Nº 10 Curso 2011/12 CEIP MARÍA PITA A CORUÑA
As Nosas Letras
“AS NOSAS LETRAS”
CEIP MARÍA PITA
PASATEMPOS
ATRÉVETE CON ESTES XEROGLIFOS!!!
SUDOKUS
Núm. 10 - CURSO 2011/ 2012
Páxina: 2
“AS NOSAS LETRAS”
CEIP MARÍA PITA
LIMIAR
A revista “AS NOSAS LETRAS” está xa na súa décima edición. Nela queremos re lectir os acontecementos escolares e educativos máis importantes que tiveron lugar neste curso académico. Grazas a todos pola participación: ao alumnado polo seu esforzo nos traballos, ao profesorado pola súa implicación e motivación, á ANPA pola súa colaboración e, en de initiva, a todos os que axudaron á recollida e elaboración deste traballo.
Núm. 10 - CURSO 2011/ 2012
Páxina: 3
“AS NOSAS LETRAS”
CEIP MARÍA PITA
Comezamos o cole
Carla 6º B de E.I.
Ainhoa 6º B de E.I.
Núm. 10 - CURSO 2011/ 2012
Páxina: 4
“AS NOSAS LETRAS”
CEIP MARÍA PITA
SAMAÍN
O samaín xa chegou e con el a xente nosa que a escura raia pasou, xa saíu da negra fosa.
MAGOSTO
Acabáronse as vendimas e veñen as esfolladas para comer coas mozas catro castañas asadas. Acabáronse as castañas secaron os casƟñeiros acabáronse as rapazas quedan os mozos solteiros.
Núm. 10 - CURSO 2011/ 2012
Páxina: 5
“AS NOSAS LETRAS”
CEIP MARÍA PITA
Outros traballos A primavera chega ás aulas.
Comentamos cadros.
Sementamos lentellas e garavanzos.
Fátima e Paula 3º B Fixemos marcapáxinas para papá e mamá.
Núm. 10 - CURSO 2011/ 2012
Páxina: 6
“AS NOSAS LETRAS”
CEIP MARÍA PITA
Fixemos murais preciosos.
DESPEDIDA
Neste curso xubílase a nosa profesora Pilar Rodríguez Franco. Todos os seus alumnos de 1º B queremos desexarlle moita felicidade e demostrarlle o noso cariño con este debuxo. Moitos bicos!!!
Núm. 10 - CURSO 2011/ 2012
Páxina: 7
“AS NOSAS LETRAS”
CEIP MARÍA PITA
Nadal O Equipo de Dinamización da Lingua Galega convocou un Concurso de Postais de Nadal, no que houbo moita participación e traballos moi orixinais. Concedéronse premios por nivel que se entregaron no festival de nadal.
Núm. 10 - CURSO 2011/ 2012
Páxina: 8
“AS NOSAS LETRAS”
CEIP MARÍA PITA
DIEGO GARCÍA 5º E. I.
EVA CASADO 6º E. I.
LAURA CUPEIRO 1º C
JORGE GARCÍA 2º B
ALEJANDRO JULIÁN 3º B
PAULA HERRERO 4º A
MARIETA LIÑEIRA 5º B
ANXO ALCALDE 6º A
Núm. 10 - CURSO 2011/ 2012
Páxina: 9
“AS NOSAS LETRAS”
CEIP MARÍA PITA
MOSTRA DE BELÉNS Polo Nadal fixemos unha mostra de Beléns realizados coa axuda dos nosos familiares, onde a base era unha caixa e unhas figuriñas de cartolina. Cantamos panxoliñas e decoramos os corredores cos traballos aulas.
feitos nas
Día Mundial da Voz Co gallo da celebración do “Día mundial da voz” fomos invitados polo Centro Cívico de Monelos a participar nun recital o día 24 de abril. Os/as alumnos/as de 4º preparamos unha coreogra ía sobre a canción “Viva a xente!”. Aplaudíronnos moito e a directora do Centro Cívico convidounos a participar noutro festival.
Núm. 10 - CURSO 2011/ 2012
Páxina: 10
“AS NOSAS LETRAS”
Receita para unha boa amizade
CEIP MARÍA PITA
O MEU PRIMEIRO DÍA DE COLEXIO Meu primeiro día de colexio,
300 gramos de CARIÑO
despois dun verán intenso,
700 gramos de CONFIANZA
non me alegrou volver,
200 gramos de COMPAÑEIRISMO
porque o medo non me deixaba ver.
