REIS CATOLICOS
XV
PREHISTORIA
IDADE ANTIGA
IDADE MEDIA
XVIII
IDADE MODERNA
1492 DESCUBRIMENTO DE AMÉRICA
IDADE CONTEMPORÁNEA
1789 REVOLUCIÓN FRANCESA
A Idade Moderna é o periodo que abarca desde o final da Idade Media ata o inicio a Idade Contemporánea.
Abarca aproximadamente uns tres séculos e medios: desde metade do século XV ata finais do século XVIII.
Isabel I de Castela
•Naceu en Madrigal das Altas Torres o 22 de abril de 1451 e faleceu en Medina do Campo o 26 de novembro de 1504 , aos 53 anos de idade.
•Era filla dos reis Juan II de Castela e de Isabel de Portugal.
FERNANDO II DE ARAGÓN
•Fernando II de Aragón naceu un 10 de marzo de 1452 en Sos e morreu 1516 •Era fillo de Juan II de Aragón e Juana Enríquez.
En 1469 casaron Isabel de Castela e Fernando de Aragón. Anos despois, ambos os dous herdaron os seus respectivos reinos e iso implicou a creación, en 1479, da monarquía hispánica.
Os reinos de Aragón e Castela uníronse baixo unha mesma coroa, pero cada un deles conservou as súas propias leis, os seus órganos de goberno, a súa lingua e as súas fronteiras
POR QUE SE COÑECEN ISABEL E FERNANDO COMO OS REIS CATÓLICOS?
O Papa Alexandre VI concedeulles a Isabel e a Fernando o título de Reis Católicos, pola súa defensa da fe cristiá.
A expansión da monarquía A mediados do século XV, a Península Ibérica estaba dividida en cinco reinos: Castela, Aragón, Navarra, Portugal e o reino musulmán de Granada.
Os Reis Católicos conquistaron os tres reinos restantes da Península Ibérica para ampliar os seus dominios: •En 1492 conquistaron, tras dez anos de guerra, o reino musulmán de Granada. •A partir de 1496 anexionaron as illas Canarias e Melilla e Orán, no Norte de África. •En 1512 incorporaron o reino de Navarra, que tamén conservou as súas propias leis (foros).
O goberno dos reinos •Os Reis Católicos transformaron os estados feudais nun Estado moderno controlado por unha monarquía autoritaria concentrando nas súas mans o poder •Para centralizar o poder crearon novos órganos de goberno como os Consellos, a Real Audiencia e a Contadoría Real.
•.Nomearon embaixadores para os asuntos internacionais (diplomacia) •Crearon a Santa Hermandade, grupos armados pagados •Organizaron un exército profesional polos concellos encargados de manter a seguridade no que os soldados en camiños e cidades. cobraban un salario.
•Crearon a Santa Irmandade, grupos armados pagados polos concellos encargados de manter a seguridade en camiños e cidades.
A SOCIEDADE DA ÉPOCA A poboación dividíase en tres grupos sociais ou estamentos: 1. Nobreza 2. Clero 3. Terceiro Estado ou Estado Llano, onde se incluían os campesiños, a burguesía e o artesanado urbano. Os dous primeiros eran estamentos privilexiados que non pagaban impostos e tiñan as súas propias leis e tribunais.
Fronte ao cabaleiro medieval, que vivía no seu castelo e se dedicaba preferentemente á guerra, na Idade Moderna xurdiu a figura do cortesán. O cortesán vivía en luxosos palacios situados no centro da cidade. Era moi culto e educado, e interesábase polos libros e a arte. Moitos deles convertéronse en mecenas e traían aos seus palacios escritores e artistas .
POLÍTICA RELIXIOSA DOS REIS CATÓLICOS
A convivencia entre as tres culturas e relixións (xudía, musulmá e cristiá), que caracterizara os reinos peninsulares durante a Idade Media, finalizou ao comezo da Idade Moderna no século XV. A política relixiosa dos Reis Católicos baseouse na unificación relixiosa de todos os seus territorios.
Os Reis Católicos decidiron que todos os habitantes do seu reino debían profesar unha única relixión, a cristiá. Para iso instouse a xudeus e musulmáns a converterse ao cristianismo ou a abandonar o reino. Creouse para iso a Santa Inquisición que perseguía e xulgaba aos herejes que se afastaban dos dogmas da Igrexa católica.
ECONOMÍA •A base económica estaba centrada na ganadería ovina e a produción de lá, que estimulou a creación de talleres textiles e a exportación a Europa deste material. •Tamén foi a produción de ferro e o comercio marítimo de vascos polo atlántico, e cataláns e valencianos polo Mediterráneo. •Artesáns, gandeiros e comerciantes teñen cada vez máis protagonismo na economía do reino. Créase o Consello da Mesta Castelá que agrupaba aos pastores de ovellas e que lles permitia facer transhumancia (trasladar o gando a outro territorio en busca de pastos) libremente entre Castela e Aragón.
