PARA O TITOR/A Esta é unha unidade didáctica elaborada para axudar na detección de contravalores na publicidade de TV. Se o alumnado é capaz de reflexionar sobre as menxases audiovisuais tan rápidas e invasivas que conteñen os anuncios publicitarios, analizando os seus contidos e as súas estratexias de captación, axudándolle a detectar os valores negativos que soen empregar como reclamo, deixando lugar a outros valores máis positivos, estará provisto de máis ferrementas para decidir libremente sobre o que se lle propón, moral e conductualmente. Antes de empezar, recoméndase aplicar o cuestionario de avaliación inicial, para obter unha valoración xeral das capacidades do alumnado sobre o tema. Os resultados desta valoración poden ser comentados ó grupo antes de poñerse a traballar co material didáctico. Esta unidade debe ser recheada polo alumnado mentres vai visionando o DVD do mesmo nome, parando o necesario entre cada anuncio para dar tempo a que resposten por escrito ás preguntas plantexadas. A análise do último anuncio require do traballo en grupo. Se se quere avaliar o cumprimento dos obxectivos (a detección de contravalores na publicidade de TV) pode volverse a pasar o cuestionario de avaliación inicial e comparar os resultados (antes e despois de empregar o material) Por último, pódense rechear os cuestionarios finais de valoración do material didáctico, un para o alumnado e outro para o titor/a. Se as persoas que empregan este material queren facer chegar á autora os resultados da súa aplicación ou comentarios e suxerencias sobre os seus contidos, poden facelo escribindo a seguinte dirección de correo electrónico: martamoro@edu.xunta.es
PDF created with pdfFactory Pro trial version www.pdffactory.com