Revista San Martiño 2016

Page 1


SUMARIO

EDITORIAL O SAMAÍ N WORKING WHEELS BIOGRAFÍ A XOSÉ NEIRA VILAS HOMENAXE NEIRA VILAS PEDIMOS A PAZ ALIMENTACIÓN ECOLÓXICA VIVA O ENTROIDO!! DÍ A DA POESÍ A. A TI, ROSALÍ A UN DÍ A DE CHUVIA LETRAS GALEGAS 2016 CONTOS ALMORZOS CON BEIZOS BRANCOS AS BRUXAS

150 ANIVERSARIO ALICIA NO PAÍ S DAS MARABILLAS TRABALLOS ALUMNOS 6º GALERÍ A DE ARTE EXPERIMENTANDO COAS PLANTAS MESTRE LAXEIRO CÓMICS NENAS, CEOS E MARES POEMA COÑECEMOS A PICASSO AS NENAS E NENOS DE 6º

INFANTIL B SOMOS UNS ARTISTAS

O MEU GATO MAXI EXCURSIÓN A MARCELLE RAMÓN Mª ALLER ULLOA CÓNTAME UN CONTO ILUSTRAMOS OS NOSOS CONTOS CHEFS NO XESÚS GOLMAR GREGUERÍ AS VISITAMOS O SUPER!! O TRAXE GALEGO


CEIP XESÚS GOLMAR

EDITORIAL Pinceladas A naturalidade de Monet, o expresionismo do Greco, o colorido de Romero Britto, o minimalismo poético de Lamazares,… cada pintor atopa o seu estilo e define a súa obra cun trazo que o caracteriza e identifica como artista. O xeito en que se enfrontan ao lenzo, a pericia á hora de coller o pincel ou mesmo a luz con que dan renda solta ás súas creacións marcan un compás que paseniñamente se vai enchendo de melodías e harmonías que conforman o seu legado. Se consideramos a vida coma un gran cadro, tamén debemos procurar a nosa propia identidade para expresarnos, os trazos que definirán a nosa obra. Cada acción que realicemos será unha pincelada que alimentará unha linguaxe única e diferenciadora. Cómo saudemos, a nosa letra, o sorriso, o modo de resolver (ou evitar) os conflitos, a coherencia no discursoou cada xesto que nos fai especiais convírtense nos xiros cos que a nosa man danzaría co pincel se encheramos a existencia de liñas e cores. É por iso que, igual ca o pintor ante o cadro, debemos ter moi claro qué queremos transmitir, cal é a nosa mensaxe e como podemos facela comprensible. Todo o que fagamos ten un efecto inmediato pero tamén perdurará na lembranza de cantos se vexan afectados e, seguramente, a súa influenza vaia moito máis alá do que poidamos pensar e controlar. A nosa imaxe e persoa fórxanse cunha capa tras outra de pintura que non podemos confiar ao azar xa que somos responsables dos nosos actos e calquercousa que fagamosteráunhas consecuencias. Cada pincelada quedará gravada en mentes e corazóns de cantos nos rodean alzándose victoriosa no desafío ao tempo e ao espazo. Cambiaremos de aula, de centro, de compañeiros,… pero os que están e os que estiveron sempre nos acompañarán a través das lembranzas e ensinanzas, das vivencias e as emocións. Na pintura, cada artista vai evolucionando ao longo da súa traxectoria do mesmo xeito que, máis alá da escola, na vida nunca deixamos de aprender e que mellor mestre que cada unha das persoas coas que nos cruzamos? Pensa Que lle podo ensinar aos meus amigos? E aos meus mestres? E a miña familia? Nunca debemos deixar de aprender e temos que saber que tampouco nunca deixamos de ensinar,a veces só cun sorriso, cunha actitude ou cun xesto. Non fan falta leccións maxistrais e case que ninintencionalidade. Todos e cada un dos que comparten un intre con nós van ver, apreciar e valorar os nosos trazos, as cores que escollemos, as formas que debuxamos e o estilo que nos define. Somos sen deixar de ser e estamos aíndasen estar. Que queres ser? Que queres pintar? Durante o curso 2015/2016 traballamos moitos pintores e técnicas no CEIP Xesús Golmar, pero sobre todo compartimos grandes momentos cunha morea de xente que en maiorou menor medida, sendo máis ou menos conscientes, xa forman parte de nós. Quizais as nosas obras volvan estar colgadas xuntas nalgunha exposición, quizais voltemos a cubrir espazos en branco coas máis vivas cores pero do que non hai dúbida é que xa nunca pintaremos sen a felicidade de ter creado xuntos coa ilusión, esforzo e maxia de quen inspira soños. Pintemos raiolas de felicidade!

