Que Quede Quen o Conte 6

Page 1

quequedequenoconte Número 6

Panfleto de testemuña e defensa do mundo rural galego

Xuño 2013

O rural: alternativas contra a crise



lourenzodíazgarcía [labrego, mariñeiro, traballador da industria]

rural Volta á xeira, esfenda da restreba. Escañotar, botar ferraña e a navega co rastrollo pra darlle á vianda. No outono-inverno a toda a facenda. Bouzallos e rebouzallos.

fiandeiras, tecedeiras, peixeiras, polpeiras, parteiras, rosquilleiras, casamenteiras, curandeiras, compostoras. E tamén meigas. Habelas hainas...

Escambelar, bouzar, touzar, aquenzar, agradar, toleáns, queima, estenda, espiliza, sementar e acubillar. Aferrañar, asucar, avencellar, mollos, moas, medos, medoucos e medeiros. Carretar mollos a pecho, carro a carro facendo a meda nova ou vella no cimo da aira.

Mallas, castañal, milleira, vendima, liñaredos, fiandóns, fiadas, feiras de gando, festas, romarías, romaxes. Casamentos, brindos, regueifas. Gaiteiros, cartetos e quintetos. Todas estas verbas inconexas terán sentido e voltarán dun xeito ou doutro no noso maquiar baleiro de palabras facéndonos perder o gran da semente que aínda podemos atopar na moxega das moitas maneiras de falar nas arcas e tullas do noso rural.

Nos mellores días de calor solarego do vrao facíase a malla que sempre foi a festa da colleita, palleiras e palleiros de rastrollo e palla, fanegas nas tullas e nos estoxos das arcas, ferrados de boa gra, centea e triga levarémolos ao muíño no morral, de brocados na moxega pra moer. Adubo, farelo e boa fariña, pagándolle ao muiñeiro o seu traballo coa maquía. Todo isto foi traballo solidario para comer a diario unha codia de bo pan. Todas e todos, loita e traballo por un igual.

A semente tense que botar na terra fértil cando voltemos sentir chorar, rir e xogar ós meniños nos camiños e nas escolas aprendendo e rebulindo. Cando ollemos na faciana dos nosos vellos un fermoso sorriso. O tempo que arrola o barrelo, adormentando un meniño, ao son dunha vella cantiga. [O agro no seu conxunto histórico ten padecido moitas podas e repodas, non deixando que xermole o froito da súa semente. O país que non coida o seu rural sempre será un país sen futuro. Xa que logo, loitemos por un mellor porvir]

Albardeiros, afiadores, alugados, cesteiros, carboeiros, caleiros, canteiros, carreteiros, cordaleiros, carpinteiros, cubeiros, oleiros, labregos, louseiros, ferreiros, zoqueiros, zapateiros, zarralleiros, xastres. Costureiras,

quequedequenoconte Número 6

Panfleto de testemuña e defensa do mundo rural galego

Xuño 2013

Virxilio Viéitez

QUE QUEDE QUEN O CONTE, Nº 6 Xoán Manuel Andrade Vidal, Alfonso Blanco Torrado, Mercedes Cachaza Platas, Gumersindo Campaña Ferro, Francisco Carballo, Lourenzo Díaz García, Pura Ferreño Saia, Alicia López Pardo, Noelia Maceda Gallego, Fernando Marcelín, Bieito Peleteiro Rodríguez, Manolo Peleteiro Rodríguez, Miguel Rodriguez Carnota (Coordinador), Miguel Rodríguez Sánchez.

O rural: alternativas contra a crise

3


xoánlópezgonzález [músico]

sansebastiándecabeiras No verán de 2006 os incendios forestais asolaron percisan do leite das nais. todo o país convertindo grandes extensións de terra Actualmente a explotación da madeira non é rendible, nun pavoroso ermo negro e fumegante. Aquela moito menos a de piñeiro, que é a que máis se da alí. A imaxen catastrófica da nosa terra ardendo de explotación do eucalipto non a consideran polo moito banda a banda, difícilmente pode ser excluída da que emprobece a terra. nosa memoria. Hoxe ven a explotación eólica Na parroquia de San Sebastián de como o método máis produtivo, Cabeiras, concello de Arbo, o ben que sexa a costa dunha lume apoderouse do monte como importante “contaminación” “A magnitude de nunca antes fixera. Falamos con paisaxística e acústica. “Hai que aquel drama, D. Jesús Estévez, presidente da considerar que as zonas onde se obrigóunos a idear Comunidade de Montes, quen nos localizan estes muíños antes non di que o lume entrou por una zona eran produtivas e hoxe sono, algo co que combatir de moita maleza, moi difícil de entón. Sen dúbida hai outras o abandono ao que limpar. explotacións enerxéticas bastante A magnitude de aquel drama, máis nocivas.” están sometidos os obrigounos a idear algo co que “Antes estaba todo o monte limpo, nosos montes, e combatir o abandono ao que era outra economía, a xente tiña previr que no futuro están sometidos os nosos montes, animáis e estaba todo e previr que no futuro aquilo aproveitado. Hoxe non dá para aquelo voltara a voltara a ocurrir. todos, e son moitos gastos”. Cando ocurrir.” Dadas as características do seu menos coa explotación das cabras monte, decidíronse pola cría de evítase que se convirta nunha cabras como millor opción. bomba de combustión. Visitaron varias explotacións para tomar referencias do seu funcionamento. Conseguir facerse cun rebaño de cabras de moito volume é tan necesario como difícil para este proxecto. Nun principio contaron con 163 cabezas, das que 137 eran reprodutoras. Na actualidade contan cunhas 180 reprodutoras. Cada certo tempo deben mercar novos sementáis para non minguar a calidade da raza. Traballan una extensión de, aproximadamente, 50 ha, divididas en tres parcelas. As cabras dan conta de toda a masa forestal das parcelas, chegando a ser beneficioso que saian destas e coman o resto de mata do monte. Nas outras zonas do monte o Piñeiro nace de forma espontánea. O índice de incendios forestais disminuíu moitísimo neste tempo, si ben económicamente non resulta rendíble, para que isto sucedera percisarían dunhas 300 cabezas. O beneficio ven dado pola venda dos cabritos. Outra posibilidade que se prantexan é a producción de abono natural. A explotación de leite, queixo, etc. non a contemplan, pois as crías

4


davidotero [mestre e escritor]

unharaiolanacasaenochan I

escapar e non promover malintencionadamente desde absurdas complacencias ou situación “ …unha man aberta, con dolor entre os dedos. A privilexiadas de potenciar ou manter a idea (xa de por dolor da soidade, do abandono, da si absurda, pero existente) de que os labregos e as indiferencia.O de todo un pobo desde case labregas son unha clase de inocentes, achantados sempre.” (John Berger) supervivintes (últimos indíxenas ou nativos resignados ou rendidos). Unha flor pisada cunha bota E así imos buscándonos para establecer o futuro nunha beirarrúa non pode ser o poema de escritura posible (nos casos aos que así o plantexen e o que sentencie o mundo rural, a aldea, o lugar da propoñan). E niso imos no e ao coñecido para ter parroquia, ese xermolo irrenunciable de nación e máis cerca o agardado. Un trance que claramente pobo. Ao pasado mándanse promesas, pero son ha ser afectivo, digo, de amor e de atracción ao necesarias, as elaboradas no presente, envialas ao propio, neste caso ao entorno, á terra, ao rus e futuro para seren de mellor cualidade e posibles de rural, para del e nel facer vida e promover gozo na felicidade de quen somos sendo o queremos existencia de felicidade. ser. Para certas singularidades as Queremos disfrutar da vida do nosas labregas e os nosos labregos de cerca que é a propia, a aínda son, considéranos, servintes, xurdida da matria terra, da criaturas potenciais. Eles e elas que “Nisto un sente patria incuestionable e aínda teñen máis experiencias de vida e que ben sabemos dos males e viviron máis a historia. Vaites, acougo e alegría de dos deterioros que sufrimos, vaites… como diría Daniel de Rianxo volver á semente e afirmamos que hai esperanza, e Castelao de Galiza. Hai que fuxir pois hai posibilidades a través das paranoias deste tipo. Non ver a recuperación de propostas. Hai obra e olvidemos que a modestia é unha das sementes haberá feitos que tecer, que clase preferente da xenerosidade. autóctonas, nosas, organizar, que poñer en orde e Basta de que o noso pobo sexa un integración, para dar corpo e protagonista de primeira fila que deben substancia ao sustantivo que rexeitando ilusións. Non podemos potenciarse” nos define, que é Galicia, e ser indiferentes a este tipo de moi en especial, fundamental, crueldades. o rural (rus nacional). E así pois aos seus proxectos e aos seus traxectos, indo a tempos con tempos, con palabras e pensamentos que II emboquen en ilusións e realizacións estimulantes. Tamén gratificadoras e estimuladoras de mellora, “…se non traballas con liberdade e avance e re-elaboración de ideas. Velaí os soños comunalmente… a luz non será doada” necesarios para ver derredor, para vernos, e sacar conclusións. Soños mesmo obrigados.Todas e todos De primeiras debemos manifestar que a nivel implicados. Velaí a desexada trascendencia de nós individual, aínda que sen moita conexión, pero de e do noso.Velaí o danzar matinal do sol de cada día operatividade importante, que anima, en Galiza e non so por San Xoán. Sol que aluma a toda estanse dando feitos, obras. Tamén desenvólvense enerxía o valer do que temos. A valía das nosas proxectos desde iniciativas emprendedoras, propostas a través de traballo entregado (e oxalá ilusionantes, que xa de por elas nos dan mantenza que máis pronto que tarde, compartido, para intuicións de tempos satisfactorios nos espazos cooperativizado no localglobal). Nisto non haberá diversos, variados (sen varialos moito e si melloralos ) montaxes. Teremos luz propia. Chamémoslle a dos nosos entornos rurais e así comentaremos, expansión das propostas das experiencias.Velaí o significaremos, algunhas desas propostas e futuro unitario, posible, do noso rural. Temos que iniciativas. E dicimos así en clave de esperanza

