunha mesa de son e unha cédula de acendido automático. De cara a un futuro próximo contémplase 7
a instalación dun sistema de son de maior calidade para todo o centro. Asemade a Biblioteca conta con 2 ordenadores de sobremesa para o emprego libre ao longo da xornada. A biblioteca conta ademais con instalación fixa dun canón e pantalla. Na sala de mestres hai catro ordenadores con acceso a Internet, un proxector, unha pantalla e 2 fotocopiadora-escaner. Nas dependencias administrativas hai tres ordenadores con acceso a Internet, dúas impresoras e fotocopiadora-escaner. A aula de Orientación está equipada cun ordenador con acceso a Internet e impresora. A sala de xogos do centro á que tamén teñen acceso os nenos do comedor, conta cunha televisión de 42 pulgadas, un DVD e tres ordenadores. Cada vez é máis frecuente o uso das tabletas móbiles entre os nenos como unha ferramenta máis para traballar nos centros escolares. As tablets presentan unha oportunidade de preparar aos pequenos para a sociedade actual, onde a tecnoloxía é un elemento fundamental no desenvolvemento cognitivo e académico dos nenos. Dispositivos coma o iPad permiten crear oportunidades únicas para a aprendizaxe persoal a calquera nivel. Posto que estamos convencidos do seu valor como ferramenta
didáctica
currículum
das súas aplicacións, aumentando a concentración
a
través
para
traballar
do alumnado e posibilitando a aprendizaxe
as
distintas
áreas
do
lúdica nos pasados cursos
fixose unha considerable inversión neste tipo de dispositivos, contando agora mesmo con 15 iPads. O iPad, posibilita o traballo individualizado adaptándose ao ritmo de aprendizaxe do alumno á vez que permite a creacion de grupos homoxéneos de traballo usando un dispositivo grupal (sempre en grupos reducidos, para que a aprendizaxe sexa significativa). Ditos dispositivos atópanse baixo chave e a demanda do profesorado a través da súa reserva. Actualmente a maioría das titorías e algunhas especialidades contan con blogues propios e moi dinamizados que se atopan enlazados na web de centro. http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipnumero1tui/node/555
8
Una das titorías de Educación Infantil conta tamén cunha conta propia en Instagram: @construindosonos.
Por parte do equipo TIC estase levando a cabo unha modificación e actualización continua de dita web para o seu maior aproveitamento e utilidade. Tamén se
atopan en funcionamento diferentes redes sociais propias do
centro que estamos a empregar como altofalante da nosa labor docente e cuxa aceptación xa é un éxito.
Do mesmo xeito seguiremos elaborando dípticos, orlas, infografías e traballando pola coordinación cos demais equipos do centro aportando ideas e traballos. Estas tarefas e outras que poidan xurdir o longo
do
curso
estarán
coordinadas
polo
dinamizador e o grupo das TIC. Ademais de participar en distintos cursos TIC de formación do CFR e do CAFI, o noso centro participa todos os anos nun PFPP, o ano pasado participamos en formación en robótica, programación e a súa integración curricular na programación e este ano dámoslle continuidade. Dependendo das necesidades, o equipo TIC tamén realiza pequenas formacións para todo o claustro. “A educación soamente é considerada educación cando posúe auténticos valores, aqueles que espertan en nenos e nenas a sensibilidade e os fai partícipes dos grandes sentimentos humanos”. M. Mar Romera Para continuar achegando ao noso alumnado aos medios de comunicación elaboramos a REVISTA ESCOLAR DOS NOSOS SOÑOS na que se expón o día a día do noso centro e o sentir de toda a comunidade
9
educativa. Tamén somos beneficiarios do programa "Radio na Biblio", ofertado pola consellería. "Quedarse hoxe en día ao marxen das Tic, é quedarse ao marxen da vida" Dolors Reig
3. ABALAR E EDIXGAL Como obxectivo xeral preténdese a integración das TIC na práctica educativa, xa que coa nosa integración na rede de centros abalar contamos cos recursos necesarios para logralo e formamos parte das Escolas 2.0. A educación non pode ser allea a un mundo cada vez máis dixital. Por iso, no noso centro participamos no Proxecto Abalar, enmarcado na Estratexia de Educación Dixital 2020, para proporcionarlle ao alumnado e aos docentes as ferramentas tecnolóxicas para que o ensino se axuste á realidade social na que viven as actuais xeracións. Concibimos Abalar como unha iniciativa para transformar a aula tradicional nun aula dixital coa implicación de toda a comunidade educativa: pais, nais, titores/as legais, docentes e alumnado. Para conseguilo Abalar iniciou a súa andaina en 2010 proporcionando aos centros educativos:
O equipamento e a conectividade.
