Peltres flamengos do pecio da coba xove (lugo)

Page 1

ACTUACIÓNS ARQUEOLÓXICAS Ano 2008

-3-


ACTUACIÓNS ARQUEOLÓXICAS. ANO 2008

CONSELLEIRO DE CULTURA E TURISMO Roberto Varela Fariña DIRECTOR XERAL DE PATRIMONIO CULTURAL José Manuel Rey Pichel SUBDIRECTOR XERAL DE CONSERVACIÓN E RESTAURACIÓN DE BB CC Federico Garrido Villa SERVIZO DE ARQUEOLOXÍA Eugenio Rodríguez Puentes Xefe de Servizo Juan Antonio Cañizo Fraga Xefe de Sección Faustino Infante Roura Xefe de Sección Rafael Penedo Romero Xefe de Sección José Manuel Rey García Xefe de Sección Ángel Carreira Díaz Arqueólogo Manuel Díaz Vázquez Arqueólogo Rosa Paz Lobeiras Arqueóloga Manuel Rodríguez Calviño Arqueólogo María José Rodríguez Pérez Arqueóloga Mª de la Paz Varela Campos Técnico superior Alejandra Vázquez Grobas Técnico superior Josefa Pose Martínez Operadora informática María Luisa Cozar Silva Auxiliar Administrativo

EDICIÓN Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Turismo. Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. © da edición Xunta de Galicia © dos textos os autores © das fotografías os autores COORDINACIÓN Mª de la Paz Varela Campos Servizo de Arqueoloxía, Xunta de Galicia REVISIÓN LINGÜÍSTICA Secretaría Xeral de Política Lingüística Lucía Graíño FOTOS DA CAPA Peltres flamengos do pecio da Coba - Xove (Rosa Benavides García)

Forno escavado na rúa Quiroga Ballestero de Lugo (Enrique Alcorta Irastorza)

Estrutura escavada en Agro de Bazar (Mª José Bóveda Fernández)

DESEÑO E MAQUETACIÓN Mármore Edicións e Producións IMPRESIÓN Lugami Artes Gráficas ISBN 978-84-453-4923-6 DEPÓSITO LEGAL C 2202-2010

-4-


Índice

I. PROXECTOS DE CONSERVACIÓN E POSTA EN VALOR 1.- ACTUACIÓNS DE ESCAVACIÓN, CONSERVACIÓN E POSTA EN VALOR EN XACEMENTOS ARQUEOLÓXICOS

[128] Control arqueolóxico e limpeza biolóxica no campamento romano de Cidadela, Sobrado dos Monxes (A Coruña) EMILIO RAMIL GONZÁLEZ, MANUEL CAAMAÑO GESTO ............... [158] Prospección arqueolóxica para o Plan de usos e rendibilización do patrimonio cultural da CMVMC de Santiago de Covelo (Pontevedra) JORGE LAMAS BÉRTOLO .................................................................... [219] Seguimento arqueolóxico para a colocación de paneis en 9 xacementos do territorio da Asoc. Terras de Miranda (Lugo) ABEL VIGO GARCÍA ........................................................................... [267] Proposta de reposición do petróglifo de Lapela, Chandebrito, Nigrán (Pontevedra) ROSA VILLAR QUINTERO ................................................................... [307] Campo de traballo no castro de Mallou, Carnota (A Coruña) JORGE LAMAS BÉRTOLO ..................................................................... [340] Limpeza, escavación e consolidación arqueolóxica no xacemento de Castromao, Celanova (Ourense) LUIS ORERO GRANDAL ...................................................................... [351] Actuacións arqueolóxicas no castro de Socastro, Rois (A Coruña) ELENA LIMA OLIVERA, JOAQUÍN FERRER CRUZ ............................. [372] Sondaxes arqueolóxicas no castro de Chandebrito, Nigrán (Pontevedra) XOSÉ LOIS LADRA FERNÁNDEZ ........................................................ [373] Sondaxes Arqueolóxicas na Cruz do Castro, Carballedo, Cotobade (Pontevedra) ÁNGEL CONCHEIRO COELLO ............................................................ [395] Escavación arqueolóxica no castro de Viladonga, Castro de Rei (Lugo) EMILIO RAMIL GONZÁLEZ ................................................................

19

21

[403] Tapado do xacemento arqueolóxico de Portomaior, As Neves (Pontevedra) ROSA VILLAR QUINTEIRO ..................................................................

41

[405] Escavación arqueolóxica no campamento romano de Aquis Querquennis, Bande (Ourense) SANTIAGO FERRER SIERRA .................................................................

43

[407] Escavación do Castro Pequeno de Neixón, Boiro (A Coruña) XURXO M. AYÁN VILA, MANUEL A. FRANCO FERNÁNDEZ ..........

46

[411] Campaña de escavación arqueolóxica no castro de Castrolandín, Cuntis (Pontevedra) CARLOS OTERO VILARIÑO .................................................................

49

[436] Sondaxes arqueolóxicas no castro da Ourela, San Xurxo de Augas Santas, Palas de Rei (Lugo) IVÁN A. ÁLVAREZ MERAYO ...............................................................

52

[439] Escavación arqueolóxica e consolidación na ermida de San Guillerme, Fisterra (A Coruña) LORENA VIDAL CAEIRO e CRISTOBAL NODAR NODAR ...................

54

[472] Actuación arqueolóxica de conservación e escavación en área no castro de Zoñán, Mondoñedo (Lugo) ABEL VIGO GARCÍA ...........................................................................

56

[486] Escavación arqueolóxica no castro de Formigueiros, Samos (Lugo) GONZALO MEIJIDE CAMESELLE ........................................................

58

[489] Proxecto de recuperación e escavación no contorno da Cista de Bicos do Lago, Abelleira, Muros (A Coruña) Mª JOSÉ BÓVEDA FERNÁNDEZ ..........................................................

