CRISTINA PRIETO SOLANO E “LA CLARIDAD DE LA SOMBRA” A visita de Cristina ao cole tivo unha finalidade moi concreta, por un lado, presentar ao alumnado un modelo próximo de xuventude, portadora de valores e aficións dignas de ser salientables. Por outro lado, tiñamos interés en que se establecese un diálogo sobre o proceso da escritura entre os nenos , as nenas , e a autora de “La claridad de la sombra”. Malia saber que a súa novela, pola súa ambientación en secundaria, estaba un pouco alonxada do mundo do segundo ciclo de primaria , enseguida buscamos un punto de conexión para poder traballar. Para elo, limos na clase a introdución , donde xa intuimos algunha información sobre a autora; era ela, dalgunha maneira, a protagonista da obra…? Despois limos os tres primeiros capítulos para poñernos en situación , así como a sinopse do libro. Esta lectura fixémola en voz alta, o que nos permitiu facer reflexións, analizar os personaxes que aparecían , descubrir ao narrador, etc. En definitiva, chegamos á conclusión de que nos interesaba saber como unha nena de 15 anos fora capaz de escribir unha historia así, de máis de 200 páxinas. Unha vez levadas a cabo estas actividades, fixemos un remuíño de ideas coas preguntas que lle queriamos facer. Estas foron algunhas delas: -
Cal é o teu proceso de escritura? Fas moitos borradores? Tomas modelos da realidade para crear os personaxes? Que son os frikis? Existen en realidade? Cres que un neno intelixente se enamoraría de Laura, personaxe que caracteriza a aquelas mulleres excesivamente preocupadas polo seu aspecto físico? Como é a túa rutina diaria? O título, que nos gustou moito, contén dúas palabras opostas: claridade e sombra.Que teñen que ver coa novela? En canto a Cristina, temos que dicir que é unha nena de 4º da ESO que sorprende pola súa madurez e a súa seguridade cando ten que responder ás preguntas incesantes, sorprendentes e, ás veces , repetitivas, que lle fan máis de 40 nenos e nenas , marabillados ante a súa presenza. Deducimos, polas súas respostas, que é unha moi boa observadora da realidade que a rodea e que debuxa na
súa novela, segundo ela, con tintes un pouco esaxerados. Tamén ás veces, e de maneira moderada, emite algunha que outra crítica sobre a maneira de ser e de conducirse dalgúns dos seus iguais. Respectuosa con todas as opcións defende ,a capa e espada, a liberdade para decidir o que quere ou non quere facer. Declarada lectora compulsiva, cita entre os seus favoritos a Laura Gallego e a Rowling. Tamén se confesa enamorada da poesía de Bécquer. Estudia guitarra no Conservatorio Xan Viaño, forma parte do colectivo Xuventude de Ferrol, saca boas notas e está a piques de rematar a súa segunda novela; o que nos permite vislumbrar que o tempo é unha variable que sabe manexar con maestría. De mirada serena, e sorriso fácil, transmite calma, serenidade e moita seguridade. Amiga das súas amigas, ás que cita constantemente, e tamén moi orgullosa da súa familia ; a súa nai e a súa irmá entran e saen no seu discurso , casi sin querer. De ideas claras, con metas precisas a curto e a longo prazo, augurámoslle un futuro de éxito. Sabe que o que lle interesa é escribir e afirma que o seguirá facendo, publíquenlle ou non. Así que, Cristina, dende o CEIP de Esteiro, desexámosche que se cumpran todos os teus proxectos , que seguiremos con moita atención . Tamén que saibas que nos sentimos moi orgullosos de ser o teu primeiro público e de que fose o noso colexio , o primeiro lugar da presentación de “La claridad de la sombra”. Grazas, así mesmo , polos agasallos que nos trouxeches para a nosa biblioteca, e tamén polos preciosos marcapáxinas para o alumnado.
A Pescadora de Historia (Ferrol, 17 de decembro de 2009)