5


porque non se poden sacrificar xeracións á ambición sempre sedenta dos poderosos. Non podemos perder as capacidades de responder diante desta trituradora económica e antisocial dos opresores e dos ricos. O sufrimento do noso pobo, o das súas capas máis desfavorecidas, non pode mover ese muíño que acaba con tantas e

(aínda que nunha ordenación do chan poida introducirse unha especie que dea rendabilidade madeireira a curto prazo pero sen facela invasora). Por outra parte o inicio do aproveitamento forestal ao redor das centrais de biomasa. O inmenso mundo dos viños e os seus derivados, as moitas variedades e de calidade, aínda que sen obedecer a unha programación conxunta que os coloque nas súas posibilidades, que os determine e sen tropezar, colisionar unhas cousas coas outras. Non olvidemos tampouco o mundo da apicultura, dos derivados do leite, etc.. Outro aspecto de valor de uso é todo o enorme universo cultural que o noso rural encerra e que é necesario poñer en hoxe, contemporáneo, en valor, en circulación, coa recuperación da lingua, da cultura popular (que é pobo), as construcións e os espazos habitables e sostibles sen olvidar a introducción obrigada dos avances tecnolóxicos, medios de comunicación, que deben ser atendidos en clave de contemporaneidade. Isto e máis é quen ilustra e constrúe determinación. Moito máis, para ben noso, poderíamos dicir. Pedimos perdón que non se indiquen todas as moitas iniciativas, tanto agrícolas, como mariñeiras, de mar a terra, de terra a mar, todas as potencialidades e realidades emerxentes, pero si quero incidir na necesidade de tecer obra en sentido compartido e unitario, de tal forma

tantas expectativas e ilusións. Para vivir… hai que inventar o sufrimento…? Pois ben, e segundo o antedito, referido a ideas e propostas, de impulso popular, atenderemos por un lado o traballo no chan, na terra. Facelo produtivo e rendible, diversificado, en base de novas producións ou tamén as vellas que se recuperan en respecto sempre, e valia para todo, coa natureza, co medio e na verdade auténtica, non simplemente publicitaria, do que se trata de comercializar sen perder de vista a proximidade, a veciñanza de vilas e de ciuades, nin o consumidor. Nisto, como en todo o que aquí analicemos e máis, haberá que escapar de personalismos, dos logros singulares non compartidos. III “ E mira ti…como o meu millo ou o centeo do pan…non hai outro e teño un segredo que non comparto ( chúpate!). Nisto un sente acougo e alegría de volver á semente e ver a recuperación das sementes autóctonas, nosas, que sen alardes de falsas bonituras, son efectivas e deben potenciarse para orgullo e obter produtos de cualidade e de orixe. Tamén niso a expansión da agricultura ecolóxica e a produción de produtos de cualidade e competitivos pola súa denominación e singularidade na base do máis ético na produción. A gandeiría alternativa e todo o que dela se deriva (todas e todos sabemos da valoración da carne traballada, vermella e feita, de boi e vaca, sobre todo, o cebo destas reses). Velaí as explotacións do porco celta, as galiñas de Mos e piñeiras e capóns, os polos de curral, os años e cabritos… as posibilidades do cabalo. Todo isto na recuperación dos montes e lugares de pasto e así a planta de especies acordes a nós e non foráneas

que os proxectos debesen ser asumidos desde o comunal, desde as parroquias en estudos de eficacias, financiamentos, promoción e diversidade integrada no proxecto común. Pero así non quedarse no reducionismo, no illar espacialmente e si no ampliar e conectar coas vías de comercialización sobre todo de tal maneira que iso de Galicia Calidade sexa unha acción dinámica e participativa e non soamente

6


saber (e no sabor) do pequeno (que é xigante). Recoñecer isto é o comezo e non se pode deixar “á man de Deus”. O apoio necesario para tecer os proxectos pasa por recoñecelos como son e no que son, melloralos coa intervención de todas e de todos (gobernos tamén obrigadamente). Iso para empezar é falar de sentido común. Estamos na necesidade de volver ás pequenas unidades, ás básicas e certas e así recuperar os impulsos da comunión de terra, idea e traballo. Velaí o apremio de xerar novas formas de existencia con base e contido para formar innovadoras. As grandes superestruturas, os mercados globais, pouca axuda poden dar aos esforzos dos individuos. A rexeneración pasa polas pequenas unidades e así, repetimos, polo rural, pola súa potencia emerxente e obrigada, pero sistematizada en acción comunal. As individualidades rompen e axudan pouco, máis que competencias afloran competitividades e iso leva ao illamento, aos prexuizos, a agresividade, ao mal andar e peor actuar. O rural colócanos no territorio xusto da verdadeira identidade.

Foto: Praza Pública

algo de eco propagandístico que non integre e conecte e si se quede na promoción do persoal ou singular. Faise pois necesaria unha posta en común coas posibilidades, coas persoas dispostas a isto, e así que as institucións de todo tipo se poñan ao lado, que coñezan e saiban, e así asesoren limpamente en base aos propios emprendedores no rural e non a recado das grandes áreas de mercado. A agricultura e industrias do mundo rural, os proxectos e realizacións, non poden ser apéndices, peza ou doa, do grande mercado, do mundo dos macroproxectos e finanzas (en nome da falsa globalización). Non poden ser fillos ananos, inocentes, de baixas capacidades, do grande xigante chamado mercado. Necesitamos unha visión radicalmente distinta do progreso humano, que non se mide polo PIB, pola produtividade ou pola cantidade de mercaderías vendidas e mercadas. Temos que buscar outra calidade de vida. Unha nova relación coa natureza. O potenciamento do rural como espazo con tempos de seu. O facer rural (a vida) ha ser inmediato, cercano, afectivo, tal como un amor e así baseado no

Rural galego e vivo

7


franciscocarballo [escritor, crego e teólogo]

ocampo,necesarioeixodefuturo A crise actual é xeral; non queda ninguén fora do seu zarpazo. Mesmo os causantes deste cataclismo vense, agora, atemorizados. Final do campesiñado? Mellor, principio dun novo mundo agrícola. Aténdome sómente a Galicia, a clase fundamental deste país foi o campesiñado por séculos. Tivo o seu momento dourado no século XIII; no XIV e no XV os nobres bandoleiros dificultaron a paz campesiña. Os “menestrais”-é dicir, os artesáns e mercaderes das cidades e vilas- uníronse aos campesiños na gran loita “Irmandiña” da segunda metade do s. XV. Nos anos 1466-67 elaboraron un proxecto para este reino e país: voltar á forma de vida do s. XIII, derrubar os castelos e imprantar a “xustiza” para todos. Aquel proxecto foi impedido pola gran nobreza apoiada por os seus semellantes de Castela e de Portugal. Quen gañou? A monarquía que se alzou co poder absoluto; aí está, aliada coa nobreza civil e eclesiástica. O campesiñado perdeu rendabilidade desde o s. XIII a hoxe. Só en intres breves logrou mellorar. Cando proxectaba unha vida digna e sen dependencias, uníronse a monarquía, os aristócratas e a fidalguía -esa nobreza de segundo grado que comezou no s. XVI e vexeta como unha pranta parasitaria– para suxeitar con trabucos aos labregos. Se os Irmandiños do XV foron admirables, igual mérito foi o dos “agraristas” de comezo do s. XX. Este “movemento agrario” liberounos dos foros, dos caciques e de impostos abusivos. Comezaba unha era nova, mais adveu a “guerra e as persecucións” do 1936. Resistiron como maquis nas montañas moitos labregos, pero o franquismo conseguíu a sua aniquilación. Logo as emigracións dos 50, dos 60, dos 70, dos 80 do s. XX. Os cartos dos emigrantes serviron para industrializar zonas de España, os campesiños crearon as granxas familiares, despois as granxas industriais e agora agonizan. Mais espéranos un tempo mellor. Estamos, mundialmente, na “Terceira revolución industrial”. A macro industria con base no ferro, no carbón, no petróleo e na electricidade ve a fin deses recursos. Hai outros recursos que temos na man: uns recursos que non se esgotan, que son sostibles: a enerxía solar, a do vento, a xeotérmica, a química. A posesión de pequenas leiras é suficiente para xerar unha nova economía grazas ao emprego de enerxías alí mesmo xeradas e de cultivos en hortas protexidas. Calquera campesiño pode alimentarse e comerciar

para vivir en dignidade con pouco terreo. A vivenda pode cubrirse con láminas solares, obter enerxía, ben do vento ou xeotérmica e producir estercos vexetais con posible gando solto a pacer no monte. Jeremy Rifkin danos a pauta con estes consellos. 1º: Utilizar enerxías renovables. 2º: Unirnos para almacenaren esa enerxías. 3º: Usar Internet e transformar a rede eléctrica en unha interrede de enerxía compartida. 4º: Cambiar a eléctricos os motores de gasolina. 5º: Pasar dunha economía de pillaxe a unha sostible e solidaria. Parecen estas medidas un tanto difíciles, mais probemos: temos na man a posibilidade dunha agricultura e gandaría sostibles, de tecnoloxía fácil de empregar e de espazo suficiente mediante posesións individuais ou colectivas. Os montes veciñais poden ser a gran reserva de cultivos comunais. Un novo amencer para o campo. Alento e aprendizaxe inmediata. Un soño que pode ser realidade mañá.

