ILLADOS 5 de xullo- 28 de agosto de 2013 Castelo de Santa Cruz. Oleiros. A Coruña ILLADOS é un proxecto coral no que máis de vinte artistas galegos interveñen nos espacios expositivos do Castelo de Santa Cruz, cunha exposición no que o fío conductor é o mar e a nosa natureza. Achegámonos así a través do relato contemporáneo ao mundo marítimo nun enclave privilexiado, nun espazo que forma parte da historia da Coruña desde o século XVII e que, despois de distintos usos acolle agora o CEIDA, que coordina, dinamiza e promove a educación ambiental en Galicia. Pintores, fotógrafos e escultores presentan unha obra específica para esta exposición cun nexo de unión: o mar e o seu hábitat. Estes artistas representan este sinal de identidade de Galicia con iconos recoñecibles a través dunha lectura persoal e emotiva da natureza. En moitas das pinturas e fotografías podemos ver unha fibra sintética que capta a fugacidade do instante a través da luz e a cor. As esculturas que se presentan interpretan, igualmente, aspectos da natureza que nos rodea desde una perspectiva artística.
Todos os artistas teñen unha traxectoria moi recoñecida e consolidada. Desta forma podemos contemplar durante dous meses a visión e interpretación persoal da natureza a través da nova figuración nos óleos de Alexandro, no surrealismo do artista Paco Pestana ou na forza de Paulo Neves, Ramón Conde e Soledad Penalta en tres dimensións. Igualmente achegámonos ao mar a través do realismo na pintura de Guerreiro, Méndez, Mila Vázquez e Simion Craciun; na experimentación cos materiais de Julio Sanjurjo, Rivero de Aguilar, e Andreas Ruíz; ou no humor a través da arte de Jorge Espiral e Fernando Barreira. Veremos a visión do noso hábitat a partir da abstracción de Masíá, Xaquín Chaves, Magalhaes, Isabel Pintado e Ángel Caballero; da perspectiva fotográfica de Edu Valiña e Xabier Carrasco. Tamén poderemos contemplar as referencias á iconografia galega de Buciños, Francisco Pazos e Luis de las Cuevas e a calidez da madeira na escultura de Lomarti, Enrique Tenreiro e Camilo Seira. Finalmente achegarémonos á nosa natureza a través da sutileza da pintura de Seara e a creatividade de Alberto Gulías. Na inauguración serviuse viño Alberte, patrocinador da exposición.
Mila Vázquez .
Luis de Las Cuevas
Ram贸n Conde
Francisco Pazos

Simion Craciun

J. Mendez
Alberto GulĂas

Xavier Carrasco
Andreas Ruíz
Isabel Pintado
Julio Sanjurjo
XaquĂn Chaves
Enrique Tenreiro
Angel Caballero
Seara
Camilo Seira

Paco Pestana
Jorge Espiral

Xavier Magalhaes

Lomarti
Edu Vali単a

Soledad Penalta
Alfonso Rivero de Aguilar
Alexandro

Fernando Barreira
Buci単os
Guerreiro
Rafael Masiรก
Paulo Neves
Leandro Sรกnchez
Cristina Carballedo Penelas Comisaria de Illados cristina.carballedo@gmail.com Tfno: 630 28 59 20 sumarte.wordpress.com