Contidos dixitais.
Accións de formación e difusión para docentes e familias.
Canles de participación a través de espazos web e apps para docentes e familias.
Abalar é unha iniciativa viva en evolución constante e desde hai tres anos ofrece contidos educativos exclusivamente dixitais para aulas de 5º e 6º de Educación Primaria, grazas á plataforma de aprendizaxe virtual E-Dixgal. AULAS DIXITAIS DE 5º E 6º DE PRIMARIA As aulas dixitais están equipadas para ofrecer aos/as alumnos/as unha experiencia educativa adaptada ás necesidades duns/dunhas rapaces/as que se 10
desenvolven nunha contorna tecnolóxica. Dispoñen dun encerado dixital interactivo, dun proxector, dun portátil para o/a profesor/a e dun ordenador por alumno/a. Ademais, contan con conexión Wifi para que o alumnado poida acceder aos contidos dixitais e seguir a actividade educativa na aula desde o seu equipo. O alumnado ten á súa disposición os contidos de todas as materias correspondentes ao seu curso na plataforma virtual de aprendizaxe. Isto significa que non emprega libros en papel. Pode acceder a esta plataforma desde calquera ordenador con conexión a Internet e empregando as claves que se lle entregan na clase. Tamén pode acceder á plataforma sen ter conexión a Internet, tanto a través do programa que xa vai instalado neste equipo, como a través das aplicacións para os sistemas operativos Android ou iOS. Deste xeito, en caso de que non dispoñan de conexión a Internet na casa, poderán seguir o curso sen dificultade. Calquera avance que realice sen conexión será actualizado de maneira automática na plataforma en canto o portátil volva a ter conexión a Internet. CONTIDOS DIXITAIS Ademais do material didáctico de cada materia, integrado na plataforma EDixgal, os docentes teñen á súa disposición o repositorio de contidos espazoAbalar con máis de 3.000 contidos educativos dixitais en 7 idiomas e poden incluír material de produción propia. Estes contidos están deseñados para facilitar unha educación interactiva e participativa, empregando o portátil ou o encerado dixital. Ademais, o portátil proporciona ao alumnado un amplo conxunto de aplicacións educativas agrupadas por categorías como imaxes en 3D de planetas; dicionarios para as materias de lingua; apps de experimentos e circuitos eléctricos para física ou de operacións e gráficas para matemáticas, entre outras... O emprego destes recursos e ferramentas facilita ao alumnado a adquisición de competencias dixitais necesarias para o seu desenvolvemento persoal e profesional. 11
CARACTERÍSTICAS DO PORTÁTIL O PC Portátil HP ProBook x360 11 G1 EE, pode ser utilizado tanto no modo portátil como no modo tableta. No centro educativo, a conexión á rede WIFI Abalar é automática, polo que non é necesario que o/a alumno/a faga ningún tipo de configuración. No fogar, o/a alumno/a pode conectar o equipo a unha rede WIFI. O alumnado que leve o ordenador ao seu domicilio será para estudar e realizar as tarefas encargadas polo profesorado. Non se poderá utilizar este equipo para ningún outro uso persoal ou profesional sen a expresa autorización do centro. Ademais, non poderá cederse a terceiras persoas. A utilización non permitida do equipo será recollida como conduta contraria á convivencia:
Non se poderán realizar manipulacións no ordenador nin no software instalado.