61

[512] Sondaxes arqueolóxicas no xacemento castrexo de Monforte de Lemos (Lugo) IVÁN ÁLVAREZ MERAYO ....................................................................

63

[513] Escavación, consolidación e limpeza no campamento romano de Cidadela, Sobrado dos Monxes (A Coruña) EMILIO RAMIL GONZÁLEZ, MANUEL CAAMAÑO GESTO ................

65

[514] Traballos arqueolóxicos de revisión do rexistro dos gravados rupestres de Parada, Campo Lameiro (Pontevedra) BEATRIZ COMENDADOR REY, XAQUÍN FERRER CRUZ, VÍCTOR VÁZQUEZ COLLAZO ...........................................................................

67

23

25

27

30

32

35

37

39

-5-


[522] Documentación da estación rupestre de Naraio I e sondaxe e acondicionamento de Laxe das Rodas, Muros (A Coruña) MANUEL ANTONIO FRANCO FERNÁNDEZ .......................................

69

[540] Escavación en área no aparcadoiro do Centro de Interpretación e Documentación da Arte Rupestre, Campo Lameiro (Pontevedra) JOSÉ LÓPEZ ALONSO, FIDEL MÉNDEZ FERNÁNDEZ .......................

72

[543 e 652] Posta en valor de Castromaior para fomento do turismo cultural no Camiño de Santiago. Portomarín (Lugo) LUIS FRANCISCO LÓPEZ GONZÁLEZ .................................................

74

[566] Limpeza e restauración de estruturas no Castelo da Lúa, Rianxo (A Coruña) ANDRÉS BONILLA RODRÍGUEZ .........................................................

77

[587] Escavación arqueolóxica no foxo do castelo medieval de Moeche, Moeche (A Coruña) EMILIO RAMIL GONZÁLEZ ................................................................

79

[603] Escavación puntual e consolidación de estruturas no castro de Santa Tegra (Pontevedra) MIGUEL Á. LÓPEZ MARCOS e LUIS FCO. LÓPEZ GONZÁLEZ ........ [630] Escavación e consolidación arqueolóxica no castro de San Cibrao de Las (Ourense) YOLANDA ÁLVAREZ GONZÁLEZ ........................................................

[199] Sondaxe e control arqueolóxico dos movementos de terra vinculados ao acceso á torre de Sto. Domingo, Monforte de Lemos (Lugo) IVÁN A. ÁLVAREZ MERAYO ............................................................... 103 [238] Control arqueolóxico da escavación para drenaxe perimetral na igrexa parroquial de Santa María de Riós, Riós (Ourense) MARÍA DEL MAR LÓPEZ CORDEIRO ................................................. 105 [255] Control arqueolóxico de desmonte no ángulo suroeste do Baluarte do Pozo, praza-forte de Salvaterra de Miño (Pontevedra) BEATRIZ PEREIRAS MAGARIÑOS ........................................................ 106 [434] Escavación arqueolóxica na horta da reitoral de Santo Estevo e no castelo, na zona vella de Allariz (Ourense) YOLANDA ÁLVAREZ GONZÁLEZ ........................................................ 108

81

[525] Control arqueolóxico das obras de drenaxe perimetral na capela da Nosa Señora do Rial, Outes (A Coruña) ALEJANDRO ARCE MÉNDEZ .............................................................. 112 84

2.- ACTUACIÓNS ARQUEOLÓXICAS EN PROXECTOS DE RESTAURACIÓN DO PATRIMONIO CONSTRUÍDO

[002] Control arqueolóxico da restauración da basílica e adro norte, 3ª fase, do Mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro, Silleda (Pontevedra) ANDRÉS BONILLA RODRÍGUEZ .........................................................

[173] Control de remoción de terras das obras de restauración e posta en valor da igrexa de Santa María das Areas, Fisterra (A Coruña) MARÍA DEL MAR LÓPEZ CORDEIRO ................................................. 102

[570] Control arqueolóxico de remoción de terras das obras de restauración da igrexa de San Pedro de Soandres, A Laracha (A Coruña) MARÍA DEL MAR LÓPEZ CORDEIRO ................................................. 114

89

[610] Control arqueolóxico das obras de drenaxe na igrexa de Santa María de Loimil, A Estrada (Pontevedra) MARÍA DEL MAR LÓPEZ CORDEIRO ................................................. 115

90

[612] Control arqueolóxico das obras de rehabilitación da igrexa de San Martiño de Brabío, Betanzos (A Coruña) MARÍA DEL MAR LÓPEZ CORDEIRO ................................................. 116

93

[632] Control arqueolóxico no Castelo dos Sarmiento. Escavación da terraza intermedia, Ribadavia (Ourense) LUIS ORERO GRANDAL ...................................................................... 117

96

[653] Control arqueolóxico para a instalación de drenaxe na igrexa de Santiago do Deán, A Pobra do Caramiñal (A Coruña) MARÍA DEL MAR LÓPEZ CORDEIRO ................................................. 120

[136] Control arqueolóxico das remocións de terra na fachada principal do mosteiro de San Xiao de Samos, Samos (Lugo) XOSÉ LOIS LADRA FERNÁNDEZ ........................................................

98

[726] Control arqueolóxico das obras de rehabilitación da igrexa de San Xoán Bautista de Mazaricos (A Coruña) ÁNGEL CONCHEIRO COELLO ............................................................ 121

[139] Actuacións arqueolóxicas realizadas na igrexa de San Salvador do Hospital, Quiroga (Lugo) SANTIAGO FERRER SIERRA .................................................................

