PROXECTO De fomento do uso do galegO 2020 “Galicia somos nós: a xente e mais a fala, se buscas a Galicia, en ti tes que atopala!”.Manuel María
INDICE 1.INTRODUCIÓN. 2. BREVE ESTUDO SOCIOLINGÜÍSTICO. A CONTORNA SOCIOLINGUÍSTICA DO CENTRO. A SITUACIÓN DO PROFESORADO. A SITUACIÓN DO ALUMNADO. A SITUACIÓN LINGÜÍSTICA DO CENTRO. 3.OBXECTIVOS. 4.ACTIVIDADES DE DINAMIZACIÓN . 5.CADRO RESUMO DE ACTIVIDADES 6.ANEXOS.
1.introdución
Segundo o Decreto 79/2010, do 20 de maio, as linguas constitúen un elemento básico de identidade cultural e representan un valor fundamental de cohesión dunha comunidade Este decreto baséase no marco lingüístico establecido pola Constitución española de 1978 e polo Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981; ademais desenvolve a Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, no relativo ao uso do galego no ensino nos niveis non universitarios e a Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. Dende o noso centro e a través do Proyecto de Fomento do Uso do Galego , queremos facilitarlle ao alumnado unha oferta educativa que o axude a percibir a utilidade da lingua e que o capacite para o seu uso correcto e eficaz, erradicando especialmente o seu emprego sexista en todos os ámbitos e respectando, así mesmo, a situación sociolingüística en que se enmarca o colexio. O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP Nº1 de Tui para o curso 2019 2020 quedou formalmente constituído o 8 de setembro do 2019, conforme ao previsto no artigo 82 do Decreto 324/1996, do 26 de xullo, e no artigo 63 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro. As mestras que forman parte do equipo neste curso son:
Coordinadora: María Elena Iglesias Canto. Compoñentes: María Victoria Fernández López. María Nieves Boente Costal. Natalia Moroño Montes. Beatriz Lemos Pousa.
O noso proxecto está baseado na consecución duns obxectivos concretos e realistas, previa análise da realidade sociocultural das familias, e na planificación de actividades. Realizaranse reunións mensuais,para o deseño e a coordinación de actividades.
2.BREVE ESTUDO SOCIOLINGÜÍSTICO Tui pertence á provincia de Pontevedra, forma parte da comarca do Baixo Miño da que é capital. Divídese en 13 parroquias. Tui (O Sagrario) é a parroquia máis pequena, máis poboada e onde se localiza o noso centro. Dende o 10 de febreiro de 2012, forma coa cidade portuguesa de Valença do Minho unha eurocidade, como mostra de cooperación e integración dos dous concellos, separados tan só polo río Miño. O noso centro ten na actualidade 207 alumnos/as, distribuídos en tres unidades de Educación Infantil e sete unidades de Educación Primaria.
CONTORNA SOCIOLINGüÍSTICA DO CENTRO: Para a determinación da situación sociolingüística do noso centro ,recollemos en decembro de 2019, información a través de diferentes enquisas: Familias. Profesorado. Titorías de Educación Infamtil e Educación Primaria. Con respecto ás familias hai que destacar unha elevada participación ,recollemos datos de 91 en concreto.
As preguntas realizadas e os resultados son os seguintes:
En que lingua aprendeu a falar o voso fillo/a?
Que lingua se fala habitualmente na vosa casa?
Que lingua usa o voso fillo/a?
Valorade os seguintes enunciados:
Se avaliamos os datos,existe un predominio no emprego do castelán ,pero destaca un lixeiro aumento na utilización do idioma galego na casa, logo no ámbito escolar e social este alumnado galego falante,acaba utilizando a lingua castelá. A actitude dos pais/nais cara a utilización do galego no ámbito educativo, é positiva,a gran maioría consideran que a adquisición das dúas ou máis linguas enriquece e inflúe na maduración dos seus fillos/as. Por último destacar que a postura das familias cara a normalización social do galego, é boa, pensan que en Galicia debería usarse máis a lingua galega e que o galego é unha lingua moi útil.
SITUACIÓN DO PROFESORADO: En canto ao profesorado, este curso hai unha gran parte de mestres/as novos, polo que se lle pasou a todo o claustro a enquisa para actualizar os datos da contorna escolar. A participación foi dun 45,8% . As preguntas e os resultados son os seguintes: Que lingua empregas habitualmente?
