DEA. los equipamientos publicos

Page 1

OS EQUIPAMENTOS PÚBLICOS COMO ELEMENTOS DE COHESIÓN TERRITORIAL Traballo de Investigación Tutelado Alumna: Cristina García Fontán Titor: Rubén Lois González

.” Xeografía: Análise Territorial e Organización do Espazo en Galiza “


OS EQUIPAMENTOS PÚBLICOS COMO ELEMENTOS DE COHESIÓN TERRITORIAL

TRABALLO DE INVESTIGACIÓN TUTELADO

OS EQUIPAMENTOS PÚBLICOS COMO ELEMENTOS DE COHESIÓN TERRITORIAL ALUMNA: CRISTINA GARCÍA FONTÁN TITOR: RUBÉN C. LOIS GONZÁLEZ SETEMBRO 2008 XEOGRAFÍA: ANÁLISE TERRITORIAL E ORGANIZACIÓN DO ESPACIO EN GALIZA. USC

Traballo de Investigación .” Xeografía: Análise Territorial e Organización do Espazo en Galiza “ Cristina García Fontán Titor: Rubén Lois González”

2


OS EQUIPAMENTOS PÚBLICOS COMO ELEMENTOS DE COHESIÓN TERRITORIAL

INDICE 1. INTRODUCCIÓN. O EQUIPAMENTO PÚBLICO 1.1 DEFINICIÓN 1.2 OS RETOS DO EQUIPAMENTO 1.3 ENCADRE HISTÓRICO 2. MARCO LEXISLATIVO. 3. TIPOS DE EQUIPAMENTO. 4. ANÁLISE DA DISTRIBUCIÓN DOS EQUIPAMENTOS NA PROVINCIA DA CORUÑA. 4.1. A SITUACIÓN DA ORGANIZACIÓN E AS RELACIÓNS INTERTERRITORIAIS DE DEPENDENCIA DOS DISTINTOS EQUIPAMENTOS. 4.2. OS GRANDES EQUIPAMENTOS 4.3. EXCESOS E DEFICIENCIAS NOS EQUIPAMENTOS LOCAIS.

5. LIÑAS ESTRATÉXICAS DE ACTUACIÓN PARA A MELLORA DOS EQUIPAMENTOS PÚBLICOS NA PROVINCIA DA CORUÑA. 6. IDENTIFICACIÓN DAS CENTRALIDADES E POTENCIALIDADES.

Traballo de Investigación .” Xeografía: Análise Territorial e Organización do Espazo en Galiza “ Cristina García Fontán Titor: Rubén Lois González”

3


OS EQUIPAMENTOS PÚBLICOS COMO ELEMENTOS DE COHESIÓN TERRITORIAL

1. INTRODUCCIÓN. O EQUIPAMENTO PÚBLICO 1.1 DEFINICIÓN Equipamento1: Conxunto de todos os servicios necesarios en industrias, urbanizacións, exércitos, etc. Dotación2: En urbanismo, solo adicado a usos ou instalacións do conxunto dos cidadáns.

Figura1. Arquipélago grego: a morfoloxía do arquipélago describe a principal que conformou as cidades gregas.

Dado que cabe unha certa confusión con respecto ó que se entende por equipamento, usase este termo, exclusivamente en relación con aquelas edificacións onde se prestan servicios que satisfacen as necesidades básicas da poboación no campo da saúde, a educación , o deporte, o cultural, etc. A diferencia básica entre os servicios prestados nos equipamentos e outros que poidan ser obxecto de prestación é que os primeiros son considerados como necesidades básicas que todo cidadán ten dereito a satisfacer. Os espacios destinados a estas actividades, caracterízanse pola súa estreita relación coa poboación servida e con unha boa accesibilidade dende a escala territorial do entorno servido.

Figura2. Roma, o poder estructurado de todo o imperio baixo o poder da capital, sempre como referencia, como centro.

Figura3. Liga Hanseática creada para o control do comercio no mar báltico. Control e planificación de infraestrutura marítima e terrestre.

Todo equipamento público está estreitamente relacionado cun espacio público no que se ubica, ben unha praza, unha rúa, etc. Por isto ó longo do traballo farase tamén referencia á importancia da relación entre estes os espacios públicos e os equipamentos, xa que non se entende un sen o outro. Neste traballo a principal hipótese que se estudia é que a rede de equipamentos públicos pode funcionar como un elemento de cohesión social3, axudando a paliar as desigualdades terriroriais existentes. Tanto a análise coma o esquema territorial proposto faranse sobre o ámbito territorial da provincia da Coruña. Despois da análise municipal dos equipamentos públicos máis relevantes estableceranse unhas liñas estratéxicas a seguir, que se plasmarán nun esquema provincial. Para iso será importante probar a existencia de certas centralidades a escala provincial e os lugares onde deben crearse outras que sirvan á poboación hoxe en día máis desfavorecida dende o punto de vista dos servicios. Non só se tratará a macroescala senón que tamén haberá unhas aproximacións á microescala para ver a importancia do control do equipamento por parte das administracións tanto na súa planificación territorial coma na súa implantación no entorno urbano. 1 Segundo definición do Diccionario da Real Academia Española. 2 Segundo definición do Diccionario da Real Academia Española. 3 Entendendo por cohesión social o que ven expresado nos indicadores de cohesión social con respecto ós equipamentos onde basicamente se mide a accesibilidade ó equipamento e a variedade de equipamentos accesibles polo cidadán

Traballo de Investigación .” Xeografía: Análise Territorial e Organización do Espazo en Galiza “ Cristina García Fontán Titor: Rubén Lois González”

4


OS EQUIPAMENTOS PÚBLICOS COMO ELEMENTOS DE COHESIÓN TERRITORIAL

Figura 4. Xogos de Nenos de Brueghel. A importancia do espacio público para o desenrolo de actividades e para potenciar as relacións.

Figura 5. A Torre de Babel de Brueghel. Representa o fracaso das grandes construccións, a falta de diálogo social e de coordinación na construcción.

1.2 OS RETOS DO EQUIPAMENTO “ O átomo é o pasado. O símbolo da ciencia para o novo século é a Rede dinámica. A Rede é o arquetipo disposto para representar todo circuito, toda intelixencia, toda interdependencia, todo factor económico, social e ecolóxico, toda comunicación, toda democracia, todo grupo, todo gran sistema.” Kevin Kelly4.

Fourquet5 suliña que o equipamento pode ser sucesiva ou simultáneamente, productivo, mercantil e normalizador das conductas nun sentido amplo. Así como non hai un consenso claro á hora da definición de equipamento urbano dende diversos autores, parece importante polo menos definir os retos que debe satisfacer un edificio ou lugar para que sexa considerado equipamento: - A funcionalidade. Unha cuestión principal é que o equipamente sirva á perfección para dar o servicio para o que foi creado, atendendo tamén ás condicións de acceso para tódolos medios de transporte, de xestión, de funcionamento, etc. Como o seu nome indica, os edificios públicos está ó sevicio do público, os seus efectos van máis aló dos seus usuarios e ocupantes, alcanzando aos viandantes que circulan ou pasean polo seu entorno, e incidindo no funcionamento da aldea, do barrio ou da cidade, onde se sitúan. A correcta ubicación 4 Kevin Kelly.Out of Control.1995. Basic Books 5 FOURQUET, F., MURARD, L. 1976. Los equipamientos del poder. Gustavo Gili.

Traballo de Investigación .” Xeografía: Análise Territorial e Organización do Espazo en Galiza “ Cristina García Fontán Titor: Rubén Lois González”

5


OS EQUIPAMENTOS PÚBLICOS COMO ELEMENTOS DE COHESIÓN TERRITORIAL

Figura 6. O valor simbólico dos equipamentos. Konstantinos Pantazis. Proxecto para Bruselas Cidade Capital.

Figura 7. Proxecto do Mundaneum de Le Corbusier, proxecto auspiciado por Paul Otlet no 1910, un lugar para albergar todo o coñecemento do mundo e facelo accesible a todos.

dunha escola, a axeitada orientación dunha aula, a súa relación coa paisaxe, a súa integración do espacio público exterior danos unha idea da enorme influencia das decisións urbanísticas, sobre a calidade de vida dos seus usuarios. -O valor social Os equipamentos públicos son lugares de interacción e integración social. A calidade dos seus espacios inflúe na calidade da vida social en última instancia sobre os comportamentos colectivos e individuais. Os proxectos sociales de base democrática reflexáronse sobre a cidade mediante a creación de espazos colectivos (libres e construidos). Os principios de igualdade e liberdade reflexáronse mediante a creación de novos espacios libres (rúas, prazas, paseos, avenidas, parques e xardíns).6 Tamén é importante dicir que son unha propiedade colectiva acumulada e recoñecida durante xeneracións. A súa utilización por parte de tódolos cidadáns independentemente do seu nivel de renda, consolida o sentido de ciudadanía. -

O valor simbólico

Os equipamentos públicos teñen un valor simbólico: reunen funcións de poder, institucionais, culturais, de servicios, de pertencia e son adoptados, coma propios polos habitantes no territorio no que se insiren.A localización 6 Hernandez Aja.2000. Barrios y Equipamientos públicos, esancia del proyecto democrático de la ciudad.