99

[057] Control arqueolóxico das obras de reforma da iluminación interior da igrexa de San Martiño de Noia (A Coruña) ÁNGEL CONCHEIRO COELLO ............................................................ [076] Actuacións arqueolóxicas derivadas do proxecto para a recuperación do Forte dos Medos, Estás, Tomiño (Pontevedra) EDUARDO RODRÍGUEZ SAIZ .............................................................. [101] Proxecto de remodelación do adro, no contorno da igrexa do mosteiro de San Pedro, Ramirás (Ourense) MANUEL GARCÍA VALDEIRAS ............................................................

-6-


II. ACTUACIÓNS ARQUEOLÓXICAS PREVENTIVAS

[526] Sondaxes arqueolóxicas valorativas na rúa dos Anxos nº 11, 13, 15, Betanzos ISABEL CABRERA TILVE ..................................................................... 149

1. ACTUACIÓNS ARQUEOLÓXICAS PREVENTIVAS NO ÁMBITO URBANO

Provincia da Coruña

[051] Sondaxes arqueolóxicas na rúa Real 63-avda. da Mariña 28, A Coruña EMILIO RAMIL GONZÁLEZ ................................................................ 125 [375] Escavación en área en Sánchez Bregua 3, A Coruña JOSÉ RAMÓN MARTÍNEZ CASAL ........................................................ 127 [412] Escavación en área en Sánchez Bregua 2, A Coruña JOSÉ RAMÓN MARTÍNEZ CASAL ........................................................ 129 [074] Control e seguimento arqueolóxico das obras de consolidación de pavimentación da rúa de Bautizados, Santiago de Compostela Mª GORETTI GONZÁLEZ VILA .......................................................... 131 [294] Sondaxes arqueolóxicas valorativas no inmoble nº 13 da rúa de Vista Alegre, Santiago de Compostela JOSÉ RAMÓN MARTÍNEZ CASAL ........................................................ 133 [296] Sondaxes arqueolóxicas valorativas no inmoble nº 18 da rúa do Campo da Angustia, Santiago de Compostela JUAN JOSÉ ALONSO BRAÑA ............................................................... 135 [389] Control arqueolóxico do mantemento e reparación dos lousados do contorno de San Martiño Pinario, 2ª fase, Santiago de Compostela Mª GORETTI GONZÁLEZ VILA .......................................................... 137 [421] Sondaxe arqueolóxica valorativa no Centro de día-albergue Juan XXIII, no Convento de San Francisco, Santiago de Compostela ISABEL CABRERA TILVE ..................................................................... 139 [459 e 599] Sondaxes arqueolóxicos e escavación en área na rúa da Conga nº 9 - rúa Xelmírez nº 11, Santiago de Compostela BEATRIZ PEREIRAS MAGARIÑOS ........................................................ 141 [462] Proxecto de sondaxes arqueolóxicas valorativas no inmoble nº 31 da rúa da Algalia de Abaixo, Santiago de Compostela Mª GORETTI GONZÁLEZ VILA .......................................................... 143 [681] Limpeza e rexistro arqueolóxico do paramento exterior do inmoble número 18 da rúa Entremuros, Santiago de Compostela REBECA BLANCO-ROTEA, ROSA BENAVIDES GARCÍA, PATRICIA MAÑANA-BORRAZÁS .......................................................................... 145

Provincia de Lugo

[598] Escavación arqueolóxica en área no inmoble nº 5 da rúa Nova, Lugo ROBERTO BARTOLOMÉ ABRAIRA ....................................................... 151 [691] Escavación arqueolóxica en área da parte traseira do inmoble nº 8 da rúa Quiroga Ballesteros, Lugo ENRIQUE ALCORTA IRASTORZA ......................................................... 154 [099] Escavación arqueolóxica en área nunha parcela situada en solo urbano no xacemento de Punta Atalaia, San Cibrao, Cervo EVA CASTRO VIGO ............................................................................. 156 Provincia de Ourense

[170] Sondaxes arqueolóxicas na praza Saco e Arce nº 7, Ourense EDUARDO-BREOGÁN NIETO MUÑIZ ................................................ 158 [175] Ampliación á escavación das sondaxes nas Burgas / U.E.2 área 1 (Casa dos Fornos) e área 2 (Traseira das Burgas), Ourense CELSO RODRÍGUEZ CAO .................................................................... 160 [178] Sondaxes arqueolóxicas no inmoble situado no nº 1 da rúa Moratín e nº 2 e 4 da rúa Primavera, Ourense LUIS CORDEIRO MAAÑÓN ................................................................. 163 [456] Sondaxes arqueolóxicas no soar da rúa do Progreso nº 40, Ourense JORGE LAMAS BÉRTOLO ..................................................................... 165 [656] Escavación arqueolóxica precedida de sondaxes valorativas no soar de rúa Perigo 9, Ourense MANUEL JORRETO DÍAZ, DAVID PÉREZ LÓPEZ .............................. 167 [722] Control arqueolóxico para o proxecto da rehabilitación de dúas vivendas na rúa do Sol 2-4, Castro Caldelas DAVID PÉREZ LÓPEZ ......................................................................... 170 [620] Control arqueolóxico das remocións de terras para a cimentación do predio nº 3 da rúa de San Mamede, Montederramo EDUARDO-BREOGÁN NIETO MUÑIZ ................................................ 172 [191] Control arqueolóxico das obras de recuperación na rúa Salgado Moscoso, zona histórica de Ribadavia MANUEL GARCÍA VALDEIRAS ............................................................ 173 [147] Actuación arqueolóxica no soar da praza García Barbón, esquina coa rúa Travesa, Verín MANUEL GARCÍA VALDEIRAS ............................................................ 174

-7-


[555] Sondaxes arqueolóxicas na «Casa dos Acevedo», no inmoble nº 26 da Praza de García Barbón, Verín (Ourense) EDUARDO-BREOGÁN NIETO MUÑIZ ................................................ 176

[303] Avaliación arqueolóxica da parcela 3 da Unidade de actuación I-06 de Rosalía de Castro II, Vigo MARÍA JESÚS IGLESIAS DARRIBA ....................................................... 206