8


noeliamacedagallego [mestra no rural]

anosaloita Miña nai ao teléfono: anecdótico dunha soa cifra que non - Vides este sábado? (...) afecta para nada á tendencia “(...) Suprimían - Xa empezan as nabizas, se queestablecida. res apáñoche unhas poucas e O rural galego está agoniando e docentes e deixaban mandámosvolas polo Paco (…). parece que iso non importa. Ante a aos nosos cativos e - Non hai moitas novedades, o indiferenza e as mentiras das cativas sen o dereito único os enterros. Onte tivemos institucións e organismos públicos, dous, pero arreglaron as horas e as nais e pais do rural loitamos por aos especialistas que púdose ir a todo (…). unha educación digna e de calidade a lei establece. A paisaxe humana do Incio vaise para os nosos fillos e fillas e polo desfacendo ao sol pinga a pinga. seu dereito a ter un futuro no lugar Nese momento Recordo os carambelos que onde naceron. comezou a nosa colgaban do teito do “patio da Nos últimos días de clase do curso loita.” serra” no inverno. Era un teito pasado, os inspectores transmitiron vello e baixiño a onde os nenos e aos directores dos centros da zona nenas chegabamos coa man os “terribles” recortes para o para collelos ou practicabamos vindeiro curso académico: puntería tirando os máis altos reducían o número de unidades con bolotes de neve. Sempre se salvaba algún que agrupando aos nenos e nenas de 4 a 5 niveis na mesma remataba por caer só ou desfacerse lentamente, aula, suprimían docentes e deixaban aos nosos cativos pinga a pinga. e cativas sen o dereito aos especialistas que a lei En cada nevada iamos alí ata que un ano establece. ensancharon a carretera e tiraron co patio. Quedou Nese momento comezou a nosa loita. Quen coñece unha carretera moi boa, por ela foron marchando rural sabe que a dispersión xeográfica unida á propia case todos os da miña xeración cara Monforte ou idiosincrasia da poboación dificultan enormemente o cara Sarria, e moitos xa nin sequera están en xurdimento de movementos de protesta organizados, Galicia. pero tamén quen é coñecedor da condición humana Eu vivo no Incio, nacín e medrei aquí e, grazas a sabe que non hai elemento que imprima maior iso, puiden ter unha infancia privilexiada. Cando determinación que a forza duns pais loitando polos eu comecei a escola no “grupo escolar” como lle dereitos da súa prole. chamaban entón, Era o momento de eramos 242 alumnos e espertar e de comezar a alumnas. Hoxe, a miña esixir o que é de lei: a filla Sara é unha dos igualdade de oportutan só 22 nenos e nenas nidades para os nosos que hai neste concello fillos e fillas. Dende ese de 1874 habitantes. momento comezamos a Dende o Concello reunirnos e a poñernos miden o descenso da en contacto con outras poboación a través do nais e pais de Concellos censo electoral: en veciños que estaban cada lexislatura hai nunha situación seme200 votantes menos llante. (mágoa que sexa un Cadaquén, no seu dato que so importe Concello, levou a cabo cada 4 anos) e os actos de protesta e nacementos anuais son recollida de sinaturas apenas un número ante a realidade

9


innegable de que os recortes afectan a todos os centros educativos pero, en maior medida, aos nosos colexios do rural. Decidimos unir esforzos e así o 10 de xullo en Becerreá, representantes de nais e pais de 7 Concellos lucenses (Cervantes, Samos, Navia de Suarna, Becerreá, As Nogais, San Román e O Incio) creamos a “Plataforma pola defensa da montaña e do rural” que nace como nexo de unión para facer fronte común ante as agresións que están a sufrir o medio rural e a montaña atendendo como primeiro problema aos recortes en educación. Ese día decidimos comezar unha peregrinaxe dende O Cebreiro ata Santiago de Compostela levando por mochila as nosas reivindicacións. Cada fin de semana realizamos unha etapa, levando pancartas, berrando consignas, repartindo lazos, cantando, bailando, tocando a gaita … e levando con nós unha “antorcha olímpica rural” como símbolo de unión entre as familias. Na primeira marcha viñeron dende Carballeda de Avia os da ANPA “O Carballo” e aquí comezaron as conversas con ANPAS da provincia de Ourense para a planificación conxunta dunha gran manifestación en Santiago. Cada etapa unha asemblea e, cada día que pasaba, máis familias, ANPAS, asociacións, organizacións, colectivos e movementos sociais que nos axudaban a organizarnos e se nos unían. A corrente das familias dos Concellos de Lugo unidas pola “Plataforma pola defensa da montaña e do rural” e a corrente das familias de Ourense unidas pola “Coordinadora de ANPAS do Ribeiro” confluímos na “Coordinadora Galega de ANPAS do Rural” e todos xuntos marchamos o día 12 coas nosas reivindicacións e os amigos e amigas que nos apoiaban. Fomos as familias do rural, independentemente da nosa ideoloxía política, as que un 12 de setembro de 2012 en Santiago de Compostela berramos ben forte diante do edificio administrativo de San Caetano “O FUTURO DOS NOSOS NENOS NON SE PODE RECORTAR” Fomos as familias as que decidimos dar un paso adiante e somos as familias as que seguiremos a loitar por un rural vivo onde poidan medrar os nosos fillos e fillas con dignidade.

O próximo 15 de marzo, en Cervantes, a “Plataforma pola defensa da montaña e do rural” levará a cabo a presentación oficial do documental “Somos Acó” que, dun xeito totalmente altruísta, “Filmikagalaika” elaborou para difundir a nosa causa. O próximo 15 de marzo, en Cervantes, volveremos a xuntarnos as familias para recordarlle aos nosos gobernantes que aínda temos moito que dicir e que a participación cidadá é moito máis que emitir un voto cada catro anos.

10


fernandomarcelín [mestre no rural]

asmobilizaciónsdesteverán As mobilizacións que tiveron lugar no verán do máis da resistencia das culturas locais ligadas á Terra 2012 contra os agrupamentos en infantil e primaria por manterse fronte ós ataques do capital. creo que hai que entendelas no contexto de culminación do proceso de despoboamento e Neste contexto a poboación do rural sóbralles, a abandono do rural, proceso “irreversible” en agricultura baseada en pequenas explotacións palabras de Samuel Juárez, cando era Conselleiro familiares sóbralles; a nova lei de montes abre as de Medio Rural, o que nos da unha idea da actitude portas á xestión directa dos montes veciñais por parte das sucesivas administracións ante ese proceso; de empresas privadas do sector forestal. O seu plan máis alá do innegable dereito a de futuro para o rural é claro: unha educación de calidade canteiras, eólicos e eucaliptos. para todos os nenos e nenas Somos poucos, supoñemos poucos independentemente de onde votos e nalgúns casos asegurados “Comezaron pola vivan, as nais, pais e veciños polas redes caciquís, pensaron que base eliminando que se mobilizaron eran o tiñan fácil. Prescolar na Casa era conscientes de que se pecha o colexio, o pobo (a comarca) Os pasos que seguiron amosan que un programa eficaz, morre e de que dende a na Consellería que dirixe Xesús atendía ó rural e Consellería de Educación se lle Vázquez saben perfectamente o estaba a asestar o tiro de graza que fan. Comezaron pola base ademáis en galego, de forma moi consciente, eliminando Preescolar na Casa, non podían empuxándolles a abandonar o era un programa eficaz, atendía ó consentilo e rural ó retirarlle servizos rural e ademais en galego, non públicos básicos. podían consentilo e afogárono afogárono economicamente; continuaron cos económicamente” Creo que é importante agrupamentos en infantil e contemplar os últimos recortes primaria, suprimindo profesorado no ensino rural no contexto da nos niveis básicos, intentando “crise”, esta non é máis que a deteriorar a calidade da educación crise do sistema capitalista baseado no para que foran os propios pais os que levasen @s crecemento económico continuo e ilimitado ó nen@s os centros das cabeceiras comarcais e poder chocar cos límites dun planeta con recursos finitos pechar os centros do rural; recentemente anuncian o e como os poderes financeiros, apoiados nos repago dos comedores mesmo para quen use o gobernos europeos -que renunciaron á súa transporte escolar; non quero darlles ideas pero é ben soberanía e son meros instrumentos do capital adiantarse ós pasos do inimigo. Canto durará a ESO en pretenden continuar acumulando beneficios moitos CPI? monetarios a costa de empobrecer á poboación, roubando do erario público coa débeda ilexítima, En Grecia hai datos que falan de millón e medio de suprimindo ou privatizando servizos públicos e persoas que retornaron ós pobos como alternativa de expoliando os recursos naturais, sen reparar nas supervivencia á “crise”; semella que dende a consecuencias a curto medio prazo. Consellería queren impedir esa posibilidade eliminando servizos públicos básicos; polo tanto as Non estamos ante un proceso de evolución da nais que loitan polo dereito á educación dos seus cultura labrega cara a superar as súas miserias fill@s tamén o fan polo dereito ó asentamento de morais e materiais, senón ante a súa eliminación novas xeracións que dean nova vida ó rural e son (simbólica e física) e substitución pola sociedade conscientes diso. de consumo globalizada para que o capital financeiro se faga co control dos recursos naturais Como di Carlos Taibo, unha alternativa ó darwinismo do rural e a produción mundial de alimentos e iso social militarizado ó que nos aboca o actual sistema acontece a nivel global, Galiza é só un escenario pasa necesariamente por recuperar outra forma de

