2 minute read

Sebas Anxo

PANTONE ©

17-2034 TCX Pink Yarrow

Advertisement

> FB: sebas anxo_obra > IG: sebasanxo_obra > http://entrelecieleasmans.blogspot.com

Uso no taller maioritariamente o papel, o cartón e a madeira. Os recortes inclúen elementos gráficos e matéricos seleccionados despois dun traballo experimental inicial. É un percorrido procesual agrupado en varias fases, sistematizado e interiorizado despois de alomenos dúas décadas de experimentación con técnicas mixtas e o collage como procesos recurrentes. Imbrícase todo, entre unha figuración e unha abstracción non sempre simbólica. Durante o proceso xorden innumerables plásticas, que poden ser xerme de pezas definitivas ou dunha mostra completa. A cor non está só ao servizo da forma, senón que é unha estructura central, aberta e constructiva.

Sebas Anxo

Sobre la pintura de Sebas Anxo

Hai artistas que crean por subtracción e outros por acumulación. Sebas Anxo é destes segundos.

Sobre unha superficie inicial vai engadindo pintura, pegadas, trazos, capas e memoria até cubrir todo o soporte. Practicamente toda a obra del emerxe a partir da idea de suma, de engadir estratos sobre os fondos previamente manchados. Hai nas súas obras, un interesante proceso de transmutación, de reutilización ou reciclaxe duns cadros noutros. Debuxos que son recortados para integrarse como capas, nunha combinatoria termodinámica na que ningunha enerxía se perde. Os cadros están cheos de enriquecedoras polaridades, teñen un compoñente, próximo, familiar. O que ten como referencia primeira a elementos inocuamente decorativos, pasa a integrarse no cadro como un elemento perturbador, case punk. Os bordos dos cartóns pegados, cortados coa forza dos abismos, marcan fronteiras, entre cores e formas, pero tamén entre xeometrías e xestos apaixonados.

Abstracción figurativa, figuración abstracta ou figuración. emocional, como prefiran, é outro dos campos en continuo balance que apreciamos nas obras. Outro xogo de opostos: o plano e o tridimensional. Unha sutil sensación que se produce cando o encolado é intencionadamente escaso para que o papel se levante, coma se estivese a piques de botarse a voar. O plano de acción pasa das dúas dimensións á tridimensionalidade, avanzando sutilmente cara ao espectador. Todas esas diferentes proposicións, poderían facilmente quedar descontroladas nun espazo de xestos inconexos, pero non é así. Todas elas están sustentadas por unha sólida estrutura. A composición é transversal en cada peza, imprégnao todo, ordenando o espazo e servindo de armazón ao cadro.

Sorprendentes son as pezas formadas polas series de madeiras. Poderían interpretarse como un mostrario, como notas dunha melodía ou como unha paleta de experimentación de formas. Unha saída cara á simplificación da linguaxe pictórica e o respecto ao soporte e a súa presenza no espazo. Esas pezas, case de laboratorio creativo, dános idea da xenerosidade do artista e da súa capacidade para asumir novos riscos.

Tono Carbajo

> Descanso Técnica mixta sobre papel 21x21 cm 2004

> Le rencontre Técnica mixta sobre papel 30x30 cm 2013

> Fabricante de nubes Técnica mixta sobre papel 80x100 cm 2013

Plétora Negra Técnica mixta sobre papel 68x50 cm 2015

> S/T Técnica mixta sobre papel 26x25 cm 2019

C’est nude Técnica mixta sobre papel e cartón 24x20 cm 2019

> Madeira S/T Acrílico e lápiz conté sobre táboa e papel 22x20 cm 2019

This article is from: