Non decreto obama galego

Page 1

#ObamaDerogaODecretoXa Hoxe, 9 de marzo de 2016, cando se cumpre un ano da Orde Executiva 13692 do Goberno do Presidente Barack Obama que considera a Venezuela como “unha ameaza inusual e extraordinaria” contra a seguridade nacional e política de Estados Unidos e, á vez, a decisión de prorrogar a mesma por un ano máis, alegando que é “necesario continuar a urxencia nacional” con respecto á situación en Venezuela porque “non mellorou” e esgrimen supostas violacións de dereitos humanos, queremos manifestar o seguinte: 1. Reiterar, de novo, o noso contundente rexeitamento á acción injerencista

do Decreto Executivo 13692 dictada polo presidente Barack Obama dos Estados Unidos, tal e como o fixemos públicamente o pasado ano, sumándonos á campaña mundial #ObamaDerogaODecretoXa. 2. Esta acción é unha flagrante violación dos principios do Dereito

Internacional e unha grave injerencia en asuntos internos de cada país, xa que atenta contra o respecto e a igualdade entre nacións soberanas. Respondendo isto así, a unha resolución de orde unilateral e de imposición ao que segue estando afeito o Imperio, o cal -con apoio da dereita fascista internacional- pretende doblegar os avances dos gobernos progresistas e revolucionarios. 3. Rexeitamos o descoñecemento de EE.UU. ao clamor de millóns de

voces e firmas que se recolectaron -máis de 13 millóns- a nivel mundial para rexeitar e esixir a derrogación inmediata deste flagrante e arbitrario Decreto por canto constitúe unha grave agresión á soberanía e integridad de Venezuela que é un país libre, soberano e independente. 4. Esiximos a derrogación inmediata e definitiva deste Decreto que busca

desestabilizar e destruír o Goberno do Presidente Nicolás Maduro, a Revolución Bolivariana e dar cabida a escenarios violentos que poidan xustificar unha intervención estranxeira sobre esta nación suramericana. Finalmente, reiteramos o noso apoio e solidariedade ao Goberno Bolivariano do Presidente Nicolás Maduro e ao pobo venezolano, estaremos atentos e en pé de loita na defensa da Revolución Bolivariana. ¡POLA PATRIA DIGNA DE BOLÍVAR E CHÁVEZ¡ ¡VENEZUELA NON ESTÁ SOA! ¡VENEZUELA RESPÉCTASE! ADHESIONES: ASOCIACIÓN GALEGO BOLIVARIANA AGABO HUGO CHÁVEZ


MAR DE LUMES. BLOQUE NAIONALISTA GALEGO (BNG) CONFEDERACIÓN INTERSINDICAL GALEGA (CIG) CENTRAL UNITARIA DE TRABALLADORES (CUT), FRENTE POPULAR GALEGA (FPG) ESQUERDA UNIDA (EU) PARTIDO COMUNISTA DE GALICIA (PCG) RUBÉN PÉREZ CORREA -COMO PORTAVOZ DEL GRUPO MUNICIPAL MAREA DE VIGOPARTIDO COMUNISTA DO POBO GALEGO (PCPG). TERESA MOURE –PROFESORA Y ESCRITORA GALLEGAASOCIACIÓN DE AMIZADA GALEGO-CUBANA FRANCISCO VILLASMIL ASAMBLEA REPUBLICANA DE VIGO ANOVA-VIGO-NOS


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.