Traballo de Investigación .” Xeografía: Análise Territorial e Organización do Espazo en Galiza “ Cristina García Fontán Titor: Rubén Lois González”

6


OS EQUIPAMENTOS PÚBLICOS COMO ELEMENTOS DE COHESIÓN TERRITORIAL

Figura 16. L. Lisicksij, Seven Sisters en Moscú. Posicionamento estratéxico dos equipamentos na cidade, conectados coa liña de metro.

Figura 8. G. Sacconi Monumento Vittorio Enmanuelle, 1895. Símbolo e gran elemento de referencia urbano posicionándose nun lugar privilexiado destruíndo parte do texido medieval.

Traballo de Investigación .” Xeografía: Análise Territorial e Organización do Espazo en Galiza “ Cristina García Fontán Titor: Rubén Lois González”

7


OS EQUIPAMENTOS PÚBLICOS COMO ELEMENTOS DE COHESIÓN TERRITORIAL

dos edificios públicos, o seu xeito de emprazarse, a súa relacion cos outros eficios que os rodea e co espacio público que eles mesmos xeneran e que o acompaña, son cuestións que determinan que os edificios públicos creen e estructuren a identidade do barrio, da cidade. -

O valor cultural

Os edificios públicos teñen un valor cultural que vai máis aló da súa dimensión funcional. Conforman a expresión da sociedade sendo o reflexo do coñecementos, das creencias, do arte, do dereito, das costumes e outros hábitos e capacidades adquiridos.7 - O valor urbano Hoxe en día a inmensa maioría dos edificios públicos sitúase en contextos urbanizados, sexan estes, cidades, barrios, vilas ou núcleos rurais, nos que están destinados a ter un papel singular. Se o edificio público non ten vontade de formar “cidade”, de xerar espacio público, resulta introvertido e vólvese relativamente ineficaz no seu rol político e social. A continuidade dos espacios exteriores e interiores nos Equipamentos públicos a súa combinación , a relación dentro-fora, traducen as relacións entre o edificio e o asentamento ou núcleo rural o barrio ou a cidade. A relación dos distintos equipamentos entre sí debe estar ben funda7

Segundo a definición de Tylor.

Figura 9. O Eume, as fragas e a desembocadura en Pontedeume. Un gran espazo natural a escala de rexión urbana.

Traballo de Investigación .” Xeografía: Análise Territorial e Organización do Espazo en Galiza “ Cristina García Fontán Titor: Rubén Lois González”

8


OS EQUIPAMENTOS PÚBLICOS COMO ELEMENTOS DE COHESIÓN TERRITORIAL

mentada e xerarquizada na cidade -

A Sostenibilidade

É un concepto directamente relacionado coa calidade de vida do cidadán, en base á integración dos cidadáns no seu entorno, a reducción dos desplazamentos ou a parteicipación en tareas sociais. Segundo Hernández Aja a revisión do modelo territorial de equipamentos terá que basearse na redución do consumo e na recuperación da autonomía do cidadán. Imprescindible tamén é adecuarse ás condicións ambientais do lugar, reducindo o consumo de enerxía e a producción de residuos. Outro aspecto que non podemos esquencer é a sostenibilidade económica do equipamento, os presupostos públicos convén controlalos ó máximo en aras de poder distribuir os recursos entre a maior parte de poboación posible. A ubicación dos equipamentos públicos en áreas marxinais, nos peores terreos , nas zonas de maiores dificultades topográficas, en lugares distantes en terreos rústicos alonxados dos núcleos, cando non “privatizados” de facto pola súa peculiar disposición no interior das novas urbanizacións, son oportunidades perdidas que non poden aceptarse por parte das administracións públicas implicadas no planeamento. - Capacidade de rexeneración O equipamento público ten a capacidade tamén de inserir novas enerxías en áreas deprimidas ou degradadas. Unha boa planificación do equipamento pode conseguir que áreas industriais de grande dimensión que foron abandoadas poidan retomarse como áreas de ocio e de esparcimento da poboación8. 8 O caso no que este feito se manifesta de forma máis paradigmática e no Ruhrgebiet onde se rexeneran todos os edificios e terreos industriais obsoletos como centros culturais e zonas verdes a escala europea. Outro caso pode sero o caso de Bilbao coa implantación do Guggenheim e outra serie de equipamentos que rexeneraron a ría e a cidade no seu conxunto. Figura 10. Emcher park no Rurghebiet. Exemplo de rexeneración dun ámbito territorial moi extenso e degradado.

Traballo de Investigación .” Xeografía: Análise Territorial e Organización do Espazo en Galiza “ Cristina García Fontán Titor: Rubén Lois González”

9


OS EQUIPAMENTOS PÚBLICOS COMO ELEMENTOS DE COHESIÓN TERRITORIAL

Figura11. Cidade ideal Sforzinda. Filarete. Onde estudia principalmente a posición dos equipamentos na cidade.

Figura12. Trattado d Architettura. Filarete. Fragmento da páxina 86. Neste manuscrito trata temas de deseño e de planeamento urbano, neste caso vese os criterios de implantación dunha igrexa.

1.3 ENCADRE HISTÓRICO Os equipamentos públicos foron obxeto de innumerables reflexións ó longo da historia, tanto a súa clasificación como a súa distribución espacial foron analizados en diversos tratados dende o século XV. Aquí recóllense uns exemplos do que se podería considerar relevante neste senso en torno ós criterios de clasificación e ordenación territorial. Alberti no texto inaugural do xénero da tratadística, “De re aedificatoria”9 no 1452 adica o libro VII a os edificios públicos sagrados, templos, santuarios e basílicas e o libro VIII a os edificios públicos profanos. Non só se fai unha descrición dos elementos senón que tamén se fala das relacións entre eles e a relación do edificio co seu entorno, a situación máis propicia e as proporcións e o tamaño respecto á cidade. Outro exemplo importante podemos tomalo de Antonio Averlino Filarete que no seu Trattato de Arquitectura” (1464) debuxa os palacios, a aduana, a prisión, a plaza. Nestes textos se pon en evidencia a necesidade dunha reflexión sobre a forma dos edificios públicos, o seu emprazamento na cidade, a forma e as proporcións 9

Tomando como modelo “Os Dez libros de Arquitectura” de Vitruvio

Traballo de Investigación .” Xeografía: Análise Territorial e Organización do Espazo en Galiza “ Cristina García Fontán Titor: Rubén Lois González”

10


OS EQUIPAMENTOS PÚBLICOS COMO ELEMENTOS DE COHESIÓN TERRITORIAL

Figura 13. Ring de Viena, soporte dos grandes equipamentos, representatividade para unha cidade capital. Figura 14. París 1938 reforzo das relacións entre os equipamentos principais e as zonas verdes urbanas.

Traballo de Investigación .” Xeografía: Análise Territorial e Organización do Espazo en Galiza “ Cristina García Fontán Titor: Rubén Lois González”

11


OS EQUIPAMENTOS PÚBLICOS COMO ELEMENTOS DE COHESIÓN TERRITORIAL

Figura 15. Cidade Xardín de Howard 1902. Todo pensado dende o equilibrio territorial ata a resolución dos equipamentos a escala de distrito.

Figura 16. Os tres Imans entre a cidade e o campo aparece un terceiro cidade-campo que recolle as virtudes dos anteriores que será o que atraerá ás persoas.

do espacio público e a relacións entre todos eles. Estas teorías renacentistas perviven ata o século XVIII. No 1795 xurde en Francia un novo concepto de cidadán e con él un cambio na concepción dos equipamentos civís. Crease en París a “Comisión des Battiments publics” que ten como obxecto a reflexión sobre os tipos dos edificios que deben albergalas, a súa localización e a súa disposición ao servicio do cidadán na trasformación da sociedade. Aquí comezan a clasificarse os equipamentos públicos en seis categorías e xestionados polo estado-nación: edificios adicados ó ensino, a sanidade, á asistencia social, ó aprovisionamento, á hixiene pública e á seguridade. Esto da lugar a unha nova xerarquización e orden urbano xenerado pola ubicación destes equipamentos. Pero non é ata o 1860 onde se materializa a través do Plan de Haussman onde se materializa unha reestructuración total da cidade dotándoa de equipamentos, de nodos de comunicación e de zonas verdes. Ademáis renovouse a estructura urbana da cidade, rúas, avenidas, prazas, etc. Outro proxecto de reforma urbana10 directamente ligado á posición do equipamento na cidade é o Ring de Viena onde a destrucción da muralla deixou paso a un gran espacio onde situar os grandes equipamentos e espacios públicos da cidade, a Universidade a Municipalidade, museos, teatro ópera o parlamento, etc. Na “Teoría de construcción de las ciudades”no 185911 de Ildefonso Cerdá aparece unha xerarquización destes equipamentos a escala urbana, (parques, cemiterios, cuarteis), de sector (parques, hospitais, edificios adminis10 Tamén definida por moitos autores como destrucción creadora como é o caso de D.Harvey en Consciousness and the Urban Experience. Blackwell 1985 11 Texto que sirve de apoio ó seu proxecto preliminar do ensanche de Barcelona de 1855

Traballo de Investigación .” Xeografía: Análise Territorial e Organización do Espazo en Galiza “ Cristina García Fontán Titor: Rubén Lois González”