Que lingua empregas habitualmente no centro educativo?
Como consideras a tĂşa capacitaciĂłn para empregar o galego na actividade docente?
Cal é a túa disposición para facer cursos de reciclaxe e actualización,co obxectivo de acadar una capacitación axeitada?
A través da análise das enquisas chegamos á conclusión de que a lingua habitual do profesorado é o castelán,aínda que hai que destacar unha alta capacitación para empregar a lingua galega na actividade docente. De todas maneiras, ao haber un número baixo de participación (45,8%), os datos non son totalmente representativos.
SITUACIÓN DO ALUMNADO: A maioría do alumnado do noso centro aprendeu a falar en lingua castelá .Esta lingua é a que emprega habitualmente no seu ámbito familiar, aínda que temos que destacar algunha excepción ,alumnado que no seu entorno fala galego e outras linguas coma portugués,francés... Tendo en conta a enquisa os resultados foron os seguintes:
Lingua habitual do alumnado:
Lingua habitual da sĂşa familia:
Lingua usada polo alumnado no รกmbito escolar:
Competencia comunicativa en galego:
Actitude do alumnado cara a normalización social do galego:
Analizando os resultados, debemos
traballar co alumnado cara á mellora da
competencia comunicativa en galego.A pesar de non ser a lingua predominante obsérvase unha actitude positiva cara a lingua galega .
SITUACIÓN LINGÜÍSTICA DO CENTRO: Tendo en conta a realidade do alumnado, profesorado e familias, consideramos ao noso centro a nivel lingüístico,coma unha contorna con predominio do castelán. Existe unha situación social de desigualdade entre os dous idiomas, por iso a importancia do traballo do Equipo de Dinamización da Lingua Galega para conseguir equiparar o nivel de competencia nos dous idiomas, un labor que se deberá continuar ao longo dos vindeiros anos para lograr dito obxectivo.
Neste punto imos analizar cal é a realidade e uso que ten a lingua galega na vida do centro. A nosa lingua emprégase: Na documentación administrativa,
notas informativas ,carteis, decoracións e
letreiros do centro. A
lingua galega utilízase nas comunicacións escritas ás familias e a outras
institucións (concello,consellería,deputación outros colexios…). Úsase cada vez máis co alumnado en contextos informais,celebracións escolares,eventos,reunións...
Tendo en conta o anterior,o Equipo de Dinamización da Lingua Galega continuará propoñendo actividades co obxectivo de incrementar a participación do alumnado, profesorado, e familias no uso e aprendizaxe da lingua galega.
3.Obxectivos Atendendo ás competencias do Equipo de Dinamización da Lingua Galega e de acordo co artigo 14 do Decreto 79/2010 establécense unha serie de obxectivos xerais e liñas de actuación que concretamos a continuación. Fomentar o uso das linguas propias de Galicia, tanto a nivel oral como a nivel escrito, e da transmisión e do coñecemento da súa cultura entre os distintos membros da comunidade educativa. Convivir con outros centros educativos da nosa contorna, visitar as institucións que fomenten o coñecemento, a cultura e as linguas de Galicia. Proporcionar aos membros da comunidade información sobre actividades, actos e institucións culturais relacionados coa realidade lingüística e participación nas mesmas. Informar ao profesorado de todas as actividades de formación que se oferten, para mellorar as súas competencias lingüísticas.
Realización de actividades en soporte informático para mellorar as competencias lingüísticas da comunidade educativa, e actualizarse como equipo no emprego de novos soportes. Dinamizar a lectura, sexa con libros informativos, publicacións periódicas, contos, banda deseñada, poesía, teatro ou narrativa.
As liñas de actuación previstas:
Implicar a toda a comunidade educativa na normalización do galego. Procurar a comunicación oral e escrita en galego cos interlocutores da nosa comunidade autónoma. Celebración das festas tradicionais: Magosto, Nadal, Día da Paz, Entroido, Letras Galegas e outras actividades que contribúan á revalorización da nosa cultura , proporcionando recursos ao profesorado. Manter a docencia en galego nas áreas de Lingua Galega, Ciencias Sociais, Ciencias da Natureza, Educación Musical e Valores Sociais e Cívicos. Propiciar hábitos de lectura en lingua galega. Colaborar con todos os equipos dinamizadores do centro.