11


relacionarnos coa Terra e nese sentido recuperar o valor das relación humanas dentro das comunidades, o apoio mutuo e os saberes tradicionais do mundo rural son fundamentais. As mobilizacións deste verán supuxeron para as persoas que participamos activamente delas un feito histórico; xa que fronte a recortes de anos anteriores, nos que cada colexio loitaba illadamente polo seu problema, este ano houbo unidade de acción traspasando mesmo o ámbito provincial, algo inaudito para unha sociedade rural dispersa xeograficamente, envellecida, desestruturada e de mentalidade fatalista e individualista; a nosa unión conseguiu unha repercusión pública que chegou poñer nervioso ó conselleiro, que por única resposta tivo a calumnia de acusarnos de intereses partidistas. Nesta loita confluímos xente moi diversa, con experiencias vitais moi distintas, de moi diferente forma de pensar, de ser, de entender cal podía ser a mellor forma de organizarnos, xa que non tiñamos experiencia previa; en certo sentido somos reflexo da diversidade da poboación rural do s. XXI, pero tamén do máis dinámico dela, xente de aldea por nacemento ou por vocación e decisión persoal, en todo caso persoas que queremos un futuro vivo para o rural e estamos dispostas a loitar por él. Dende o principio fomos conscientes da importancia de establecer redes de apoio mutuo cos colectivos urbanos (sindicatos, asociacións culturais, ecoloxistas, grupos de consumo, etc.) por un lado porque a xente do rural necesita sentir que non está soa e por outro lado o futuro do rural non afecta só a quen nel vivimos senón o conxunto da sociedade e son moitos os colectivos urbanos que son conscientes diso, loitando xuntos podemos aprender uns dos outros. Foi unha loita na que o motor foron as nais que co seu entusiasmo souberon arrastrar a veciños e docentes e o feito de ser un movemento

espontáneo de mulleres e nais creo que lle aporta uns valores especiais de cooperación, tesón, comprensión e coidado mutuo entre as persoas que participamos, algo moi valioso que cómpre potenciar en tódolos movementos sociais Tódolos movementos teñen momentos de expansión nos que hai que facer esforzos intensos, a costa mesmo de roubar tempo á vida familiar, precisamente para defendela e momentos de recollemento no entorno familiar de cada quen, nos que acumular forzas e ideas. Tralo verán, se cadra non fixemos moito ruído público, pero seguimos en contacto entre nós e fortalecendo relacións de apoio, reflexión e aprendizaxe mutua coas persoas, asociacións e organizacións que nos apoiaron este verán (elas saben quen son e nomealas a todas sería imposible a risco de esquecer algunha). Seguimos traballando e madurando ideas, a contracorrente porque a Consellería non dorme. Os derrotistas dirán que non conseguimos nada, pero acaso o exemplo de dignidade ante nós mesmos e

12


A sensación de solidariedade, de non estar sos nesta loita, o calor humano non vale nada? Os contactos feitos con colectivos urbanos dando a coñecer a nosa situación e recibindo o seu apoio non vale nada? A ocasión de coñecernos ó longo do camiño de Santiago e o que aprendemos uns dos outros non vale nada? Loitar por romper as inercias seculares do rural e por defender aquilo que merece a pena na vida non vale nada?

outros e de persoas de longa tradición de traballo e loita na defensa do rural. Temos ante nós o reto de ser capaces de coordinarnos e crear algo en colectivo, é un proceso no que temos que ir aprendendo a construír sobre a marcha, (e a marchas forzadas porque a Consellería non dorme) sendo imaxinativ@s e creativ@s, aprendendo a superar as nosas diferencias, sendo conscientes de que tod@s facemos achegas positivas a unha tarefa común.

O 15 de Marzo fixemos en Cervantes a presentación oficial de Somos Acó, o documental que Fílmika Galaika fixo desinteresadamente e que había meses que xa estaba colgado en vimeo e youtube, a presentación foi unha festa multitudinaria que amosou a capacidade de convocatoria da veciñanza de Cervantes, froito do traballo de moitas persoas durante anos de labor social e cultural creando comunidade. Este acto serviunos para reencontrarnos coa firme convicción de dar un paso adiante; non se trata só de protestar ante os recortes e dicir o que non queremos, senón de facer propostas e esixir o que queremos, o modelo de Educación Pública de calidade que o mundo rural necesita para a súa revitalización, esixir e crear alternativas dende a base e nese sentido a iniciativa das nais de Samos de organizar elas mesmas un programa similar a Preescolar na Casa que cubra a súa carencia. “Da Casa ó Cole” é un bo exemplo.

A sociedade galega toda, non só a rural, ten ante si o reto de superar o lastre de fatalismo e individualismo que secularmente impuxo na nosa mentalidade o sistema caciquil, para aprender a pensar e a actuar en colectivo; unindo esforzos, respectando a pluralidade enriquecedora á hora de buscar alternativas a un sistema criminal; superando sectarismos e sendo conscientes de que é moito máis o que nos une que o que nos separa. Ao longo de máis de dez anos traballando no ensino en CPI do rural, estou farto de escoitar en boca de veciños e docentes frases como “aquí non hai saída”, “isto xa morreu”, “pouco faltará para que pechen o colexio”, “non hai que facerlle”, “total nada imos conseguir”, “han facer o que queiran” un pobo que así fala non cre en si mesmo, porque non é capaz de valorarse e de traballar e loitar unido, está derrotado de antemán pola súa mentalidade; por iso é fundamental o labor da escola e que nunca perdamos a ilusión e a alegría para seguir loitando por un mundo rural vivo, para que dunha vez Galiza deixe de ser o país “do que puido ser e non foi”.

Teño a sensación persoal de estar participando dun espertar colectivo no que moitas de nós que traballábamos illadamente entramos en conexión e estamos tendo ocasión de aprender uns dos

13


bieitopeleteiro [crego no rural]

quefaríaxesúshoxe? Calquera cristián vivo, non digo practicante anque tamén a este lle pode acontecer sempre e cando estea liberado de fariseismo, sinte dentro este interrogante nos tempos en que nos encontramos. A resposta obvia non é outra mais ca o mesmo que fixo na sua estancia terrea neste mundo. Por que? Pois porque a liberación salvadora pola que el loitou é tan necesaria hoxe como naquel tempo. Cambiaría, sen dúbida, o método da súa predicación, pero os feitos, cerne da súa mensaxe de liberación, responden ás mesmas necesidades do seu tempo. El dixo, e as súas verbas non se esfumaron: ”Eu viñen para que todos teñan vida”. Empezando polos pobres: ”Meu pai mandóume a evanxelizar ós pobres e ás viuvas”. El denunciaría ós poderosos que non queren saber do poder como servizo sen medo ás represalias, convencido de que lle ían vir encima a moreas clavándoo de pes e mans. El predicaría e iría por diante co seu exemplo que non se pode servir a Deus e ós cuartos ó mesmo tempo. Que a xustiza e o capitalismo neoliberal son incompatibles.

valéndose da crise pensan nos obreiros como utensilios, ferramentas das súas ganancias. El estaría entre os sin teito e entre os indignados. El non frecuentaría a catedral da sua diócese; iría algunha vez á súa parroquia para falar do amor de Deus ós homes inda que algún cura o botara fora. El loitaría pola conservación do planeta, polos rios, polos montes,polos animais, polos froitos... El faríase gandeiro e labrego para liderar un movemento en defensa do seu traballo frente ós intermediarios. El crearía un grupo de base no que convivir e baleiraríase para convertir ós compañeiros en carne da súa came e sangue do seu sangue para que en faltando el a súa mensaxe seguira adiante. El usaría poderes sobrenaturais para curar a drogatas e contaminados da SIDA decididos a deixar os seus hábitos, para amosar que con fe pódese facer máis do que se pensa. El enrolaríase en Cáritas da súa parroquia; visitaría a todos os que non lle entra un can na casa, buscando, rebuscando, paitillando e repartindo pans e peixes a desempregados, enfermos, nenos...