12


OS EQUIPAMENTOS PÚBLICOS COMO ELEMENTOS DE COHESIÓN TERRITORIAL

Figura 17. Unidade veciñal de Clarence Perry 1920. Plan Rexional de Nova Iorque.

trativos), distrito (mercado), de barrio (igrexa, escola, gardería...). Buscando a homoxeneidade e o acceso de tódolos cidadans dos beneficos da urbanidade. Tamén a finais do século XIX e a primeiros anos do século XX se plantexan novos modelos para a cidade contemporánea. O papel dos equipamentos públicos e dos espacios públicos a eles anexos se mantén como peza fundamental dos discursos, así, no diagrama da cidade xardín teorizada por Howard12, na cidade industrial de Toni Garnier, nos textos de Raimond Unwin ou nos de Camilo Sitte, ata chegarmos ás aprotacións da urbanística americana Neighborhood-unit de Clarence Perry para o plano rexional de Nova Iorque onde o equipamento escolar é o centro cívico- social se convertían en peza central deste elemento intermedio entre a casa e a cidade, que era a unidade veciñal. Aparece co Movemento Moderno o concepto de estándares de equipamento, a cidade debe satisfacer as necesidades das funcións e actividades que se desenrolan nela con criterios de edificación. O solo da cidade segrégase segundo os seus usos: residencial, industrial e servizos. As funcións da cidade actual comportan a posta en marcha de novos servicios e equipamentos que non estan inventariados e que son froito da evolución tecnolóxica e da evolución demográfica da poboación (aumento da esperanza de vida, mobilidade, etc) que fai necesario que estes servicios se vaian sustituindo e reinventando ó longo do tempo.

12

HOWARD, E. 1902. Garden cities of Tomorrow

Traballo de Investigación .” Xeografía: Análise Territorial e Organización do Espazo en Galiza “ Cristina García Fontán Titor: Rubén Lois González”

13


OS EQUIPAMENTOS PÚBLICOS COMO ELEMENTOS DE COHESIÓN TERRITORIAL

2. Marco lexislativo

As distintas lexislacions que regulan o tema dos equipamentos asignan competencias específicas neste ámbito a cada unha das administracións: estatal, autonómica e local. A lei 8/2007, de 28 de mayo, de suelo establece simplemente uns principios básicos á hora da planificación dos equipamentos, Aínda que o estado transferiu gran parte das súas competencias en materia de equipamentos ás distintas autonomías e ós concellos, sigue mantendo unha función fundamental de control da calidade dos servicios públicos a través das Axencias Estatais de avaliación da calidade dos servicios, reguladas pola Lei 28/2006, de 18 de xullo, de Agencias estatales para la mejora de los servicios públicos.13 No ámbito autonómico galego, a Lei 10/1995, de 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia establece as bases e a xerarquización da ordenación do territorio a través de distintos instrumentos de planificación: - Directrices de ordenación do territorio. - Plans territoriais integrados. - Programas de coordinación de actuación. - Plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal. - Plans de ordenación do medio físico. Como referencia á ordenación territorial dos equipamentos a recente presentación do avance das Directrices de ordenación do territorio de Galicia (DOT) establece como un dos obxetivos específicos “ establecer os ámbitos metropolitanos de planificación e programación de infraestructuras, equipamentos e servizos para optimizar a súa oferta e racionalizar os procesos de desenvolvento urbano e económico destes espazos”.Establécense determinacións excluíntes que contemplan temas relacionados coa súa localización e xerarquización nas diferentes áreas de centralidade urbana propostas e onde se fai referencia específica á importancia da súa localización próximas ao transporte público e en áreas centrais dos núcleos de poboación. Todas estas determinacións están supeditadas á elaboración de plans e programas sectoriais para a ordenación de cada tipo de equipamento. Aínda que ofrecen unhas determinacións orientativas moi ben intencionadas, o feito é que ata que non se unifiquen os criterios de distribución territorial de cada tipo de equipamento tanto sanitario, coma educacional, asistencial, cultural, etc. será moi complicado chegar a un modelo de distribución equilibrada do equipamento. As infraestructuras de transporte público xogan un papel crucial no propósito de conseguir unha accesibilidade ó equipamento, xa que o custe económico e de tempo que teñen que investir algúns habitantes para acceder a determinados servizos é moi alto. Tamén nas DOT se establece a presencia dos nodos de equilibrio territorial que serán núcleos que fun13

Establece os principios de gobernanza da Unión Europea: responsabilidade, eficiencia e participación.

Traballo de Investigación .” Xeografía: Análise Territorial e Organización do Espazo en Galiza “ Cristina García Fontán Titor: Rubén Lois González”

14


OS EQUIPAMENTOS PÚBLICOS COMO ELEMENTOS DE COHESIÓN TERRITORIAL

0

50 km Figura 18. División territorial municipal. A Coruña conta con 94 concellos.

cionarán como referentes a escala territorial e que albergarán diversas dotacións e infraestructuras. A Lei 9/2002, de 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural en Galicia (LOUGA), no art. 4714 establece os parámetros e os instrumentos cos que se ordenarán os distintos equipamentos, distinguindo entre o sistema xeral e o sistema local de equipamentos e espacios libres. 14 1. O plan xeral deberá preve-las reservas de solo necesarias para a implantación dos sistemas xerais ou conxunto de dotacións urbanísticas ó servicio predominante do conxunto da poboación, do seu asentamento, mobilidade e emprego, en proporción adecuada ás necesidades da poboación, e tendo en conta a capacidade máxima residencial derivada do plan e, como mínimo, os seguintes: a) Sistema xeral de espacios libres e zonas verdes de dominio e uso públicos, en proporción non a 15 metros cadrados por cada 100 metros cadrados edificables de uso residencial.

inferior

b) Sistema xeral de equipamento comunitario de titularidade pública, en proporción non inferior a 5 metros cadrados por cada 100 metros cadrados edificables de uso residencial.

Traballo de Investigación .” Xeografía: Análise Territorial e Organización do Espazo en Galiza “ Cristina García Fontán Titor: Rubén Lois González”

15


OS EQUIPAMENTOS PÚBLICOS COMO ELEMENTOS DE COHESIÓN TERRITORIAL

Figura 19. División parroquial, municipal e comarcal. 0

50 km

O Real Decreto 2159/1978 de 23 de xuño polo que se aproba o reglamento de planeamento para o desenvolvemento e aplicación da lei sobre réximen do solo e ordenacion urbana (vixente en tanto non se desenvolvan as determnacións da LOUGA) no seu art.25 e no seu anexo se fai referencia ás cesións dos equipamentos en función do tamaño do desenvolvemento previsto e do uso deste: residencial, industrial e terciario. No ámbito da administración local, a Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local define no artigo 25 unha serie de servizos que os concellos teñen obligatoriamente que prestar ós seus cidadáns: ESTRATOS DE POBOACIÓN

SERVIZOS OBLIGATORIOS

TÓDOLOS CONCELLOS

Recollida selectiva de residuos Abastecemento de auga potable Rede de saneamento Alumeado público Limpeza viaria Acceso ós núcleos de poboación Pavimentación e conservación das vías públicas Control de alimentos e bebidas Servizo de Biblioteca (+1000hab)

Máis de 5.000 habitantes

Parque público Biblioteca pública Mercado Tratamento de residuos

Máis de 20.000 habitantes

Protección Civil Prestación de servicios sociais Biblioteca pública Prevención e e extinción de incendios Instalacións deportivas de uso público.

Máis de 50.000 habitantes

Transporte colectivo urbano de viaxeiros Protección do medio ambiente.

Traballo de Investigación .” Xeografía: Análise Territorial e Organización do Espazo en Galiza “ Cristina García Fontán Titor: Rubén Lois González”

16


OS EQUIPAMENTOS PÚBLICOS COMO ELEMENTOS DE COHESIÓN TERRITORIAL

0

50 km

0

50 km

Traballo de Investigación .” Xeografía: Análise Territorial e Organización do Espazo en Galiza “ Cristina García Fontán Titor: Rubén Lois González”