4.actividades de dinamización PROGRAMAS E ACTIVIDADES PARA O FOMENTO DA LINGUA GALEGA : Emprego da lingua galega en: Todos os documentos administrativos e pedagóxicos do centro. A correspondencia e avisos ás familias do alumnado, ou calquera institución, a non ser que unha familia solicite expresamente que sexa en castelán(art.36.2 da lei 30/1992). Carteis, letreiros e avisos colocados polo centro, aínda que por tratarse dun centro plurilingüe,escribiranse tamén en inglés e castelán.
Festivais e actos conmemorativos realizados no centro, que ao igual que no caso anterior tamén serán en inglés e castelán.
CELEBRACIÓN DE FESTAS POPULARES: Para a celebración de festas, eventos e conmemoracións, o EDLG coordinarase cos diferentes equipos co obxectivo de compartir e tomar decisións comúns.
SAMAÍN.Do 25 ao 30 de outubro. Actuación a cargo do Plurilingual team. Dramatización ofrecida polo alumnado de 6º de primaria. Portas de medo.Nas portas das aulas estarán expostas obras de arte de medo,co título e artista. Creación do vídeo “Portas de medo”. 30 de outubro dia dos disfraces. Para as entradas e saídas escoitaremos música de medo.
MAGOSTO.15 de novembro. Colaboración co Equipo de actividades complementarias e extraescolares no desenvolvemento desta celebración,con carteis e xogos populares galegos.
NADAL.20 de decembro. Festival Nadal á Galega,no que se traballarán tradicións propias de galicia, panxoliñas, cantos de reis, danzas de reis, figura do apalpador etc. Deseño da felicitación de Nadal.
ENTROIDO.21 de febreiro. Coreografías de danzas do mundo cos disfraces. Investigación sobre a cocina do entroido en diferentes lugares de Galicia. Elaboración de dun minireceitario de entroido. Realización de postres de entroido.
CONMEMORACIÓNS: Día da Ciencia en Galego .1ª semana novembro. Aproveitaremos as reunións do club de Ciencias para a realización en galego de experimentos relacionados co Proxecto do centro .
Día Contra a Violencia de Xénero.25 novembro. Exposición de fotos ,realizadas en cada titoría sobre resolución de conflictos. Colaboración co concello de Tui na actividade Soñemos cun mundo mellor. Interpretación dunha canción en galego ,acompañada con linguaxe de signos. Video CEIP N1 contra a violencia de xénero.
Día escolar pola paz.30 de xaneiro. Tradución ao galego do Himno da Alegría. Video da paz. Obradoiro ilustración para a paz.Visita dos ilustradores Iago Araújo e María Vilar.
Día de Rosalía: 24 de febreiro. Divulgación da figura e obra da escritora galega. Podcast Rosalía de Castro.
Dia da Muller Traballadora: 8 de marzo. Podcast emitidos na Radio escolar sobre mulleres destacadas ao longo da historia e na actualidade. Visita dalgunha escritora galega e cuxo libro leran con anterioridade alumnos/as do centro. Exposición de Mulleres Galegas Ilustres a través dun mural , empregando as tablets e usando apps. Participación nos obradoiros do concello.
Semana da Prensa: Creación dunha revista ou xornal dixital en galego.
Día das Letras Galegas: 17 de maio. Actividades de investigación, lectura comprensiva … relacionadas coa vida e obra de Carballo Calero homenaxeado no día das Letras Galegas 2020. Emisión dun programa de radio sobre a obra do homenaxeado. Exposición de carteis (enviados pola CEOFP) facendo referencia á vida e obra do autor homenaxeado. Adaptación musical dalgunha obra ou fragmento en galego e creación dun video colectivo, coa participación de todo o alumnado do centro. Semana dos grandes artistas. Calquera outra actividade que poda xurdir.
PROXECTOS. Pdi: Robotizarte Plan proxecta.
