O lapis do carpinteiro

Page 1


AUTOR

Manuel Rivas estudou no IES Monelos e comezou a súa carreira como xornalista moi novo, aos 15 anos, como meritorio no El Ideal Gallego. Estudou Ciencias da Información en Madrid. Os seus primeiros artigos remóntanse á década dos anos 70. É colaborador en diversos medios de comunicación galegos e españois: El País, El Ideal Gallego, La Voz de Galicia, sendo nomeado subdirector do Diario de Galicia. Tamén colaborou nas revistas Teima e Man Común, desenvolveu unha sección fixa no semanario A Nosa Terra, foi redactor xefe da sección de cultura do efémero semanario El Globo e chegou a ser o director da revista cultural Luzes de Galiza. En 1981 participou na viaxe do Xurelo á Foxa Atlántica, onde realizou un traballo xornalístico que axudou na paralización dos verquidos radioactivos. Presentou os programas da TVG Máis alá e O mellor. Na actualidade mantén unha columna semanal no xornal El País, onde comezou como correspondente coruñés e fixo numerosas intervencións en medios de comunicacións audiovisuais. En outubro de 2003 participou, xunto con Xurxo Souto, na reinauguración da emisora comunitaria Cuac FM (A Coruña) No campo da creación literaria, deuse a coñecer como cofundador do grupo poético Loia, na revista co mesmo nome apareceron as súas primeiras composicións en 1977. Dous anos despois publicou o seu primeiro libro de poemas co que se revelou como unha voz distinta dentro da lírica galega e polo poema Pra escarnho e mal dizer foi galardonado co Premio de Poesía Nova de O Facho, o primeiro dunha longa serie de premios que leva xa na súa carreira como escritor, narrador e poeta, resaltando entre todos eles a concesión no ano 1996 do Premio Nacional de Narrativa por ¿Que me queres, amor?, premio no que xa fora finalista oito anos antes pola novela Un millón de vacas. Algunhas das súas obras foron adaptadas ao cine, entre elas A lingua das bolboretas dirixida por José Luís Cuerda e O lapis do carpinteiro, dirixida por Antón Reixa que foi seleccionada para presentarse nos premios Goya da Academia Española do Cine. Foi membro fundador de Greenpeace, polo que non resulta estraño o seu grao de implicación persoal en actividades relacionadas coa catástrofe do Prestige nas costas galegas coma a creación da plataforma cidadá Nunca Máis ou máis recentemente coa vaga de lumes do ano 2006 no territorio galego.


COMPRENSIÓN Contestar: 1. Como coñeceu o pintor ao doutor Da Barca? 2. Como e por que outra pena conmutan a condea de Da Barca? 3. Quen era Zalo Puga? Por que Herbal non o castiga? 4. Cando e como apresou Herbal a Da Barca? 5. Que fai Marisa cando a súa familia lle impide ver a Da Barca? 6. En que dúas oportunidades se deprime no cárcere o doutor Da Barca? 7. Que ingresa Marisa na prisión coa comida e como Herbal o descobre? 8. Enumera os lugares onde se desenvolven os feitos. Colócaos nun mapa. 9. Que datos da novela permiten datar os feitos narrados? 10.Enumera os sucesos cardinais da historia e ordealos no tempo. Onde situarías a entrevista de Carlos Sousa e o doutor Da Barca, a conversación entre Herbal e María da Visitaçâo, o relato de Herbal sobre a guerra e a visita de Sousa ao burdel de Manila? 11.Trátase dun relato cronolóxico ou anacrónico? Que tipo de lector requere este relato? Por que? 12.Que clases sociais están representadas na novela? Como se posicionan con respecto á Guerra Civil? 13.Como é a vida nos cárceres franquistas? Que é a morte aprazada e para que se realizaba? 14.Enumera os personaxes que rodean a Da Barca e descríbeos cos seus trazos máis característicos. Dende a perspectiva do autor, como están vistos ambos bandos?


DESPOIS DE LER 1. A nivel discursivo esta novela és un tapiz tecido de voces. Sitúa os diferentes narradores e indicar, en cada caso, se participan ou non dos sucesos, en que persoa gramatical contan e dende que perspectiva ou focalización (externa, interna ou ningunha). 2. Ademais da súa propia voz, o narrador cede a palabra aos personaxes. Indica mediante que procedimentos, prestando especial atención aos discursos directo e indirecto libres. En que reside a dificultade de discriminar as voces? Que sensación percibe o lector ao enfrontarse con esta marea de enunciadores? 3. Que presenzas escoita na súa cabeza Herbal? Que concepción da existencia simbolizan cada unha delas? Cal podería dicirse que triunfa? Que oportunidades non lle ofreceu a vida a Herbal para redimirse? Como foi a súa infancia? Por que Herbal é un personaxe tráxico? Por que esta dualidade designa a esencia do humano? 4. Por que o garda se sente atraído polo doutor? Que papel xoga Marisa nisto? Que sente Herbal no seu peito? Como o interpreta el? Como o interpreta o doutor? En que oportunidades Herbal favorece ao doutor? En cales arruinalle a existencia? En que reside a nobreza de ambos protagonistas? 5. Que significa o lapis? Identifica o recorrido do lapis ata chegar a María da Visitaçâo. En que outras oportunidades o lapis é nomeado ou empregado? 6. Realiza unha comparativa entre a obra escrita e a película despois de vela. 7. A Guerra Civil é un tema utilizado por este autor noutras obras. Realiza unha pescuda e averigua en cales?


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.