17


OS EQUIPAMENTOS PÚBLICOS COMO ELEMENTOS DE COHESIÓN TERRITORIAL

O feito de que a distribución da poboación en concellos sexa moi dispar en Galicia, leva implícito unha serie de desigualdades no acceso ós equipamentos. O asociacionismo entre concellos coa conformación de áreas supramunicipais é un feito imprescindible para poder dotar á poboación de servizos e equipamentos necesarios. As mancomunidades como entes locais integrados reguladas pola lei 5/1997,de 22 de xullo, da administración local de Galicia, funcionan á hora da prestación de diversos servicios e fan posible unha mellor xestión dos equipamentos. Non obstante, a experiencia inicial destas últimas non deu froito máis que para a prestación de servizos concretos como a recollida do lixo. 3. TIPOS DE EQUIPAMENTO. Antes de desenvolver o tema de forma máis concreta, é necesario establecer unha clasificacióndos distintos tipos de equipamentos para o que nos serviremos da realizada polo Ministerio de Administracións Públicas para a avaliacion da enquisa de equipamentos e infraestructuras locais (EIEL): Equipamentos de carácter supramunicipal: - Universidades. - Grandes complexos hospitalarios. - Grandes centros deportivos. - Centros administrativos rexionais. - Auditorios rexionais. Equipamentos locais - Educativo: centros de educación infantil, primaria, secundaria, educación especial, bacharelato, formación profesional de grao medio e superior e outras ensinanzas non universitarias (idiomas, música, etc.) - Sanitario: hospital xeral, hospital quirúrxico, materno e infantil, psiquiátrico, xeriátrico e de larga estancia, outras especialidades, ambulatorio, centro de saúde, consultorio local e centros de urxencia. - Deportivo: ximnasio, terreos de xogo, piscinas cubertas, piscinas ó aire libre, complexos polideportivos, polideportivos cubertos, pistas polideportivas e escolas de vela. - Centros culturais e de esparcemento: casa da cultura, biblioteca, centro cívico/social, fogar do pensionista, museo, teatro, cine, auditorio, archivo, casino, plazas de toros e ludotecas. - Centros asistenciais: centro asistencia social, residencia da terceira idade, garderías infantís, albergues municipais, centro de rehabilitación de toxicómanos, outros internos (orfelinatos, etc), outros externos (comedores, etc.) - Parques, xardíns e áreas naturais: parque urbano, parque non urbano, parque infantil, xardíns, áreas da natureza, refuxios de pesca e montaña, campamentos, etc. Traballo de Investigación .” Xeografía: Análise Territorial e Organización do Espazo en Galiza “ Cristina García Fontán Titor: Rubén Lois González”

18


OS EQUIPAMENTOS PÚBLICOS COMO ELEMENTOS DE COHESIÓN TERRITORIAL

- Lonxas, mercados e recintos feirais. - Matadeiros - Cemiterios - Tanatorios - Casas consistoriais e outros equipamentos de uso e titularidade municipal. - Outros equipamentos: centros de extinción de incendios e protección civil. 4. ANÁLISE DA DISTRIBUCIÓN DOS EQUIPAMENTOS NA PROVINCIA DA CORUÑA A provincia da Coruña por ser a que contén a capital de Galicia, Santiago e unha das dúas cidades máis importantes de Galicia, A Coruña, conta con equipamentos que dan servizos a escala tanto local coma supramunicipal e tamén rexional. Os grandes equipamentos son os encargados de dotar de imaxe a cada lugar ademais de servizos, o seu carácter iconográfico e referencial é indiscutible polo que se debería ter sempre en conta a idoneidade en canto á situación urbana ou rural, o seu impacto e o seu uso. Cada dotación ten unha lóxica de implantación determinada e Figura 22. Plano de Comarcas da provincia. O Mapa Comarcal de Galicia define o ámbito de aplicación do Plan de Desenvolvemento Comarcal de Galicia, e ten como obxectivo dar cumprimento ao establecido na Lei de Desenvolvemento Comarcal, onde se di: “a aplicación formal e temporal do Plano de Desenvolvemento Comarcal concretarse nun Mapa Comarcal no que aparecerá a delimitación territorial das distintas comarcas”. O Mapa Comarcal foi aprobado por Decreto do Consello da Xunta de Galicia 65/1997 do 20 de febreiro. Nos estudos complementarios que acompañaban á proposta contemplábase a existencia de catro tipos atendendo ás características propias da organización interna do sistema de asentamentos.: • Comarcas Metropolitanas • Comarcas Urbanas • Comarcas Rururbanas • Comarcas Rurais

0

50 km

Traballo de Investigación .” Xeografía: Análise Territorial e Organización do Espazo en Galiza “ Cristina García Fontán Titor: Rubén Lois González”

19


OS EQUIPAMENTOS PÚBLICOS COMO ELEMENTOS DE COHESIÓN TERRITORIAL

Figura 23. Areas funcionais DOT. Delimitación das áreas funcionais extraída do Avance das Directrices de Ordenación do territorio de Galicia. A elaboración das Directrices de Ordenación do Territorio (DOT) é un mandato da Ley 10/95 de Ordenación do Territorio de Galicia, co obxectivo de que sirvan como marco normativo básico para o desenvolvemento das accións urbanísticas e territoriais en Galicia.

0

50 km

Figura 24. Xulgados de Primeira Instancia. Áreas que están adscritas a determinados xulgados de primeira instancia e instrucción. A provincia divídese en catorce áreas dependendo cada unha delas dun xulgado: Ortigueira, Ferrol, Carballo, A Coruña, Betanzos, Corcubión, Muros, Negreira, Ordes, Santiago de Compostela, Arzúa, Noia, Sta. Uxía de Ribeira, e Padrón.

0

50 km

Traballo de Investigación .” Xeografía: Análise Territorial e Organización do Espazo en Galiza “ Cristina García Fontán Titor: Rubén Lois González”

20


OS EQUIPAMENTOS PÚBLICOS COMO ELEMENTOS DE COHESIÓN TERRITORIAL

debe dar servizos de forma similar a toda a poboación porque non só son cidadáns os que viven nos entornos urbanos. A accesibilidade ós equipamentos debe ser algo fundamental para toda a poboación, e é un concepto a ter en conta no momento da planificación. Se observamos os planos de distribución dos equipamentos na provincia segundo os usos vemos que hai sectores que están máis polarizados e outros máis dispersos. A distribución da poboación da provincia, aínda que xera unha paisaxe con unha obvia dispersión non presenta as mesmas concentracións nas diferentes áreas da provincia. Na rexión urbana de A Coruña – Ferrol se concentran uns 580.000 habitantes e a mais densa concentración de equipamentos da provincia mentres que na parte este da provincia estase a producir un importante despoboamento dende os anos 50. Os incremento de case o doble de habitantes na provincia ó longo do século XX (de 653.556 habitantes no 1900 a 1.126.707 habitantes no 2005)15 e as consabidas dinámicas migratorias cara ás periferias das cidades provoca a saturación dos equipamentos nos concellos que conforma a coroa das principais cidades.

4.1 As relacións interterritoriais de dependencia dos distintos equipamentos.

Existen unha serie de limites territoriais e administrativos que definen distintas centralidades, acotan distintos territorios etc. De menor a maior enunciaremos as que se consideran máis importantes empezando polos límites parroquiais que son importantes para explicar as centralidades de menor escala no territorio galego, logo viría o concello que parte xa ten competencias administrativas, logo as comarcas, as áreas funcionais (no momento que se aproben as DOT) e a provincia. O feito de que cada unha das dotacións conte con un plan sectorial propio para a súa ordenación territorial fai que as áreas sanitarias se definan con independencia das áreas educacionais e tamén das asistenciais, etc. Cada unha impón os seus límites e persoas dun mesmo concello teñen que acudir a A Coruña para ir ó hospital e a Santiago para a os centros de bacharelato. Neste senso parece importante propoñer unha unificación de criterios para a distribución desas áreas supramunicipais que deberían organizar a xerarquización dos equipamentos.

15

Fonte Instituto Nacional de Estadística.

Traballo de Investigación .” Xeografía: Análise Territorial e Organización do Espazo en Galiza “ Cristina García Fontán Titor: Rubén Lois González”

21


OS EQUIPAMENTOS PÚBLICOS COMO ELEMENTOS DE COHESIÓN TERRITORIAL

0 Figura 25. Grandes equipamentos da provincia da Coruña ademais doutros elementos representativos.

50 km

4.2 Os grandes equipamentos Esta categoría de equipamentos correspóndese cos equipamentos a escala supramunicipal, rexional ou nacional que están ubicados na provincia. Principal observación é a polarización destes equipamentos en torno ás cidades principais. Equipamentos culturais

A Cidade da Cultura, é a aposta máis forte pola visibilidade nunha escala nacional e incluso internacional, pero aínda dispoñendo dunha importante inversión económica e tódolos ingredientes estéticos para funcionar coma un polo de atracción turística de referencia a escala internacional, a ausencia dun programa coherente con ditas pretensións poden facer peligrar esta visibilidade. O icono relixioso turístico máis importante é a catedral de Santiago, debería considerarse a súa complementariedade da Cidade da Cultura en canto ó liderazgo e tratar de ter unha afluencia de público propia, con un programa adecuado que se presente coma algo atractivo e único, con unha visión menos localista, con algún elemento que nos conecte con algunha rede global.

Traballo de Investigación .” Xeografía: Análise Territorial e Organización do Espazo en Galiza “ Cristina García Fontán Titor: Rubén Lois González”

22


OS EQUIPAMENTOS PÚBLICOS COMO ELEMENTOS DE COHESIÓN TERRITORIAL

Figura 26. Foto aérea da construcción da Cidade da Cultura.

Diversos museos e sedes de varias fundacións como o CGAC en Santiago, a Fundación Caixa Galicia, entre outros apostaron polo uso de arquitecturas que dan prestixio e visibilidade, todo acompañado de boas axendas de exposicións que nos sitúan en óptimas posicións neste senso no ranking nacional. A polarización destes elementos en Santiago e A Coruña é un feito evidente pero no ámbito cultural, non estaría de máis pensar nunha dispersión organizada destes circuítos culturais e abrilos a outras áreas poñendo en valor todo o noso patrimonio etnográfico e paisaxístico. O mesmo ocorre coas grandes instalacións como recintos feirais palacios de congresos, e auditorios que proliferan nas paisaxes urbanas galegas sen un orde aparente máis que a creación de grandes contedores na maioría dos casos, infrautilizados por toda a poboación á que se supón, serven. Equipamentos sanitarios Os grandes equipamentos hospitalarios carecen dunha integración na cidade e en canto á relación cos sistemas de transporte mostran o mesmo problema. A vinculación destes grandes equipamentos debería ser tamén un dato a contemplar dende a súa planificación. A provincia conta con 12 centros hospitalarios distribuidos en 3 complexos hospitalarios (A Coruña, Santiago e Ferrol) e dous hospitais comarcais (Cee e Ribeira).