CONVIVENCIAS CON OUTROS CENTROS EDUCATIVOS DA NOSA CONTORNA E VISITAS A INSTITUCIÓNS: Inmersión ao galego. Esta actividade consistirá en realizar unha videoconferencia trimestral cun colexio de Manzaneda, para contarnos as tradicións costumes e festas das respectivas zonas. Aloiada 2019-2020. Convivencia do alumnado de 6º de primaria de todos os centros do concello de Tui , na Serra do galiñeiro e Monte Aloia . Convivencias deportivas.Xunto con outros centros do entorno participaremos na Xornadas de Deporte Escolar. TUI LE. Actividade conxunta coas biblioteca escolares de Tui e a Biblioteca Municipal . Saídas pola contorna. Ao longo do curso, todas as aulas farán saídas á contorna para coñecer a vila,cultura,arte e tradicións. Outras actividades. Todas aquelas que podan xurdir e se consideren relevantes para o alumnado do centro.
OUTRAS ACTIVIDADES DINAMIZADORAS E COLECTIVAS. Participación na Radio Escolar. Para a difusión da lingua e cultura galegas e potenciar a expresión oral. Música da semana. Soará música para as entradas e saídas en consonancia co proxecto de centro, celebracións, épocas do ano...Elaborarase ademais un vídeo e un cartel semanal cunha sinxela descrición da melodía que escoitamos ,época histórica e artista en lingua galega. Dinamización do blog do EDLG(Ollo Piollo). Tentarase a través deste medio difundir as diferentes actividades e actualidade galega a toda a comunidade educativa. Coordinación coa biblioteca. Para a realización de diferentes actividades de animación e lectura en galego. Reforestación artística.Coa colaboración da comunidade de montes de Areas,reforestaremos unha zona de monte con árbores autóctonas,actuacións dos diferentes cursos e concerto ao aire libre a cargo dun grupo de música galega.
DINAMIZACIÓN DA LECTURA. Plan de animación á lectura en galego.Nas titorías coñeceranse libros en galego . Elaboración do Itinerario Lector. Contacontos .En galego levado a cabo por profesionais, docentes, alumnado e familias. Visita de escritores e escritoras. A “hora de ler”. De luns a venres nas aulas durante 25minutos. Lectura nas tres linguas. “Mochila Viaxeira”.Na que se incluirá libros escritos en lingua galega.
REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES EN SOPORTE INFOMÁTICO PARA MELLORAR A COMPETENCIA LINGÜÍSTICA DA COMUNIDADE EDUCATIVA. Elaboración de actividades interactivas e dixitais sobre a vida e a obra de Carballo Calero. Realización dun díptico informativo en lingua galega para o período de matrícula no que se informa das características do centro.
Obradoiros para o manexo das tablets e uso de apps.
OUTRAS ACTIVIDADES DO EDLG. Informar á comunidade educativa sobre actividades, actos e institucións culturais relacionados coa realidade cultural galega. Comunicar ao profesorado diferentes actividades de formación, concursos e novidades da lingua galega. Axudar a resolver dúbidas lingüísticas que poidan xurdir ao longo do curso. Entregar ás familias un díptico informativo en lingua galega para o período de matrícula no que se informa das características do centro.
5.cadro resumo de actividades
Temporalización Ao longo do curso
Derradeira outubro
semana
Titulo Actividade Emprego da lingua
de O Samaín
Novembro
O magosto
Novembro
Semana da Ciencia en Galego
25 de novembro
Día contra a Violencia de Xénero
20 de decembro
Nadal
Responsables
Destinatarios
Orzamento
EDLG Profesorado
Comunidade educativa
75€
EDLG Equipo biblioteca Plurilingüal team Titores e especialistas EDLG Equipo actividades extraescolares Profesorado EDLG Club de ciencia
Comunidade educativa
60€
Alumnado
30€
Alumnado
30€
EDLG Profesorado Equipo biblioteca EDLG Profesorado,
Alumnado
20€
Comunidade educativa
20€
Material necesario Folios,pinturas,témperas,rotuladores de cores e permanentes,cartolinas papeis de diferentes tipos, tóner. Folios,papel continuo de cores, tóner, ceras,témperas e cartolinas. Folios,fundas para plastificar, tóner , papel continuo e témperas. Folios, tóner, papel continuo,depresores, chinchetas,cola branca, porexpan. Papel continuo,cola branca,folios,cartolinas, pegamentos de barra. Papel continuo, témperas, cartolinas
Alumnado e Familias.
doradas e prateadas,cola, pegamentos de barra,papel pinocho e charol. Folios, tóner e papel continuo.
