Texto9

Page 1

PROFESIÓNS DE CINE (1)

O cinema é a obra dun grande equipo de profesionais, aínda que nós nos quedemos cos nomes de aqueles que “dan a cara”, é dicir os actores e actrices ou o director/a. Existen profesións que polo xeral pasan desapercibidas na estrea. Estes profesionais non van de plató en plató promocionando a obra e facendo declaracións aos periodistas, non están rodeados de glamour e flashes , nin reciben ovacións e aplausos. O traballo deste equipo desenvólvese en tres fases : unha previa ao rodaxe, outra centrada na propia rodaxe e a última relacionada coa montaxe, a distribución e exhibición da película. Imos coñecer algunhas das profesións nas que traballan as persoas que se dedican ao cine: 1ª fase: PROXECTO E DIRECCIÓN /PREPRODUCIÓN A fase de pre-produción é onde se planea a rodaxe e se conxuntan todos os elementos físicos, humanos e técnicos necesarios para a producción. Unha vez creada a idea, a primeira fase é a da creación do guión. O guión pode ser orixinal, se a historia é inédita , ou adaptado, se esta baseado nunha obra que xa existía.

1.PRODUTOR/ EQUIPO DE PRODUCIÓN É quen decide poñer en marcha o proxecto. Antes da rodaxe, o produtor encárgase de atopar o guión, de contratar ao director, con quen seleccionará o reparto; da financiación dos traballos, de seleccionar os lugares de rodaxe, de solicitar os permisos necesarios e do contacto cos publicistas e distribuidores para a difusión da obra. Tamén se ocupa de confeccionar o plan de traballo no que se programan as actividades que se levarán a cabo diariamente para axustarse ás previsións de tempo .

2.EQUIPO DE GUIONISTAS Son os encargados de escribir o guión, é dicir, o texto sobre o que se constrúe o proxecto. Pode consistir nunha idea orixinal ou na adaptación dunha obra xa existente.


3.DIRECTOR DE CINEMA Nel recaen todas as decisións de carácter técnico. É a persoa que transforma o guión nunha película. É escollido polo produtor e constrúe a película plano a plano e grava as imaxes de maneira illada para máis tarde facer a montaxe

2ª fase: RODAXE E GRAVACIÓN/PRODUCIÓN Unha vez concretado o guión, comeza a preparación para rodar as imaxes, busca de financiación da película, contratación de persoal, localización de exteriores e decorados... Nesta fase xa está implicado todo o equipo de produción da película, menos o guionista que participa so en casos excepcionais.

1.DIRECTOR DE FOTOGRAFÍA 4.AXUDANTE DE DIRECCIÓN O seu cometido é coordinar ao equipo de produción co director. Tamén realiza o plan de rodaxe.

5.SCRIPT /SECRETARIO-A de RODAXE Entre outras cousas, encárgase de ordenar as escenas que se van gravando, xa que estas non se filman na orde en que van a aparecer na película. 6.DIRECTOR ARTÍSTICO É o responsable da ambientación. Encárgase dos decorados construídos ou escenarios naturais. Tamén se encarga do vestiario e a caracterización dos actores e actrices.

É o responsable de asegurar que a calidade da imaxe que toma a cámara é a mellor, comprobando que a iluminación é a axeitada para a escena que se estea a rodar (luz natural, luz artificial, sombras...)

2.ILUMINADOR É o responsable de proxectar, dispoñer e controlar a iluminación

3.OPERADOR DE CÁMARA Selecciona o encadre, pon en marcha e apaga a cámara, y fai os movementos precisos para cada toma, mantendo o enfoque.

4. FOTÓGRAFO DE ESCENAS Realiza fotos durante a rodaxe. Estas imaxes empregaranse para a publicidade da película e a realización do “making off”


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.