100 gramos de TOLERANCIA
Meu primeiro día de colexio,
500 gramos de bos SENTIMENTOS
empecei con mal pé,
E por último , pero non por iso
xa que estaba reacio
menos importante…
a levantarme dunha vez.
800 gramos de BO HUMOR.
Cando acertaron a deixarme,
Finalmente , mesturamos ben
non puiden ver a paisaxe
todos estes ingredientes e…
xa que chegaba tarde
CONSERVAR DURANTE MOITOS ANOS. Sofía Seijas Breijo, 6º Primaria.
e non conseguía guiarme. Xa dentro do recinto, non acertaba co camiño e preguntei a outro meniño, con quen me atopei naquel sitio.
TRABALLAMOS A TRANSVERSALIDADE
Ao chegar á miña clase, moi caladiño quedei porque non coñecía a ninguén. Unha cadeira valeira! alí sentei. Despois de me presentar e medio avergoñado quedar, xa estaba todo feito! xa tiña un compañeiro! . Cando saín ao recreo xa empecei a falar porque non tiña vergoña do que podía pasar. Observei ao meu redor, e vin que todo era cemento, e inda que non me encantase, cos meus compañeiros, estou contento! Despois de catro anos, voume para o instituto. Polo traballo ben feito, marcho moi satisfeito. Anxo Alcayde Dans. 6º de Primaria.
Núm. 10 - CURSO 2011/ 2012
Páxina: 11
“AS NOSAS LETRAS”
CEIP MARÍA PITA
30 de Xaneiro: Día da Paz e Non Violencia
Non hai camiños para a Paz, a Paz é o camiño.
Ghandi foi un defensor da igualdade e da xustiza que demostrou que o pacifismo era un instrumento viable para alcanzar obxectivos políticos ambiciosos. No colexio fixéronse numerosos traballos referentes ao tema da Paz, dos que presentamos
algúns
e,
o
Equipo
de
Actividades
Complementarias
e
Extraescolares, organizou un festival do que veremos algunhas imaxes.
Os alumnos do primeiro ciclo ensinan as súas “mans pola Paz”
Os mestres baixaron ao paƟo con “paraugas pola Paz”
Núm. 10 - CURSO 2011/ 2012
Páxina: 12
“AS NOSAS LETRAS”
CEIP MARÍA PITA
Pequenos e grandes cantaron e interpretaron cancións con mensaxes paci istas.
Núm. 10 - CURSO 2011/ 2012
Páxina: 13
“AS NOSAS LETRAS”
CEIP MARÍA PITA
COPLAS DO ENTROIDO Os rapaces do colexio desfrazados de choqueiros baixarán todos ao paƟo a comer coma larpeiros. Alí tomarán merendas, ou filloas ou orellas, alí locerán fachendas das súas roupiñas vellas. Algúns aproveitarán a bruxa ou a “monster high” que lles deixaron os reis ou lles mercaron os pais. Trátase de desfrutar, rapaces de María Pita, e nesta festa bailar mentres o corpo resista. P.B.
Este ano traballamos a figura dos “PELIQUEIROS” e se fixeron máscaras verdadeiramente preciosas.
MÁSCARAS DE ALUMNOS DE 2º B
Núm. 10 - CURSO 2011/ 2012
Páxina: 14
“AS NOSAS LETRAS”
Núm. 10 - CURSO 2011/ 2012
CEIP MARÍA PITA
Páxina: 15
“AS NOSAS LETRAS”
CEIP MARÍA PITA
A nosa Un ano máis a biblioteca do noso colexio contou coa axuda incondicional da súa mascota, a pita María. Ela danos toda clase de informacións a través das súas cartas a anímanos a ler. É moi coñecido e repetido por todos o seu lema:
Como cada ano, un grupo de profesoras traballaron para que a biblioteca seguise unha boa ordenación: os libros foron clasificados, catalogados e rexistrados. Xa chegamos aos 5345.
“UN LIBRO É UN BO AMIGO”
Este curso, ademais, comezamos co noso proxecto de biblioteca .
Iniciamos este curso poñendo un mapa no que estivesen representados todos os países dos que proceden os nenos do colexio. Engadímoslle as bandeiras de cada país e algunhas representacións dos traxes típicos.