EDLG Equipo de biblioteca Titores EDLG Equipo de biblioteca
Alumnado Familias
25€
Alumnado
25€
Folios,lápis,gomas, rotuladores velleda.
Entroido
EDLG Equipo actividades extraescolares Titores
Alumnado
30€
27 febreiro
Publicación Minireceitario de entroido.
Alumnado Familias
50€
24 de febreiro
Día de Rosalía
EDLG Equipo de biblioteca Titores EDLG Equipo de biblioteca Radio escolar
Alumnado
25€
Folios, tóner, papel continuo, témperas, papel pinocho,pegamentos de barra ,blue tack adhesivo,espirales encadernación. Folios,tóner,fundas plastificadoras,espirais encadernación. Folios, cartulinas,rotuladores e tóner.
8 de marzo
Día da Muller Traballadora
EDLG Equipo de biblioteca
Alumnado
25€
Papel continuo, folios e tóner .
Mes de marzo
Semana da Prensa
EDLG Equipo TIC Titores
Alumnado
25€
Prensa de todo tipo,rotuladores,cartolinas,papel continuo,
30 de xaneiro
Día escolar pola paz
14 febreiro
Ilustración para a paz
Do 17 ao 21 de febreiro.
17 de abril
Reforestación artística
EDLG Equipo de biblioteca
Alumnado Familias
100€
Do 11 ao 15 de maio
Letras Galegas Grandes artistas
EDLG Equipo de biblioteca Titores
Alumnado Familias
50€
Ao longo do curso
Radio Escolar “TUI LE”
Comunidade educativa Comunidade educativa
25€
Abril ou maio
EDLG Equipo de biblioteca EDLG Biblioteca Municipal Concello
Ao longo do curso
Concursos, certames, exposicións
EDLG Titores Diversas institucións
Alumnado Familias
40€
3º trimestre
“Aloiada”
Alumnado
50€
Ao longo do curso
Visitas á Area panorámica
Profesorado ANPA Concello de Tui Club Kaiak Club de escalada EDLG
Alumnado
40€
folios e tóner. Autobuses Folios,todo tipo de papel,pegamento,cola branca,cartolina. Papel continuo, papel pinocho,papel de seda, papel charol,rotuladores,folios e tóner. Folios e tóner. Papel continuo,pegamento barra,cola branca,cartón pluma, cartulinas,rotuladores permanentes,témperas, folios e tóner. Papel continuo,pegamento barra,cola branca, cartulonas,rotuladores permanentes,témperas, folios e tóner. Autobuses
Equipo de biblioteca Profesorado EDLG Equipo de biblioteca
Ao longo do curso
Visitas e charlas de escritores e ilustradores galegos,
Ao longo do curso
Información a toda a Comunidade
Ao longo do curso
Información ao profesorado
Ao longo do curso
Proporcionar música galega para a megafonía
2º trimestre
Díptico informativo matrícula Libro informativo 4º infantil Mantemento da web e Blog . Animación á lectura
Equipo Directivo
Cadernos mochila viaxeira
Profesorado
3º trimestre Ao longo do curso Ao longo do curso
Ao longo do curso
TOTAL
Alumnado Comunidade educativa
25€
Equipo Directivo EDLG
Comunidade educativa
25€
Papel continuo, rotuladores velleda,cartolinas, témperas, folios e tóner. Folios e tóner.
Equipo Directivo E.D.L.G. Equipo de biblioteca EDLG Radio escolar
Profesorado
25€
Folios e tóner.
Alumnado Comunidade educativa Comunidade educativa Comunidade educativa Comunidade educativa Alumnado
100€ 25€
Compra de música galega,folios, cartolinas ,tóner. Folios e tóner.
25€
Folios e tóner.
50€
Papel continuo, folios e tóner.
Alumnado Comunidade educativa
50 €
Folios,espirais de encadernación e tóner.
E.D.L.G. Equipo Directivo Equipos EDLG Equipo de biblioteca
1070€
A Coordinadora do proxecto comprométese a desenvolver programadas en caso de obter o financiamento suficiente.
as
actividades
Visto e Prace da DIRECTORA:
Coordinadora EDLG
Dna. Nuria Garabal González
Dna. María Elena Iglesias Canto