[717] Sondaxes arqueolóxicas na praza da Mercede nº 6, Verín EDUARDO-BREOGÁN NIETO MUÑIZ ................................................ 178

[342] Sondaxes arqueolóxicas manuais previas ás obras de rehabilitación do edificio nº 6 da rúa San Vicente, Vigo SANTIAGO VIEITO COVELA ................................................................ 208

[279] Sondaxes arqueolóxicas para asento de zapatas no predio nº 3 da rúa Xesús Carlos Romero Nieto, Xinzo de Limia EDUARDO-BREOGÁN NIETO MUÑIZ ................................................ 180

[528] Control arqueolóxico das obras de remodelación da rúa Teófilo Llorente, Vigo MARÍA DEL MAR LÓPEZ CORDEIRO ................................................. 210

Provincia de Pontevedra

[108] Escavación en área en tramo parcial da rúa Manuel Quiroga, Pontevedra Mª DOS ANXOS LÓPEZ TABOADA ..................................................... 182 [277] Sondaxes mecánicas das obras de construción de edificio na Rúa Nova de Abaixo nº 9 a 21, Pontevedra SANTIAGO VIEITO COVELA ................................................................ 184 [430] Control arqueolóxico das obras de reurbanización da praza da Castaña e rúa Irmáns Sobrino Buhigas, Pontevedra SANTIAGO VIEITO COVELA ................................................................ 186 [551] Escavación e control arqueolóxico de remoción de terras: Arrabalde da basílica de Santa María na zona intra muros, Pontevedra BEATRIZ PEREIRAS MAGARIÑOS ........................................................ 188 [006] Sondaxes arqueolóxicas para as obras de construción dun aparcadoiro soterrado na rúa Rosalía de Castro, Vigo EDUARDO RODRÍGUEZ SAIZ .............................................................. 190 [015] Escavación arqueolóxica en área no sector oriental do soar nº 2 - 3 da praza de Compostela, Vigo ENRIQUETA LÓPEZ RODRÍGUEZ ....................................................... 193 [024] Sondaxes arqueolóxicas valorativas no inmoble nº 2 da rúa Anguía, Vigo JUAN JOSÉ ALONSO BRAÑA ............................................................... 196 [065] Sondaxes arqueolóxicas manuais na rúa San Sebastián nº 18, Vigo ROSA PEREIRA MUÑOZ ...................................................................... 198 [137] Sondaxes arqueolóxicas mecánicas no soar do nº 23 da rúa San Gregorio, Vigo EDUARDO RODRÍGUEZ SAIZ .............................................................. 200

[530] Sondaxes arqueolóxicas manuais na rúa San Xulián 6 Perigos 5, Vigo ÁNGEL CONCHEIRO COELLO ............................................................ 211 [533] Sondaxes arqueolóxicas valorativas nos inmobles 6-8 da rúa Perigos, Vigo ROSA VILLAR QUINTERO ................................................................... 212 [580] Sondaxes arqueolóxicas manuais no inmoble do Arco de Quirós, na praza da Princesa e rúa Fermín Penzol, Vigo SOFÍA CADENAS BALSEIRO ................................................................ 214 [676] Sondaxes arqueolóxicas manuais nos inmobles da rúa Hortas nº 10-12, Vigo SOFÍA CADENAS BALSEIRO ................................................................ 216 [732] Sondaxes arqueolóxicas manuais nos inmobles da rúa Oliva nº 2-4, Vigo EDUARDO RODRÍGUEZ SAIZ .............................................................. 218 [212] Sondaxes arqueolóxicas na rúa Montero Ríos número 91, Bueu ÁNGEL CONCHEIRO COELLO ............................................................ 221 [033] Control arqueolóxico das obras L.M.T.S. e C.T. Santa María - Xosé Salgado, Caldas de Reis Mª DOS ANXOS LÓPEZ TABOADA ..................................................... 223 [166] Escavación arqueolóxica en área nas rúas Carlos García Bayón - Porto do Río, Caldas de Reis VÍCTOR RÚA CARRIL .......................................................................... 225 [253] Sondaxes manuais en proxecto de construción dun edificio de vivendas na rúa Laureano Salgado números 5-7, Caldas de Reis VÍCTOR RÚA CARRIL .......................................................................... 227

[154] Escavación arqueolóxica en área da parcela 4 da Unidade de actuación I-06, Rosalía de Castro nº 2, Vigo MARIO CÉSAR VILA ............................................................................ 202

[004] Sondaxes arqueolóxicas para as obras no edificio para vivendas na praza de Alfredo Brañas, esquina rúa Isabel II, en Cambados HERMINIA RODRÍGUEZ PÉREZ e ANDREA SERODIA DOMÍNGUEZ ... 230

[289] Control arqueolóxico na rúa Ferrería nº 9, esquina Subida á Costa, Vigo ROSA PEREIRA MUÑOZ ...................................................................... 204

[357] Control arqueolóxico das obras de construción de edificio de baixo e planta na rúa Os Píos nº 8, Cambados HERMINIA RODRÍGUEZ PÉREZ e ANDREA SERODIA DOMÍNGUEZ ... 233

-8-


[708] Control arqueolóxico da reurbanización da conexión rúa San Roque-Carreiro do Campo, zona histórica, Combarro, Poio SANTIAGO VIEITO COVELA ................................................................ 235

[305] Estudo de impacto sobre o patrimonio cultural do Parque Eólico de Sasdónigas, Mondoñedo e Abadín (Lugo) FRANCISCO JAVIER CHAO ÁLVAREZ .................................................. 261

2. ACTUACIÓNS ARQUEOLÓXICAS PREVENTIVAS NO MEDIO RURAL

[309] Estudo de impacto sobre o patrimonio cultural do Parque Eólico de Carracedo. A Pastoriza, Riotorto e Mondoñedo (Lugo) FRANCISCO JAVIER CHAO ÁLVAREZ .................................................. 262