San Martiño

2015 / 2016


CEIP XESÚS GOLMAR

O SAMAÍN

San Martiño

2015 / 2016


CEIP XESÚS GOLMAR

WORKING WHEELS

Working Wheels é unha asociación cultural formada polos deportistas e amigos lalinensas Alberto Mouriño e Alejandro Ferradás. Esta asociación, sen ánimo de lucro, pretende normalizar a vida da xente en cadeira de rodas. Visitáronnos para levar a cabo unha actividade de concienciación cos alumnos de Educación Primaria. O obxectivo destes talleres é inculcar valores asociados á accesibilidae e a integración social de persoas con discapacidade ou con algún tipo de necesidade especial.

San Martiño

2015 / 2016


CEIP XESÚS GOLMAR

Xosé Neira Vilas (Gres, Vila de Cruces, Pontevedra, novembro de 1928 - Gres, novembro de 2015) foi un narrador, ensaísta, xornalista e poeta en lingua galega. Emigrou a Bos Aires en 1949. Na capital arxentina alterna o seu traballo coa formación autodidacta, mantendo os seus vínculos con Galicia nos centros da colectividade galega emigrante. Casouse coa escritora cubana Anisia Miranda, filla de galegos, e trasladouse a Cuba, onde desenrolou a súa labor literaria. Tras trinta e un anos na illa caribeña, xa xubilados, regresaron a Galicia en 1992 para vivir en Gres onde dirixiron a Fundación Xosé Neira Vilas. Foi membro numerario da Real Academia Galega, doutor honoris causa polas Universidades de A Coruña e A Habana. Premio da Crítica Española (narrativa) e premio da Crítica Galega (ensaio). Fóronlle concedidas as medallas Castelao, Pedrón de Honra e Celanova Casa dos Poetas. Entre as súa extensa obra, podemos destacar:

Memorias dun neno labrego (1961): É unha novela que afonda na realidade da Terra, no subdesenrolo dun grupo de xentes de aldea. O autor conta desde o punto de vista dun neno, Balbino, a vida dun neno mergullado nun mundo pechado, nunha aldea do interior de Galicia, ata que se ve obrigado a emigrar. Esta novela é un fito na literatura galega de posguerra debido ao seu éxito e impacto popular. Xente no rodicio (1965): É unha colección de relatos nos que o autor segue coa exploración da vida campesiña. Introdúcenos no mundo marxinal das traxedias aldeás, con leiras requeimadas pola seca, as colleitas perdidas, con xentes famentas e os nenos traballando coma se fosen homes. San Martiño

2015 / 2016


CEIP XESÚS GOLMAR

Camiño bretemoso (1967): É unha novela na que o seu protagonista conta a súa historia chea de angustia, tristeza e illamento. Seguindo o tema da emigración tamén escribiu Historias de emigrantes (1968), as situacións marxinais da aldea reviven nos relatos de A muller de ferro (1969) e o mundo de Balbino co mesmo escenario e algúns personaxes reaparece en Cartas a Lelo (1971) Remuiño de sombras (1973): é unha novela na que Neira Vilas emprega unha técnica de colaxe para darnos unha visión completa da complexa vida da emigración. O seu protagonista é colectivo: os emigrantes galegos maltratados polo éxodo e a historia. Aqueles anos do Moncho (1977): nesta obra Neira Vilas reflicte outras testemuñas da aldea afastada, narrando acontecementos do tempo terrible da guerra civil, nun escenario campesiño, con homes totalmente dominados polo medo. Nai (1980): contén unha serie de recordos ordenadas ao redor da figura materna e que constitúen unha homenaxe a todas as nais galegas. Querido Tomás (1980): amósanos a inquietante confesión en primeira persoa de Sara, mestra quer onda os corenta anos, nas terras do Ulla e do Deza. Sara quédase na aldea cunha fidelidade resignada mentres Tomás vese obrigado a emigrar a América. Trátase dunha relación de amor rota pola emigración, pola economía e polos sucesos políticos do pasado.