Él descubriría o fariseísmo das leis marxinadoras dos e i v a d o s , d o s desempregados, dos emigrantes e dos cánones que encadean as conciencias en nome de Deus.

El enfrontaríase ó poder coa súa forza interior consciente de que o perseguirían e presentarían como perdedor, pero sabedor do seu rexurdimento e o da súa mensaxe.

El liberaría ás prostitutas por necesidade e ás mulleres que como a samaritana están afogadas no seu isolamento, e tamén a toda muller marxinada por lei ou por costume.

Xesús está facendo hoxe o que fan os limpos de corazón, traballando na escuridade sen saír na televisión.

El escandalizaría a políticos que somente buscan o sillón e a empresarios que

Pobre Xesús, canto ten que facer!

14


alicialópezpardo [mestra no rural]

rexordepreescolar nacasa Neste episodio histórico, no que viñemos padecendo a desaparición de Preescolar na Casa (PnC), comezan a xurdir reaccións optimistas. As persoas conscientes desta perda non a podemos asumir cos brazos caídos. Ante unha privación tan importante non cabe a resignación; bule un empuxe para atopar alternativas.

desta actividade tan completa.Tampouco as familias poden asumir a perda da única oportunidade de formarse no papel máis importante da súa vida. As persoas e colectivos vinculadas a PnC negámonos a tolerar que este legado se perda no esquecemento. Non ficará afogado pola insensatez de quen ignora a súa valía, nin pola barbarie provocada por intereses de políticos. Nesta difícil transición trátase de mantelo vivo a toda costa. Lograrase actuar con longas miras, ata que cheguen tempos nos que o cometido de PnC sexa asumido polo sistema educativo público.

Por diversos lugares de Galicia comezan a agromar iniciativas esperanzadoras. Por riba das medidas irresponsables do actual goberno galego rexorden resistencias. Érguense forzas herdeiras e semellantes ás que na súa orixe puxeron en marcha un proxecto tan comprometido. Mestras orientadoras de PnC, “Por diversos lugares grupos de nais-pais e outros colectivos reaccionan contra a de Galicia comezan a perda.

agromar iniciativas esperanzadoras. Por riba das medidas irresponsables do actual goberno galego rexorden resistencias”

Ante o mutismo da Administración de cara ás reclamacións incesantes, ante a impotencia de sermos escoitados, pasamos a acción. Organízanse iniciativas partindo esencialmente do voluntariado de diversas persoas (orientadores/as e de nais-pais e outro colectivos) decididas á recuperación dun patrimonio co que manteñen vínculos extraordinarios. Algúns destes grupos despregan con mínimos recursos propios, outros contan coa colaboración dalgunha entidade. En calquera caso trátase de solucións valentes, para dar atención inmediata a uns nenos que se lles vai un tempo decisivo para súa estimulación, nunhas idades que non teñen agarda - como dicía Antonio Gandoy "os nenos medran, non esperan"-. Coa mesma acción sostense aceso o espírito do programa e, dentro das limitacións existentes, vaise aproveitando parte do seu potencial de recursos.

Para emprender esta nova andaina é bo lembrar as súas orixes e o senso actual. É oportuno facer memoria de como Preescolar na Casa se concibiu dende a acción de persoas comprometidas co mundo rural. Coa entrega apaixonada e coa inmensa visión de Antonio Gandoy, puido acontecer aquela “utopía realizable”, como el dicía. Unha utopía agora chamada a continuar; vencendo os inconcebibles atrancos destes tempos.

Un modelo insustituible. Refírese este dito a un programa que destacou por un senso global da vida e da infancia, pola práctica creativa e por sempre optar polas máis avanzadas metodoloxías. Unha intervención que se anticipa na preparación das nais e pais dende o tempo do embarazo e cun seguimento educativo modélico durante o proceso da crianza.

Non podemos permitir que á escasa infancia do rural se lle quite a oportunidade de asistir aos únicos encontros nos que poden gozar cos seus iguais. É imperdoable privar as nosas crianzas

15


Cos mesmos argumentos que PnC coinciden as últimas conclusións do Consello da Unión Europea sobre Educación Infantil e Atención Infancia. Opinión contraria sae da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta cando se atreven a dicir que Preescolar na Casa é un programa obsoleto. Afirmacións tan absurdas quedan en evidencia cando se contrastan coa traxectoria do programa.

Tamén é preciso lembrar a importante militancia de PnC na Mesa Galega de Educación Infantil, (desaparecida pola falta de apoio da Administración Educativa aos Movementos de Renovación Pedagóxica), dende a que se defenderon e espallaron reflexións pioneiras. Outra tanta ben sendo a súa achega na Mesa Galega de Educación no Rural na defensa dun "plan específico para o medio rural".

Tampouco se pode esquecer o criterio integrador deste programa en relación ao medio natural e á identidade cultural. En ningún ámbito educativo a cultura rural tivo tanta presenza. A dignificación e dinamización da cultura galega, sempre marxinada, foi un constante obxectivo do programa. A consideración da lingua galega, co debido recoñecemento, veu sendo exemplar.

Seguimos confiando nun rexurdir de Preescolar na Casa, pese a que isto non suceda polo compromiso da Administración. Non é de esperar que tal responsabilidade saia dun goberno totalmente invertido nos surrealistas rescates bancarios.

Nos eidos da renovación pedagóxica dende sempre deixou a súa pegada. En ningures, coma en Preescolar na Casa, se asentaron fundamentos decisivos, baseados na experiencia e no afondar teórico. Todo isto contribuiría de xeito significativo para a reivindicación de que o período cero-tres anos sexa integrado na considerada "etapa educativa" cero-seis .

Neste lamentable momento político as alternativas xorden á marxe dos poderes dirixentes; despois de esforzos incontables faise realidade a recen creada Asociación Socio Educativa Antonio Gandoy como garantía para amparar e fomentar o legado de PnC. Outras grupos diversos amosan con semellantes inquedanzas. É posible o rescate desta herdanza inmensurable. Das cinzas tamén se renace. Hai xermolos que prometen. Alicia López Pardo é membro da Mesa Galega de Educación no Rural e ex-orientadora de PnC.

Estatua de Antonio Gadoy en Lugo

16


miguelrodríguezsánchez [economista]

recortareneducación hipotecaonosofuturo A de educación é unha das Recortar en educación nunca sae de partidas presupostarias que balde e isto é algo do que ningún más está a ser castigada polos dirixente político é alleo, nen “Este ataque ao noso salvaxes recortes que os sequera un ministro cuxo afán sistema público de galegos estamos a sufrir nos privatizador e desvertebrador das últimos tempos. Recortes nos diferentes realidades nacionais do ensinanza é fondos asignados aos centros estado levan a sacar adiante a peor intolerábel ao igual educativos e nas subvencións lei educativa da historia da que o é o ataque que que se prestaban ás familias democracia. A educación supón para o pago do comedor unha importante inversión de o resto de escolar, dos libros e de outros futuro, inversión nas persoas que institucións públicas servizos que están afectando nunhas décadas levarán adiante o ao conxunto da cidadanía, e en desenvolvemento dun país en todas están a sofrer” especial ás clases máis as súas vertentes. Pero ditos desfavorecidas. Os fondos para recortes, restultan máis nocivos a investigación nas universicando se levan a cabo sobre un dades tamén sufriron imporsistema educativo que, como o tantes disminucións frenando o noso, xa presentaban un vital avance da ciencia en disciplinas tan importante problema de escasez presupostaria e importantes como a investigación médica e falta de competitividade a todos os niveis: O informe farmacolóxica e deixando sen emprego a unha PISA, realizado trianualmente pola OCDE (a última gran cantidade de personal investigador, moitos edición publicada é de 2009) no que se mide o deles xoves brillantes cun potencial extraordinario desempeño dos estudantes de un gran número de que agora ven só na emigración unha saída, como a sistemas educativos, deixa ao sistema educativo viron décadas atrás os seus avós. español nunha vergoñenta 30ª posición, superada por todolos países da UE a excepción de República Checa, O goberno central leva atacando Eslovaquia, Lituania, Bulgaria e Rumanía. Outro sistemáticamente á Educación desde o estalido da informe do estilo, The Learning Curve, da editorial crise, comezou Zapatero na súa segunda Pearson, arroxa similares resultados. O gasto en lexislatura e tomou o relevo con máis énfase e indo educación como porcentaxe do PIB era antes da crise máis alá do eido económico (degradando o estatus un 10% inferior á media da OCDE, a ratio de alumnos do noso idioma no ámbito educativo ata niveis inusitados nun provocador e premeditado xiro ultra centralista), o goberno de Mariano Rajoy desde o ministerio do mediático e decadente Ignacio Wert. Dende Bruxelas advírtese ao executivo español do perigo que os recortes en materia educativa terán de seguro no crecemento económico futuro. Ao mesmo tempo desde Alemaña, que deixou xa de esconderse para se mostrar como o que é; o verdadeiro centro de poder decisorio na UE, ínstase a seguir coas políticas de austeridade.

