CEIP Saco e Arce 2013
Dentro do proxecto “Con Efrén nos Xogos Olímpicos”, os nenos e nenas de 6º, lemos o libro de Pinto&Chinto “Os xogos olímpicos de Ningures” . Nós tamén escribimos historias, pero os nosos deportistas forman parte do equipo de Toén. O mesmo que os de Ningures, os deportistas de Toén nunca participaran nunhas Olimpiadas. Os nosos deportistas tamén son un pouco “rariños” e protagonizan anécdotas con moito sentido do humor.
Disciplina: Voleipraia Estela era a mellor xogadora de voleipraia de todo Toén. O partido estábase disputando na praia das Catedrais. O partido ía moi intrigante. Os de Toén eran bos, pero os seus rivais tamén, e por iso ían 1-1. A marea subiu e Estela colleu unhas colas de serea que calcetara antes do partido. Os rivais non tocaban pé e así o equipo de Toén gañou. Preguntáronlle a Estela como se lle ocorrera a idea
de
sacar
aquelas colas, e ela contestou: -É que ademais de ser boa no voleipraia tamén se me da ven calceta!
Disciplina: Tenis O campionato de tenis en Toén disputábase en terra batida. Lucía Pérez, a mellor tenista de Toén collera a raqueta, pero non vía moi ben e non se fixara en que a raqueta tiña un burato enorme. O xogo ía moi igualado pero, no cuarto set, Lucía podía conseguir o punto de partido. A
raqueta
aguantara
toda
a
competición e agora tocáballe sacar á súa contrincante, que lanzou a bola cara Lucía sen piedade. A pelota quedou enganchada na raqueta, e os xuíces, ao pensar que era unha treta para gañar, descalificárona. Ela. moi enfadada, lanzou
a
contra
o
raqueta
raqueta xuíz.
A
entroulle
limpamente
pola
cabeza e quedoulle encaixada no pescozo coma
un
colar.
Afortunadamente, non houbo feridos.
Disciplina: Natación. María Domínguez dirixíase á piscina da proba, que medía 50 m de largo. Ela estaba acostumada a adestrar no río do pobo e unha mini piscina para ela non supoñía ningún esforzo. Xa na competición, os xuíces deron a saída e María, pegou un chouto e saltou á piscina, pero cando ía nadando pola metade entroulle a fame. Entón achegouse ás escaleiras e foi á cafetaría, deixando un
rego de auga polo medio. Xa na
cafetería, pediulle ao camareiro un bocadillo de tortilla. Cando rematou o bocata dirixiuse á piscina para rematar a proba
pero unha vez
na auga comezou a sentir mareos e calafríos. Tivérona que sacar, xa media inconsciente e foi trasladada ao hospital pero aínda hoxe está esperando que a atendan porque hai unha folga indefinida de médicos.
DISCIPLINA: Ximnasta con aro.
Cando comezou a proba, todas as ximnastas apareceron co seu aro. Bueno, todas menos María Rodríguez, quen, por millonésima vez, esquecera o aro na casa. Cando lle tocou a quenda, xa non sabía que facer, ata que se lle ocorreu unha ximnasta de gran
idea. Como era unha , decidiu dobrarse
en forma de anel, e comezou a rodar por toda a pista. Os xuíces déronlle un aro era demasiado groso.
pelado, porque dixeron que o
Disciplina: Tenis de mesa. Águeda González era a mellor xogadora de tenis de mesa de todo Toén. Ao pouco rato de comezar o torneo, Águeda xa anotara
puntos…, e xa levaba unha vantaxe
insuperable. Pero era tan vaidosa que comezou a presumir da súa
Pechou os ollos e seguiu xogando. Púxose a fritir un ovo e seguiu xogando … Nese mesmo intre, comezou a fallar e o seu contrincante non paraba de marcar puntos. Cada vez custáballe máis xogar ao estar tan desconcentrada. Chegou ao último set e estaba tan enfadada por ir perdendo, que lle deu tan forte a pelota e con tan mala sorte, que lle deu ao rival nun
deixándoo
cego durante un bo anaco. O partido tivo que suspenderse durante 15 minutos, e ao reanudalo foi sancionada. Ela veuse abaixo e non foi quen de recuperar o seu toque. Ao final, por vaidosa, Águeda perdeu quedando eliminada.
Disciplina: natación
María era a nadadora de Toén máis famosa do mundo (segundo ela mesma).
Practicaba na súa piscina cun
flotador. María era unha rapaza moi nerviosa. Só conseguiu gañar unha vez nos xogos olímpicos deToén. Tiña un compañeiro que se chamaba Gundelino, que sempre se fundía na piscina aínda que levara posto o flotador. Sempre vestían cun bañador vermello e rosa e cun gorro cunha rosa enriba, porque según Gundelino, flotábase mellor na auga. A Gundelino gustáballe comer sempre despois dos adestramentos comer unha hamburguesa no Burger King e María sempre o acompañaba, polo que ámbolos dous estaban ben mantidos. Nas Olimpíadas de Toén participaban os dous na modalidade de relevos, Como non lles permitían levar flotador, tan pronto se botaron a piscina
afundiron
e perdéronse de vista.
Non se sabe como, pero chegaron os primeiros e como non incumpriran ningunha norma proclamáronse campións. Trala competición foron celebralo cunha enchenta de hamburguesas dobres.
Disciplina: Fútbol
David
Martínez
era
o
mellor
futbolista de Toén. El foi a persoa que levou a selección de Toén cara á gran final, ou iso foi o que dixo o seu adestrador. A final era contra España que sempre gañaba cunha grande vantaxe. Entón naquel momento, David decidiu cambiar de equipo. No descanso cambiaría a equipación e colaríase no vestiario de España e tentaría xogar no equipo contrario para marcar moitos goles en propia meta e desta maneira Toén gañaría. Pero tivo mala sorte porque o adestrador de España deixouno no banquiño, porque non tiña plena confianza nel e non recordaba en que posto xogaba xa que nunca o vira nos adestramentos. Desta maneira, Toén perdeu por goleada.
David tivo que deixar o equipo. O pésimo resultado do seu equipo fóra culpa súa, polo que se retirou do deporte por un tempo. Cinco anos máis tarde o equipo de Toén precisaba dun adestrador e el presentouse ao posto, como non houbo máis voluntarios, foi nomeado adestrador do equipo.