Recomendacions

Page 1

Deséxanvos a PESCADORA DE HISTORIAS e os seus amiguiños: •Coelliña Ofelia •Coelliño Blas •Galiña Pitusa •Paporrubio • Coco e Luci


Tam茅n vos recomendan un mont贸n de lecturas interesantes!


PRELECTORES (3- 6 ANOS) LIBROS QUE FALAN DO MUNDO QUE NOS RODEA

“Selvas” Editorial MacMillan Descubre a selva do Amazonas e todos os animais e plantas que viven nela!

“Océanos” Editorial MacMillan Descubre as marabillas dos océanos!

“O golfiño” Autor: David G. Gordon Editorial A NOSA TERRA Descubre o corpo do golfiño por dentro e tamén os seus costumes , alimentación… “La mariposa” Colección Mira cómo crezo Editorial Edebé Descubre as bolboretas!

“O Apalpador” Autor: Xoan G. Editorial Biblos O Apalpador é un personaxe mítico galego que levaba os agasallos aos nenos polo Nadal… coñecíalo??


CONTOS PARA CONTAR

“Solo una puntita” Autor: Émile Jadoul Editorial Corimbo Un conto cheo de tenrura para disfrutar cos mais pequenos.

“O sorriso de Daniela” Autora: Carmen Gil Ilustra Rebeca Luciani O sorriso de Daniela botou a voar e …!

“O Porquiño” Autores: Arnold Lober Editorial Kalandraka O que mais lle gusta ao porquiño é emporcarse na lama …

“Picurruchos” Autores: Mar Pavón & João Vaz de Carvalho Colección O OQO Un conto divertido que fala das prohibicións absurdas que facemos, algunhas veces, os adultos.

“ah!” Autor: Josse Goffi Editorial Kalandraka Coñecer a arte é descubrir que as cousas non son tal como ás veces aparentan.

“Vida secreta de las mamás” Autora: Beatriz Masini Ediciones Laberinto Pero… ti sabes o que fai mamá cando te deixa no cole? Hai mamás que loitan contra dragóns, outras que ilustran este conto e tamén pintan as paredes…!

“Blanquito” Autor:José Morán Colección: Librosaurio Editorial: MacMillan Un poema de cores feito a base de esceas independentes e cunha gran musicalidade. Pintura e poesía entremézclanse docemente

“¡Que emoción?” O cómo saber lo que se lleva dentro Autor: Cécile Gabriel Editorial SM


CONTOS PARA CONTAR “Os mil brancos dos esquimós” Autor: Isabel Minhós Martínez Ilustra Madalena Matoso OQO Sabes cantos brancos distinguen os esquimós?

“Un becho estraño” Autor:Mon Daporta Ilustra Óscar Villán Editorial Factoría K de libros. Un conto rimado para descubrir a ledicia de ler!

“La mora” Autor:Anxo Garabana Ilustra Oscar Villán Kalandraka Conto acumulativo que recolle un conto tradicional

Título.“Confundiendo historias” Autor: Gianni Rodari Ilustra Alessandro Sanna Editorial Kalandraka Diálogo entre un avó e a súa neta… o avó conta a historia de Carapuchina, pero equivócase continuamente… todo está moi liado

“Gato que duerme” Autora: María Cristina Ramos Ilustra Alaín Espinosa Colección: Palabras para jugar Editorial Océano. Travesía Un poema que comenza e acaba cos mesmos versos. Coma un deses contos de nunca acabar !

“Furacán” Autor: Txabi Arnal Ilustra Neus Bruguera Editorial Kalandraka Comenzou sendo unha brisa agradable pero pouco a pouco…


PRIMEIROS LECTORES (6-9 ANOS) LIBROS PARA CONSULTAR UNHA E OUTRA VEZ ÓPERAS “O elixir do amor” ( G. Donizzeti) Tradución : Elisabete Ramos Interpretación musical: HUNGARIAN STATE OPERA CHOIR AND ORCHESTRA Editorial Kalandraka Nota: contén CD. Da mesma colección: “A flauta mágica; “Turandot”, “O barbeiro de Sevilla”, etc.

“Depredadores” Editorial Macmillan Que é un depredador…?

