Proxecto interdisciplinar

Page 1

Proxecto interdisciplinar


Proxecto interdisciplinar Traballo de investigación en equipo arredor dun eixe temático. O alumnado terá que: • Ir buscando a información, analizando, seleccionando e compartindo • Desenvolver as súas capacidades para aprender a aprender • Aumentar o seu grao de autonomía

Achegamento do alumnado un modo de traballar metódico que permita aplicar os procedementos habilidades aprendidas, favorecendo curiosidade e o interese.

a lle e a


Proxecto interdisciplinar Exemplos de tipos de proxecto  Traballar a partir dun libro

 Traballar a partir dun cadro ou outra obra artística  Profundizar sobre un tema: A auga

A enerxía

O comercio

A vivenda

Os vestidos Os transportes…

 Investigar unha evolución no tempo: Dos petroglifos á videoconferencia Da artesanía á industria…


Proxecto interdisciplinar Que? É…

Non é…

 Un achegamento  Unha materia máis conxunto e compartido, dende  O complemento a varias materias, ás unha materia do competencias básicas currículo


Proxecto interdisciplinar Para que? Para construír un coñecemento global a partir dos diversos puntos de vista disciplinares Para facilitar o tránsito do ensino primario ao secundario


Proxecto interdisciplinar Cando? No primeiro ano da educación secundaria obrigatoria, como obrigatorio. Durante todo o curso académico, cunha hora de dedicación semanal


Proxecto interdisciplinar Onde?

Os centro educativos recollerán na súa programación anual as características do proxecto


Proxecto interdisciplinar Quen? De quen depende? A quen afecta…?  Preferentemente a persoa titora, en colaboración cos departamentos didácticos implicados (lingua galega e castelá e tecnoloxía máis outros dous, como mínimo) Persoa responsable do proxecto interdisciplinar

 Comisión de coordinación pedagóxica Elixe os proxectos

 Claustro Acepta os proxectos


Proxecto interdisciplinar Quen? De quen depende? A quen afecta…? As persoas responsables da biblioteca escolar Propoñen temas e poñen os recursos da biblioteca a disposición do alumnado

O alumnado Elabora e presenta os traballos de investigación

Todo o centro Colabora


Proxecto interdisciplinar Como? Metodoloxía activa O alumnado, protagonista da súa aprendizaxe

Educación documental do alumnado Dirixida a desenvolver habilidades de uso da información, consultando fontes documentais diversas, en soportes e formatos diferentes, e que estarán a disposición do alumnado na biblioteca escolar do centro

Traballo de investigación


Proxecto interdisciplinar Modalidades de organización Existen moitas posibilidades de organización do traballo:  Un proxecto igual para todos os grupos durante todo o ano escolar  Un proxecto distinto para cada grupo  Dous proxectos máis sinxelos no ano escolar…


Fases Planificación Desenvolvemento

Presentación do proxecto


Proxecto interdisciplinar Contidos fase de planificación Identificación de obxectivos e de metas Posibilidades, limitacións…

Deseño do contido Descrición das fases e pasos a seguir Establecemento de prazos: cronograma. Previsión de actividades: lecturas, recollida de datos, entrevistas, etc.


Proxecto interdisciplinar Contidos fase de desenvolvemento Busca e tratamento da información:  Ferramentas de traballo. Elección e aplicación de fontes, técnicas, modelos e recursos adecuados e variados adaptados aos obxectivos.

 Técnicas que favorecen a adquisición, interpretación e transmisión da información. Cadros, mapas, gráficos, datos estatísticos, elementos audiovisuais… Interpretación e conversión de linguaxes escritas e gráficas. Aplicación ao traballo previsto.

 Obtención de información a partir do intercambio de experiencias e do traballo cooperativo alumno-profesor e entre iguais


Proxecto interdisciplinar Indicacións para a avaliación 1  Avaliaranse tanto o proceso coma o produto final  Terase en conta a autoavaliación do alumnado  Terá como referente a contribución á consecución das competencias básicas, facendo fincapé nos seguintes aspectos: competencia en comunicación lingüística competencia dixital competencia para aprender a aprender competencia en resolución de problemas competencia en habilidades sociais e autonomía


Proxecto interdisciplinar Indicacións para a avaliación 2 Polo tanto, valoraranse:  A adecuación aos obxectivos, prazos e fases  A capacidade de síntese, de análise das dificultades, a valoración crítica e a achega persoal  A estrutura adecuada do traballo proposto Xustificación, descrición do proxecto, explicación dos resultados, elaboración de conclusións

 Adecuación e variedade de fontes e de recursos, incluídas as TIC, no desenvolvemento do proxecto, na realización escrita e na presentación oral


Proxecto interdisciplinar Indicacións para a avaliación 3 Valoraranse:  A riqueza e variedade de procedementos utilizados na busca da información e a adecuación aos fins propostos  A capacidade creativa e emprendedora e a capacidade para modificar camiños e aplicar recursos alternativos  A iniciativa persoal, a autonomía e a autoconfianza  A disciplina, o esforzo e a capacidade de traballo individual e en grupo  A corrección na expresión oral e escrita, así como uso adecuado e variado de recursos gráficos ou audiovisuais e a presentación de materiais  Outros establecidos polo centro e que serán comúns para todo o alumnado


Proxecto interdisciplinar Indicacións para a avaliación 4 O alumnado non terá unha nota no seu boletín nas actas… …pero o profesorado terá unha información moi rica da evolución do seu alumnado. A considerar en cada centro como se dispoña no PEC.



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.