elDomingo A Historia mergullada www.laopinioncoruna.com Año IV. Nº 210. Domingo, 17 de octubre de 2004
Cinco arqueólogos subacuáticos especialízanse na pescuda e mais na protección dos tesouros asolagados no fondo das costas galegas, onde máis de 700 barcos están expostos aos saqueos dos modernos piratas
Nacho Crespo, un dos arqueólogos, cunha peza arqueolóxica rescatada no fondo da badía coruñesa. /
LA OPINIÓN
Entrevista 6 y 7
Divorcio ‘exprés’ 8 y 9
El Guerruj 11
“Europa está otra vez ensimismada, sin líderes con una visión vigorosa”, afirma el sociólogo Emilio Lamo de Espinosa
Padres y madres separados gallegos analizan el aprobado anteproyecto de ley para acelerar los trámites de divorcio
El gran atleta marroquí recibe el próximo viernes el premio Príncipe de Asturias de los Deportes, en un año triunfal en su vida
elDomingo 2
DOMINGO, 17 DE OCTUBRE DE 2004
A Historia mergullada
O equipo de arqueólogos subacuáticos da Coruña traballa nunha ría galega. /
GONZALO NÚÑEZ
A historia marítima de Europa pasou polas costas galegas. E onde hai navegación, hai naufraxios. Parte da historia de Galicia permanece asolagada nos fondos mariños, exposta ao abandono social e aos saqueos de modernos piratas
O museo arqueolóxico do país dos naufraxios Texto: Ana Rodríguez s mil douscentos quilómetros de costa que ten Galicia convértena en malfadada testemuña de naufraxios dende sempre. A historia marítima de Europa pasou fronte a nós: romanos, viquingos, as flotas de Filipe II, Drake, os barcos ingleses das guerras napoleónicas, submarinos das dúas guerras mundiais. E o mar da moito, pero tamén quita. Ás veces embravecidas, outras mentireiras... as augas de Galicia son cadaleito de moitos dos que se tiveron que enfrontar con elas. Mais “no que no seu momento foron desgrazas humanas, hoxe son cápsulas do tempo das que se pode aprender moitísimo”. Así o reflexiona Nacho Crespo, un dos só cinco arqueólogos subacuáticos que traballan hoxe en día en Galicia. Son catro mozos abandeirados polo que en moitos anos foi o único arqueólogo especializado en restos afundidos na Comuni-
O “No que no seu momento foron desgrazas humanas hoxe son cápsulas do tempo das que se pode aprender moitísimo”
dade, Miguel San Claudio Santa Cruz, que une dous apelidos coruñeses aos que a historia dos salvamentos marítimos e os desguaces de barcos naufragados en Galicia está indisolublemente vinculada. “A posición xeoestratéxica de Galicia, como lugar que unía a Europa co resto do mundo, faina potencialmente moi rica”, comenta neste senso San Claudio. Calcúlase que Galicia ten nos seus fondos mariños máis de 700 barcos, 150 deles con valor arqueolóxico. Todos insisten na necesidade da elaboración da chamada Carta Arqueolóxica que facilite a localización deses pecios, uns desaparecidos e outros localizados, e cal é o seu estado de conservación. Un labor feito en terra pero non no medio mariño. Un museo histórico mergullado e descoñecido porque decidiu morrer no fondo do mar de Galicia, e polo que só se preocupan este caste de namorados das testemuñas afundidas e unha presa de saqueadores que, de forma ilí-
cita e sen ningunha intención histórica e científica, piratean os barcos naufragados movidos por intereses persoais. ‘Tesouros asulagados’ San Claudio compila no libro titulado Tesouros Asulagados, froito dunha fonda investigación e longa experiencia, unha boa parte da historia dos naufraxios en Galicia. “O maior e máis importante depósito arqueolóxico submarino de toda a fachada atlántica Europea é a enseada de San Simón”, identifica o experto. A superioridade anglo-holandesa comandada por Rook acurralou á flota de galeóns de Nova España e os barcos franceses que a escoltaban na sonada Batalla de Rande de 1702. Máis de tres mil mortos e trescentos barcos participantes, moitos afundidos e outros apresados. Un deles está considerado como un dos grandes mitos da arqueolxía subacuática en Galicia, o Santo Cristo de Maracai-
bo, galeón español perdido nos arredores das Illas Cíes, apresado na batalla e que era remolcado como botín cara a Inglaterra cando se estraviou. Identificado como o galeón máis ricamente cargado de toda a flota, moitas empresas e particulares tentaron localizalo sen éxito. Pode que así se salvara do espolio deses cazatesouros profesionais que, con grandes medios tecnolóxicos e humanos, poden, ao abeiro da ignorancia institucional, apropiarse dalgo que pertence por lei ao patrimonio cultural galego. Os saqueadores Un dos que tentou achar o Santo Cristo do Maracaibo foi o belga Robert Sténuit, nome vinculado ao estudo dos barcos de Rande e sinalado anos máis tarde por participar supostamente nun dos casos máis abraiantes de espolio de patrimoinio arqueolóxico nas augas de Corme. Tráta/ pasa á páxina 3