17


por aula superior ás medias OCDE e UE21 e cun abanodno escolar entre os máis altos de Europa (un de cada tres alumnos de entre 15 e 24 anos abandona o sistema escolar sen ter completado a ensinanza secundaria, frente a media europea de un de cada cinco). Vista a situación previa aos recortes, o futuro non semella nada prometedor para o sistema público de ensinanza, o afán privatizador da vertente máis ultraliberal que parece terse imposto no Partido Popular sumado á sumisión de outras forzas políticas da oposición perante as políticas impostas desde Alemaña, están mermando a

grandes pasos a xa de por sí ferida educación pública. Os recortes na educación pública supoñen poñer en perigo o crecemento económico futuro, crean desigualdades sociais, opóñense á igualdade de oportunidades para todolos cidadáns e fan descender o nivel cultural da poboación. Este ataque ao noso sistema público de ensinanza é intolerábel ao igual que o é o ataque que o resto de institucións públicas están a sofrer e que supoñen un vergoñento transvase da inversión na sociedade e no desenvolvemento futuro cara o sector bancario, responsábel último da crise financeira.

18


alfonsoblancotorrado [crego no rural]

haialternativas O 16 de Nadal xuntámonos en Compostela algunhas e algúns destes soñadores que agora compartides nesta revista. Naquela noite sentímonos envoltos nunha voráxine de inquedanzas e desafíos, provocados polo desacougo que estamos a vivir. Foron horas de comunicación intensa. Volvín á Terra Chá, a cabalo da nostalxia na que me asulagou aquel debate... Ó día seguinte a Paula de Mondoñedo repinicaba a festa. Era o centenario de Cunqueiro. A Asociación Abrindo Camiño convidárame a representar os colectivos da Terra Chá. O autor mindoniense sempre me sorprende co seu inxenio, fai máis feiticeiras as viaxes, achegando novos acompañantes, porque Cunqueiro son mil e un personaxes da Chaira, da Mariña… Encamiñeime moi de vagar para escoitar a escritores e críticos literarios, nunha táboa redonda, sempre baixo a nube da crise que nos aguilloara a véspera, na mesa de redacción. Unha celebración na que se implicaron todas as asociacións da cidade, coma algo propio, tamén estaba o alcalde e algúns concelleiros. Aquela cunca deleitosa fervía de creatividade, e coma todo evento que abrolla das entrañas do pobo rebentaba en novidades. O tratamento literario tornouse nun alegato a prol do desenvolvemento sociocultural dunha cidade que estaba ferida polo peche da madeireira Ecar e o ERE de Mobles Hermida. É verdade que os tres ponentes eran mindonienses, e contaxiaban coraxe e agarimo. Pero alucinei, todas e todos os que falaron apostaron polo futuro de Mondoñedo, unido á escrita de Cunqueiro. Ata deseñaron unha nova industria, a ligada á produción do autor: libros, cine, música, novas tecnoloxías, rotas turísticas, gastronomía e produtos típicos da comarca, paisaxe, teatro na rúa cos seus personaxes… No transcurso dos relatorios, percibín coma estaba a erguerse unha nova catedral. Non era un soño

máxico ó xeito cunqueiriano…, puxeron enriba da mesa datos e posibilidades coma puños, que remarcaban o valor da súa obra coma un patrimonio inesgotábel para enxergar un futuro próspero para a vetusta sede episcopal… Era a saudade impulsora de innovacións, capaz de imprimir un sentido de progreso ó pobo. Soñei con aquelas feiras e festas das San Lucas, que todos os outonos a enchen de vida… Cunqueiro é Mondoñedo, e para seguir recreándonos con el, cómpre mergullarse na súa paisaxe e paisanaxe. A súa fortuna estética foi cimentar a obra na cultura popular que mamou dende neno. Naquela mañá xa me precederan labaradas de creatividade, cando atravesaba a antesala do val, que anunciaban esta explosión de luz, e que me permitiron saborear unha alternativa a esta crise capitalista que nos levou ó desastre. Apreciei como os nosos produtos de sempre, os propios, poden competir cos manufacturados lonxe, moitas veces reducidos ó lixo que están a vendernos, que non sabemos de que están feitos, por moi envoltos que veñan en mentiras e publicidade. Os únicos tesouros e segredos capaces de abrirnos as portas nos mercados internacionais, son estes froitos que estamos a conseguir con esa calidade e ética profesional das e dos nosos traballadores, porque son os que achegan a nosa sabedoría, tecnoloxía e artesanía diferentes, as que non se atopan en ningures, e só aquí, as que nos axudan a orientarnos e pivotar o noso destino no planeta. O Marqués de

“Cunqueiro é Mondoñedo, e para seguir recreándonos con el, cómpre mergullarse na súa paisaxe e paisanaxe”

19


Sargadelos, no “mar ao norde” que cantou Cunqueiro, profetizou no século das luces, que Galicia sería rica cando asentase a súa economía nos propios recursos. Cheguei a Mondoñedo motivado pola travesía daquelas parroquias que producen o queixo de San Simón da Costa, mesmo deleitando os meus ouvidos con boas novas: “Prestes”, unha das 7 queixerías, está a montar unha nave no polígono industrial de Vilalba para almacenar 50.000 q. e curalos e afumalos debidamente coa madeira da bidueira, cando exporta ó estranxeiro un 25%. “As Fontelas” tamén están a construír outra… Teñen unha web en 7 idiomas, con miles de visitas, que os deron a coñecer en todo o mundo, coma un queixo que é fiel a unha t r a d i c i ó n s e c u l a r, froito dun talento que non esmorece e do orgullo de estar colaborando a manter unha alimentación sa,,. Si procedésemos dunha comarca vitivinícola poderiamos acreditar que os viños da terra atoparon o seu lugar no planeta pola súa fidelidade á Terra que os viu nacer, porque cada paisaxe deita un viño diferente. Esta competencia pola calidade, sen perder as súas raíces, choca coa corrupción coa que amasan tantos alimentos, nun neoliberalismo arrepiante, aínda que veñan presentados en celofán e cartos, coma o marisco ilegal, os produtos transxénicos, ou a cadea de alimentación contaminada por aditamentos adulterados, etc. Pero estas alternativas á crise da Galiza interior, só son posibles dende un autogoberno, que valore os nosos recursos e desenmascare as trampas da economía e do mercado global, das que somos vítimas todos. Uns esquemas alleos, afastados das persoas e dos pobos concretos, que só atenden ás flutuacións das multinacionais. Unhas forzas escuras, irrastreables, mesmo para os gobernos, que están a engulir o noso aprezo pola

Terra Nai, aturdíndonos con proclamas obtusas, indescifrables para o común: Ibex, primas, etc. Compren reformas estruturais en Galiza, políticas e económicas, do elemento ou medio primordial, o que xera toda esta riqueza: o territorio, que reforce a nosa autoestima coma traballador@s e cidadáns, pero tamén neste eido xa hai colectivos que van por diante. Na festa do centenario, despois dun xantar a base da gastronomía do país, a que gabou Cunqueiro na súa literatura, decidín facer un longo paseo, como a el lle gustaba, sen abandonar o seu universo máxico, mentres agardaba a hora do teatro nas rúas de M o n d o ñ e d o , e achegueime a Trabada, lindante, e desfrutei do arrecendo dos froitos da súa sociedade forestal, un colectivo de 327 propietarios con 1157 has., magoadas por tanta partición, que foron quen de converter 7338 fincas en 513. Unha xestión colectiva contra eivas seculares, potenciando outro dos eixes da nosa economía. Unha das trabas da produción madeireira é a dificultade de poder moverse con tanto minifundismo e valos, para o tratamento e comercialización do monte dun xeito lucrativo. Despois daquela experiencia colectiva de ducias de veciñas e veciños dando nova vida ás e ós personaxes de Cunqueiro, emocionado por tanta enerxía, púxenme a escribir estas notas, acreditando que outra Galiza é posible, liberándonos das garras do capitalismo salvaxe e ficando nos nosos recursos, cunha política atenta á cartografía peculiar do noso país, fornecidos polo traballo das nosas comunidades coma un servizo á sociedade, e non coma escrav@s arrastrados polo mercado, porque ensináronnos dende pequenos que non se xoga coa comida nin coa vontade dos pobos, iso que chaman democracia.

