DE VERÁN2016
UNIVERSIDADE
a
PA I SA X E como Patrimonio
9ª edición dos Seminarios de Verán sobre a Paisaxe Universidade de Santiago de Compostela
GUITIRIZ 13, 14, 15, xullo, 2016 Casa Habanera
información www.usc.es/cultura/veran 881 811018 - 881 811103 - 982 821513 VICERREITORÍA DE OFERTA DOCENTE E INNOVACIÓN EDUCATIVA
Concello de Guitiriz 982 370 109
CONCELLO DE GUITIRIZ ÁREA DE CULTURA
VICERREITORÍA DE COORDINACIÓN DO CAMPUS DE LUGO
DEPUTACIÓN DE LUGO
aPAISAXEcomoPATRIMONIOaPAISAXEcomoPATRIMONIO Director Roxelio Pérez Moreira
Secretario Francisco Javier López González
A paisaxe é unha realidade obxectiva á vez que unha percepción emocional e subxectiva. Concerne ao visible como ao invisible, ao material e ao inmaterial, incluso é susceptible de evocacións simbólicas ou identitarias. Por outra parte, a paisaxe tanto resulta do natural como do cultural , determiñada pola natureza e pola historia e a cultura, polo que tamén é memoria e é patrimonio. A paisaxe, por tanto, é posible ollala nestes seus múltiples valores patrimoniais: xeolóxicos, biolóxicos, arqueolóxicos, pintorescos, artísticos ou literarios,estéticos e éticos... e mesmo tamén poderíase contemplar como recurso, nun sentido económico e social. O noso obxectivo é facer unha reflexión interdisciplinaria que desde as diferentes miradas nos achegue a esta percepción patrimonial da paisaxe, así como a identificar as nosas singularidades paisaxísticas e as estratexias de preservación para garantir a sustentabilidade da paisaxe como patrimonio.
13 de xullo: PREMONICIÓNS 10:00 - 11:00
Recepción e Inauguración
11:00 - 12:15
Conferencia inaugural: CIENCIA E CONCIENCIA: A PRIMAVERA SILENCIOSA Juan J. Casares Long. Catedrático de Enxeñaría Química. Ex-Reitor da USC.
12:45 - 14:00
PAISAXES ASTRONÓMICAS E ASTROFOTOGRAFÍA Dani Caxete. Fotógrafo experto en astrofotografía.
16:15 - 17:30
PATRIMONIO XEOLÓXICO-MINEIRO E PAISAXE Francisco Díaz-Fierros Viqueira. Catedrático "Ad Honorem" da USC.
18:00 - 19:30
A BIODIVERSIDADE COMO PATRIMONIO ECOLÓXICO (Taller interactivo) Saúl de la Peña Lastra. Investigador do Dpto. de Edafoloxía e Química Agrícola. USC.
14 de xullo: PROPOSICIÓNS 10:00 - 11:10
A ARTE DOS XARDÍNS: UN PATRIMONIO HISTÓRICO E CULTURAL Mª Isabel Iglesias Díaz. Profesora de Xardinería e Paisaxismo. USC.
11:15 - 12:30
CAMIÑOS E CONSTRUCIÓNS POPULARES Begoña Bas López. Profesora da Facultade de Ciencias da Educación, Univer. da Coruña.
13:00 - 14:15
REINTERPRETACIÓN DA PAISAXE URBANA Mª Teresa Parga Ures. Técnico de Turismo do Concello de Carballo.
16:15 - 17:30
PATRIMONIO ARQUEOLÓXICO SUBACUÁTICO David Fernández Abella. Arqueólogo submarino. Investigador do Grupo Arqueopat. USC.
18:00 - 19:15
AS PLANTAS MEDICINAIS: UN PATRIMONIO DE TRADICIÓN POPULAR (Taller interactivo) María Moure Oteyza. Investigadora botánica sobre Etnomedicina .
15 de xullo: PROXECCIÓNS 10:00 - 11:15
O MONTE PINDO: SÍMBOLO E IDENTIDADE Francisco X. Fernández Naval. Escritor.
11:15 - 12:30
PAISAXES E IMPRESIÓNS DUNHA VIAXE ARREDOR DO MUNDO Xurxo Mariño. Neurofisiólogo. Profesor do Dpto. de Medicina, Univer. da Coruña.
13:00 - 14:00
O PATRIMONIO COMO PAISAXE Roxelio Pérez Moreira. Profesor de Territorio e Paisaxe. USC.
16:30 - 19:30
Guitiriz “Pedra e Auga”: roteiro polo concello de Guitiriz. Acto de clausura: Hotel-Balneario de Guitiriz.
PROXECCIÓNS AUDIOVISUAIS AO FINALIZAR CADA XORNADA
Día 13, “PAISAXES NATURAIS” (30’) Día 14, “PAISAXES CULTURAIS” (30’)
Inscrición A matrícula poderá formalizarse a través de internet ou de maneira presencial, ou excepcionalmente por correo. O prazo de matrícula comeza o 11 de maio e remata o día 1 de xullo. O importe da matrícula é de 70€ o ordinario e de 40€ o reducido. O importe reducido é para estudantes de calquera universidade, bacharelato, F.P., pensionistas, desempregados e persoal da USC. (As persoas que non estean cubertas polo seguro obrigatorio da USC, deberán abonar un seguro de 15€). Deberase remitir copia do resgardo do pagamento selado pola entidade bancaria ao fax nº 881 811208, ao enderezo electrónico ou presentalo persoalmente en calquera dos dous centros de matriculación da Universidade de Verán (Santiago ou Lugo).
Centros de matriculación e información Campus de Compostela:
Campus de Lugo:
Cancello de Guitiriz
Área de Cultura Colexio San Xerome, Praza Obradoiro, s/n 881 811018, 881 811103, Fax: 881 811208
Área de Cultura do Campus de Lugo Pazo Montenegro, Praciña Universidade 982 821513, Fax: 982 821506
Rúa do Concello, 4 27300 Guitiriz 982 370 109
Máis información e matrícula por internet www.usc.es/cultura/veran Este Curso está recoñecido con 1 crédito de libre configuración ou 1 crédito optativo para as titulacións adaptadas ao EEES pola Universidade de Santiago de Compostela. (Entregarase Diploma de Asistencia co número de horas e, se é o caso, Certificado do crédito concedido)