elDomingo 3
DOMINGO, 17 DE OCTUBRE DE 2004
PEZAS ATOPADAS NA BEIRAMAR CORUÑESA. Estes son algúns das pezas fotografadas por Miguel San Claudio nas profundidades da badía da Coruña. As dúas imaxes superiores corresponden a pezas de cerámica, na súa maioría, de orixe romana. As impresións fotográficas inferiores ilustran o afundimento dunha gabarra de principios do século XX tamén na Coruña. / vén da páxina 2
se do Douro, un vapor inglés que afundiu a finais do XIX e do que en 1995 se subtraeron 25.000 moedas, hoxe á venda por Internet por pouco menos de catrocentos euros. Outros dos casos coñecidos é o de catro súbditos ingleses detidos en 2002 por unha patrulla do Seprona da Garda Civil de Noia como presuntos implicados no espolio de barcos afundidos nas costas de Corrubedo, outro dos puntos negros para a navegación nas costas galegas. Os mergulladores posuían un permiso de prospección mariña con obxecto de recuperar certa cantidade de estaño das adegas dun buque holandés, o Friesland. Así e todo, constatouse que ese estaño xa fora rescatado sesenta anos despois de que o buque se afundira, que había outros navíos que naufragaran na zona coma o Don Pedro ou o Palermo e que os traballos dos ingleses non se axustaban as coordenadas contempladas nas autorizacións. San Claudio describe en Tesouros Asulagados outros traballos “sen metodoloxía científica” practicados nas costas galegas. Tal é o caso da Operación Galatea en 1974, na que un
ALGUNHAS REFERENCIAS ARQUEOLÓXICAS DA CORUÑA A Coruña Club Naútico
A Solana
Ferrol Bolas de canón
Ría de Ferrol
Galeón afundido da 'Armada Invencible'
San Antón
Baterías de canóns Áncora dun posibel peirao romano
Barco Napoleónico da Batalla de Elviña
Ría de Betanzos
Mera A Coruña
SUSANA CORTÓN
grupo de mergulladores da Organización Juvenil Española extraeron “cun gran despregamento de medios” canóns, armas e cerámicas dun barco perdido na Lanzada, datado aproximadamente no século XVIII ou XIX. Tamén menciona a “grande traxedia naval da historia de
Galicia e de España”, cando unha tormenta sorprendeu na Ría de Viveiro a unha flota española da Guerra da Independencia en 1810. Nos anos setenta a Armada Española recuperou numerosos obxectos “aínda que a ausencia dunha actividade científica, con ausencia de publicacións e estu-
dos, depreciou en gran parte o valor dos restos recuperados”. O mellor arquivo da Coruña Casos coma estes son os que fan preguntarse unha e outra vez / pasa á páxina 4
Un dos grandes mitos da arqueoloxía subacuática en Galicia é o Santo Cristo de Maracaibo afundido no episodio da Batalla de Rande
elDomingo 4
DOMINGO, 17 DE OCTUBRE DE 2004
TRITÓNS ARQUEÓLOGOS. Moitas veces entre arroaces e estrelamares, os cinco mergulladores traballan na badía da Coruña co apoio loxístico da súa pequena Zodiac e equipos propios. Sen centro de operacións en terra, baixo o mar traballan por quendas dun mínimo de dúas persoas. Rexistran o que alí atopan cunha cámara fotográfica especial ou debuxando sobre láminas de metacrilato / vén da páxina 3
“O porto coruñés é o mellor arquivo histórico da cidade”, dende o núcleo fundacional no Parrote ata os restos da Batalla de Elviña
aos cinco arqueólogos subacuáticos galegos se a alguén lle interesa a protección do patrimonio cuberto polas augas. “Piden un permiso para mergullar por outro motivo, concédenllo e non hai nada que facer”, di David Santos, mozo coruñés que de tanto ver “documentais de La 2 e de Jacques Cousteau”, pregaba por se converter en arqueólogo subacuático cando os seus compañeiros de clase devecían por ser futbolistas. “E non é só iso, é cuestión de concienciación social, non hai nada que facer se non existe o apoio dunha poboación que lle teña apego ao seu patrimonio”, argumenta Guillermo Santama-
ría, madrileño “nacionalizado galego” que, como David, é estudante de Historia, carreira na que tamén están licenciados Nacho Crespo e David Fernández, os outros menores de trinta anos que aprenden de Miguel San Claudio. “Espolian o museo de Bagdad e aparecen á venda pezas e ármase unha boa”, comentan, “parece que na auga iso está socialmente aceptado”. “Un mergullador atopa unha moeda e o que fai é fachendear cos seus amigos e gardala no seu cuarto”, afirman. Nacho Crespo, arqueólogo que desenvolve o seu traballo no Castro de Elviña, entende que “o mar é a última fronteira, coñecemos case máis do Marte e do Sol que do que temos ao noso lado”.