Deberá informarse ao/á titor/a do curso de calquera dano observado no equipo.
alumando comprométese a levar todos os días o ordenador ao centro coa batería completamente cargada.
ordenador deberá devolverse ao rematar o curso e cando o centro o solicite para realizar actualizacións, tarefas de mantemento, etc.
profesorado e o/a coordinador/a E-DIXGAL do centro poderán inspeccionar o ordenador cando o estimen oportuno co fin de constatar o seu estado. QUEN É RESPONSABLE DO PORTÁTIL?
A responsabilidade do correcto coidado do uso e do equipo recae nos/as pais/nais/titores/as legais, respondendo da perda do ordenador ou do seu mal uso. Isto non inclúe as avarías que podan producirse na utilización diaria do equipo e que estean recollidas na súa garantía. As familias do alumando que leve o portátil para casa deberán cubrir o formulario 12
de
asunción
de
responsabilidade
que
debe
entregarse
debidamente
cumprimentado e asinado no centro educativo. PROTOCOLO EDIXGAL Os equipos cedidos pola Xunta de Galicia ao profesorado e alumnado dos cursos E-Dixgal enténdense como unha ferramenta educativa, que contén e proporciona os recursos necesarios para o traballo diario do alumnado e do profesorado, tanto na aula, como fóra dela. Neste contexto, son ferramentas que deben acompañar ao alumnado e profesorado nas actividades educativas que realicen nos cursos. E-Dixgal, no centro, fóra do centro e no seu propio domicilio. Unha vez rematado o curso ou período de estancia do/a alumno/a ou profesor/a nun grupo E-Dixgal, o equipo debe retornar ao centro educativo que o adxudicou para a súa posta a punto e nova adxudicación a outro alumno ou profesor que o necesitará. Os equipos deben ser devoltos con todos os seus elementos e en perfectas condicións. As familias e os profesores que entreguen o equipo deben asinar un documento na secretaria do centro. Os centros deben recoller os documentos asinados polas familias e profesores e remitilos a cesionedixgal@edu.xunta.es o antes posible (como máximo 5 días despois das datas topes de entrega estipuladas posteriorrmente). Os centros teñen a obriga de establecer períodos de entrega de equipos do alumnado e do profesorado e custodialos posteriormente seguindo as seguintes indicacións: Alumnado sen obriga de entrega : Os estudantes que continúan en cursos do Proxecto E-Dixgal do centro (de 5º para 6º de primaria), poderán dispoñer do equipo durante o período estival, facéndose cargo de todos os elementos e incorporándose ao próximo curso co material limpo e en perfectas condicións. Alumnado con obriga de entrega en xuño: Alumnado que non vaia cursar estudos no mesmo centro durante o curso 13
seguinte (alumnado de 6º de primaria). Deberán entregar o equipo (limpo e co seu correspondente maletín, cargador e punteiro) no centro durante os últimos días de horario lectivo, (sempre antes do 30 de xuño), e asinar o documento que figura na circular que se achega remitida ás familias. Profesorado sen obriga de entrega Os/As profesores/as de materias E-Dixgal que continúan no proxecto o vindeiro curso e no mesmo centro, disporán do equipo durante o período estival, facéndose cargo de todos os elementos e incorporándose ao próximo curso co material en perfectas condicións. Profesorado con obriga de entrega: No caso, de que o docente non vaia impartir ningunha materia do proxecto E-Dixgal no centro durante o curso seguinte, deberá entregar o equipo, cargador e maletín, no centro onde o recibiu e asinar o documento correspondente. As datas de entrega do equipo por parte do profesorado son antes do 30 de xuño. A AMTEGA realizará automaticamente o reconto de equipos no centro e das matriculas nos cursos EDixgal para poder dotar aos centros do equipamento do alumnado e profesorado necesario, polo que é imprescindible que os centros cumpran estritamente cos períodos de matriculación en XADE e coas datas establecidas neste documento para o envío da documentación requerida. “Aprenda hoxe, aplique mañá e utilice toda a vida” Spencer Kagan
4. ÁMBITOS Promovemos as vocacións STEAM: promovendo a investigación e a formación de toda a Comunidade educativa en competencias STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría, Arte e Matemáticas)
Proxecto de Ciencia e tecnoloxía Cheo de Vida (Curso 2017-2018.) 14
http://cienciaetecnoloxiacheodevida.blogspot.com/
Proxecto para Participar na Semana STEM para o alumnado de 5º de primaria.