As lecturas dos mércores, dirixidas aos máis pequenos do cole, ron desenvolvéndose con monicreques, títeres e outros
continua-
elementos confeccionados polas profesoras colaboradoras da Biblioteca ou polos propios rapaces lectores. Os rapaces elaboraron traballos que foron expostos nos paneis da biblioteca.
Núm. 10 - CURSO 2011/ 2012
Páxina: 16
“AS NOSAS LETRAS”
CEIP MARÍA PITA
A nosa A biblioteca tamén realizou préstamos de libros durante todo o curso.
Os traballos realizados polos nenos en todos os eventos conmemorados foron expostos nos taboleiros da Biblioteca.
Este ano, por primeira vez, tivemos un carné para a nosa Biblio, contamos con material audiovisual catalogado e formando parte do material que podemos atopar nela. Tamén tivemos conexión a internet e varios rapaces utilizaron os ordenadores no tempo do recreo, iso si, para atender ás cousas da clase.
Os venres tamén houbo as habituais lecturas de contos.
Para a celebración do Día do Libro as distintas clases confeccionaron un libriño que recompilaba as historias de vida dos rapaces da aula. O día das Letra Galegas debuxamos un barquiño para recordar a Valentín Paz Andrade.
Bueno, eu xa marcho. Como vedes, fixemos moitas cousas na biblioteca este curso. E aínda estamos preparando máis para o que vén. Que disfrutedes do verán!
Núm. 10 - CURSO 2011/ 2012
Páxina: 17
“AS NOSAS LETRAS”
CEIP MARÍA PITA
DÍA DO LIBRO Unha das actividades propostas polo equipo da biblioteca foi a elaboración dun libro por aula no que cada alumno nos contaba o máis representativo da súa vida.
LOLA SALVADO 3º B
ALEJANDRO JULIÁN 3º B
Núm. 10 - CURSO 2011/ 2012
Páxina: 18
“AS NOSAS LETRAS”
CEIP MARÍA PITA
Día da Poesía: os rapaces de 1º A fixeron rimas cos seus nomes.
Núm. 10 - CURSO 2011/ 2012
Páxina: 19
“AS NOSAS LETRAS”
CEIP MARÍA PITA
Os nenos e nenas de Educación Infantil traballaron moito na elaboración deste conto viaxeiro chamado “A XIRAFA LOLA”. Este é o fermoso resultado.
Núm. 10 - CURSO 2011/ 2012
Páxina: 20
“AS NOSAS LETRAS”
Núm. 10 - CURSO 2011/ 2012
CEIP MARÍA PITA
Páxina: 21
“AS NOSAS LETRAS”
Núm. 10 - CURSO 2011/ 2012
CEIP MARÍA PITA
Páxina: 22
“AS NOSAS LETRAS”
Núm. 10 - CURSO 2011/ 2012
CEIP MARÍA PITA
Páxina: 23
“AS NOSAS LETRAS”
CEIP MARÍA PITA
Teatro: títeres “Tres globos” O día 19 de abril representouse no centro a obra de teatro “O O sapo encantado” para Educación Infantil e o Primeiro Ciclo. Os nenos disfrutaron moitísimo como podemos apreciar nestas imaxes:
Núm. 10 - CURSO 2011/ 2012
Páxina: 24
“AS NOSAS LETRAS”
CEIP MARÍA PITA
Así representan os rapaces o que viron:
Inés 1º A
1º A Sofía
Alexia 2º B
Nicolás 2º B
ón Aar
Núm. 10 - CURSO 2011/ 2012
2º A
Mart a 2º
A
Páxina: 25
“AS NOSAS LETRAS”
CEIP MARÍA PITA
Este ano o Día das Letras Galegas adicouse a Valentín Paz Andrade. O E.D.L.G. convocou un Concurso de Relatos Curtos para Educación Primaria, que os gañadores nos narraron despois no salón de actos na conmemoración do Día das Letras Galegas, co obxectivo de fomentar a oralidade. Os máis pequenos ixeron relatos baseados en historias e contos infantís; outros tomaron como referencia tradicións galegas ou historias transmitidas polos pais ou avós. Os maiores ixeron voar a imaxinación… Todos os participantes recibiron algún agasallo.