“A quince metros do castelo de Santo Antón hai localizados uns canóns, se iso estivese en terra xa se tería recuperado”, explica. Así miran ao mar como algo máis que un lugar no que ir darse unha chapuzada de cando en vez. Verbi gratia, “o porto coruñés é o mellor arquivo histórico da cidade”, afirma Miguel San Claudio. No que se entende como núcleo fundacional da cidade, na zona do Parrote, xa se recuperou unha áncora romana e poderían existir aínda estruturas de pedra do antigo peirao romano. A destrución de aproximadamente cincuenta naves viquingas no ano 884, os barcos da expedición frustrada da Armada Invencible, a Batalla de Elviña... fitos históricos con pegadas moi importan-
tes para a súa reconstrución baixo augas coruñesas. Un traballo descontinuo O traballo arqueolóxico subacuático en Galicia carece de continuidade. Polos volta dos setenta Rafael Mejuto vinculou o Grupo de Investigación e Rescate Submarino (Giras) do Club do Mar ao Museo Arqueolóxico da Coruña coa intención de madurar a ciencia arqueolóxica: asociación a museos, clarificación lexislativa e competencial,... Houbo resultados. Un pecio afundido no ano 1596 e localizado por dous mergulladores no Cabo Cee en Corcubión, puido / pasa á páxina 5
elDomingo 5
DOMINGO, 17 DE OCTUBRE DE 2004
/ vén da páxina 4
ser obxecto dunha excavación arqueolóxica con criterios científicos dirixida polo único catedrático de Arqueoloxía Subacuática de España, Manuel Martín Bueno, que reuniu para esta tarefa a un grupo de mergulladores galegos e zaragozanos. A embarcación formaba parte dos máis de vinte baixeis da flota comandada por Martín de Padilla que non puideron resistir un violento temporal á altura de Fisterra. Dun certo rexurdimento nos anos oitenta naceron equipos coma o CUAS da Universidade de Santiago. “Houbo xente que tentou darlle vida”, lembra San Claudio, “pero fun o único que continuei, os outros fóronse arredando, non había expectativas”. O patrimonio é competencia exclusivamente autonómica e noutras Comunidades, coma Andalucía e Murcia, existen centros de arqueoloxía que permiten de xeito estable a sistematización do traballo, o control do espolio, a realización de proxectos de certa envergadura e un intento de sensibilización social respecto do Patrimonio Arqueolóxico, achegando os resultados aos seus verdadeiros “propietarios”, os cidadáns. Hoxe en día a arqueoloxía subacuática está vinculada ás infraestruturas costeiras, o que evita, por exemplo, dragados de portos sen control. “Os dous temas non son antitéticos, foi un paso moi importante que na obra pública marítima a normativa autonómica esixa un estudo do impacto arqueolóxico do mesmo xeito que se fai coas obras terrestres”, di San Claudio. “Non é un labor investigador, non se coñece nin se conserva, pero evítase que se destrúa”, engade. Os cinco mergulladores traballan en augas e condicións meteorolóxicas que as máis das veces teñen a inoportuna teima de non seren favorables. As costas galegas son pouco agradecidas comparadas coas do Mediterráneo, cun maior grao de desenvolvemento na arqueoloxía subacuática. “Os restos deterióranse tamén na auga”, explica Nacho Crespo, “pero cunha diferenza, a acción humana que hai no mar non é comparable á de terra”. “Si que hai deterioración pero depende exclusivamente da agua, non da man do home”, afirma. Ademais os sedimentos protexen a materia orgánica da erosión e os microorganismos destrutores dos materiais cos que se construíron os barcos. Pero non se pode pode protexer se non se coñece o que hai que protexer. “Sería interesante que partise das autoridades a iniciativa de crear los instrumentos para evitar los espolios ao tempo que se achega a arqueoloxía á sociedade”, insta o arqueólogo Nacho Crespo. “Aproveitando que agora se lle presta atención aos parques arqueolóxicos”, di, “que se mire cara ao maior de todos eles, o mar”. Un mar que estes cinco arqueólogos escoitan respirar e contarlles historias de batallas, naufraxios, conquistas, civilizacións,... historias que queren reconstruír e trasaladar a quen lles pertence, a un pobo que para ser merecente da súa historia, non pode deixar que o patrimonio arqueolóxico se perda no limbo dos xustos do país dos naufraxios.
