ILLADOS COLECTIVA
ILLADOS é un proxecto coral no que máis de vinte artistas galegos interviñeron nos espazos expositivos do Castelo de Santa Cruz, cunha exposición na que o fío conductor era o mar e a nosa natureza. Este proxecto expositivo, que cobrou vida durante dous meses neste emblemático espazo, recala agora na sala Francisco Creo da Sociedade Liceo de Noia, unha institución fundada no ano 1928 nesta histórica vila. Achegámonos así a través do relato contemporáneo ao noso hábitat, nun espazo con máis de 75 anos de historia no que pintores, fotógrafos e escultores presentan unha obra específica na que representan a nosa identidade con iconos recoñecibles a través dunha lectura persoal e emotiva da natureza. Así, en moitas das representacións plásticas podemos ver unha fibra sintética que capta a fugacidade do instante a través da luz e a cor. As esculturas que se presentan interpretan, igualmente, aspectos da natureza que nos rodea desde una perspectiva artística. Todos os artistas teñen unha traxectoria moi recoñecida e consolidada. Desta forma podemos contemplar nestes meses de outono, a visión e interpretación persoal do noso hábitat a través da nova figuración nos óleos de Alexandro e Rafael Masiá, na forza escultórica de Paulo Neves, na expresividade da obra de Ramón Conde e na personalidade da escultura de Soledad Penalta.
Igualmente achegámonos ao mar a través do realismo na pintura de Guerreiro, Méndez, Mila Vázquez e Simion Craciun; na experimentación cos materiais de Julio Sanjurjo, Rivero de Aguilar, e Andreas Ruíz; ou no guiño humorístico a través da arte de Jorge Espiral Veremos a visión da paisaxe que nos rodea a partir da mirada abstracta de Xaquín Chaves, Magalhaes, Isabel Pintado e Ángel Caballero; o arraigo á terra na perspectiva fotográfica de Edu Valiña. Tamén poderemos contemplar as referencias á iconografía galega de Buciños, Francisco Pazos e Luis de las Cuevas e a calidez da madeira na escultura de Lomarti, Enrique Tenreiro e Camilo Seira. Finalmente achegarémonos á nosa natureza a través da sutileza da pintura de Seara e a creatividade de Alberto Gulías. Agradezo a Sociedade Liceo de Noia, especialmente aos seus coordinadores, a invitación para presentar esta exposición nunha institución cargada de tradición. Agradecemento tamén aos artistas que se implicaron desde o principio en todas as fases do proxecto e a todos os colaboradores que entre todos fan posible que esta exposición poda mostrarse nesta noble vila ao carón do mar. Cristina Carballedo, Comisaria de Illados Enderezo eletrónico: cristina.carballedo@gmail.com Tfno: 630-28 -59 -20 Páxina web: sumarte.wordpress.com
COORDINACIÓN: ALFONSO COSTA BEIRO - JOSÉ BLANCO ABEIJÓN ( pepetisco@yahoo.es) COMISARIADO: CRISTINA CARBALLEDO PENELAS (cristina.carballedo@gmail.com · Tfno 630 28 59 20) COLABORADORES: PILAR SAMPEDRO · BODEGAS NAIROA - ALBERTE RIBEIRO · Grupo Musical GREEN FLASHLIGHT
Ram贸n Conde. Cuesti贸n de tama帽o. 49x57x33 cm.
Andreas Ruiz. Pr铆ncipe Nubio.
Enrique Tenreiro. Dasatadas. 250x10x10 cm. Madeira de Binoniacea, ano 2010
Soledad Penalta. El mar viene cantando por el viento de la vida. 90x70x17cm. Ferro, Plancah de ferro soldadura manuscrita pintado
Francisco Pazos. Cabeza remendada. 40x30x27 cm. Granito e cemento
Camilo Seira. Gato 10x30x60 cm. Madeira de casta単o
Alberto Gulias. Hombre pájaro. 100x20x20 cm. Técnica mixta
Luis de las Cuevas. Percebeiro. 40 x 30 x 20 cm. Bronce, peza única.
Buci単os. Sin titulo. 35x46 cm. Bronce
Alfonso Rivero de Aguilar. Peixe. 60x25 cm. Pedra serpentina
Paulo Neves. Celda. 100x40x40 cm. Madeira
Lomarti. Nube.18x4x5 cm. Madeira de negrillo, ano 2013
Julio Sanjurjo. La edad del mar. Óleo sobre corcho
Mila Vázquez. 40x120 cm. Óleo sobre lenzo
Xoan Guerreiro. Faro de killybegs. 150x50 cm. Óleo sobre táboa
Alexandro. Pulpo. 135x86 cm. Óleo sobre cartón
Xaquín Chaves. Días de Novembro. 100X100 cm. Técnica mixta sobre lenzo
Jorge Espiral. Dos orejas y un rabo. 46x38 cm. Acrílico sobre lenzo
Masiá. El valedor de los gazumardos. 100x77 cm. Técnica mixta sobre papel encolado a táboa, ano 2013
Isabel Pintado. Sobre el horizonre cansado. 100x81 cm. Mixta sobre lenzo
Xavier Magalhaes. Draconidas. 90x90 cm. TĂŠcnica mixta
Seara. 83x122 cm. Técnica mixta sobre táboa
Ángel Caballero. De un país de los espejos del agua. 80x100 cm. Acrílico sobre lenzo
Simion Craciun. Mar negro. 100X80 cm. Óleo sobre lenzo.
Edu Valiña. Zona delicada. Fotografía dixital
J.Mendez. Fuera de cuadro. 100 x50 cm. Óleo sobre lenzo.
ILLADOS Mila Vázquez Luis de Las Cuevas Simion Craciun J. Méndez Ramón Conde Alberto Gulias Julio Sanjurjo Andreas Ruíz Isabel Pintado Seara Enrique Tenreiro Camilo Seira Ángel Caballero
Xaquín Chaves Magalhaes Jorge Espiral Alfonso Rivero de Aguilar Alexandro Francisco Pazos Xoan Guerreiro Paulo Neves Masiá Buciños Soledad Penalta Edu Valiña Lomarti
Retornamos a este espazo senlleiro cunha mostra onde o hábitat natural forma parte de novas e inquedantes creacións, que beben dos recunchos da terra máis prezada, Galiza. Pintura, escultura, fotografía, calquera disciplina é axeitada para seducir e enmudecer o espectador máis incrédulo, que lonxe de sentirse indiferente, recoñece a impronta que cada artista deixa na súa obra, e faise partícipe dela. Entenderemos a obra como unha volta á ancestralidade natural, alimentada polo encontro do ser humano con toda unha iconografía paisaxística, que é sometida a cambios estruturais permanentes. A natureza como alma da creación humana. José Blanco Abeijón
Outubro - Novembro 2013
SOCIEDADE LICEO “Sala Francisco Creo” De 10:00 h. a 00:00 h.
NOIA