Dentro da narrativa para nenos publicou Espantallo amigo (1971), O cabaliño do buxo (1971) y A Marela Taravela (1974).

San Martiño

2015 / 2016


CEIP XESÚS GOLMAR

HOMENAXE NEIRA VILAS O pasado 27 de novembro de 2015, na súa casa de Gres (Vila de Cruces), deixábanos para sempre Xosé Neira Vilas. Os nenos e nenas do Ceip Xesús Golmar, decidiron facerlle unha pequena homenaxe perante a estatua do inesquecible Balbino.

San Martiño

2015 / 2016


CEIP XESÚS GOLMAR

HOMENAXE NEIRA VILAS

San Martiño

2015 / 2016


CEIP XESÚS GOLMAR

PEDIMOS A PAZ PARA O QUE NON TEN NIN PAN E PARA O QUE AFOGA NO MAR. PARA O QUE FOXE DA GUERRA E PARA O QUE LLE ROUBA A SÚA TERRA. PARA A XENTE ASOBALLADA E APRA A MULLER MALTRATADA. PARA O QUE NON TEN MAN PARA AGARRAR E SOÍÑO TEN QUE CAMIÑAR. PARA O QUE NON TEN QUEN O ESCOITE E PARA EL SEMPRE É NOITE. PARA O QUE NON PERDEU CANTO QUERÍA E AGORA XA LLE SOBRA VIDA. POR CANTO TARDAS EN CHEGAR!! CANTO TE TEMOS QUE AGARDAR?? San Martiño

2015 / 2016

2º B


CEIP XESÚS GOLMAR

ALIMENTACIÓN ECOLÓXICA O pasado mes de novembro levouse a cabo cos alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria a actividade da campaña de fomento da acuicultura ecolóxica "A mar de ecolóxicos" que está financiada polo Fondo Europeo de Pesca e a Xunta de Galicia e está organizada pola Consellería do Mar e o C.R.A.E.GA na que os nenos e nenas coñeceron de preto os alimentos ecolóxicos da acuicultura e tamén tiveron a posibilidade de degustalos. O obxectivo da campaña é a divulgación e fomento de consumo destes produtos, dentro do conxunto de todos os alimentos ecolóxicos certificados polo Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (C.R.A.E.GA.). Este sector da acuicultura, algas e conservas de pescado está a crecer notablemente nos últimos anos grazas á demanda dos consumidores. Así, os alumnos aprenderon que son os produtos da acuicultura, que poden atopar dentro da oferta actual de Galicia, como identificar un alimento ecolóxico e como diferencialo dos convencionais, e porque é bo consumilos.

San Martiño

2015 / 2016


CEIP XESÚS GOLMAR

VIVA O ENTROIDO!!

San Martiño

2015 / 2016


CEIP XESÚS GOLMAR

San Martiño

2015 / 2016


CEIP XESÚS GOLMAR

DÍA DA POESÍA Canta paxariño alegre, canta! Canta porque o millo medre, canta! Canta porque a luz te escoite, canta! Canta que fuxeu a noite.

