B I B L I OT E C A
BENVIDOS Á BIBLIOTECA !
GUÍA DE USO
Que podo facer co carné? Levar libros, CDs de música, DVDs e vídeos para a casa (mesmo en vacacións de Nadal e Semana Santa ) e acceder a diversas enciclopedias on line.
Cando podo vir á biblioteca? Tódolos días no recreo. Un día á semana acompañado polo profesorado Tódalas tardes desde as 16:00 ata as 18:00 . Se es de Infantil ou 1º debes vir acompañado dun adulto.
Que podo facer na biblioteca? Ler e ver libros, revistas, banda deseñada Consultar e buscar información. Estudar e facer deberes. Utilizar os ordenadores. Escribir e debuxar co meu material
Canto tempo podo ter o material na casa? Os libros 15 días e o material audiovisual 4 días.
Ohh! o libro está estragado!! Se ves un libro estragado non o arranxes o equipo de reparación encargarase del. Déixao na mesa do bibliotecario
E que pasa se perdo un libro? Pois terás que mercar outro igual ou , se non é posible, traer os cartos para mercalo. Ten mais coidado!! Somos unha FAMILIA , podemos ir
Pois claro!!
Podedes vir todas as tardes, de 16 a 18…. Tamén podedes vir cos mais pequenos , sempre que os atendades e non molesten aos demais usuarios, E PODEDES UTILIZAR O SERVICIO DE PRÉSTAMO E OS ORDENADORES!
de usuarios.
Só tedes que dicirnos os vosos datos , traernos unha foto e farémosvos o carné
Tamén se vos animades podedes formar parte do equipo de pais/ nais de apoio á biblioteca.-
Se quero gardar os libros no seu sitio que fago? Cada un ten un lugar . Segue as pistas que che dan as etiquetas dos libros : -Se ten unha etiqueta na cuberta coma estas,
ese libro é da sección de Infantil. ( aula da esquerda) -Se non a ten , mira a etiqueta do lombo do libro e observa o numero que leva na 1ª ringleira. - Busca o seu 1º número na ”flor” da parede, que che vai dicir de que cor é o andel onde tes que situar bro.
o li-
Depende do tema E xa está.
Pódes consultar os fondos da nosa biblioteca desde o teu ordenador a través da Internet en: http://www.opacmeiga.rbgalicia.org e ademais, co teu nº de socio como contrasinal, podes usar as enciclopedias on line que se ofertan desde o panel esquerdo da páxina do noso colexio.