Traballo de Investigación .” Xeografía: Análise Territorial e Organización do Espazo en Galiza “ Cristina García Fontán Titor: Rubén Lois González”

23


OS EQUIPAMENTOS PÚBLICOS COMO ELEMENTOS DE COHESIÓN TERRITORIAL

Figura 29. Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.

Tanto o complexo hospitalario da Coruña como o complexo hospitalario de Santiago e os hospitais comarcais carecen dunha estructura de trasporte público a escala metropolitana para dar servicio un bo servicio á poboación. Equipamentos educativos Dúas das tres universidades de Galicia encóntranse na provincia, a Universidade da Coruña e a Universidade de Santiago son dous polos importantes do sistema universitario galego. Por todo isto sorprende a ausencia de estratexias de transporte público a unha escala maior que a das propias cidades para dar servizo a estes macro equipamentos, un cambio de modelo neste aspecto é necesario. Tendo en conta os datos obtidos do INE dos alumnos matriculados no curso 2006-2007 os alumnos matriculados na UDC foron 22.068 alumnos e na USC foron 28.072 alumnos, o que fai un total de 50.140 estudiantes universitarios, na súa maioría desplazados. Na imaxe poden verse os movementos de poboación que xera un equipamento de esta categoría, e a necesidade de estratexias combinadas para dar resposta ás demandas existentes, que van máis aló que a cidade propia na que se implantan. Este tipo de equipamentos demanda solucións habitacionais e de mobilidade adaptadas á escala da súa influencia. Equipamentos deportivos

Traballo de Investigación .” Xeografía: Análise Territorial e Organización do Espazo en Galiza “ Cristina García Fontán Titor: Rubén Lois González”

25


OS EQUIPAMENTOS PÚBLICOS COMO ELEMENTOS DE COHESIÓN TERRITORIAL

0

50 km

Figura 30. Igrexas

0

0

50 km

Figura 31. Establecementos turísticos

50 km

Figura 32. Equipamentos deportivos

0

50 km

Figura 33. Equipamentos sanitarios

Traballo de Investigación .” Xeografía: Análise Territorial e Organización do Espazo en Galiza “ Cristina García Fontán Titor: Rubén Lois González”

26


OS EQUIPAMENTOS PÚBLICOS COMO ELEMENTOS DE COHESIÓN TERRITORIAL

0

50 km

Figura 34. Equipamentos culturais.

0

50 km

Figura 35. Equipamentos docentes

Os grandes equipamentos deportivos con maior trascendencia en canto á afluencia de público son os estadios de fútbol de gran representatividade. Pero cabe destacar en este aspecto a importancia da emerxencia de campos de golf, deporte que demanda unha gran superficie e unha serie de dotacións que deberían estar perfectamente estudados, a súa localización e o seu mantemento xa que demandan gran cantidade de recursos, solo e auga. A situación destes equipamentos deportivos na súa maioría de iniciativa privada é clave nalgúns casos tamén para a dinamización turística de determinadas áreas.

2.2.3 EXCESOS E DEFICIENCIAS NO CASO DOS EQUIPAMENTOS. Aquí expoñeremos uns exemplos da deficiente xestión dos equipamentos e a ausencia do equilibrio territorial da poboación na súa accesibilidade. Facendo un percorrido por algúns dos datos significativos no que a equipamentos se refire vemos que hai moitas incongruencias que aparecen tanto pola forma de medida como pola relación coa poboación. Aínda que se poderían analiza moitos aspectos vámonos quedar cos índices cuantitativos de superficie en relación coa poboación á que serven. Estes análises foron realizados co SIX elaborado para realizar a enquisa de equipamentos e infraestructuras locais do 2005 e traballouse no Arcmap. Traballo de Investigación .” Xeografía: Análise Territorial e Organización do Espazo en Galiza “ Cristina García Fontán Titor: Rubén Lois González”

27


OS EQUIPAMENTOS PÚBLICOS COMO ELEMENTOS DE COHESIÓN TERRITORIAL

0

50 km

Figura 36. Indice de superficie deportiva ( m2 superficie deportiva / poboacion). Fonte EIEL fase V. Segundo o MAP é necesario un ratio maior que o,1m2/habitante. Valor que se cumple en tódolos concellos.

Traballo de Investigación .” Xeografía: Análise Territorial e Organización do Espazo en Galiza “ Cristina García Fontán Titor: Rubén Lois González”

28


OS EQUIPAMENTOS PÚBLICOS COMO ELEMENTOS DE COHESIÓN TERRITORIAL

O Ministerio de Administracións Públicas é o que regula os ratios dos índices e indicadores para o control dos servicios públicos e equipamentos. Se vemos os números trasladados ó territorio veremos como o feito da masa crítica adscrita a cada concello ou grupo de concellos nos da algunhas das claves para xustificar as dinámicas poboacionais dos últimos anos, se non hai poboación non hai equipamentos, se non hai equipamentos (asistenciais, docentes, sanitarios, etc) non se fixa a poboación. - Equipamentos deportivos Observase o exceso de superficie deportiva nalgúns concellos fronte ó déficit noutros. O caso do concello de Trazo con máis de 40 m2/habitante de superficie deportiva contrasta co índice na cidade da Coruña onde estamos a falar de 1m2/habitante. O caso de Rois aínda que aparece con unha gran superficie débese á existencia do campo de Golf. Pero a conclusións que se poden extraer en canto ás instalacións deportivas é que o rural con unha poboación na maioría dos casos avellentada para a práctica do deporte, se encontra sobradamente dotada de instalacións deportivas, poderíase dicir incluso que en exceso, fronte á pouca dotación destes equipamentos nas áreas urbana. Pero si analizamos aspectos máis cualitativos vemos que a meirande parte das superficies deportivas no rural son pistas deportivas, un anaco de asfalto no medio da nada. Mentres que nos entornos urb anos máis densos hai toda variedade de dotacións. Cabe destacar un esforzo da Deputación da Coruña hai uns anos en financiar campos de fútbol con un bo nivel de servizos e piscinas descubertas nos concellos máis rurais. Aínda que non se fixo extensivo a todo o territorio provincial foi unha boa iniciativa que a diferencia das outras provincias galegas. - Equipamentos sanitarios Neste caso se mostra o maior índice nas áreas que non teñen un bo acceso para os seus usuarios véndose unha necesidade de crear, ben o desprazamento do equipamento cara ós núcleos rurais ou ben plantexar unha alternativa de mobilidade ós seus usuarios. Isto tampouco quere dicir que a xente estea desabastecida do servizo primario básico, pero este é un índice que reflicte a grande dispersión do territorio e a pouca poboación de dereito que ten fácil acceso ó equipamento. No caso de servizos específicos coma as unidades de fisioterapia ou os servizos odontolóxicos, por poñer un exemplo a accesibilidade vese moi reducida por gran parte da poboación. Tamén cabe suliñar que é un dos equipamentos máis extensivos e que mellor serven a poboación no que a atención primaria se refire, ademáis en áreas rurais que carecen de equipamentos culturais ou sociais convírtese no lugar de encontro e reunión (feito que acentúa o avellentamento da poboación), saturándose así o servicio.

Traballo de Investigación .” Xeografía: Análise Territorial e Organización do Espazo en Galiza “ Cristina García Fontán Titor: Rubén Lois González”

29


OS EQUIPAMENTOS PÚBLICOS COMO ELEMENTOS DE COHESIÓN TERRITORIAL

0

50 km

Figura 37. Indice de equipamento sanitario ( m2 superficie centros sanitarios / poboacion). Fonte EIEL fase V. Segundo o MAP debe haber máis de 0,3m2/hab.

