Xacemento arqueolóxico de Pena Furada.

Page 1

XACEMENTO ARQUEOLÓXICO DE PENA FURADA Informe da Asociación de Custodia do Patrimonio Cultural Vedoreira. Actuación no xacemento arqueolóxico de Pena Furada 2015 José Fco. Castro Vilariño Ao longo do ano 2014, e logo de recuperar o “Camiño Mariñán de peregrinación xacobea de Sada a Betanzos”, as asociacións Turismo Sostible e Refuxios do rio Mandeo interésanse por saber que Patrimonio visitable temos na Reserva da Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”. Será destas reunións con eles, así como cos xestores da propia Reserva da Biosfera das que nacerá a idea de recuperar o xacemento arqueolóxico de Pena Furada no concello de Coirós, unha vez consultado o goberno municipal e contar co seu apoio, por tratarse dun elemento singular. Este fora obxeto dunha acción de limpeza superficial mediante voluntariado no ano 2011 e logo descuidado. Unha vez conseguidas as licencias e os permisos pertinentes elaboramos un Proxecto para actuar no xacemento en connivencia coa Delegación Provincial da Dirección Xeral de Patrimonio.

desenrolar ademais outras actividades o aire libre. Con esta actuación pretendese crear un modelo de intervención patrimonial suxestivo e innovador que poida ser un referente en intervencións posteriores no marco da Reserva da Biosfera. Revalorizar o xacemento, asegurandoo, como un elemento mais dentro das rutas culturais do concello e da Reserva, xerando así fluxos de turismo cultural que diversifiquen a oferta turística, e con ela outros sectores de actividade comercial do concello e da comarca. Logo de refacer o Proxecto varias veces para adecualo as esixencias das Administracións Públicas, solicitouse unha axuda para realizalo ao GDR MariñasBetanzos. Aprobada esta e xa a mediados do ano 2015, procedemos a iniciar os traballos.

Propuxémonos reactivar as actuacións arqueolóxicas en Pena Furada cun fin non só científico senón tamén orientado ao desfrute, uso e a unha xestión sostible deste recurso patrimonial.

Comezouse polos traballos de restauración arqueolóxica, mentres se organizaban o resto de tarefas e determinábamos a que empresas encargar aquelas que non poidesemos facer nos mesmos voluntariamente dende Vedoreira.

A finalidade fundamental da actuación foi mellorar a visión e os accesos ao conxunto arqueolóxico, restaurar os elementos en risco de deterioro e conseguir un espazo patrimonial dinámico de interese cultural, nun entorno natural de cómodo acceso a pe para que os visitantes poidan

Continuamos pola limpeza e adecuación do xacemento e do seu entorno. Tala arbórea dunha superficie total de 1,6 Has. Toda a parcela comunal, que se 8

implementou nuns 1.000 m2 mais, por compra municipal dunhas parcelas anexas que orixinalmente formaban parte do xacemento. Seguimos coa reapertura dos camiños de acceso tradicionais para usalos como sendas verdes transitables para senderistas con dobre obxectivo: Por unha banda recuperamos o aceso orixinal ao xacemento, e pola outra xeramos ou rehabilitamos unha serie de sendas verdes transitables a pe, que fan atractivo o entorno natural no que se enmarca este ben patrimonial. Tamén logramos deste xeito a valorización escenográfica do propio ben, que se atopaba case oculto dentro do crecemento incontrolado de especies vexetais que sería imprescindible ordenar. Suprimíronse, por suposto tamén, os exemplares arbóreos que ameazaban dentro do Xacemento a sua integridade. A xestión forestal conquireu recuperar o carácter de atalaia e de referencia visual natural que ten de seu este espazo patrimonial. Debido a dificultade para acceder o lugar, foi imprescindible a