Cunqueiro, Del Riego e Carvalho Calero

20


puraferreñosaia [enxeñeira agrícola]

granxaocancelo*:

doproxectoárealidade Unha granxa de vacas de leite no producir alimentos de primeira “Somos moitas as rural galego non tería que ser calidade nun mercado cada vez máis ningunha novidade. Houbo controlado polas grandes persoas que sabemos tempos nos que se contaban corporacións. da importancia do decenas de miles. Agora quedan Este sentimento moveunos a botar a sector lácteo galego arredor de 11.000 e todo indica andar no ano 2009 Granxa O Cancelo [...]. Como tal que este número se verá no concello de Miño (A Coruña)**. gostamos de reducido nos vindeiros anos. Quixemos recuperar unha Aínda así cómpre dicir que Galiza explotación abandonada coa reivindicar o segue a ser a principal produtora intención de producir leite de recoñecemento e de leite no estado español con excelente calidade, de servir de respecto para o moita diferencia sobre a campo de ensaio, de centro de traballo destes homes segunda. formación, experimentación e e mulleres que seguen Mais aínda que sigamos a divulgación ou para buscar novas producir o mesmo ou incluso vías de comercialización. a producir alimentos máis leite, aínda que se xeren Na Granxa O Cancelo, utilizamos máis ingresos, aínda que se teña técnicas que nos permiten obter os mellorado de xeito significativo mellores resultados garantindo un a calidade de vida das persoas uso responsábel dos recursos, o que viven e traballan nas explotacións, deixouse respecto do entorno, o benestar do gando e, por un enorme buraco no medio rural. suposto, emprego de calidade para as persoas. Non Terras abandonadas que non sempre pasaron a ser podemos nin debemos dicir que sexa exclusividade utilizadas polas outras explotacións en activo e son nosa este xeito de actuar. Son moitas as explotacións pasto das lapas por vez de selo das vacas, cabras e galegas que traballan así. ovellas. Aldeas que Mais demos outro paso. desaparecen pola marcha da Decidimos aproveitar os nosos xente moza cara a cidade na recursos e probar novas vías de procura de empregos na comercialización e posta en valor industria ou nos servizos. do leite. Quixemos achegar leite Pais e nais que estudaron ás da granxa ás consumidoras e fillas e fillos para que consumidores, sen “marcharan daquela intermediación da distribución. miseria”. Nenas e nenos que Non é doado. As grandes áreas pensan que as leitugas nacen comerciais “axudaron”, por nos andeis do supermercado interese propio evidentemente, a e imaxinan unha granxa cambiar os hábitos de consumo. coma un parque de Leites que duran ata tres meses, atraccións ou un zoo. enriquecidos, sen lactosa, con Somos moitas as persoas que calcio engadido, sen nata, con sabemos da importancia do pouco nata... Tampouco faltaron sector lácteo galego a nível nin faltan problemas económico, social e burocráticos. Ordenanzas que medioambiental. Como tal permiten que as rúas foran gostamos de reivindicar o “ocupadas” por terrazas mais que recoñecemento e respecto non “atopan espazo” para para o traballo destes homes instalar un dispensador de leite e mulleres que seguen a fresco.

21 21


Mais somos xente teimuda e non nos rendemos ao primeiro problema, nin ao segundo... Sabemos que aínda quedan persoas que gostan do leite de verdade, do que separa a tona, do que hai que gardar en frío, do que sabe a leite. Non só xente maior; tamén mozas e mozos se achegan ás nosas máquinas expendedoras todos os días para consumir un leite que foi muxido como moito no día anterior. “Da vaca á boca” como dixo o irrepetíbel Xurxo Souto na inauguración do noso primeiro dispensador na cidade da Coruña. E seguimos buscando novos camiños para dar maior valor ao noso leite. Decidimos comezar cós Xeados Artesáns. Unha sobremesa que é moito máis que una larpeirada. Xeados de crema elaborados có noso leite de verdade acompañado de nata, azucre, cacao, licor de café, vainilla ou froita fresca. Cando a materia prima é excelente e quen traballa o fai con gusto o resultado só pode ser excelente. Por coherencia, á hora de distribuír os nosos produtos, tamén gostamos de traballar có comercio local, coas pequenas tendas próximas á granxa, con persoas que compartan con nós o interese polos alimentos de calidade e o trato personalizado. Mais seguía pendente un asunto de vital importancia. Consideramos imprescindíbel que a xente coñeza o importante papel que as explotacións agrarias e g a n d e i r a s desenvolven no medio rural desde un punto de vista social, económico e medioambiental. As explotacións agrícolas e gandeiras crean emprego, manteñen as terras cultivadas, evitan os

incendios e axudan a fixar poboación. Isto tiñamos que contalo. E daquela nace a “Aula de divulgación do sector lácteo”. Un nome quizás un pouco longo para un lugar onde formarnos e axudar a formar a persoal técnico mais tamén, un punto de encontro, unha porta de conexión entre o urbano e o rural, Na actualidade son moitas as nenas e nenos “que non teñen aldea”. Que non tiveron a sorte de ver muxir unha vaca, nacer un becerro ou sachar unhas patacas. Granxa O Cancelo non é un parque de atraccións. É unha granxa onde hai obrigas que atender e horarios que cumprir. Mais tamén é un lugar que se pode, e incluso se debe, visitar para coñecer como se produce un alimento tan importante coma o leite, como se vive traballando nunha granxa ou a importancia económica da actividade agro-gandeira. Finalmente cómpre mencionar que nunha zona onde a especulación urbanística deixou desemprego, esqueletos de vivendas e urbanizacións a medio desenvolver, as pequenas granxas manteñen e incluso crean emprego de calidade e reinvisten os seus beneficios no lugar de onde saen. Granxa O Cancelo foi un proxecto que naceu para traballar a prol do sector lácteo. Hoxe é unha realidade. É unha pequena empresa na que as persoas son o principal capital e na que apostamos pola defensa do noso medio rural coma un xeito de axudar ao desenvolvemento económico do noso País. *Granxa O Cancelo é un proxecto desenvolvido pola Cooperativa Agraria Provincial da Coruña.

22 22


mercedescachazaplatas [mestra no rural]

alimentosdamiñainfancia Eu son unha muller da aldea. - Leite con pan. Nacín na aldea, traballei case - Queixo fresco ó mesmo tempo sempre no medio rural. Coñezo que o facía a miña madriña na “Cantos nenos de a aldea, amo a aldea e vivo feliz beira do lume e tamén queixo nunha aldea situada nun curado. hoxe en día poden “Paraíso entre Ríos.” Por estas - Xamón curado co fume do lume disfrutar en vivo da razóns estou moi sensibilizada que se facía na lareira e os coa poboación rural, tanto a chourizos curados no caínzo. nai naturaza como galega como a doutros lugares - Papas de fariña con leite, papas disfrutamos os da de España nos que pasei algún de arroz con leite, sopa en leite... miña xeración? tempo. Cando era nena, - Troitas recén pescadas no río. disfrutei do campo, das flores, - Caldo de verzas, caldo de xenos, Cantos poden tomar das cereixas brancas e tamén caldo de repolo, caldo de grelos, leite ó dereito da das vermellas, dos figos caldo de castañas… maduriños, dos migueliños, das - Morcillas feitas co sangue do vaca?” brevas, das peras de manteiga, porco cando se mataba. das urracas, das rabudas, dos - Cachola polo Entroido e tamén abruños, dos péxegos, das freixós. mazás de príncipe, das de san - Sopa de fideos, cocido e xoán, das amoras das silveiras, dos amorodos que bizcochada polas festas do patrón, dúas veces ó ano había polos cómaros, das ameixas, dos fatóns, etc, - Chulas, roxóns, tripas, torresmos, papas de etc.Todo abonado con esterco da corte das vacas. maicena, pan con mel e outros... Nada de productos químicos. Todos estes alimentos cociñados en potas de Tomei: porcelana de cor granate por fóra que se colocaban - Leite ó dereito da vaca. encima do tres pés ou trébades e estes á súa vez - Tona co pan de vez en cando á merenda. encima do lume feito con leña ben enxoita no medio e - Pan de centeo, pan de millo e pan de trigo feito medio da lareira. Cando se levantaba a tapadeira na casa e a bola p a r a r e m e x e r, quentiña con leite aproveitaba a ocasión cando se cocía. para entrar alguha - Tortilla con patacas muxica do lume, pero novas, ceboliñas estaba completamente tenras e ovos das desinfectada. As potas nosas galiñas. afumábanse por fóra co - Cachelos con fume cada vez que se sardiñas salgadas, usaban e logo tocaba escoadas nun cesto sacárlle-lo cisco con con pallas debaixo cinsa. E dálle que que sabían a gloria, dálle..! tamén sardiñas fritas e incluso crúas. De larpeiradas: - Patacas con carne rosquillas das cando viñan as rosquilleiras polas costureiras o festas do patrón, carpinteiro ou xente caramelos, biscoitos de fóra a traballar. dos de dous reais ou - Sopas con refrito ó dunha peseta, algúns almorzo. caramelos de martillo,

23


Totalmente certo. Bebín en canto regato atopei e nunca unha infección collín. Ruídos tan só se oía: - O quiquiriquí do galo ó abrir oía. - O cacarexar das galiñas que andaban ceibas polo curral, pola eira e pola horta. - O rechouchío dos paxariños nas silveiras que anunciaban a chegada dun novo día o do cambio de tempo ou o casamento pola Candelaria. - Os gatos cando miañaban ou cando procreaban polo xaneiro. - O can cando ladraba porque chegaba algún estraño. - As ovellas cando beaban polos seus añiños e o carneiro cando andaba en celo. - O burro cando orneaba ou tomaba a cebada. - De vez en cando oíase unha vaca ou varias á vez. - Os ranchos no cortello púñanse furiosos cando tiñan fame. - Os grilos cantaban que daba gusto nos día de sol. - Oías unha ra en calquera cano de calquera prado.

