Rosalía Eliximos un poema de Rosalía de Castro e fixemos unha foto que o ilustrase
e máis nós
24 de Febreiro Día de Rosalía de Castro CEIP Saco e Arce, 2016
Xan Iglesias Zoe Luque Hugo Gallego Candela Rodríguez Hugo Hervella Aroa Rivera
-ยกTurra, turra, Xan, pola burra! Mira que Pedro a cadela che apurra
Un repoludo gaiteiro de pano sedán vestido, como un príncipe cumprido, cariñoso e falangueiro, entre os mozos o primeiro e nas cidades sen par, tiña costume en cantar aló pola mañanciña, con esta miña gaitiña ás nenas hei de enganar
-Te単o tres pitas brancas e un galo negro, que han de poner bos ovos, andando o tempo; i hei de vendelos caros polo xaneiro, i hei de xuntalos cartos para un mantelo, i heino de levar posto no casamento, i hei...
Lugar máis hermoso non houbo na terra que aquel que eu miraba, que aquel que me dera. Lugar máis hermoso no mundo n’hachara que aquel de Galicia, ¡Galicia encantada!
Pasa, río, pasa, río, co teu maino rebulir; pasa, pasa antre as froliñas color de ouro e de marfil, a quen cos teus doces labios tan doces cousas lle dis. Pasa, pasa, mais non vexan que te vas ao mar sin fin, porque estonces, ¡ai, probiñas, cánto choraran por ti!
Xan vai coller leña ó monte, Xan vai a compoñer cestos, Xan vai a poda-las viñas, Xan vai a apaña-lo esterco, e leva o fol ó muíño, e trai o estrume ó cortello, e vai á fonte por auga, e vai a misa cos nenos, e fai o leito i o caldo... Xan, en fin, é un Xan compreto, desos que a cada muller lle conviña un polo menos. Pero cando un busca un Xan, casi sempre atopa un Pedro
As follas son musas que habitan nas fragas, Primeiro tan verdes, que tremen nas ramas E son casa nova do niño e da araña. Ana Mª Fernández- Do A ao Z con Rosalía
Agora cabelos negros, máis tarde cabelos brancos; agora dentes de prata, mañán chavellos querbados; hoxe fazulas de rosas, mañán de coiro enrugado.