ANTÓN MARTÍN 1º C
Núm. 10 - CURSO 2011/ 2012
Páxina: 26
“AS NOSAS LETRAS”
CEIP MARÍA PITA
SAMUEL RUMBO 2º A
Núm. 10 - CURSO 2011/ 2012
Páxina: 27
“AS NOSAS LETRAS”
CEIP MARÍA PITA
A. FÁTIMA GARCÍA 3º B
RUBÉN GARCÍA 4º A Núm. 10 - CURSO 2011/ 2012
Páxina: 28
“AS NOSAS LETRAS”
CEIP MARÍA PITA
LUCÍA MENDOZA 5º B
Núm. 10 - CURSO 2011/ 2012
Páxina: 29
“AS NOSAS LETRAS”
Núm. 10 - CURSO 2011/ 2012
CEIP MARÍA PITA
Páxina: 30
“AS NOSAS LETRAS”
CEIP MARÍA PITA
MARTA OCAMPO 6º A
OUTROS RELATOS Lenda do vello e o can.
Fai xa anos, había un vello que cando ía ó mar, levaba o can canda el ata a praia. O can quedaba mirando para o mar, polo sitio polo que el marchaba ata que o vello voltaba. Un día, non se sabe polo que, o vello non voltou e o can quedou mirando para o mar. O cabo dun tempo o can morreu de tristura, e o sobriño do vello enterrouno. Algún tempo despois o sobriño foi a dar un paseo pola praia e atopouse ó can mirando para o mar, o rapaz chamou por el, este virou a cabeza e quedou mirando para él. O sobriño colleu tal medo que marchou correndo para a casa, encerrouse na súa habitación ata que morreu ninguén sabe porque. Ainda hoxe hai quen di que ve ao can ollando para o mar no aniversario da desaparición do seu dono,.
Antía Núñez Pérez 2ºB
Núm. 10 - CURSO 2011/ 2012
Páxina: 31
“AS NOSAS LETRAS”
CEIP MARÍA PITA O anel de prata.
Esta é a historia dunha nena que vivía alá polo ano 1945 nunha pequena aldea de Ourense. Seu pai era Ferreiro, tiña una pequena forxa. Achegábase o Nadal e os cartos escaseaban, non había para mercar agasallos. Ninguén sabía o que facía o ferreiro todas as noites mentres todos durmían. Na súa pequena forxa traballou sen descanso hasta facer dunha pequeña moeda, un bonito anel de prata. Foi así como aquela nena tivo o seu agasallo de Nadal. Esa nena é a miña avoa. Claudio Reboredo Martínez 2ºA O Pastor Nicolás. Había una vez, nunha pequeña vila, un pastor chamado Nicolás, que coidaba das súas ovellas e carneiros. Nicolás era loiro, tiña os ollos azuis e uns beizos rosados. Tiña cinco ovellas e tres carneiros: Mila, Peca, Nona, Veni, Cami, Tolkii, Minto e Xomé. Un día, levounos á montaña e alí, todos estiveron descansando. A montaña era alta. Estaba tapizada de fresca herba e abundantes floriñas de moitas cores que cubrían o cume . Tiña un precipicio e un río que remataba nunha fervenza. Ao lado da montaña, había un outeiro. Pasou una hora e seguían durmindo, deitados na herba. Estaban durmindo todos menos Veni, que foi buscar algo de auga, porque tiña sede. Ía tan despistada que caeu polo precipicio,pero non se fixo daño. Ao lonxe viu un río, así que foi correndo a beber. Veni estaba na aba, mentres os demais estaban no cume. No cume, todos espertaron a Nicolás que comezou a contar: Unha, dúas, tres, catro, cinco, seis, sete e… Falta Veni!!! Nicolás empezou a desesperarse e non paraba de correr dun lado para outro. Despois baixou ata a aba da montaña e alí, mirou á súa dereita, á esquerda, arriba, abaixo. Non viu nada. Despois, mirou ao fronte e ao lonxe, viu a Veni bebendo no río. Foron á súa casa e mentres Nicolás remataba a súa historia feliz, os demais xogaban xuntos, coma una familia. Lucía Álvarez 5ºB A aurora boreal. Un día díxenlle a miña avoa que me contase algunas historias da súa infancia. Púxose a pensar e moi seria, dixo: -Voute contar algo que me impresionou moito. Cando eu tiña a túa idade, había guerra en España e un día á tardiña, apareceu un arco de luz de cor azul intenso, despois pasou a verde, logo violeta e escureceu. Ao pouco tempo púxose todo o ceo vermello e, a xente, dicía que Deus estaba enfadado e que o que se vía era o sangue dos mortos na guerra. Ao día seguinte a mestra díxonos que tiveramos a sorte de ver unha bonita aurora boreal da que lle podíamos falar aos nosos netos. Marta Blanco 2ºA
Núm. 10 - CURSO 2011/ 2012
Páxina: 32
“AS NOSAS LETRAS”
CEIP MARÍA PITA
DIEGO DÍAZ 1ºC
MARÍA JÍA 1ºC
Escola de Pais O equipo de Dinamización de Lingua Galega organizou unha charla no centro sobre “os beneficios de posuír varias linguas”, sendo a relatora Mercedes Queixas Zas. Dita conferenciante, mestra de secundaria, é tamén escritora e Secretaria da Asociación de Escritores en Lingua Galega. Nesta charla dirixida a toda a comunidade educativa, plantexábase a necesidade de conseguir na escola galega a competencia bilingüe como paso previo ao plurilingüismo. Resultou verdadeiramente instrutiva, amena e agradable.