Proxecto para participar no Club de Ciencia durante o curso 1819 e 19-20. (Alumnado de Primaria)
Plan proxecta: Aprendo programando.
Proxecto Robótica en 4º, 5º e 6º de primaria de xeito multidisciplinar. Solicitude de renovación e ampliación para este curso.
Plan proxecta “Protexe aos animais”
Creación do ámbito STEAM na nova organización de centro.
Seguindo o DUA (Deseño Universal de Aprendizaxe) tentaremos proporcionar enfoques flexibles que poidan ser personalizados e axustados ás necesidades individuais. Todo isto levanos a unha nova organización espacial e temporal para satisfacer as necesidades e inclusión do noso alumnado. Esta nova organización espacial require crear novos ÁMBITOS INCLUSIVOS DE APRENDIZAXE: STEAM, Lingüístico, Artístico, Social e Natural que a súa vez requiren dunha nova organización temporal na que dúas veces a semana o noso alumnado comparta, experimente, aprenda e reflexione nestes ámbitos de aprendizaxe. A través da participación do alumnado no ámbito STEAM axudamos aos nosos alumn@s a mellorar as súas destrezas, coñecementos e capacidades ao mesmo tempo que impulsamos as “Vocacións STEAM” en todos os seus ámbitos, tendo en conta as inquedanzas do alumnado e fomentando en todo momento a súa creatividade. As actividades STEAM proporcionarán ao noso alumnado un escenario propicio para desenvolver capacidades, coñecementos e técnicas a través dunha invitación ao descubrimento, que aumenten o seu interese por saber, cada vez máis, sobre diversos campos da Ciencia e as súas posibilidades de aplicación na Tecnoloxía. 15
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipnumero1tui/node/727
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipnumero1tui/node/763
5. DIGICRAFT
Dende o presente curso o noso centro forma parte da rede de centros galegos participantes no programa DigiCraft. DigiCraft na túa escola é unha iniciativa do Ministerio de Educación, Universidade e Formación Profesional, Amtega e a Fundación Vodafone España que ten como obxectivo promover o desenvolvemento da competencia dixital, de acordo co Marco de competencias dixitais para Cidadano definido por a Comisión Europea (DigComp 2.1) a través de:
Formación para educadores para que poidan levar a cabo o programa nas aulas.
Acceso a materiais descargables para o desenvolvemento das actividades incluídas no programa (plataforma DigiCraft Web)
Subministración de material para cada centro, permitindo que profesores e alumnos realicen as actividades establecidas (12 tabletas e 2 kits de tecnoloxía "Instant Digital Skills")
Soporte dispoñible para calquera incidente relacionado coa plataforma web ou a implementación de actividades.
Dado que a competencia dixital está presente en todo o currículo educativo primario, integramos este programa en horario escolar. O programa ten unha duración de dous anos: no primeiro levase a cabo co alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria e no segundo ano amplíase a 1º e 2º de Primaria. Este programa está baseado na metodoloxía DigiCraft, unha metodoloxía de aprendizaxe específica baseada no xogo e na experimentación 16
para axudar aos nenos a adaptarse รก sociedade dixital en cambio rรกpido e mostrarlles as posibilidades que o mundo dixital ofrece.
https://digicraft.fundacionvodafone.es/presentacion
17