PERALIÑO , A MASCOTA DA NOSA BIBLIOTECA, INVITA AOS BOLECHAS A “FERROLEAR POLAS RÚAS”.
OS BOLECHAS VIAXAN A FERROL
OS BOLECHAS SON SEIS IRMÁNS: TRES RAPACES E TRAS RAPAZAS QUE SE CHAMAN...
VAN SEMPRE ACOMPAÑADOS POLO SEU CAN CHISPA
OS BOLECHAS ESTÁN PASANDO UNS DÍAS EN FERROL.
O PRIMEIRO DÍA SUBIRON Á ERMIDA DE CHAMORRO. DESDE ALÍ PODÍAN VER TODA A CIDADE DE FERROL.
VIRON QUE FERROL É UNHA CIDADE QUE ESTÁ AO PÉ DO MAR, NO FONDO DUNHA RÍA MOI TRANQUILA.
FIXÁRONSE BEN E VIRON DOUS CASTELOS. UN A CADA LADO DA RÍA: A ESQUERDA O CASTELO DE SAN FELIPE E A DEREITA O CASTELO DA PALMA.
TAMÉN SE VÍA MOI BEN A PONTE DAS PÍAS POLA QUE PASARON CANDO VIÑAN NO AUTOBÚS.
BAIXARON AO CENTRO DA CIDADE E COMPRARON UN PLANO PARA NON PERDERSE E ATOPAR O NOME DAS RÚAS.
SEGUINDO O PLANO, CHEGARON AO PORTO DE FERROL, E ALÍ EMBARCARON E FIXERON UNHA VIAXE POLA RÍA.
N O R E D I U P A C R E C E D R E S V O L E T S A OS C AN Á D E U Q . A Í R
E ATA UN TRANSATLÁNTICO CARGADO DE TURISTAS.
BAIXARON DO BARCO E PASEARON POLO PORTO DE FERROL
CANTOS BARCOS! ENTRE ELES ESTÁ O “BARQUITO CHIQUITITO QUE NO SABÍA NAVEGAR”. HAI QUE BUSCALO.
CANSOS DA VIAXE POLA RÍA, E ALGO MAREADOS POLO VAIVÉN DO BARCO, OS BOLECHAS DURMIRON NA CASA PEREIRA CONSTRUÍDA POR UN ARQUITECTO MODERNISTA DE FERROL CHAMADO RODOLFO UCHA.
CASA PEREIRA TEN DETALLES TAN BONITOS COMO ESTES.
UN DÍA MÁIS DE MARCHA POR FERROL. NO CENTRO DA CIDADE VEN QUE HAI CASAS MOI ADORNADAS.
ALDRABAS PARA CHAMAR ÁS PORTAS
CASAS CON ALEGRES CORES
VEN O MERCADO ONDE A XENTE DE FERROL COMPRA PEIXE, CARNE, VERDURAS, FROITA...
MIRA QUE FORMAS TAN BONITAS
VIRON EDIFICIOS ALGO DETERIORADOS QUE DEBEN SER RESTAURADOS
E OUTROS QUE ESTÁN MOI BEN COIDADIÑOS
OS NOSOS AMIGOS BOLECHAS DECIDIRON IR AO TEATRO JOFRE
ENCANTOULLES POR DENTRO E POR FÓRA. TATÁ E CHISPA ESTIVERON BEN CALADIÑOS NO TEATRO.
DESPOIS DE COMER FORON VER O ESTALEIRO NAVANTIA
AQUÍ FANSE OS BARCOS MÁIS GRANDES DO MUNDO
QUE TRABALLOS TAN COMPLICADOS FAN ALÍ EN NAVANTIA! OS BOLECHAS NUNCA IMAXINARAN QUE FACER UN BARCO FOSE TAN DIFÍCIL.
Á TARDIÑA FIXERON UNHA CAMIÑATA POLO PASEO DA MALATA. ALÍ CHISPA PASOUNO MOI BEN PORQUE PODÍA CORRER CANTO QUERÍA.
MOITO LLES GUSTOU PASEAR Á BEIRA DO MAR NA MALATA
CAMIÑANDO POLAS RÚAS DE FERROL ATOPARON UN EDIFICIO MOI GRANDE. ERA A CONCATEDRAL DE SAN XULIÁN.
AQUÍ DIXÉRONLLES QUE EN FERROL HABÍA IMPORTANTES PROCESIÓNS.
E COMO OS BOLECHAS SON MOI CURIOSOS QUIXERON VER A SEMANA SANTA FERROLÁ. CANTA XENTE! TATÁ TIVO QUE ESTAR TODO O TEMPO NO COLO PARA PODER VER ALGO. E CHISPA CASE SE PERDE.
OS BOLECHAS ESTABAN TAN CANSOS QUE FORON DURMIR AO HOTEL SUIZO, EDIFICIO IDEADO TAMÉN POR RODOLFO UCHA.
DESPERTARON CEDO E PASARON PARTE DA MAÑÁ NO PARQUE RAÍÑA SOFÍA. VIRON ÁRBORES MOI ALTAS, ESTATUAS, ESTANQUES CON PATOS, FONTES...
XOGARON MOITO. FACÍA CALOR. A CHISPA DEULLE A SEDE E PÚXOSE A BEBER.
O QUE Mテ!S LLES GUSTOU DO PARQUE FORON OS PAVOS REAIS. NUNCA TAL VIRAN!
O ALCALDE DECATOUSE DE QUE OS BOLECHAS ESTABAN EN FERROL E RECIBIUNOS NO CONCELLO.
APRENDERON QUE O ALCALDE DE FERROL CHÁMASE JORGE SUÁREZ E QUE O PALACIO MUNICIPAL ESTÁ NA PRAZA DE ARMAS.
DEITÁRONSE CEDO PORQUE AO DÍASEGUINTE ÍANSE PARA A SÚA CASA E TIÑAN QUE MADRUGAR. PERO LOLI BOLECHAS NON PUIDO RESISTIR A TENTACIÓN DE SAÍR AO BALCÓN E DICIR:
FERROL, QUE BONITO É!!!
OS BOLECHAS DESPEDÍRONSE DOS SEUS AMIGOS DE FERROL. E FÓRONSE DICINDO A TODO O MUNDO...
FERROL, QUE BONITO É!