Cal

Page 1

Monographs 152 (2013)

Monografias

CAL 2013



MANUEL WILSON SILVEIRA – 15.02.1960

Manuel W. S. nace nun pequeno concello da provincia de Ourense, en Maceda; de nai galega e pai australiano. A causa das dificultades económicas, deciden emigrar a Australia cando M.W. ten 8 anos de idade, e acaban acomodándose alí. Comeza na Facultade de Menciña de Sidney e, con bastantes dificultades, chega ata o 4 curso. Sobreadmirado pola archicoñecida Ópera de Sidney, e pola arquitectura en xeral, decide comezar unha nova andadura universitaria; no 1984 matrículase en arquitectura técnica. Remata a carreira con excelentes calificacións e opta por levar a cabo unha prospección sobre o seu máximo referente, Jorn Utzon. Dada a alta posición económica da súa familia, comeza a viaxar por distintos países visitando obras do devandito. Entre elas, ademáis da Ópera de Sidney, destacan: Torre da Auga (Dinamarca), igrexa de Bagsvaerd (Dinamarca), Teatro e Sala de concertos (Dinamarca), Hammershøj care centre (Dinamarca), Teater (Suíza), Melli Bank (Irán), Asamblea Nacional (Kuwait), Estadio (Arabia Saudita), Can Lis (España)... e un longo etcétera. Ten o pracer de coñecer persoalmente a Utzon durante a súa visita ao Utzon Center e á propia casa de Jorn (deseñada por él mesmo), co gallo de completa-lo percorrido polas principais obras do autor. Logo dunha viaxe de case 2 anos, decide afincarse en Galicia pola notable conservación da natureza e a posible integración así das súas obras na mesma, como linha estética base. Comeza traballando nun despacho de arquitectos de Pontevedra, afianzando así o aprehendido ata o momento e levando á práctica todos esos anos de estudo e investigación. Conhece á que a día de hoxe é a súa muller, María Otero Freixido, en Lugo; casa e forma unha familia. Dada a imposibilidade de seguir no despacho pontevedrés, decide por fin levar a cabo os seus proxectos e comeza a traballar por conta propia. Céntrase principalmente en obra mediana e vivendas unifamiliares. Entre elas, atópanse o Centro de Saúde de Xunqueira de Espadanedo (Ourense), Restauración da Biblioteca de Maceda (Ourense), Centro Social de Boiro (A Coruña), Centro de Día de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) e numerosas vivendas unifamiliares repartidas por toda a xeografía galega. A través da combinación de madeira, aceiro, corten, grandes cristaleiras... busca a integración da obra no entorno; non como unha parte máis da natureza, senón co uso de materiais mimetizables a cada paraxe e linhas rectas na procura dun minimalismo e ofrecendo así unha solución estética simple pero realmente interesante. Asimesmo, valora primordialmente o uso de materiais sostibles, rexeitando na medida do posible o uso de poliestirenos e fibras sintéticas.











Arquitectos de Ourense: -Álvaro Varela de Ugarte -Obras: -Ponte milenium. -Recuperación das ribeiras do Miño. -Balneario celta e rotenburo, Mondariz. -Abalo Alonso -Obras: -Escola infantil campus Ourense. -Francisco Mangado -Obras: -Aqa campus Ourense. -Manuel Wilson Silveira -Obras: -Vivenda privada, Maceda. -Intervención biblioteca. Despois de indagar sobre estos autores, quedámonos co arquitecto afincado actualmente en Lugo, Manuel Wilson, e de menor repercusión, xa que parécenos máis interesante fixarnos nunha arquitectura menos monumental e máis cercana, como son os espazos que el constrúe, adaptándoos ao medio.

PROXECTO LUGO


CAL


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.