Páxina de Internet a través da que se poden mercar as moedas do ‘Douro’.
Tesouros das costas galegas á venda na rede Un dos casos máis espectaculares de espolio das costas galegas é o do Douro, un correo real inglés que afundiu a catorce millas do cabo Roncudo, en Corme, tras o violento encontro do barco británico co cargueiro vasco Irurac Bat en 1882. Faleceron 52 persoas e ao fondo marcharon o importante cargamento de cartos que transportaba o correo inglés. Un cazatesouros sueco, Sverker Tngvestson Hallstrom, puxo, en 1995, a disposición as máis modernas e caras tecnoloxías de pirateo para a extracción ilegal de varios lingotes de ouro e de 25.000 moedas, que hoxe se venden nunha páxina de Internet de doado acceso ao módico prezo de 395 euros. Nun relato cheo dunha cinematografía propia de Indiana Jones, a páxina apela a coleccionistas e románticos afeccionados a historias de piratas e tesouros. Fachendea ademais do proceso de busca a través de documentos en España, Portugal, “e mesmo Brasil”. Tamén das súas conversas con mariñeiros da zona e pescudas que, afirma, se prolongaron durante dous anos. Cun relatorio de medios e tecnoloxías millonarios, pouco comparable aos mínimos equipos cos que se traballa en Galicia, “O Douro foi atopado por fin!”, narra o buscatesouros en Internet. Con certificado de autenticidade incluído, a web ofrece a posibilidade de “posuír unha peza da historia”. “A pesar das pegadas do tempo e das mareas, as moedas de ouro reluciron cando viron a luz do sol. Son pezas do Brasil e Portugal, algunhas de 1.700 ou soberanos da raíña Vitoria”, di a oferta publicitaria.
Imaxe do ‘Douro’ difundida por Internet. Os tres barcos traballaron durante meses dende o porto de Laxe cun permiso para realizar prospección de buques afundidos, pero sen autorización para a extracción dos restos, segundo relata Miguel San Claudio en Tesouros Asulagados, que afirma que “todo isto ocorreu dentro das augas de responsabilidade española baixo os mesmos fociños das autoridades”.
Un empresario sueco “pirateou” un barco afundido en Corme e vende por Internet 25.0000 moedas de ouro extraídas del O botín foi levado a Singapur, lonxe das leis internacionais de protección de patrimonio. A lexislación establece que os buques afundidos con máis de cincuenta anos de antigüidade sexan considerados como depósitos arqueolóxicos protexidos e a lei tamén esixe que as excavacións ou prospeccións arqueolóxicas realizadas sen autorización deben ser sancionadas mesmo
por vía penal, no caso de danos aos restos, como ocorreu neste caso. No ano 1996 varios veciños de Corme denunciaron o asunto. Pero a polémica chegou ao Congreso cando o BNG presentou diversas preguntas para saber que actuación estaban previstas para impedir a poxa do tesouro e a depuración de responsabilidades. O proxecto contaba co soporte técnico do Instituto Francés de Investigación para a Explotación do Mar (Ifremer), organismo dependente do goberno francés. “Habería que ver o que pasaría”, considera Miguel San Claudio, “se un buque dunha institución española fixese traballos non autorizados a menos de trinta millas dunha base naval francesas, como foi aquí o caso. Pero é que hai países e países”. A polémica reavivou cando o Concello e o Club Subacuático Bahía de Vigo convidou a Robert Sténuit á XII Semana Internacional de Cine Submarino de Vigo, cando o belga estaba sendo investigado pola súa participación no espolio do Douro.