Investigando Tomiño Área: Coñecemento do Medio Autor: Ana Rodríguez Martínez Nivel: 4 de primaria
INTRODUCCIÓN
De seguro todos coñecemos o nome do lugar onde vivimos, Tomiño! Pero...saberíades dicir a que comarca pertence? Ou de cantas parroquias está formado? Seríades quen de recomendar que visitaran a vosa vila ofrecéndolle información dela? Con esta caza de tesouro aprenderás todas estas cousas e máis acerca de Tomiño, prepárate porque estamos a piques de comezar!
PREGUNTAS
1)Escribe no mapa mudo de España o nome de todas as Comunidades Autónomas. 2)Escribe a definición de provincia, comarca e parroquia. 3)Tendo en conta as definicións do exercicio anterior completa a seguinte afirmación: Tomiño está formado por 15......................que forman parte da....................do Baixo Miño que está situado na.....................de Pontevedra. 4)No mapa de Galicia colorea cada provincia dunha cor diferente. Logo localiza a comarca do Baixo Miño e coloreáa de cor verde. 5)Con quen limita Tomiño? Cantos habitantes ten? 6)Busca o nome de cada unha das parroquias de Tomiño e colócaa correctamente no seu lugar no mapa mudo. 7) Poderías nomear algún dos vestixios do Paleolítico que poderiamos atopar en Tomiño?
8) Explica as características principais da Igrexa de San Vicente de Barrantes. 9)Nomea dúas características do patrimonio natural de Tomiño e explica brevemente cada unha delas. RECURSOS
Nos seguintes enlaces poderás atopar a información necesaria para responder as preguntas anteriores. Buscador de imaxes - https://www.google.es/imghp?hl=es&tab=wi Tomiño y sus 15 comarcas - http://merchi.galeon.com/ O Baixo Miño - http://www.galiciasuroeste.info/varios/comarca_baixo_mino.htm Turismo no Baixo Miño - http://www.turismobaixomino.com/ Concello de Tomiño - http://www.concellotomino.com/Tur_concello.aspx Información Tomiño - http://www.agalicia.com/tomino/index.htm Guía de Tomiño - http://issuu.com/conganasdeaprender/docs/guia_es#embed
LA GRAN PREGUNTA
Para rematar o voso gran traballo de investigación deberedes realizar un tríptico ou folleto onde publicitedes a vosa vila para os turistas. Nel deberedes incluir algunha información de Tomiño e posibles lugares de interese ou actividades que realizar na zona. Boa sorte!
EVALUACIÓN
Neste traballo se evaluarán distintos aspectos: 1. As respostas as preguntas feitas no caderno: 4 puntos 2. O tríptico de publicidade: 4 puntos 3. O bo traballo en grupo: 2 puntos
CRÉDITOS
Agradezo as distintas páxinas web utilizadas nesta caza pola proporción de información.