“Alborada” - Cantares Gallegos

Traballo realizado pol@s alumn@s de 2ºD empregando a técnica de Salgueiro. San Martiño

2015 / 2016


CEIP XESÚS GOLMAR

1. A TI, ROSALÍA Adicámosche este día, e con grande alegría recitamos poesía. 2. A TI, ROSALÍA Neste poema quéroche dicir que desde que te fuches nós sen ti non podemos vivir. 3. A TI, ROSALÍA Á que toda Galiza admira, Nai dos nosos versos, que hoxe susurran os nosos beizos. 4. A TI, ROSALÍA Grandiosa poeta queremos felicitarte polos teus poemas. 5. A TI, ROSALÍA Que a moitos nos fas sentir máis galegos cada día querémosche dar as grazas pola túa poesía. 6. A TI, ROSALÍA Que con tanta morriña os teus poemas escribes á túa terra querida.

7. A TI, ROSALÍA O que nunca estivo lonxe non sabe o que é padecer de lonxe as penas aumentan para quen sabe querer. 8. A TI, ROSALÍA Ofrézoche unha rosa para que a nosa amizade dure unha eternidade. 9. A TI, ROSALÍA Fágoche este poema sen saber moi ben sobre que tema en realidade eu poeta non son pero escribo estes versos con ilusión. 10. A TI, ROSALÍA Desexámosche o mellor felicidade, paz e todo o amor.

San Martiño

2015 / 2016


CEIP XESÚS GOLMAR

11. A TI, ROSALÍA

16. A TI, ROSALÍA

Es a estrela que mais brilla Es a voz da nosa terra Es a esperanza que ilumina.

Beleza e simpatía grande escritora fuches loitando pola poesía.

12. A TI, ROSALÍA

17. A TI, ROSALÍA

Que escribías día tras día querémosche dicir grazas polas túas fermosas poesías

Polo Nadal, unha árbore heiche de dar, un piñeiro ou un abeto ti me dirás cal levar.

13. A TI, ROSALÍA Hoxe quéroche contar unha pena que levo no peito e non sei como sacar. Coñecín a unha rapaza na escola de preescolar namoreime dela daquela e xamais llo puiden contar. Ela é alegre, faladeira bonita coma unha rosa polo día cantareira e pola noite soñadora. Quero dicirlle o que sinto pero non sei como explicalo creo que xa teño unha idea teño que cantalo.

18. A TI, ROSALÍA Grande de Galicia Galicia deséxache boa viaxe no teu camiño á eternidade en honra dos galegos que triste o día que te fuches Adeus Rosalía, adeus gran galega.

19. A TI, ROSALÍA Dedícoche esta poesía os teus poemas, os teus cantares e as dúas grandes pombas voan todas polos aires.

14. A TI, ROSALÍA

20. A TI ROSALÍA

Adícoche este día por ser boa poeta e ter tanta alegría.

Dedicámosche este poema por ser a mellor escritora e poetisa galega.

15. A TI, ROSALÍA Che regalo mil palabras, para que sigas pensando, nas grandes miradas. Poemas realizados pol@s alumn@s de 4ºB

San Martiño

2015 / 2016


CEIP XESÚS GOLMAR

Marta García Méndez 6º A

San Martiño

2015 / 2016


CEIP XESÚS GOLMAR

LETRAS GALEGAS 2016 MANUEL MARÍA

Manuel María Fernández Teixeiro nace en Outeiro de Rei (Lugo) o 6 de outubro de 1929. Como fillo de labregos, pasa a súa nenez e adolescencia no medio rural. Comeza a escola en Outeiro de Rei e logo trasládase a Lugo para facer o bacharelato. Sempre que pode volve a Outeiro de Rei, Aprende a facer versos nas tardes de verán á sombra dunha oliveira, con Manuel de Paderna. Con 19 anos imparte a primeira conferencia no Círculo de Artes de Lugo. Invitado por Luís Pimentel, intégrase no faladoiro do café Méndez Núñez, ao que asisten outros escritores que o poñen en contacto coa realidade cultural galega. Publica os primeiros versos en galego na revista Xistral, fundada por Pimentel. En 1950 escribe o seu primeiro libro de poemas Muiñeiro de brétema que marca a aparición dunha nova corrente poética na lírica galega: a Escola da Tebra. En Santiago coincide con Uxío Novoneyra e con outros intelectuais galeguistas como Otero Pedrayo e Carlos Maside nos faladoiros do café Español. Forma a editorial Xistral xunto con Ánxel Xohán. En 1953 escribe a primeira redacción de Terra Chá e outros libros. Coñece a Saleta Goi, en 1956, a súa compañeira e musa, coa que casa tres anos despois. Instálanse en Monforte de Lemos, onde exerce como procurador ata a súa xubilación.