[077] Sondaxes arqueolóxicas e control do Centro de Interpretación parroquial en Santa Eulalia de Vedra, (A Coruña) JOSÉ RAMÓN MARTÍNEZ CASAL ........................................................ 239 [097] Control arqueolóxico das obras de protección do litoral no lugar da Ladeira do Chazo, Abanqueiro, Boiro (A Coruña) VÍCTOR J. BARBEITO POSE ................................................................. 241 [098] Prospección arqueolóxica da duna da praia de Rodas no proxecto de mellora da accesibilidade das Illas Cíes, Vigo (Pontevedra) FRANCISCO JAVIER CHAO ÁLVAREZ .................................................. 243 [131] Sondaxes arqueolóxicas manuais previas á construción dunha vivenda no lugar do Coto, Cela, Mos (Pontevedra) ÁNGEL CONCHEIRO COELLO ............................................................ 244 [176] Intervención arqueolóxica de urxencia na zona do túnel do Agro de Bazar, Dornelas, Silleda (Pontevedra) Mª JOSÉ BÓVEDA FERNÁNDEZ .......................................................... 246 [207] Control e seguimento arqueolóxico dos traballos de limpeza e rozado do Pico Sacro, Boqueixón (A Coruña) ROCÍO VARELA POUSA ....................................................................... 248 [230] Estudo de impacto ambiental para o proceso de concentración parcelaria na zona de Vilantime, Arzúa (A Coruña) FRANCISCO JAVIER CHAO ÁLVAREZ .................................................. 250 [243] Sondaxes dos restos romanos no lugar do Monte atopados con motivo das obras da PLISAN, As Neves (Pontevedra) SANTIAGO FERRER SIERRA ................................................................. 252 [245] Prospección para estudo de impacto arqueolóxico da liña para interconexión do Parque Eólico das Neves (Pontevedra) MARÍA DEL MAR LÓPEZ CORDEIRO ................................................. 254

[320] Prospección arqueolóxica intensiva da zona de concentración parcelaria de Castro Caldelas (Ourense) MANUEL GARCÍA VALDEIRAS ............................................................ 263 [347] Escavación en área dun tramo do Camiño de Santiago Meridional/Vía da Prata, Lalín (Pontevedra) ROBERTO ABOAL FERNÁNDEZ .......................................................... 265 [361] Sondaxes valorativas no novo trazado da estrada Campomarzo-Abades, no contorno da mámoa nº 2 de Chousa Nova, Silleda (Pontevedra) ANDRÉS TEIRA BRIÓN, CARLOS RODRÍGUEZ RELLÁN .................... 268 [363] Sondaxes arqueolóxicas valorativas na Raña Longa, lugar de Gronzo, freguesía de San Fins de Brión (A Coruña) XOSÉ LOIS LADRA FERNÁNDEZ ........................................................ 270 [406] Prospección arqueolóxica na zona de concentración parcelaria Agudelo-Barro-Valiñas, Barro (Pontevedra) SANTIAGO VIEITO COVELA ................................................................ 271 [453] Sondaxes arqueolóxicas valorativas no contorno do novo túmulo da Zapateira, Culleredo (A Coruña) JUAN CARLOS LÓPEZ GARCÍA ........................................................... 274 [490] Control arqueolóxico do Parque Eólico Singular das Neves e da Liña de Interconexión de 20 kv, As Neves (Pontevedra) MARÍA DEL MAR LÓPEZ CORDEIRO ................................................. 276 [509] Prospección arqueolóxica da parroquia de Santa María de Aciveiro, Forcarei (Pontevedra) EDUARDO-BREOGÁN NIETO MUÑIZ ................................................ 277 [510] Prospección para o estudo de impacto arqueolóxico do Parque Eólico Singular de Valga, Valga (Pontevedra) MARÍA DEL MAR LÓPEZ CORDEIRO ................................................. 280

[249 e 546] Control, escavación, consolidación, levantamento e traslado da cámara megalítica de Chousa Nova 1, Dornelas, Silleda (Pontevedra) Mª JOSÉ BÓVEDA FERNÁNDEZ .......................................................... 255

[536] Control arqueolóxico para a execución dunha estabulación de gando vacún no Pereiro Vello, Tordoia (A Coruña) MANUEL GARCÍA VALDEIRAS ............................................................ 281

[254] Prospección arqueolóxica para a mellora de pasteiros no monte comunal de Barrantes, Tomiño (Pontevedra) SANTIAGO VIEITO COVELA ................................................................ 257

[583] Estudo de impacto cultural para o Plan de Sectorización sobre uns terreos para urbanizar, Ponteceso (A Coruña) ÁNGEL MARCELO RODRÍGUEZ CASTRO ........................................... 283

[297] Sondaxes arqueolóxicas valorativas en Zapa I, Redondela (Pontevedra) JUAN CARLOS LÓPEZ GARCÍA ........................................................... 259

[628] Sondaxes arqueolóxicas valorativas no Foxo do Lobo de Vilar, Bande (Ourense) DAVID PÉREZ LÓPEZ ......................................................................... 285