“Peligro en la selva” Editorial MacMillan Descubre a loita pola supervivencia

“Enciclopedia completa de los animales” “Sistema Solar Editorial SM


HISTORIAS MARABILLOSAS E TREPIDANTES AVENTURAS PARA VIVIR “Mis historias perdidas” Autor: Xan López Domínguez Editorial: Libros del Zorro Rojo. Unhas marabillosas e cuidadas ilustracións salpicadas coas lembrazas das historias perdidas que o autor nunca chegou a escribir Nominado ao Premio Andersen 2010

“Historia da resurrección do papagaio” Autor: Eduardo Galeano Ilustra Antonio Santos Editorial Kalandraka Basada nunha lenda do nordeste do Brasil e ilustrada magníficamente por Antonio Santos. Galeano recibiu a Medalla de Ouro 2009 do Círculo de Belas Artes de Madrid.

“O sombreiro chichiriteiiro” Colección Merlín Autor: Manuel Rivas Editorial: Xerais Un sombreiro moi especial e unha historia de amizade… unha mixtura realmente interesante!

“Mil cousas poden pasar.Libro I” Autor: Jacobo Fernández Serrano. Colección Merlín Edicións Xerais. Na procura dun agasallo para ofrecerlle ao seu pai o día do seu aniversario, os fillos do rei do mar vivirán unha serie de acontecementos extraordinarios e disparatados. Premio Merlín de Literatura Infantil 2009

“Valados” Autor: Agustín Fernández Paz Ilustra Xan López Domínguez Edicións Xerais. Un libro que fala da verdadeira amizade, que reivindica a liberdade e a fraternidade. Un conto que non esquecerás fácilmente.

“O incrible neno devorador de libros” Autor: Oliver Jeffers Traducido por Laura Saez Colabora Óscar Villán Editorial Patasdepeixe Fermosísimo álbum ilustrado que , a pesares do seu título, reivindica a lectura comprensiva e de calidade, fronte á lectura como producto de consumo . O humor intelixente está presente en todo momento .


HISTORIAS MARABILLOSAS E TREPIDANTES AVENTURAS PARA VIVIR

“A figueira de Pelostortos” Adaptación: Ana García Castellanos Ilustra Mikel Mardones Colección O OQO Esta vez serán os nenos e as nenas os que lle darán o seu merecido a este monstro, entre xigante e ogro!. Non deixes de lelo!

“A avoa Encarna fai niño” Autor: Xosé A. Neira Cruz Colección Rañaceos Editorial Everest A avoa Encarna naceu e viviu coma un paxaro. Un día abriu as ás e saíu pola fiestra na procura dunha árbore onde facer un niño e ficar nel para sempre. Agora, cando canta a merla, todos sabemos que é a avoa Encarna quen nos fala para dicirnos que está aí, que nunca nos abandona. (Da editorial

“El conde Lucanor ” Autor: Gianni Rodari Editorial SM Un clásico que sempre está de moda. “El cazador desafortunado ” Autor: Gianni Rodari Editorial SM José ten que ir de caza para preparar o convite de boda da súa irmá, pero as escopetas están de folga! Que o disfrutes!


POESÍA ... PARA SOÑAR ... “El libro inclinado” Autor: Peter Newell Colección Trampantojo Editorial Thule Unha preciosa e divertida historia rimada, e tamén inclinada! Unha verdadeira xoia, pioneira dos formatos especiais, un clásico do século XX recuperado.

“Gabriela Mistral. Selección poética” Selección de Antonio Rubio e Federico Martín Nebras Ilustra Paloma Valdivia Editorial Factoría K de libros 13 poemas da autora: Todas íbamos a ser reinas; Ronda de los colores; Miedos… con i ilustracións para cada poema e tamén un glosario de termos

“Dulce como un pepinillo y limpio como un cerdito” Autor: Carson MacCullers Editorial La poesía, señor Hidalgo Nota: bilingüe , castelán -inglés

“Miguel de Unamuno.Selección poética” Selección de Antonio Rubio e Federico Martín Nebras. Ilustra Artur Heras Editorial Factoría K de libros Selección de 13 poemas que pertencen ao Cancionero do autor, belamente ilustradas. Para ler a modiño e degustar cada día. Contén a biografía do autor.