Traballo de Investigación .” Xeografía: Análise Territorial e Organización do Espazo en Galiza “ Cristina García Fontán Titor: Rubén Lois González”

30


OS EQUIPAMENTOS PÚBLICOS COMO ELEMENTOS DE COHESIÓN TERRITORIAL

-Equipamentos culturais Neste ámbito cabe destacar que hai concellos coma Oza dos Ríos, Ordes, Arteixo, Fisterra nos que a superficie de equipamento cultural por habitante é menor a 0,1m2 e destacan concellos coma Mesía, Vilasantar ou Boimorto onde a súa superficie é de 6m2/habitante. Pero non é una cuestión de superficie senón de uso, e é evidente que no rural o acceso a equipamentos culturais de calidade coma bibliotecas ou centros culturais é moi limitado. A provincia ten 50 centros destinados a Biblioteca polo tanto hai máis de 40 concellos sen este servizo. Os edificios culturais no rural caracterízanse por estar, na maioría dos casos mal situados, sen actividades programadas, practicamente en desuso, basicamente son centros de reunión veciñal. En case tódolos concellos costeiros dende A Coruña ata Rianxo existe necesidade de reforzar este equipamento, ademais de en Val do Dubra, Ordes, Sigüeiro, etc. - Equipamentos asistenciais Este tipo de equipamento é o máis deficitario da provincia, dende a análise destes equipamentos, obsérvanse dous grandes déficits, por unha banda a necesidade de máis garderías infantís sobre todo nas áreas metropolitanas e máis centros asistenciais para maiores nas áreas rurais, buscando sistemas de equipamento móbiles ou utilizando instalacións e transportes coma os educacionais para o acceso ás persoas maiores, xa que este é un servizo que se presta en todo o territorio. Unha implicación maior neste senso é necesaria dende a administración, xa que a meirande parte destas instalacións son de iniciativa privada. Como actuación recente que parte da vicepresidencia da Xunta de Galicia neste senso aparece a creación da rede de galescolas e a aplicación da lei de dependencia. -

Equipamentos educativos

Esta é unha das máis densas redes de equipamentos da provincia e é a que máis acusa a necesidade de renovación e planificación tendo en conta as novas dinámicas poboacionais. Xa que na súa meirande parte é froito da lei xeral da educación de 1970 que dotou de centros educativos toda a xeografía galega. No rural encóntranse infrautilizados e nas periferias das cidades demándase unha nova creación do equipamento. Algunhas instalacións non se encontran en bo estado, xa que teñen problemas para proporcionar ós alumnos estándares de confort adecuados. Unha nova concepción do equipamento escolar como edificación sostible exemplar ademais dun referente arquitectónico situado nun lugar preferente para o núcleo, sería necesaria. A meirande parte destes equipamentos teñen unha ubicación moi periférica ó núcleo nalgúns casos totalmente fora do núcleo. Outro aspecto fundamental é que pola súa escala estas dotacións ocupan gran cantidade de solo e por temas de seguridade non poden ser espazos abertos, por outra banda sería positivo permitir unha maior permeabilidade durante as horas nas que Traballo de Investigación .” Xeografía: Análise Territorial e Organización do Espazo en Galiza “ Cristina García Fontán Titor: Rubén Lois González”

31


OS EQUIPAMENTOS PÚBLICOS COMO ELEMENTOS DE COHESIÓN TERRITORIAL

0

50 km

Figura 38. Indice de equipamento docente ( m2 superficie centros educativos /alumnos). Fonte EIEL fase V. Segundo o MAP o valor óptimo é superior a 2,8 m2/ hab., valor que se supera en tódolos concellos.

Traballo de Investigación .” Xeografía: Análise Territorial e Organización do Espazo en Galiza “ Cristina García Fontán Titor: Rubén Lois González”

32


OS EQUIPAMENTOS PÚBLICOS COMO ELEMENTOS DE COHESIÓN TERRITORIAL

non funciona como colexio e converterse nun equipamento máis rico e flexible, sobre todo nas áreas rurais onde os equipamentos educacionais son ás veces o único equipamento existente. Como xa se plantexaba anteriormente, estes edificios infrautilizados poderían conter un uso máis asistencial, como garderías infantís, centros culturais, etc. Outros equipamentos: Existen outros equipamentos de gran escala como prisións que caracterizan a paisaxe e se identifican con un núcleo. Este é o caso da prisión de Teixeiro no Concello de Curtis -Zonas verdes: Hai na provincia unha grande variedade paisaxística: zonas de ría, zonas de montaña, vales que teñen un gran valor e que deberían ser considerados equipamentos ou zonas verdes a escala territorial, incluílos dentro das áreas metropolitanas ás que realmente serven para que poidan ser mantidos e recoñecidos como verdadeiros equipamentos urbanos que son, xa que estas zonas equilibran as deficiencias en dotación verde de cada concello, e a súa conservación non pode costeala exclusivamente os concellos ós que pertencen. Un exemplo desto son as Fragas do Eume, formando parte dos grandes equipamentos de rexión urbana de A Coruña- Ferrol, o encoro de Cecebre. As rías deberían tamén considerarse como zona verde, coas súas praias, lagoas etc. En xeral cúmplense os ratios establecidos como mínimos para os equipamentos, desde unha perspectiva municipal. Pero na meirande dos casos non significa que a poboación estea ben servida, ou que o equipamento sexa accesible. A medición dos ratios por concello poida que sirva nas cidades en onde os concellos constan de poucos núcleos coma o caso de Castela. No caso galego a realidade xeográfica é moi distinta e a dispersión e as distancias sen transporte público no rural fan que a meirande parte dos equipamentos sexan inaccesibles. Segundo os datos da EIEL 2005 existen na provincia uns 250 equipamentos sen uso. Estes edificios encóntranse precisamente nas áreas onde o equipamento asistencial, para unha poboación en proceso de avellentamento, é inexistente, polo que se poderían transformar en centros para persoas da terceira idade.

Traballo de Investigación .” Xeografía: Análise Territorial e Organización do Espazo en Galiza “ Cristina García Fontán Titor: Rubén Lois González”

33


OS EQUIPAMENTOS PÚBLICOS COMO ELEMENTOS DE COHESIÓN TERRITORIAL

0

50 km

Figura 39. Indice de cultura ( m2 superficie centros culturais /poboación). Fonte EIEL fase V.

Traballo de Investigación .” Xeografía: Análise Territorial e Organización do Espazo en Galiza “ Cristina García Fontán Titor: Rubén Lois González”

34


OS EQUIPAMENTOS PÚBLICOS COMO ELEMENTOS DE COHESIÓN TERRITORIAL

5. LIÑAS ESTRATÉXICAS DE ACTUACIÓN PARA A MELLORA DOS EQUIPAMENTOS PÚBLICOS NA PROVINCIA DA CORUÑA. Despois de ver e analizar algúns dos desequilibrios máis significativos na distribución territorial das dotacións públicas concluiremos cuns obxetivos a cumprir para a ordenación estratéxica: 1. Estruturar os equipamentos en base a áreas con certa afinidade e posibilidade de prestación de servizos. 1.1.- Cambio de estratexia para situar os equipamentos e zonas libres das áreas urbanas. Rexión urbana A Coruña-Ferrol e área urbana de Santiago. • Ser consciente de que a concentración de poboación da área actualmente duns 580.000 habitantes, ten unha tendencia ascendente e haberá que planificar a densificación de equipamentos e servizos ao par que as redes de comunicación. • Potenciar os espazos libres a preservar e os baleiros necesarios e integralos dentro da rexión urbana. As fragas do Eume, as Rías do Golfo Artabro teñen que estar integradas e planificadas como parte do sistema urbano. 1.2.- Os equipamentos nas áreas de aglomeración: Definir a área de influencia de núcleos intermedios como Carballo, As Pontes, Ribeira-Boiro, Cee, Ordes para a estruturación do territorio cunhas áreas de influencia importantes e a prestación de servizos a toda a poboación circundante. • Dotar de servizos e equipamentos conectadas con redes de trasporte público que reforcen o modelo. • Mellorar a imaxe urbana destes núcleos caracterizados por un crecemento caótico e unha escasa dotación de espazo público e zonas libres. Dotalos de imaxe urbana a través da representatividade dos equipamentos e os seus espazos públicos adxacentes. 1.3.- Os equipamentos nas áreas rurais: • Son zonas que perden poboación e que se atopan coa terceira parte da súa capacidade poboacional debido ao éxodo rural- urbano e que requiren estratexias de fixación de poboación e uns equipamentos acorde co envellecemento da súa poboación. • Dotalas dos mesmos servizos que ao urbano pero variando a súa lóxica de implantación, servizos móbiles que utilicen as novas tecnoloxías como métodos de conexión. • Atracción de poboación inmigrante que instale dinámicas de produción e rebaixe o impacto do envellecemento da poboación rural e que reempregue os equipamentos existentes e agora en desuso. • Adaptación dos equipamentos ás demandas sociais, un envellecemento da poboación demanda unha serie de equipamentos asistenciais dos que se Traballo de Investigación .” Xeografía: Análise Territorial e Organización do Espazo en Galiza “ Cristina García Fontán Titor: Rubén Lois González”

35


OS EQUIPAMENTOS PÚBLICOS COMO ELEMENTOS DE COHESIÓN TERRITORIAL

carece no rural. 2. Implementación dos equipamentos para proporcionar unha mellor calidade de vida á poboación. 2.1 Os equipamentos públicos como modelo de aforro enerxético y sostenibilidade. • Facer unha revisión e adaptación neste sentido de todos os equipamentos públicos tanto educacionais, como sanitarios ou asistenciais e tamén culturais para facer destas edificacións exemplos modélicos neste sentido • A accesibilidade a todos os edificios e espazos públicos debería ser tamén unha premisa fundamental. 2.2 Recuperación de grandes áreas e solos degradados para a xeneración de espazos verdes e equipamentos • Áreas de oportunidade para actuacións deste tipo xorden en As Pontes, Meirama, coa reubicación dos portos, (A Coruña e Ferrol). 2.3 Adecuación dos centros educacionais aos movementos de población A concentración da poboación nos municipios periféricos ás cidades da Coruña, Ferrol e Santiago, provocou un desequilibrio neste sector provocándose un abandono das estruturas educacionais rurais e unha saturación nestas áreas periféricas ex: Ames, Culleredo, Oleiros, Teo etc. 2.4 Mellora dos equipamentos sanitarios • O envellecemento da poboación rural faina máis demandante destes servizos e na maioría dos casos a distancia e posibilidades de accesibilidade dificultan o seu correcto uso. Os centros de atención primaria (consultorios locais) carecen nalgúns casos de instalacións axeitadas para o seu correcto funcionamento. • A integración dos grandes equipamentos hospitalarios con zonas verdes e redes de transporte público. 2.5

Infraestruturas sociais e equipamentos.