Núm. 10 - CURSO 2011/ 2012
Páxina: 33
“AS NOSAS LETRAS”
CEIP MARÍA PITA
No concerto de Dani Griffin.
O día 16 de Abril, os alumnos de 6º acompañados polos seus profesores, foron a un concerto de Dani Griffin, un cantante, compositor e profesor estadounidense co que desfrutaron cantando en inglés e bailando ao son dos seus ritmos, en especial co tema AFRICA do seu repertorio. Esta é a foto con el na EXPO-CORUÑA.
What a show!!!!
16th April , 6th grade pupils went to Dani Griffin´s concert. There, we were singing and dancing.We had a great time! This is the photo with Dani and our teachers. We made a poster of Dani with his guitar and he liked it very much. On
It was a fantastic day!!!
Núm. 10 - CURSO 2011/ 2012
Páxina: 34
“AS NOSAS LETRAS”
CEIP MARÍA PITA
E xa pasaron nove anos…!!! O noso paso por este colexio foi toda unha “aventura”. Dende pequerrechos, tivemos que coñecer novos compañeiros e profesores e tivemos que afrontar novos cursos. Algúns de nós chorabamos a miúdo xa que non estabamos acostumados a estar cinco horas sen os nosos pais, sen os nosos xoguetes, sen chupete…, pero pouco a pouco fómonos adaptando e empezounos a gustar vir ao colexio, xogar con outros nenos e nenas que parecían os nosos xemelgos, porque vestiamos todos iguais. Eso sí, cunha grande lazada de distinta cor! Cada ano coñecíamos algún compañeiro novo, e as nosas profes, Balbina e Lourdes, axudábannos e ensinábannos mooooitas cousas. A chegada a Primaria foi un pouco difícil xa que comezamos a ter deberes e facer algún exame. Todos nos levábamos moi ben, aínda que houbo algún que outro choque. Nos estudos esforzábamonos moito, a pesares de que había alguén ao que non se lle daban ben as mates, a plástica… Temos feito moitas saídas e actividades, e recordamos especialmente un concerto de Dani Griffin, un cantante de Chicago que xuntou varios colexios na EXPO-CORUÑA onde cantamos todos as súas cancións en inglés. Foi xenial!! Outra saída que nos gustou moito foi a viaxe de fin de curso, a pesares de ir moi pouquiños rapaces. Fomos ao albergue de Cabárceno, onde vimos do Soplao, que son impresionantes! O último día,
moitos animais. Tamén visitamos as covas
despois de recoller todo, fomos ao Forest Star
Park, en Santander, onde nos tiramos todos en
tirolina dende o alto das árbores. Foi
superdivertido!! Queremos tamén recordar un compañeiro moi preciado ao que sempre lembraremos. Chámase Constantino, veu en 5º e foi moi triste cando en marzo de 2012 marchou para Girona. Botaremos moito de menos o colexio, aos profesores e aos nosos compañeiros e compañeiras que se van a outro instituto. Pero así é a vida, e sabemos que algún día volveremos a vernos. Porque, aínda que ás veces os profesores
e
profesoras
se
enfadan con nós, sabemos que nos queren moito. Ata sempre!! Os alumnos e alumnas de 6º.
Núm. 10 - CURSO 2011/ 2012
Páxina: 35
Promoción 2003-2012
Equipo de Dinamización da Lingua Galega CEIP María Pita - A Coruña Curso 2011 - 2012 Consellería de Educación e Ordenación Universitaria XUNTA DE GALICIA