-9-


[636] Sondaxes valorativas no contorno do xacemento Agro da Ponte, Lugo (Lugo) MIGUEL A. VIDAL LOJO .................................................................... 288 [667] Sondaxes arqueolóxicas na área de cautela do xacemento de Castrelo vinculadas ao acondicionamento da estrada AC433, Laxe (A Coruña) DIEGO PIAY AUGUSTO ...................................................................... 290 [695] Control arqueolóxico das obras da rede de saneamento de Triacastela e Pasantes, Triacastela (Lugo) MANUEL GARCÍA VALDEIRAS ............................................................ 293 [710] Control arqueolóxico das obras de intervención ambiental no Puzo do Lago, Maside (Ourense) MANUEL GARCÍA VALDEIRAS ............................................................ 294 [713] Proxecto de sondaxes arqueolóxicas para construción de vivenda no Camiño da Xunqueira, San Pedro da Ramallosa, Nigrán (Pontevedra) SANTIAGO VIEITO COVELA ................................................................ 296 [744] Estudo de impacto cultural para a ordenación do contorno dunha área terciaria e comercial, O Porriño (Pontevedra) ÁNGEL MARCELO RODRÍGUEZ CASTRO ........................................... 297 [767] Seguimento arqueolóxico e escavación en área en ZAPA I, Redondela (Pontevedra) JUAN CARLOS LÓPEZ GARCÍA ........................................................... 298

3. ACTUACIÓNS ARQUEOLÓXICAS PREVENTIVAS NO MEDIO SUBACUÁTICO

[492] Prospección arqueolóxica subacuática para o Estudo de Impacto Ambiental das obras no porto de Marín (Pontevedra) YOLANDA ALAMAR BONET ................................................................ 303 [507] Dragaxe no peirao leste do porto de Bueu. Prospección arqueolóxica subacuática, Bueu (Pontevedra) MIGUEL SAN CLAUDIO SANTA CRUZ ................................................ 305 [700] Prospección subacuática e terrestre na desembocadura do río Verdugo, EAAV tramo Soutomaior-Vilaboa (Pontevedra) ÁNGEL MARCELO RODRÍGUEZ CASTRO ........................................... 306 [720] Prospección arqueolóxica subacuática no río Ulla para o eixe atlántico de alta velocidade: Viaduto sobre o río Ulla ÁNGEL MARCELO RODRÍGUEZ CASTRO ........................................... 308

III. INVENTARIO E CATALOGACIÓN [035] Prospección para avaliación de impacto arqueolóxico dos traballos de concentración parcelariana en Santiago de Verea, Verea (Ourense) EDUARDO-BREOGÁN NIETO MUÑIZ ................................................ 313 [038] Prospección arqueolóxica intensiva da parroquia de Rubiás dos Mixtos, Calvos de Randín (Ourense) MANUEL GARCÍA VALDEIRAS ............................................................ 316 [056] Prospección subacuática, derivada do achado de materiais arqueolóxicos no contorno da praia de Lago, Xove (Lugo) IGNACIO CRESPO LIÑEIRO ................................................................. 318 [164] Prospección arqueolóxica subacuática no contorno do seo de Corcubión, ría de Corcubión-cabo Fisterra (A Coruña) MIGUEL SAN CLAUDIO SANTA CRUZ, RAÚL GONZÁLEZ GALLERO ... 320 [168] Resultados da sondaxe arqueolóxica no lugar de Pedras, O Saviñao, e da prospección na Depresión de Monforte de Lemos (Lugo) LOMBERA HERMIDA, A., RODRÍGUEZ ÁLVAREZ, X. P., LAZUÉN FERNÁNDEZ, T., FÁBREGAS VALCARCE, R. ...................................... 322 [222] Prospección arqueolóxica superficial do concello de Boborás (Ourense) JORGE LAMAS BÉRTOLO ..................................................................... 325 [290] Prospección arqueolóxica xeofísica da ría de Corcubión (A Coruña) MIGUEL SAN CLAUDIO SANTA CRUZ, RAÚL GONZÁLEZ GALLERO ... 327 [334] Prospección para a recuperación, mantemento e conservación do DPMT da illa de Sálvora, Ribeira (A Coruña) ANDRÉS BONILLA RODRÍGUEZ ......................................................... 330 [418] Primeiras intervencións no xacemento de Cova Eirós, Triacastela (Lugo) LAZUÉN FERNÁNDEZ, T.; RODRÍGUEZ ÁLVAREZ, X. P.; DE LOMBERA HERMIDA, A.; FÁBREGAS VALCARCE, R. ............................................ 332 [432] Catalogación e delimitación planimétrica dos xacementos arqueolóxicos do concello de Baralla (Lugo) JOAQUÍN FERRER CRUZ ...................................................................... 335 [449] Prospección, inventario e catalogación dos xacementos paleolíticos do concello das Neves (Pontevedra) ROSA VILLAR QUINTEIRO .................................................................. 337 [454] Prospección e sondaxes arqueolóxicas en Santa Comba de Louro, Valga (Pontevedra) SARA RODRÍGUEZ SOUTO .................................................................. 339

- 10 -


IV. CONSERVACIÓN E RESTAURACIÓN DE MATERIAIS

[520] Prospección arqueolóxica terrestre e subacuática en Agramar, Valga (Pontevedra) DAVID FERNÁNDEZ ABELLA ............................................................. 341 [549] Revisión do catálogo de xacementos rupestres do concello de Porto do Son e posta en valor da estación da Gurita I, Porto do Son (A Coruña) RAMÓN FÁBREGAS VALCARCE e ANDRÉS BONILLA RODRÍGUEZ ... 344

Conservación de materiais orgánicos empapados das salinas romanas de Rosalía de Castro II, Vigo (Pontevedra) ROSA BENAVIDES GARCÍA ................................................................. 351 Peltres flamengos do pecio da Coba - Xove (Lugo) ROSA BENAVIDES GARCÍA ................................................................. 354

[701] Prospección arqueolóxica para a delimitación e declaración de BIC de xacementos megalíticos nas provincias de Ourense e Pontevedra FRANCISCO JAVIER CHAO ÁLVAREZ .................................................. 346

V. A ACTIVIDADE ARQUEOLÓXICA NA COMUNIDADE AUTÓNOMA GALEGA NO ANO 2008 Análise da actividade arqueolóxica no ano 2008 ........................ 359