A posibilidade de rehabilitación dos 227 edificios públicos sen uso distribuídos na provincia, na súa maioría escolas unitarias en desuso, e a súa transformación en centros de día para maiores. • Demanda de máis prazas de residencias de anciáns • Creación de centros de inmigrantes nos principais núcleos urbanos.

Traballo de Investigación .” Xeografía: Análise Territorial e Organización do Espazo en Galiza “ Cristina García Fontán Titor: Rubén Lois González”

36


OS EQUIPAMENTOS PÚBLICOS COMO ELEMENTOS DE COHESIÓN TERRITORIAL

6. IDENTIFICACIÓN DAS CENTRALIDADES E POTENCIALIDADES. A modo de conclusión o marxe das estratexias que sempre son difíciles de concretar graficamente considero necesario o mostrar como os cruces de escala son necesarios, é necesaria a visión global do territorio para abordar o local pero necesítanse eses instrumentos de ordenación a escala territorial. Na figura 42 identifícanse os núcleos fundamentais do territorio tendo en conta a poboación, na figura 43 o que se fai é unha identificación da tipoloxía de concellos da provincia, tonos verdes concellos rurais interiores, tonos azuis concellos de costa e tonos roxos concellos que conteñen factores que lles insiren características de urbano. Para a identificación dos puntos nodais e servidores de distintas áreas influíron varios factores como a renda per cápita, o índice de actividade económica, a poboación, superficie comercial, relación coa infraestructura, etc. A cuestión é si se reforzan so os núcleos de máis de 5.000 habitantes ou si se establece unha distribución policéntrica, en arquipélago por todo o

Figura 40. Esquema da teoría dos lugares centrais de Walter Christaller 1933.

Figura 41. Aplicación da teoría dos lugares centrais ó territorio sur de Alemania.3737

Traballo de Investigación .” Xeografía: Análise Territorial e Organización do Espazo en Galiza “ Cristina García Fontán Titor: Rubén Lois González”

37


OS EQUIPAMENTOS PÚBLICOS COMO ELEMENTOS DE COHESIÓN TERRITORIAL

territorio, non só se trata de satisfacer as necesidades básicas, trátase de que en todo o territorio cada “cidadán” teña a mesma calidade de vida. Se tomamos como referencia algunhas das teorías máis representativas á hora de establecer os centros prestadores de servizos, non podemos esquencer a teoría dos lugares centrais de Walter Christaller16 (1933) . Esta teoría de sistemas intenta explicar, a partir de certos principios xerais a distribución e xerarquización dos espacios urbanos que prestan determinados servizos para a poboación dunha área circundante nun espazo isótropo. Establece o concepto de “lugares centrais” nos puntos onde se prestan determinados servicios á poboación. Esta teoría, aínda que moi criticada, serviu de base para moitos outros modelos teóricos de organización territorial e para distintos modelos de xeografía económica. O noso territorio non é isótropo e tanto algúns vales como montañas dificultan esa comunicación requerida entre os diversos centros. Pero o que sí podemos aplicar é a xerarquización deses centros urbáns que él propón e os niveles de servizo que deberían corresponder a cada un. Establece catro niveis pero outros teóricos que implementaron esta teoría falan de sete tipos de centro. A gradación en Galicia tampouco é algo tan sinxelo, xa que pasamos das cidades con máis de 50.000 habitantes (A Coruña, Santiago e Ferrol) a núcleos no entorno dos 20.000 habitantes, ( Arteixo, Carballo, Culleredo, Narón e Ribeira). Ademáis hai outros concellos que non teñen un núcleo principal pero teñen unha poboación total de máis de 20.000 habitantes de forma espallada por todo o término municipal, este sería o caso de: Ames, Cambre, Oleiros, Culleredo. No seguinte escalón estarían os concellos de máis de 10.000 habitantes, con núcleos principais situados en posicións estratéxicas que nos van a servir para estructurar mellor as prestacións de servicios. Aínda que segundo as distintas clasificacións, non lle corresponda por rango de poboación a prestación de determinados servicios son claves como puntos de centralidade onde situar os equipamentos para dar servicio a unha masa crítica moito maior. Estes núcleos serían: Betanzos, Noia, As Pontes de García Rodríguez, Ordes, Santa Comba. Cabería introducir tamén Ortigueira pola súa posición xeográfica aínda que co despoboamento que está a sufrin non chega ós 8.000 habitantes, ó igual que Cee e Cedeira. Pero non é suficiente con reforzar estes centros como prestadores de servizos é necesario que os concellos que teñan en torno ós 5.000 habitantes tematicen a súa prestación de servizos e se especialicen os equipamentos, así favorecerase a mobilidade e a colaboración entre concellos e non a puxa por ter todos os mesmos equipamentos, entón haberá que pensar noutro tipo de equipamento e haberá que estudiar tamén moi ben onde se sitúa para que poida dar servicio a varios concellos á vez. Nas áreas de concellos rurais unha estratexia que podería ser aplicada é o establecemento de parellas de núcleos prestadores como podería ser o caso de Arzúa - Melide, Curtis-Teixeiro, Santa Comba - Vimianzo. Se observamos estas centralidades en termos de distancia para medir a área de influencia, fixando unha distancia máxima de 10km para que a accesibilidade sexa posible aos servicios básicos, vemos que quedan zonas do territorio provincial 16 Esta teoría xeográfica deductiva susténtase na premisa de que a centralización é un principio natural de orde e que os asentamentos humanos o seguen. A teoría suxire que hay leis que determinan o número, o tamaño e a distribución das cidades.

Traballo de Investigación .” Xeografía: Análise Territorial e Organización do Espazo en Galiza “ Cristina García Fontán Titor: Rubén Lois González”

38


OS EQUIPAMENTOS PÚBLICOS COMO ELEMENTOS DE COHESIÓN TERRITORIAL

0

50 km

Figura 42. Núcleos da provincia da Coruña e a conexión coa infraestructura. Elaboración propia.

Traballo de Investigación .” Xeografía: Análise Territorial e Organización do Espazo en Galiza “ Cristina García Fontán Titor: Rubén Lois González”

39


OS EQUIPAMENTOS PÚBLICOS COMO ELEMENTOS DE COHESIÓN TERRITORIAL

0

Figura 43. Núcleos e Concellos estructurantes, concellos de costa, concellos rurais, concellos urbanos.

50 km

Concellos urbanos tipo 1 Concellos urbanos tipo 2 Concellos urbanos tipo 3 Concellos urbanos tipo 4 Concellos rurais tipo 3 Concellos rurais tipo 4 Concellos de costa tipo 3 Concellos de costa tipo 4

Traballo de Investigación .” Xeografía: Análise Territorial e Organización do Espazo en Galiza “ Cristina García Fontán Titor: Rubén Lois González”

40


OS EQUIPAMENTOS PÚBLICOS COMO ELEMENTOS DE COHESIÓN TERRITORIAL

Figura 43. Núcleos e Concellos estructurantes, concellos de costa, concellos rurais, concellos urbanos.

radio 10 km 0

50 km

Figura 44. Areas cubertas polos centros con 10 km de radio.

sen cubrir. Por iso poderíase plantexar unha distribución de equipamentos móviles para dar servicios a estas áreas. Esa distribución de equipamentos que poderíamos chamar “nómades”, xa que a poboación galega ten tendencia á mobilidade tanto dentro do país coma ó estranxeiro, deberían ter e conter tamén esas tendencias. Termos como a temporalidade, a permanencia, o símbolo, a imaxe, a mobilidade, o virtual veñen sendo abordados dende os CIAM ata agora e a innovación a mezcla de usos, a complexidade, está moi ben tratada nos equipamentos proxectados por algúns arquitectos como no caso de OMA (Rem Koolhas), eso en países como Holanda é mais sinxelo, hai moitos anos que se proxecta a infraestructura acompañando ó equipamento e viceversa, algo que aquí aínda non pasa.

