DONAS DE SI Como dixemos ao comezo deste proxecto, “o que non se ve non existe”, así que o noso obxectivo ao longo de todo este curso académico foi visibilizar o traballo de mulleres en eidos nos que habitualmente figuran escurecidas, agochadas ou, directamente, ignoradas. Dende a materia de Lingua Castelá e Literatura a nosa achega centrouse nas seguintes tarefas: 25 Novembro: Día Internacional contra a violencia de xénero. Partimos de tres poemas: -
Ceremonia del té de Jorge Bucay
-
Sin condiciones de Jorge Bucay
-
Centrifugados de Alberto Santa María
A tarefa que lles encomendamos é a preparación por parellas dunha interpretación dalgún dos poemas precedentes, que se levaría a cabo nas aulas o día 25 de Novembro. O resultado foi magnífico, con propostas nalgúns casos asombrosas e enormemente creativas.
O primeiro poema, Ceremonia del té, foi o escollido na maioría dos casos:
As interpretaciĂłns elaboradas a partir do poema titulado Sin condiciones tamĂŠn resultaron moi interesantes:
Pero, sen dúbida, o que nos ofreceu maiores posibilidades e abriu a porta a moi interesantes debates acerca do que é e do que non é maltrato foi o poema titulado Centrifugados.
8 de marzo: Día das Mulleres Traballadoras. O segundo trimestre tomamos como eixe
vertebrador
unha
data
significativa dabondo para traballar en torno ao noso proxecto. Nesta ocasión partimos dun anuncio publicitario da marca Goldieblox, que ten como lema: “Juguetes para futuras ingenieras”. http://tecnologia.elpais.com/tecnologia/2013/11/22/actualidad/138512895 5_425560.html O debate estaba servido: hai xoguetes para nenas e para nenos? Hai profesións de nenas e profesións de nenos? Inflúen os nosos primeiros xoguetes nas decisións que tomamos posteriormente na nosa vida? Primeiro elaboramos por escrito reflexións persoais que, na maioría dos casos, achegaban unha visión positiva. Velaquí unha pequena mostra dalgunhas delas:
Todo este debate previo serviunos para reflexionar acerca de ata que punto estamos condicionados por aquelas cousas que se esperan de nós. O seguinte paso foi o visionado de dous novos vídeos. O primeiro deles, producido pola Fundación L´Oreal e titulado Movimiento #Cambia las Cifras (https://www.youtube.com/watch?v=dcB5iFW-AY0 ), preséntanos a unha serie de mulleres científicas contemporáneas, como Margarita de Salas, Flora de Pablo, Selena Giménez, María Blasco ou Elizabeth Blackburn, que nos alertan sobre a necesidade de cambiar algo: o escaso número de mulleres que acceden a postos importantes nas carreiras científicas. O segundo vídeo, titulado “Pola visibilidade das mulleres na ciencia” (https://www.youtube.com/watch?v=QN-kQCfW32I) foi precedido dunha breve enquisa na que o alumnado debía responder a tres preguntas: ¿Qué porcentaxe de mulleres cres que gañaron algún Premio Nobel de ciencias? ¿Cres que se poden modificar esas cifras? ¿Cómo?
Curiosamente, as respostas non sempre foron tan optimistas como sería desexable e houbo varias alumnas e alumnos que consideraron pouco probable ningún tipo de modificación nestas cifras por considerar que
estamos ante estereotipos sociais tan arraigados que dificilmente se poden mobilizar. VelaquĂ algĂşns exemplos de respostas:
Las Sinsombrero: As mulleres da Generación del 27 Aproveitamos parte dos contidos da nosa programación da materia de Lingua Castelá e Literatura, que inclúe o estudo da famosísima Generación del 27. Pero nesta ocasión decidimos abordalos dende unha perspectiva diferente: tomando como obxecto de análise a obra das mulleres tan inxustamente silenciadas e tamén pertencentes a esta xeración de artistas: Ernestina de Champourcín, Rosa
Chacel, María
Teresa
León, María
Zambrano, Concha Méndez, Josefina de la Torre… Partimos do visionado dun documental realizado por Tania Ballò, Serrana Torres e Manuel Jiménez Núñez: http://www.lassinsombrero.com/
Deste documental pareceunos especialmente significativo o lema: “Sen elas a historia non está completa”. Elaboramos un documento cunha escolma sobre todo de poemas creados polas mulleres do 27 (incluído como Anexo). O traballo do alumnado consistiu en ler os textos, elaborar unha breve reseña coa información que considerasen máis salientable de cada unha das autoras e escoller o poema que máis lles gustase para traducilo a imaxe. O obxectivo final desta tarefa consistía na elaboración dunha exposición na aula cos traballos realizados polas rapazas e rapaces. Entre outros exemplos, atopámonos con estes:
Kamishibai: Contos sobre mulleres científicas O Kamishibai é o modo tradicional de narración oral xaponesa. Literalmente significa “pequeno teatro de papel” e iso é precisamente o que é: un soporte idóneo para contar historias a un público reducido. O noso obxectivo con esta tarefa consistiu en elaborar contos kamishibai para ser lidos na aula ao resto dos compañeiros e compañeiras. O tema dos contos sempre debía versar sobre a vida e traxectoria dalgunha muller científica. Para documentarse dispuxeron dos seguintes catro artigos: Artigo 1: Mulleres científicas. http://cdd.emakumeak.org/ficheros/0000/0036/mujers_cientificas.pdf Artigo 2: Mulleres e inventos fabulosos. http://www.bbc.com/mundo/noticias/2015/10/151016_fin_de_semana_muj eres_inventos_fabulosos_jm Artigo 3: As dez mulleres científicas máis importantes da historia. http://www.batanga.com/curiosidades/2009/07/05/las-10-mujerescientificas-mas-importantes-de-la-historia Artigo 4: Biografías de famosos científicos se tivesen sido mulleres. http://elmeme.me/Fedetxt/asi-serian-las-biografias-de-estos-7-famososcientificos-si-hubieran-sido-mujeres_118016 (FALTAN IMAXES)