TANTAS IMAXES #04 - O OBRADOIRO (I)

Page 34

nuria lago IG: @nuria_lago_

Escuridade Como sentir a luz, recluida?. Como crear sen ferramentas, sen o meu sitio, o meu lugar? Apareceu o medo. O medo ao bloqueo, a que non saia, ao baleiro,… Sempre sentín e aceptei a fraxilidade das cousas, tamén a miña propia. Esta pandemia puxo de manifesto, unha vez máis, que case nada é importante, que case todo é relativo, case todo prescindible. Sempre me sentín afortunada e agradecida polo meu traballo artístico, pero agora aínda máis. Esta parada obrigada no camiño supuxo sentir e aceptar máis que nunca a fraxilidade da arte e o artista, a pouca ou ninguna importancia dos lugares físicos, dos obxectos, das ferramentas; o redescubrimento de que artista é unha condición, un sentir, de que artista é honestidade, humildade, procura da evolución, metamorfose constante, discreta, atención plena ao esencial, agradecemento sinceiro á Fonte, sempre tan xenerosa connosco. Pensaba que marchaba, que me estaba afastando, pero o afastamento era só do material; sitios, cousas, hábitos,… Todos eles aspectos que creía necesarios para traballar e que non o son. Pero, asemade, decateime de que sempre permanecín no eixo, na orixe, onde a Fonte mana, onde ela fica sempre. Ao comezo, pensei que era escuridade, sí; doeu, sí, moito,… pero era crecemento, EVOLUCIÓN. 34


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.