Traballo de Investigación .” Xeografía: Análise Territorial e Organización do Espazo en Galiza “ Cristina García Fontán Titor: Rubén Lois González”

41


OS EQUIPAMENTOS PÚBLICOS COMO ELEMENTOS DE COHESIÓN TERRITORIAL

0

1km

2

3

4 Figura 45. Os equipamentos no entorno da Coruña.

Traballo de Investigación .” Xeografía: Análise Territorial e Organización do Espazo en Galiza “ Cristina García Fontán Titor: Rubén Lois González”

42


OS EQUIPAMENTOS PÚBLICOS COMO ELEMENTOS DE COHESIÓN TERRITORIAL

Para que unha rede territorial de equipamentos públicos funcione é necesario que tamén exista unha rede de transporte público que os conecte17, nas diversas escalas, pero con efectividade, sería de gran utilidade a creación, por exemplo, de liña de ferrocarril que vaian de Santiago a Muros, de Santiago a Ribeira da Coruña a Fisterra pasando por Carballo, Vimianzo, etc. Unha boa ubicación do equipamento sempre pode ser na área de intermodalidade nese espacio de cambio de medio de trasporte, eses espacios de espera poden estar acompañados de moitos usos, ou estes usos poden ser tamén móbiles discurrindo por ditas vías. No salto da escala macroterritorial á escala microterritorial tamén se aprecian discontinuidades e a ineficacia nos entornos urbanos da planificación baseada nos límites municipais. No caso do entorno urbano da Coruña como se pode ver na imaxe é ilóxico o feito de que a xestión de moitos equipamento sexa so municipal, aquí vese como na ría do burgo conflúen 4 concellos onde se concentra a meirande parte da poboación. Cambre, Culleredo, Oleiros e A Coruña conforman un continuo urbano cuxo punto de conexión é a propia ría do Burgo, a auga ten un gran potencial como elemento de unión e é unha infraestructura moi desaproveitada para a relación e a comunicación entre ambas marxes. No caso de Ferrol ocorre algo similar co agravante de que a ubicación dos equipamentos principais é bastante desacertada debido á grande densidade de poboación dos barrios residenciais, a súa compactidade e monofuncionalidade. Temas a tratar neste senso sería a adecuación e accesibilidade á franxa de equipamentos próximos ó arsenal, melloras na comunicación con áreas como a universidade, os hospitais, etc. Integración da zona portuaria, coidado na accesibilidade tanto ós equipamentos como ás zonas verdes e como non, unha mellora do casco histórico. O caso de Santiago é moi distinto, aquí encontrámonos cun mellor uso do sistema de espazos libres e zonas verdes dentro da cidade, con uns rateos moi elevados, ademais tanto os edificios culturais como a universidade están ben integrados na trama da cidade. Todos os equipamentos educativos adquiren unha gran presencia no centro da cidade. Unha trama de equipamentos ben sólida e distribuída agás nos equipamentos asistenciais, nas que todas as cidades veñen sendo deficientes. Cabe destacar tamén que toda esta planificación de dotacións faise dando as costas ós desenrolos periféricos tales como Milladoiro, Cacheiras, Sigüeiro e Bertamiráns, moi dependentes todos eles de Santiago como centro de dotacións. No caso dos núcleos da escala de Arzúa, Melide, Curtis Teixeiro, Ordes, 17 Un exemplo de proxecto deste tipo podería ser o Pottery think belt de Cedric Price Proposto para a rexeneración dunha zona industrial e transformala en universidade e centros de formación profesional apoiandose en toda a infraestructura ferroviaria na periferia de Londres.

Traballo de Investigación .” Xeografía: Análise Territorial e Organización do Espazo en Galiza “ Cristina García Fontán Titor: Rubén Lois González”

43


OS EQUIPAMENTOS PÚBLICOS COMO ELEMENTOS DE COHESIÓN TERRITORIAL

Figura 46. Os equipamentos no entorno de Ferrol.

0

1km

2

3

4

Traballo de Investigación .” Xeografía: Análise Territorial e Organización do Espazo en Galiza “ Cristina García Fontán Titor: Rubén Lois González”

44


OS EQUIPAMENTOS PÚBLICOS COMO ELEMENTOS DE COHESIÓN TERRITORIAL

etc. obsérvanse unhas tendencias na ubicación do equipamento moi similares en todos eles e que veñen dados por figuras deficientes de planeamento onde por parte da administración non se coida o posicionamento das dotacións con respecto ó desenrolo dos núcleos. No caso de Teixeiro vese como ningunha das dotacións está en solo urbano e estas vanse espallando sen sentido nin relación polos solos periféricos e pendentes de desenrolar, os equipamentos escolares os centros de saúde, teñen uns ratios de accesibilidade lóxica (dados xa dende a cidade xardín ata diversas publicacións recentes) que en ningún caso se cumpren. Esto agrávase pola total dependencia do vehículo privado como único medio de transporte posible.

Traballo de Investigación .” Xeografía: Análise Territorial e Organización do Espazo en Galiza “ Cristina García Fontán Titor: Rubén Lois González”

45


OS EQUIPAMENTOS PÚBLICOS COMO ELEMENTOS DE COHESIÓN TERRITORIAL

Figura 47. Os equipamentos no entono de Santiago

0

1km

2

3

4

Traballo de Investigación .” Xeografía: Análise Territorial e Organización do Espazo en Galiza “ Cristina García Fontán Titor: Rubén Lois González”

46


OS EQUIPAMENTOS PÚBLICOS COMO ELEMENTOS DE COHESIÓN TERRITORIAL

Figura 48. Núcleo de Teixeiro

Figura 49. Núcleo de Arzúa

Traballo de Investigación .” Xeografía: Análise Territorial e Organización do Espazo en Galiza “ Cristina García Fontán Titor: Rubén Lois González”

47


OS EQUIPAMENTOS PÚBLICOS COMO ELEMENTOS DE COHESIÓN TERRITORIAL

BIBLIOGRAFÍA

BAIRD, G. 2003. The Space of Appereance. The MIT Press. BERLAGE INSTITUTE. 2006. Brussels Capital of Europe. Urban Form, Representation, Architecture. CAIXANOVA. 2006. Atlas Socioeconómico de Caixanova. CERDA, I. 1967. Teoría General de la Urbanización. Imprenta Española. COMITÉ DE DESENVOLVEMENTO TERRITORIAL. 1999. ETE. Estratexia Territorial Europea. Comisión Europea. DALDA, J.L., DOCAMPO, M.G. e HARGUINDEY, J.G. Cidade difusa en Galicia. 2006. Xunta de Galicia. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA. 2007. Plan Estratégico de la provincia de A Coruña / 2007-2013. DUPUY, G. 1997. El urbanismo de las redes. Oikos-Tau. ETH STUDIO BASEL. CONTEMPORARY CITY INSTITUTE. 2006. Switzerland – An Urban Portrait. Birkhauser – Publishers for Arquitecture. FOLCH, R. 2003. EL TERRITORIO COMO SISTEMA. Conceptos y herramientas de ordenación. Diputació Barcelona. FONT, A. 2003. Planeamiento urbanístico. Dela controversia a la renovación. Diputació de Barcelona FOURQUET, F., MURARD, L. 1976. Los equipamientos del poder. Gustavo Gili. GRAHAM, S. 2006. Splintering urbanism : Networked Infrastructures, Technological Mobilities and the Urban. Routledge. GRAHAM, S. 2004.The Cybercities Reader. Routledge. HALL, P. 2001. Ciudades del mañana. Ediciones del Serval. HERNÁNDEZ, A. 2000. Barrios y equipamientos públicos , esencia del proyecto democrático de la ciudad. Documentación Social. HILBERSEIMER, L. 1949. The New Regional Pattern. Theobald

Traballo de Investigación .” Xeografía: Análise Territorial e Organización do Espazo en Galiza “ Cristina García Fontán Titor: Rubén Lois González”

48


OS EQUIPAMENTOS PÚBLICOS COMO ELEMENTOS DE COHESIÓN TERRITORIAL

ILLICH, I. 1978. La convivencialidad. Barral editores. KOOLHAAS, R. 2006. La ciudad generica. Paperback. LE CORBUSIER. 1982. The city of tomorrow. M.I.T. Press. MAROT, S. 2003. Sub-Urbanism and the art of memory. AA Publications. MONGIN, O. 2006. La condición urbana. Paidós OMA. 2005. Deltametropol. Leiden e Gouda, Holanda. Estudio Urbano. PANERAI, P. , MANGIN,D. 2002. Proyectar la ciudad. Celeste Ediciones. PRICE, C. 1984. THE SQUARE BOOK. Wiley Academy. ROGERS, R. 2000. Ciudades para un pequeño planeta. Gustavo Gili. SOJA, E. 2000. Postmetropolis: Critical Studies of Cities and Regions. Blackwell Publishing. SUBIRATS, J. 2002. Redes, territorios y gobierno. Diputació Barcelona. UNIÓN EUROPEA. 2007. Carta de Leipzig sobre cidades europeas sostibles. V.V.A.A. 2004. Os concellos galegos para o século XXI. USC. Idega VENTURI, R. , SCOTT BROWN, D.. 2004. Architecture as signs and systems. Belknap Harvard. XUNTA DE GALICIA. 2004. Directrices de Ordenación do Territorio. Avance. Xunta de Galicia. ZARATE, M., RUBIO,T., 2005. Geografía Humana. Sociedad, Economía y Territorio. Editorial universitaria Ramón Areces.

Traballo de Investigación .” Xeografía: Análise Territorial e Organización do Espazo en Galiza “ Cristina García Fontán Titor: Rubén Lois González”

49


OS EQUIPAMENTOS PÚBLICOS COMO ELEMENTOS DE COHESIÓN TERRITORIAL

Traballo de Investigación .” Xeografía: Análise Territorial e Organización do Espazo en Galiza “ Cristina García Fontán Titor: Rubén Lois González”

50


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.