organización

Page 1

DIRECTRICES DE ORGANIZACIÓN: • Achegas Económicas: A aportación económica por parte da Conselleria é a estipulada por lei, para poder satisfacer as necesidades do servizo de comedor (alimentación e materiais funxibles e non funxibles de uso cotiá) A situación económica da conta do comedor, como consecuencia dunha satisfactoria xestión económica dos encargados do servizo de comedor,fai que este ano a aportación voluntária das familias sexa 10 euros mensuais.Enviouse a cada família unha notificación das normas e o lugar de ingreso. Queremos facer mención neste apartado de que consideramos que o ingreso que fai a Consellería por cada alumno, 1,94€ o curso anterior,é bastante escaso se consideramos que temos que facernos cargo de gastos alimentarios,de combustible,roupa de persoal de cociña,intendencia diária(vaixela...),limpeza... • Organización Nais- Colaboradoras: As nais colaboradoras tamén organizaranse atendendo o calendario feito trimestralmente para todo o curso escolar. • Organización profesorado: O profesorado colaborador participará todolos días no lavado de máns previo a comida e tamén organizaranse trimestralmente etendendo o seguinte cuadro organizativo • Organización Camareiros: Os alumnos de 5º e 6º axudarán no bo funcionamento do mesmo atendendo as súas posibilidades.


NORMAS XERAIS PARA CAMAREIROS /AS A semana que che toque de camareiro deberás poñer a mesa no recreo. Se houbese algún motivo xustificado polo que algún día non poideras, deberasllo dicir a D. Bene, que é o encargado de comedor, ou a Directora, Dna. Begoña. Se estiveses castigado no recreo, deberás pedirlle ao profesor que che castigou que te deixe vir poñela mesa. Faralo rápido para ir despois a continuar co castigo. ¿COMO POÑEMOS A MESA ? Empezamos polo mantel. En cada mesa hai que poñer 11 servizos, primeiro os pratos baixos e logo os fondos. Enriba de cada prato poñemos un pano de mesa e por último o vaso dado a volta. Os pratos desobremesa colócalos nun montón nas mesas laterais para repartilos no momento de comer o postre. A continuación hai que poñer os cubertos, xa sabes: o garfo á esquerda e o coitelo e a culler á dereita. Os cubertos da sobremesa diante de cada prato. Ao tocalo timbre á 1 irás cara o comedor, onde esperarás a que che manden lavar as mans, entrarás no comedor a poñer o pan e a auga. E xa quedarás sentado en silencio na túa mesa. Se non eres camareiro ,esperarás en fila, na entrada do comedor. ¿COMO RECOLLEMOS A MESA ? • • • •

Para recoller o 1º prato baléiranse os refugallos de comida na sopeira, apílanse os pratos usados e se levan para lavar e despois a sopeira. Para o 2º prato faise o mesmo.Unha vez recollido o 2º prato distribuense os pratos de sobremesa e sérvese o postre a cada neno. Os vasos, pichelas de auga e paneiras non se recollen ata que estea o postre de todos acabado. O rematar recolles o mantel que tirarás nunha bolsa de reciclaxe e limparás a mesa co pano.

É IMPORTANTE RECORDAR QUE… • •

Para pedir máis pan ou auga tes que levantar a man para que o traigan as encargadas do comedor. Se algun día viñeras ó colexio pola mañá pero por motivos xustificados tiveras que ir a comer a casa, terás que darlle o xustificante a túa titora e avisar os encargados de comedor. O comedor non é un sitio de paseo nin de xogo, por iso non podes andar dun lado para outro, tes que estar no teu sitio e só te lavantarás o imprescindible.

¡ MOI BO PROVEITO E GRAZAS ! Contamos contigo…


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.