“Oda a una estrella” Autor: Pablo Neruda Ilustra Elena Odriozola Colección: Libros de Cordel Editorial Libros del Zorro Rojo. Na noite escura, no alto dun rañaceos, o protagonista apodérase dunha estrela, pero… da tanto traballo ter unha estrela!


LECTORES AUTÓNOMOS ( 9- 12 ANOS) LIBROS PARA CONSULTAR UNHA E OUTRA VEZ “G.F. Häendel” Autor:Lene Mayer-Skumanz Ilustracións de Wienfried Opgenoorth Lóguez Edicións Narra a vida do compositor barroco . Nota: contén CD cunha selección das súas obras máis coñecidas.

“Beethotven” Autor: Ann Rachlin Colcección Niños famosos Ilustra Susan Hellard Editorial Libros para soñar

“10 cosas que puedo hacer para ayudar a mi mundo” Autor: Melanie Walsh Editorial Molino Anímate e colabora!

“Mi primer libro de meteorología” Autor: Louise Spilsbury. Editorial Parragón Unha guía sinxela sobre o tempo e os fenómenos atmosféricos.

“Pequeña Historia del Mundo” Autor: Fernando G. de Cortázar Editorial Espasa Da man de seis grandes persoaxes, un neno percorre o mundo …


HISTORIAS MARABILLOSAS E TREPIDANTES AVENTURAS PARA VIVIR “Hop Frog” Adaptación de Paco Livan dun texto de Edgar Alan Poe. Colección Q OQO Hop-Frog é a persoaxe dun conto de Edgar Alan Poe titulado, orixinalmente, “Hop-Frog, ou os oito orangutáns encadeados” . Fala da historia dun anano convertido en bufón que , farto de ser o centro das bromas pesadas do rei e dos seus cortesáns, decide vingarse de todos. Esta historia despertou , ao longo dos anos, o interés de escritores, músicos, pintores, e cineastas tales como Cortazar, Lou Reed, David Bowie, James Ensor, Desfontaines e July Taymor que traduciron, musicaron, pintaron e fixeron películas e curtametraxes tomando este conto como base… agora a versión é para que vosoutros disfrutedes tamén. Xa nos contaredes!

“Cuentos africanos” Autor: Nelson Mandela Editorial Siruela Antoloxía dos contos mais antigos e preciosos de África . A pesares de que xa foi publicado no ano 2007 é un libro para ter na casa e lelo moitas veces, tanto nenos como maiores.

“El pequeño libro de Shakespeare” Autor: Patrick Ryan Ilustra: James Mayhew Editorial: Oniro Gustaríache coñecer as historias antigas que utilizou Shakespeare para facer as súas obras dramáticas? Non deixes de ler este libro!

“El secuestro de la bibliotecaria” Autor:Margaret Mahy. Ilustra Quentin Blake Editorial: Alfaguara Infantil O secuestro da secretaria, unha cuestión fácil nun principio, convértese nun pesadelo para os terribles secuestradores. Humor disparatado e aventuras. !Non o perdas!

“Barro de Medelllín” Autor: Alfredo Gómez Cerdá Ilustra Xan López Domínguez Editorial Edelvives Camilo e Andrés,dous nenos de dez anos, viven en Santo Domingo Savio, un barrio moi pobre de Medellín e comparten unha gran amizade. A esta idade xa abandonaron a escola e fan traballos de maiores, rouban…incluso, a un deles , de maior gustaríalle dirixir unha banda de ladróns . Mais o barrio está cambiando dende que construíron o metrocable e a Biblioteca España, e iso non lles gusta...para qué queren unha biblioteca xigante…? Premio Ala Delta de Literatura Infantil. Premio Nacional 2009 de Literatura Infantil y Juvenil


“Tres cuentos mágicos” (para niños mutantes) Autor: Alejandro Jodorovsky Editorial Siruela Tres contos que convidan á reflexión : sobre un mesmo e sobre aquilo que facemos para non ser quenes , en realidade, somos.