APÉNDICE Relación de actuacións autorizadas no ano 2008 ....................... 369

- 11 -


IV. CONSERVACIÓN E RESTAURACIÓN DE MATERIAIS

Peltres flamengos do pecio da Coba - Xove (Lugo) ROSA BENAVIDES 1

O

depósito feito pola empresa Argos no Museo do Mar dun achado casual por mor dunha draga na rada da Coba (Xove) está formado por pezas de artillería, restos dunha bésta, madeiras da estrutura do pecio e un conxunto de nove pezas de vaixela de peltre, ao que se suma outra peza atopada por Miguel San Claudio nunha prospección na mesma zona. A restauración e o estudo das pezas de vaixela demostrou que forman un extraordinario conxunto de peltres de orixe flamenga, pertencentes á carga do barco e que evidencia o comercio dunha mercancía de gran calidade e alto prezo na metade do século XVI. DOCUMENTACIÓN Coa intervención restauradora pretendiamos, ademais de garantir a preservación das pezas, coñecer a súa natureza, procedencia e cronoloxía. Para confirmar a natureza dos metais, intuída a través dos produtos de corrosión, analizáronse pequenas mostras dalgunhas pezas2. Confírmase a aliaxe de estaño cunha pequena parte de chumbo, máis significativa na xerra (2,56%) ca nos pratos. No proceso de limpeza localizáronse algúns selos que nos permitiron avanzar considerablemente no coñecemento da súa procedencia e cronoloxía. As pezas de peltre adoitaban levar o contraste do fabricante e tamén o do gremio se

Relación das pezas de peltre atopadas no pecio da Coba-Xove Diámetro (mm)

Bordo (mm)

Peso (g)

Contraste

Cunca

131

390

si

Xerra

Máx. aprox. 220

< 3.000

?

Prato (1)

242/256

3,5

758

si

Fonte pequena (2)

300

4

944

non; peza incompleta

Fonte (3)

380

4,8

1.730

si

Fonte (4)

375

4,8

1.660

si

Fonte (5)

370/380

6,7

1.724

non

Fonte (6)

375

6,7

1.666

si

Fonte (7)

370/380

6,5

1.722

non

Fonte grande (8)

427/445

8

2.728

si

cumprían as normas establecidas de calidade na fabricación3. No noso caso, parece que todos os contrastes documentados corresponden aos gremios. O contraste coa rosa coroada flanqueada por iniciais góticas é de orixe inglesa (rosa Tudor), porén, este tipo de selo comézase a usar en Flandres a mediados do século XVI. A marca coa cruz de Borgoña4 ou de San Andrés chega aos Países Baixos en 1523. Polo tanto, tras o estudo dos contrastes e do sistema de fabricación das pezas5, chegamos á conclusión de que todas proceden dos Países Baixos6 e que probablemente pertencen ao pecio documentado polos arqueólogos de Argos no Archivo General de Simancas sobre o litixio que mantivo o Bispo de Mondoñedo Diego de Soto (1546-1549) cos descendentes do seu predecesor Antonio de Guevara (1537-1545), pola propiedade dos bens da nave flamenga afundida chamada «Honor». Estas pezas de vaixela tan especiais podían ser posesións privadas do capitán e dos oficiais. No noso caso as marcas que se ven, anteriores á formación de pátina, non parecen responder a pegadas de uso e os bordos e resaltes están moi perfilados, polo que consideConxunto de peltres de Reimerswaal (extraído de Tin en tinnegieters in Nederland) ramos que se trata de mercancía. - 356 -


III. CONSERVACIÓN E RESTAURACIÓN DE MATERIAIS Peltres flamengos do pecio da Coba - Xove (Lugo)

A xerra, a cunca, e prato e fontes do conxunto de Xove

DESCRICIÓN DAS PEZAS O conxunto está formado por unha xerra, unha cunca e oito pratos e fontes. Xerra (flagon en inglés; wijnkan ou stadskannen en holandés) con tapa, de forma globular con pé e colo estilizados. Aínda que o sistema de fabricación é de gran calidade na súa época, o único alarde decorativo constitúeno unhas liñas incisas na tapa e no pé. Este tipo de xerra, de considerable tamaño, adoitaba utilizarse nos concellos. Non localizamos ningún contraste similar aos dos pratos, pero si ten un selo circular, dificilmente lexible no interior da tapa. Conserva no fondo o medallón tradicional7. Aínda que está moi deformada8 e con perdas de material é unha peza totalmente lexible. Mide arredor de 460 mm de alto e 220 mm de ancho máximo. O diámetro da tapa é de 115 mm. A cunca9 (porringer en inglés; oorkom en holandés) está fabricada nunha soa peza, con grandes orellas de sección semicircular e lobuladas con nove lóbulos. Esta peza apareceu na mesma zona, nunha prospección anterior. O feito de que o contraste (cruz de Borgoña no centro dunha flor coroada con coroa flordelisada) desta peza coincida co da fonte maior confirma a pertenza ao mesmo pecio. Prato (1): ten bordo liso cun pequeno rebordo. Está completo, deformado e bastante fisurado. Ten contraste no bordo, en forma de rosa silvestre coroada con coroa florde-

lisada flanqueada na destra por un C e na sinistra por un H, ambos maiúsculos e coas patas flordelisadas. Fonte pequena (2): ten bordo liso cun pequeno rebordo. Está incompleta, fragmentada, moi deformada e moi fisurada. No ten contraste; talvez estaba situado na parte perdida. Fonte (3): ten bordo liso cun pequeno rebordo. Está completa, moi deformada (dobrada) e con pequenas roturas no bordo. Ten contraste no bordo, similar ao do prato. Fonte (4): ten bordo liso cun pequeno rebordo. Está completa, moi deformada (dobrada) e con pequenas roturas no bordo. Ten contraste no bordo, semioculto pola corrosión deformante, similar ao do prato. Fonte (5): ten un gran bordo liso cun pequeno rebordo no reverso. Está completa e pouco deformada. Non observamos contraste. Fonte (6): ten bordo liso cun pequeno rebordo no reverso. Está completa e pouco deformada. Ten contraste no bordo, similar ao do prato. Fonte (7): ten un gran bordo liso cun pequeno rebordo no reverso. Está completa e pouco deformada. Non observamos contraste. Fonte (8): ten un gran bordo liso cun pequeno rebordo no reverso. Está completa e pouco deformada. O contraste é similar ao da cunca.

