Máis de 70 alumnos de 3º e 4º ESO, e de 1º e 2º Bach. de Humanidades, ainda que tamén algúns de 4º ESO TICs, nunha excursión organizada polos departamentos de Grego e Latín, coa participación dos profesores Daniel Ortega Iglesias do dpto. de Educación Física e Diana Almeida Guillán do dpto. de Lingua Castelá, viaxaron o martes 10 de abril ata Braga, antigua Bracara Augusta (o seu nome en latín), cidade fundada polo emperador Augusto no ano 16 a.C. Nesta cidade, pola mañá visitamos con guía as Termas Romanas, bastante ben conservadas, e ó carón o teatro romano (que aínda está pouco excavado):
Foto: Daniel Ortega Iglesias Profesor de Educación Física
Foto: Daniel Ortega Iglesias Profesor de Educación Física
Logo fixemos visita guiada do Museo Arqueolóxico D. Diogo de Sousa:
Foto: Google
onde puidemos coñecer os restos arqueolóxicos prehistóricos, protohistóricos
e
románs,
así
como
dúas
maquetas-
reconstrucións estupendas, unha da domus romana excavada en Braga, e outra das propias termas. Despóis do museo, dimos un paseo ata a Praça da República:
Foto: Google onde tomamos un café no elegante café Vianna, aberto desde 1850:
Foto: Google
A continuaciรณn, os buses levรกronnos รณ Braga Parque, o centro comercial de Braga, onde xantamos e tivemos tempo libre:
Foto: Google
Foto: Google
Para rematar a excursión, subimos a pé ó Bom Jesus do Monte, a pé, unhas 500 escaleiras (ainda que uns poucos subiron no funicular):
Foto: Ainhoa Jimeno Fernández Alumna de Cultura Clásica de 3º C
Foto: Estefanía Fernández Rodriguez Alumna de Grego & Latín 1º Bach.
Foto: Estefanía Fernández Rodriguez Alumna de Grego & Latín 1º Bach.
Choveunos todo o día, salvo na subida ó Bom Jesus do Monte, polo que nos consideramos afortunados! :)