San Martiño

2015 / 2016


CEIP XESÚS GOLMAR

Intensifica a súa creación como poeta, narrador e dramaturgo. E publica libros como Documentos personaes (1958) e Mar Menor (1963). Crea a colección de poesía Val de Lemos. Publicou varios libros de literatura infantil como Os soños na gaiola, nacidos dos recordos da súa infancia labrega. Escribiu obras de teatro como Barriga Verde, unha das primeiras obras de teatro infantil publicadas en Galicia; A farsa de Bululú, Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela, tamén de carácter teatral; e as narrativas Cando o mar foi polo río, Unha sombra vai polo camiño e Como desapareceu a Atlántida e apareceron os lagartos. Escribiu ensaios sobre Bouza Brey e Celso Emilio Ferreiro entre outros. Tamén publicou diversos artigos e pezas de teatro en xornais e revistas galegas. En 1970, xunto coa súa dona, inaugura en Monforte a Librería Xistral. Comprometido co nacionalismo galego, e tamén coa Lingua, apoiou sempre iniciativas na defensa do idioma galego. Participa en actividades de Asociación Socio-Pedagóxica Galega (ASPG) e da Asociación de Escritores en Lingua Galega, que o nome socio de honra en 1997. Recibe numerosos premios, homenaxes e recoñecementos como o da ASPG en 1995 na Coruña, cidade a onde se traslada a vivir en 1998, xunto coa súa dona. Unha das últimas campañas coa que colaborou foi a do colectivo Burla Negra e a Plataforma Nunca Máis, con motivo do desastre do petroleiro Prestige. O día 15 de febreiro de 2003, entra como académico numerario na Real Academia Galega. Falece o día 8 de setembro de 2004 na Coruña. San Martiño

2015 / 2016


CEIP XESÚS GOLMAR

C O N T O S 4º INFANTIL B

San Martiño

2015 / 2016


CEIP XESÚS GOLMAR

Alumnos e alumnas de segundo ciclo de primaria participan nesta actividade para aprender que tipo de alimentos son saudables á hora do almorzo e como o leite chega desde a granxa ata os seus vasos. Poderán participar en actividades lúdicas e degustar un almorzo natural y equilibrado.

San Martiño

2015 / 2016


CEIP XESÚS GOLMAR

AS BRUXAS. Os alumnos e alumnas de 5º de Infantil, estiveron traballando o proxecto das bruxas.

