A mazá máxica libro ilustrado

Page 1


Hai moitos, moitos anos, cando a noite era noite de verdade, e a xente so tiña para quentarse o lume dunha lareira e para iluminar o camiño a luz dun candil, vivía nunha aldea do sur de Galicia un home que se chamaba Felipe. Tratábase dunha persoa a quen todos os veciños apreciaban moito, pois sabían que podían contar con el no caso de necesitar axuda, xa que tiña un gran corazón.


As familias naquel tempo eran grandes, e Felipe tiña nada máis e nada menos que dez fillos e fillas: Alberte, Dimas, Gael, Ú rsula, Pedro, Rita, Damián, Andrés, Pilar e Mariña.


A súa casa era de pedra, cunha porta grande e vermella á dereita. Tiña tamén dúas ventás no piso de abaixo e un longo balcón con catro ventás no piso de arriba. O tellado era de tella vermella e tiña un ha cheminea enorme que botaba fume durante todo o inverno.


Unha noiteboa estando todos sentados a cear, sentiron que alguén petaba na porta. Nun momento, fíxose o silenzo en toda aquela algarabía de festa, Felipe ergueuse da súa cadeira e foi abrir de co ntado. Era unha noite

de

chuvia

e

vento

e

non

era

cuestión

de

ter

a

ningún

veciño

agardando fora. Cando abriu a porta, non había ninguén, pero no chan atopou algo envolto en teas de cores, que misteriosamente estaban completamente secas.


Cando remataron de retirar teas e mĂĄis teas, atoparon sorprendidos unha fermosa mazĂĄ. Era enorme comparada con todas as que viran antes, case tan grande como unha cabaza, e a sĂşa pel tiĂąa todas as cores do arco da vella.


Mariña, que era moi traste, comezou a xogar cunha das teas e viu que nela había un escrito impreso en letras douradas: “Desta mazá poderedes comer e o voso agasallo de Nadal ides ter, pero as sementes lembrade gardar para que unha nova maceira poda medrar”


E así o fixeron. Felipe partiu en dez a mazá e foina repartindo entre todos. Antes de mordela pechaban os ollos e pensaban no agasallo que máis desexaban, e por arte de maxia cada un foi conseguindo o que quería.


Felipe

gardou as

sementes e

cando chegou o tempo, preparou un

anaquiño de terra na horta de atrás da casa e alí as sementou. A

maceira

medrou

rapidamente

e

a

todo

o

mundo

atención que non dera froito ao mesmo tempo que as outras.

lle

chamaba

a


So daba mazĂĄs cando chegaba o Nadal e entĂłn, Felipe e a sĂşa familia, cada ano deixaban unha na porta de cada casa, para que todos tivesen a oportunidade de compartir a sorte que a eles lles chegara.



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.