•Desde o século XIII existían rutas comerciais cara a Oriente, que atravesaban Asia ata chegar á India e ás Illas das Especias (Illas Molucas) •Os comerciantes europeos organizaban caravanas na procura de produtos orientais como a seda, as especias e outros obxectos de luxo. •Este comercio dáballes moitos beneficios
•A expansión do comercio e a longa distancia espertou o interese por explorar novas rutas para chegar a Oriente.
Cultura. Nos sĂŠculos XV e XVI, ao inicio da Idade Moderna, difundiuse unha nova forma de pensar que mudaba a visiĂłn medieval do mundo. .
O Humanismo . O Humanismo converteu o ser humano e a sĂşa capacidade para pensar e razoar no centro dos seus intereses (antropocentrismo).
•Os humanistas rexeitaron moitas das crenzas medievais e inspiráronse nos saberes da Antigüidade clásica (Grecia e Roma). .
•Pensadores, artistas e científicos comezaron a observar a natureza e a usar a razón como método de estudo para comprender o mundo que os rodeaba.
•A difusión das ideas do Humanismo foi posible grazas á imprenta, creada por Johannes Gutenberg cara ao ano 1450. . •O novo invento permitiu imprimir gran cantidade de exemplares dun mesmo libro. Deste xeito, o saber escrito puido chegar a moitas máis persoas.
Os avances científicos •Moitos humanistas foron matemáticos, astrónomos, científicos, filósofos, médicos, etc., que fixeron avanzar os coñecementos que se tiñan na época medieval. Entre eles salientaron: •Paolo Toscanelli, que defendeu que a Os avances científicos Terra é redonda . •Galileo Galilei e Nicolás Copérnico, que demostraron que a Terra xira ao redor do Sol. •Miguel Servet, que contribuíu a descubrir como circula o sangue no corpo humano.
O DESCUBRIMENTO DE AMERICA AS EXPEDICIÓNS MARÍTIMAS FORON POSIBLES GRAZAS OS PROGRESOS NA NAVEGACIÓN : •Construción da carabela, un barco moi resistente que permitía facerlles fronte ás tormentas do Atlántico. •Invención de aparellos como o compás e o astrolabio, que facilitaron a navegación marítima. •O debuxo dos portulanos (mapas), que amosan o perfil das costas e sinalan as rutas marítimas.
O DESCUBRIMENTO DE AMERICA CRISTÓBAL COLÓN
•Navegante de orixe xenovesa, tivo moitas dificultades para levar adiante o seu proxecto de viaxar "ás Indias" navegando cara o oeste. •Logo de ser rexeitado polo rei de Portugal, conseguiu o apoio dos Reis Católicos, que lle proporcionaron barcos, alimentos e mariñeiros. •O 3 de agosto de 1492, Colón e unha tripulación duns 90 homes partiron do porto de Palos (Huelva) cunha nave (a Santa María) e dúas carabelas (a Pinta e a Niña).
O DESCUBRIMENTO DE AMERICA •A travesía do Atlántico durou máis de dous meses e o 12 de outubro desembarcaron nunha illa do Caribe, San Salvador. •Colón cría ter chegado á India, en Asia. Por iso lles chamou "indios" aos seus habitantes e "as Indias" ás novas terras. •En xaneiro de 1493, Colón deixou no novo continente 39 homes e iniciou a volta. •Colón realizou outras tres viaxes a América. No entanto, morreu en 1506 sen saber que chegara a un novo continente.
O DESCUBRIMENTO DE AMERICA
O novo continente ao que chegou Colón estaba habitado por distintos pobos con formas de vida moi diferentes ás europeas. : Estes pobos coñécense como precolombianos. • os aztecas, en México •os incas, en Perú •os maias, en América Central. Construíron grandes imperios gobernados por poderosos reis.
O DESCUBRIMENTO DE AMERICA •Vivían en poboados e cidades. A maioría eran campesiños e artesáns e practicaban o comercio. •Empregaban instrumentos e armas de pedra e madeira moi sinxelas (mazas, escudos, arcos e frechas), e non coñecían o ferro nin a roda.
arte No século XV orixinouse un novo estilo artístico: o RENACEMENTO, que se difundiu por toda Europa MANIFESTACIÓNS ARTISTICAS
significa o renacer da cultura clásica. Os artistas querían superar a época medieval e inspiráronse na Antigüidade grega e romana.
A arquitectura construíron igrexas e palacios inspirándose nas formas da Antigüidade clásica.
Empregaron as columnas clásicas, os frontóns, os arcos de medio punto e as cúpulas. Tamén recubriron moitas fachadas con mármore
A pintura •representa escenas da mitoloxía clásica ,temas relixiosos e a realidade(persoas da época edificios como fondo do cadro.) • aparece a perspectiva, unha técnica que ordena os elementos dun cadro, para que dean a sensación de profundidade e afastamento. •En España, destaca a pintura do GRECO (1541-1614).