- 357 -


III. CONSERVACIÓN E RESTAURACIÓN DE MATERIAIS Peltres flamengos do pecio da Coba - Xove (Lugo)

TRATAMENTO DE CONSERVACIÓN Cando foron extraídas do mar, almacenáronse en seco, sen medidas de conservación preventiva; isto agudizou o endurecemento das codias de area e corrosión. Probamos diversos tratamentos químicos para abrandar as concrecións e facilitar a limpeza. O resultado na maioría dos casos foi decepcionante, apenas actuaban ou se o facían debilitaban extraordinariamente a pátina de casiterita, moi delgada e feble. Os mellores resultados obtivémolos coa limpeza mecánica, baixo lupa, con bisturí e barriñas de fibra de vidro, alternada con resinas intercambiadoras de ións, aniónicas (Amberlite® 4400 OH). Na cunca este tratamento alteraba a pátina polo que esta peza se limpou mecanicamente e en baños de auga e tensioactivo en cubeta de ultrasóns. Deshidratáronse por impregnación con etanol e acetona e almacenado hermético con xel de sílice. Unha vez secas, protexéronse con dobre capa: resina acrílica en disolución (Paralloid B72® ao 5% en xileno) e cera microcristalina (Cosmolloid H80® ao 5% en white spirit). Na fonte 2 uníronse os fragmentos con resina epoxy (Araldit® standard) cargada ̊ con pigmentos minerais.

6

Pratos similares aparecen na carga de «La Trinidad Valencera», que naufragou en 1588. Na nave de guerra «Mary Rose» (construída en 15091511 e afundida en 1545) documéntase o contraste da rosa coroada Tudor, flanqueada por iniciais góticas. A coincidencia de formas prodúcese con pezas flamengas de Reimerswaal (cidade que desapareceu en 1632 destruída polas continuas inundacións), de Rotterdam e de Leiden, entre outras. 7 O medallón é unha reminiscencia das pezas medievais nas que se selaba cun medallón o orificio deixado polo molde. A técnica empregada no século XVI non necesitaba inserir este medallón; porén, seguiu utilizándose por costume. O noso medallón é practicamente ilexible. 8 Sospeitamos que as roturas e deformacións se deben ao impacto do afondamento e non á draga, porque en todos os casos os bordos de fractura están notablemente máis corroídos que o resto da peza e non parece probable que semellante deterioración se producise nun ano. 9 O porringer é unha peza de vaixela bastante común nesta época en Inglaterra; porén, as pezas inglesas teñen menos lobuladas as orellas. Tampouco entre as holandesas documentamos nove lóbulos.

BIBLIOGRAFÍA DUBBE, B. (1978): Tin en tinnegieters in Nederland, De Tijdstroom Lochem BV, Nederland. GADD, J. A. (1999): «The Crowned Rose as Secondary Touch», Journal of the Pewter Society, pp. 42-45. GADD, J. A. (2003): «Pewter from wrecks identified», Journal of the Pewter Society. HOFFMAN, G. (1985): Mundos sumergidos, Planeta, Barcelona 1987.

NOTAS 1 Equipo técnico: Rosa Benavides García e Diana Blanco Patiño. Colaboradores: Ignacio Crespo, David Fernández, David Santos, Mar Sobrino e Ruth Soubrier. Agradecemento a Jan Gadd, bibliotecario da Pewter Society pola súa entusiasta e desinteresada colaboración no estudo das pezas e a Andrea Soubrier pola tradución dos informes. 2 CACTI (Universidade de Vigo). 3 En Inglaterra, no século XV o control da produción da aliaxe de estaño pewter cedeuse á Worshipful Company of Pewterers; desde entón, as corporacións británicas impuxeron normas rigorosas para a produción desta aliaxe distinguindo entre pezas destinadas á alimentación (con moito menos chumbo) e outros obxectos. 4 Este emblema inclúese nos escudos de armas e bandeiras de España desde 1506, coa Garda Borgoñona de Filipe o Fermoso, ata os nosos días, onde aínda é un elemento importante no Escudo de Armas do Rei e no seu estandarte, así coma nos estandartes, bandeiras, etc., das Forzas Armadas de España. 5 Con molde e acabados en frío, manuais e con torno.

MACLEOD, I. D., PENNEC, S. L., ROBBIOLA, L. (eds.) (1997): Metal 95. Proceedings of the International Conference on Metals Conservation. James & James Science Publishers Ltd., London. MOUREY, W.; ROBBIOLA, L. (eds.) (1998): Metal 98. Proceedings of the International Conference on Metals Conservation. James & James Science Publishers Ltd., London. RULE, M. (1986): The Mary Rose. A Guide, The Mary Rose Trust, Portsmouth (England). SELWYN, L. (2004): Métaux et corrosion. Un manuel pour le professionnel de la conservation, Ed. Institut Canadien de Conservation, Ottawa (Canadá). «La Trinidad Valencera» [en liña], en <http:// www.derrycity.gov.uk>, [última consulta: 19/02/2008]. «The Mary Rose» [en liña], dispoñible en <http:// www.maryrose.org>, [última consulta: 20/02/2009]. The Pewter Society [en liña], en <http:// www.pewtersociety.org >, [última consulta: 25/02/2009].

- 358 -


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.