Maio 2016


sinalización do xacemento en ambos sentidos da estrada N-VI mediante tres grandes sinais normalizadas. Unha no lugar de Figueiras e duas na entrada frente ao Polígono Industrial de Coirós. Tamén foi preciso sinalizar a ruta mediante frechas de madeira con menor formato e presenza, e cun carácter mais natural, nos enlaces das distintas pistas forestais que nos levan ó xacemento. En total colocamos 15 frechas serigrafiadas que serán xeoposicionadas nos planos finais. Coa finalidade de mellorar o uso público dos restos arqueolóxicos e o seu entorno contemplamos a necesidade de emprazar un panel informativo nos accesos do xacemento, onde se recolle de forma xenérica a información existente sobre el ata o momento, un código QR de enlaces, e un croquis cose unha topografía de detalle do xacemento e do entorno, agóra posible tras da limpeza vexetal. Unha vez elaborada esta capa topográfica e cando se pode propoñer a unha escala local unha intervención coherente neste entorno, o poder cruzala cos croquis que serviron de conclusión na campaña do ano 2011, un tanto descontextualizados actualmente. Desta forma poderemos actuar a escala de detalle aportando un resultado integral no que se poda entender a través da documentación científica e

comprender mediante unha sinxela visita ao lugar, o potencial cultural e organoléptico deste xacemento.

desraizamento no xacemento e actuar sobre as especies arboreas taladas para evitar o seu rebrote e propagación.

A realización dunha boa topografía do sitio non so é necesaria para ulteriores intervencións arqueolóxicas e paisaxísticas no xacemento, senón que servirá tamén como ferramenta e mostra do espazo para posteriores paneis divulgativos.

Participaron neste proxecto: un arquitecto paisaxista, tres arqueólogos, duas restauradoras do Patrimonio, dous topógrafos, un carpinteiro metalúrxico, un carpinteiro de madeira, unha empresa ferreteira, unha empresa de sinalética, unha empresa de serigrafía, unha empresa maderista, unha empresa de desbroces forestais, catro botánicos e dez voluntarios de Vedoreira.

Rematamos esta actuación facendo un levantamento fotogramétrico, asi como fotografía aerea e varios videos, do xacemento en si, e da área de actuación dende un dron. Fíxose unha prospección do entorno arqueolóxico (na area de ríspeto) co fin último de atopar elementos patrimoniais que complementen e articulen o discurso do xacemento que nos ocupa. Fixemos a maiores unha prospección botánica da flora autóctona presente. A aparición de posibles elementos deste patrimonio cultural e natural serve para ampliar a oferta e incidir na visita do sitio e do seu entorno. Deste xeito, non só o xacemento, senón unha serie de elementos, tamén paisaxísticos e medioambientais, que se localizan preto poden ser incluídos na visita ao lugar, articulando roteiros turísticos neste punto, e ofrecendo un paquete cultural completo.

Agradecementos especiais para o Concello de Coirós, alcalde, secretario, arquitecta e demais persoal municipal pola sua entrega e apoio. Ao mesón de Tión polo excelente trato recibido. Ao Xestor da Reserva da Biosfera, ao persoal desta e do GDR Mariñas-Betanzos pola sua axuda. A Dirección Xeral de Patrimonio polo excelente aconsellamento. A La Voz de Galicia pola difusión. As asociacións Refuxios do río Mandeo e Turismo Sostible por habernos convencido, e a aquelas outras que dende a Xunta Directiva do GDR nos alentaron. Moitas grazas a todas e todos.

Queda pendente para posteriores intervencións unha limpeza de

GALERÍA DE IMAXES

Grupo de Ois na taberna de Tizón (Fontelo) Década dos 70 De esquerda a dereita: Benigno Mourelo, Gonzalo de Diego, Isaac Tizón, Rafael de Sebio, Pepe de Roque, Enrique do Zoqueiro, José Brañas; De xeonllos: Manolo do Penelo Foto cedida por Benigno Mourelo. 9

Maio 2016


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.