Daba moito gusto escoitar: - Os aturuxos dos nenos que andaban coas vacas ó outro lado do rio. - Ou unha muller que pasaba pola corredoira cantando. Ou un home que asubiaba a calquera hora e por calquera circunstancia. Tamén era moi bonito o canto do carro cando chegaba cargado de estrume ou de leña, á beira da noite. Cantaba porque rabeaba por non te-lo eixo ben engraxado. - O piar dos pitiños detrás da mamá galiña era todo un espectáculo. - Os lagartos subindo polos valados cando había sol, e outras cousas polo estilo. Agora, botando unha ollada ó pasado decátome de que sen sabelo, tocoume pasar a miña infancia nun paraíso terrenal. E agora pregúntome: Que nos queda de todos aqueles productos naturais? Como tratamos a natureza os da miña xeración? Que recibimos dos nosos antepasados e que lles deixamos ós que veñen detrás? Cantos nenos de hoxe en día poden disfrutar en vivo da nai naturaza como disfrutamos os da miña xeración? Cantos poden tomar leite ó dereito da vaca? A que lle chamamos calidade de vida? A min paréceme que non é ouro todo o que reloce. Pero é vostede quen ten a última palabra. Vostede dirá.

Virxilio Viéitez

galletas, chocolate e pouca cousa máis. A contaminación non se coñecía, o aire estaba puro, a auga da fonte e dos regatos valía toda para beber; só tiñas que mirar que non fora auga parada. De feito antes de beber en calquera regato dicías: “auga corrente non mata á xente” e púñaste a beber tanta auga como sede tiveras.

24


gumersindocampañaferro [crego no rural]

oqueixoconmarmelode

fernandocondegil [I+D+i: a xente labrega tamén inventa] Nos tempos de crise, tamén os labregos precisan inventar, ou inventarse, para vender os séus productos.O caso de Fernando Conde, de 47 anos, casado, con dous fillos, que vive no lugar de Bidueiro, parroquia de Ordes, non é a do afortunado "bicho raro". Por esta razón, situamos esta conversa no local do séu Sindicato (SLG), en Ordes, como o referente impulsor, e tamén, no contexto do grupo de compañeiros/as afiliados/as. Porque, varios deles participan do mesmo espírito innovador ("I"). Por esta contorna, xa que logo, non é descoñecida, entre outras, a experiencia de grupo cooperativo gandeiro de Marisol García Freire e os compañeiros socios. Nen, tampouco, a de cultivo de chícharos, para alimentación do gando, de Xosé Manuel Calvo. Desde a "complicidade" do grupo, é o propio Xosé Manuel quen lle fai a Fernado estas preguntas. Fernando, como naceu en ti a idea do queixo con marmelo? Facendo no queixo, botas moitas horas, e así un día e outro, e a cabeza trabállache. Pensas que en Galicia é moi típico de postres o queixo con marmelo. Foi de aí cando, un día, experimentando, se me ocorreu meterlle marmelo no medio do queixo, facer o queixo co marmelo incorporado. Así, non terás que andar enzoufando os dedos. Como levaches á práctica esta idea? Debeu ser aló polo ano 98 ou 99. Ao principio, era unha soa capa de marmelo, no medio do queixo. Foise perfeccionando, e despois, xa levaba 2 ou 3 capas. Co tempo levaba arriba uns motivos, unhas dedicatorias, se alguén quería facer un agasallo,polo día do santo ou aniversario. Máis tarde, metémoslle (el e María Xosé, a muller) mazá no medio: a mazá é un produto moi

dixestivo, e moi san para quen non queira engordar, un produto lácteo con froita, sobre todo para a xente maior. Doutra volta, fíxose con plátano, e mesmo con champiñóns. Pero, o forte, forte é o queixo con marmelo. A simple vista, ves un queixo normal fresco, tipo queixo de Burgos. Pero córtalo, e é cando ves as capas de marmelo polo medio. Recibiches axudas para este produto? Para este tipo de cousas, non houbo axudas de ningún tipo. As axudas que tiven foron cando me incorporei á explotación, despois de ter traballado 6 anos na construcción. Eran as axudas que daban a todo o mundo. Saíndo na TV e na Prensa, foi cando se deu a coñecer o produto. Non houbo ningunha campaña de publicidade, porque son custosas, e ti non tes medios. As marxes que deixa en si o produto non son moi grandes. Tal como está o mercado, non pode un facer campañas publicitarias, como fan as grandes industrias. Pódese estar no mercado sen axudas? As axudas, moitas veces, non che fan falla, se fas un produto de calidade. O noso é un produto natural, totalmente natural. Non leva ningún tipo de químicas, nin de nada. Non leva máis ca leite, o sal e o callo. Se fas un bo producto, o que fixeches ti xa vai pasando de boca en boca. Ándache na cabeza algo, paralelo ao do queixo? Aquí, no Sindicato, fíxose un curso de queixo que, de verdade, me encantou. Aínda que un sabía, sempre che quedan cousas. Aprendín, nese curso. E, sí que che andan cousas na cabeza. Quédame, tamén, o de facer iogur, pero, ben, son cousas de facer moito investimento, e non está o momento para facer moitas festas

25


Sénteste valorado na túa profesión? Sí, que me sinto. Pero o queixo é un mundo. Hai xente á que lle gusta o queixo dunha maneira, e á que lle gusta de outra. A quen lle gusta o queixo natural, e ao que lle gusta de fábrica. Hai que respectar o gusto e cada un. Pero eu síntome valorado. Xente que che di: "aquel queixo estaba riquísimo". Pois, xa te sentes valorado. Un produto artesán coma o teu, ten futuro? Penso que sí. Aínda que a cousa está dificil. É o que lle sinto cada día aos que veñen polos queixos. Moitos dos meus clientes son particulares. Pero outros moitos son intermediarios, que venden despois, os queixos na Coruña ou en Santiago, Malpica, Carballo, e noutros sitios. Síntolles que moitas tendas pequenas que hai por toda Galicia, están pechando. Ése é o problema dos produtos artesanais.

vida. É un obxectivo importante. Ti fas o produto e tes que educar á xente, non tería que educar a Administración? Falámolo nas charlas do Sindicato. Hai que valorar un pouco máis os mercados rurais, as feiras, e todo iso que serve para que a xente merque os nosos produtos. É o que se tiña que valorar máis, apoiar e dar e máis axudas para estas cousas. Ésa é a maneira de valorar máis os nosos produtos naturais.

E por que pechan as tendas artesanais? Porque as grandes áreas as fan pechar. Tamén, porque os hábitos da xente para comer son distintos. A xente non quere facer as comidas con cousas naturais, porque andan moi apurados, e fan as comidas de calquera maneira, ou todo precociñado. Están perdendo os valores. Segue habendo xente que apreza os productos naturais, pero, a maioría non sabe o que é un producto natural. Non teñen padal, vamos.

E que pensas sobre o dos prezos dos nosos produtos? Nós non poñemos o prezo, prácticamente, de nada. Non podemos dicir: isto é tanto. Na práctica, dinche o prezo ao que tes que vender. Tí non tes o poder de dicir: eu vendo o queixo por este prezo. Non, chega a empresa do leite, e dinos: o leite é a tanto, se queres, ben, senón quédache aí. E tí vas ao supermercado, e o prezo póñencho eles, non podes poñelo tí. Vaia, que non nos valoran como debían.

E o tema da terra para a alimentación das vacas? Sería moi importante ter unha cantidade máis de terreo. Podías producir alimentos naturais para o teu gando, e abastecer a explotación. Non ter que depender tanto de mercar productos de fora. E, claro, sería o leite moito máis natural. Que obxectivos te marcas no teu proxecto? Neste momento, teño en mente reformar a corte, unha queixería nova, máis ampla, máis grande, e poder ter unha calidade de vida. Poder coller un fin de semana, para ir coa familia a onde sexa. Non estar tan amarrado. Iso, sobre todo: a calidade de

Por último, consideras viables as iniciativas no campo? Para mín, é máis viable que hai. O que está no campo, xa non vai pasar fame. Dentro dos inconvenientes que ten, hoxe en día, é o sector que está aguantando isto. Dentro de todas as crises que houbo, o campo é o que está empurrando.

Sabela Arias

26



quequedequenoconte


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.