“25 cuentos populares de Europa” Selección de Michi Strausfeld y Ramon Besora Editorial Siruela Nun momento no que a Europa dos 25 estase a construir, resulta emocionante podei ir coñecendo o legado literario dos nosos países veciños, coas súas ricas e variadas culturas pero que, sin embargo, tanto teñen en común. Todo isto queda evidenciado nesta magnífica selección. (Tradución da sinopse da editorial)

“Lúa do Senegal” Autor : Agustín Fernández Paz Editorial Xerais Khoedi, unha nena de once anos, parte do Senegal para irse a vivir a Vigo co seu pai, que leva tres anos emigrado alí. Acostumarse a outra vida non será doado e a Lúa será o único lazo de unión entre a súa vida actual e aquela que deixou en África.

“Kafka y la muñeca viajera” Autor: Jordi Sierra i Fabra Colección Las tres edades Editorial Siruela O autor recolle maxistralmente un suceso da vida de Kafka . Nota: para lectores moi avezados. Interesante , tamén, para ler cun adulto. Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil 2007.

“Números pares, impares e idiotas” Autor: Juan José Millás Ilustra Forges Editorial SM Un conxunto de graciosas historias cuxos protagonistas son os números que cobran vida e resístense a ser sumados, restados e multiplicdos, mesmo a ser avasallados por outros que teñen mais poder. Mais detrás destas historias está a vida : sentirse diferente,ser estranxeiro…

“El Conde Lucanor ” Autor: Don Juan Manuel Adaptación de Antoni Dalmases Ilustra Elisabeth Nogales Editorial SM Os clásicos non son cousa do pasado!


POESÍA ... PARA SOÑAR ... “Aire que me lleva el aire: antología Autor: Rafael Alberti Ilustra Luis Horna Editorial Labor Poemas do seu imaxinario persoal: mar, mariñeiros, natureza.

“O libro dos cen poemas” Antoloxía da poesía infantil galega Autor: Xosé María Álvarez Cáccamo Ilustra Manuel Pizcueta Editorial Espiral Maior Unha preciosa e cuidada selección que ninguén debe deixar de ler e sentir

“Miguel Hernández para niños y niñas…y otros seres curiosos” Autor: Miguel Hernández Ediciones de La Torre Un clásico que non debe faltar na nosa biblioteca

“La danza de los versos” Autor: Marc Granell Ilustra Xan López Domínguez Editorial Diálogo Infantil "Alza el vuelo la paloma hacia el cielo y es un punto, al momento, que se pierde blanco y lejos."


PARA PAIS E NAIS “Cómo falar de arte aos nenos”. O primeiro libro de arte para nenos…destinado aos adultos. Autor: Françoise Barbe-Gall Editorial. Nerea Un libro práctico e cun vocabulario sinxelo que vos axudará a achegarvos ao mundo da arte e planificar ,cos vosos fillos ,unha visita a un museo… En definitiva, unha proposta para disfrutar cos vosos fillos dunha maneira diferente.

“La recuperación de la autoridad: crítica de la educación permisiva y de la educación autoritaria” Autor: José Antonio Marina Versatil Ediciones Autoridade ou permisividade? José Antonio Marina fai unha proposta sobre a necesidade e o deber que temos todos de reformular o concepto de liberdade, partindo dunha análise previa sobre o concepto de autoridade .

“Duérmete, niño” Cómo solucionar el problema del insomnio infantil Autor: Eduard Estivill e Silvia Bejar Editorial Debolsillo O 35% dos nenos , menores de cinco anos, resístense a deitarse e isto ocasiona un montón de problemas e tensións tanto aos pais coma aos nenos. Neste libro atoparás un método que che axudará a solucionar este problema.

“Nuestra poesía en el tiempo” (Una antología) Selección de Antonio Colinas Editorial Siruela Unha antoloxia da poesía española e hispanoamericana dende o Cantar de Mío Cid aos nosos días. Un libro imprescindible para toda a familia


A PESCADORA DE HISTORIAS E O GRUPO DA BIBLIOTECA DO CEIP DE ESTEIRO:

PROFESORADO E AXUDANTES DA PESCADORA DE HISTORIAS DESÉXANVOS

UN BO NADAL E UN FELIZ ANO NOVO


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.