APÓCEMA DAS BRUXAS 5º INFANTIL B

San Martiño

2015 / 2016


CEIP XESÚS GOLMAR

CANDELA

DANIEL

AITANA

LUCAS

HUGO

IMANE

LÚA

MANUEL

M. ANTONIO

SOFÍA

ANTONIO

HAMZA

KEVIN

MARCO

NOA

YOUNES

DIEGO

ÉRIKA

BRUXIÑAS E BRUXIÑOS 5º INFANTIL A

MARTÍN

MIKEL

ALBA

LAURA

AMALIA San Martiño

2015 / 2016


CEIP XESÚS GOLMAR

5º INFANTIL C San Martiño

2015 / 2016


CEIP XESÚS GOLMAR

150 ANIVERSARIO ALICIA NO PAÍS DAS MARABILLAS Desde xuño de 2015, celébrase en diversos lugares do mundo o 150 aniversario de Alicia no País das marabillas, unha das obras clásicas da literatura xuvenil universal, publicada en xullo de 1865 pola editorial Macmillan e traducida despois a máis de 50 idiomas en miles de edición en todo o mundo. Este conto moral inmortalizou as estrañas aventuras dunha nena intrépida fronte a estrafalarios personaxes coas que o seu autor, o escritor, fotógrafo e matemático Lewis Carrol, ironizou sobre os prexuízos dos adultos e diu unha nova dimensión ao tratamento literario dos pesadelos e fantasías da súa infancia. Trátase dunha novela na que habitan un coello branco, unha raíñas de corazóns, un sombrereiro tolo que xogan con unha nena de nome Alicia. Ela é a protagonista, pero tamén a verdadeira destinataria desta historia que levou tres anos de traballo e que influíu en multitud de obras posteriores. Os alumnos e alumnas de 4ºA festexaron esta data, xa que Alicia e as súas aventuras dan para moito. Elaboraron títeres de dedo, crearon poemas, un mapa do País das Marabillas, láminas de kamishibai, maquetas, un cómic e unha montaxe stop motion cos títeres. Ademais de colorear diversas esceas e personaxes da historia. CÓMIC

San Martiño

2015 / 2016


CEIP XESÚS GOLMAR

DEBUXOS

CARETAS E COMPLEMENTOS

KAMISHIBAI

MAQUETAS

San Martiño

2015 / 2016


CEIP XESÚS GOLMAR

San Martiño

2015 / 2016


CEIP XESÚS GOLMAR

GALERÍ A DE ARTE P

K

San Martiño

L AU

D AN

I

E KL

E

K NS

2015 / 2016

Y

MIRÓ


CEIP XESÚS GOLMAR

D AN

Y

W

A

O RH

L

POLLOCK San Martiño

2015 / 2016


CEIP XESÚS GOLMAR

R E N O I R

PI

C

S AS

MA

DALÍ

LA

X

R EI

O

San Martiño

LA

MA

R ZA

2015 / 2016

ES

O

S TI

SE


CEIP XESÚS GOLMAR

BRITTO

MONET

F

D ON

San Martiño

E

L VI

A LE

AN

2015 / 2016

O DR

L

A AM Á

S

A LV

RO

G NE

RO


CEIP XESÚS GOLMAR

EXPERIMENTANDO COAS PLANTAS Os alumnos e alumnas de 3º C, estivemos experimentando coas plantas.

Puxémolas en auga dúas semanas, e mirade que raíces

Aquí tedes a nosa plantación.

San Martiño

Pasou un mes, e seguen medrando

2015 / 2016


CEIP XESÚS GOLMAR

“MESTRE LAXEIRO” A undécima edición do Premio de Pintura Escolar "Mestre Laxeiro" de Lalín está adicada, neste ano 2016, ás figuras de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Ramón Aller Ulloa e Miguel de Cervantes Saavedra.

Adrián Diéguez Varela

Antonio Nercellas Rguez

Fabio Fuentes García

Iván Nogueira Villar

Lucía Barros Jeremías

Manuel Basalo González

Marta Basalo González

Miguel Failde

Rodrigo Fernández Fdez.

San Martiño

2015 / 2016


CEIP XESÚS GOLMAR

CÓMICS. MALA PATA

San Martiño

2015 / 2016


CEIP XESÚS GOLMAR

POR AMOR Á MIÑA TOUPA

San Martiño

2015 / 2016


CEIP XESÚS GOLMAR

A HISTORIA DE FLASH

San Martiño

2015 / 2016


CEIP XESÚS GOLMAR

Cómics d@s alumn@s de 3ºC San Martiño

2015 / 2016


CEIP XESÚS GOLMAR

San Martiño

2015 / 2016


CEIP XESÚS GOLMAR

San Martiño

2015 / 2016


CEIP XESÚS GOLMAR

San Martiño

2015 / 2016


CEIP XESÚS GOLMAR

San Martiño

2015 / 2016


CEIP XESÚS GOLMAR

AS NENAS E NENOS DE

6º INFANTIL B SOMOS UNS ARTISTAS.

San Martiño

2015 / 2016


CEIP XESÚS GOLMAR

P I C A S S O San Martiño

2015 / 2016


CEIP XESÚS GOLMAR

San Martiño

2015 / 2016


CEIP XESÚS GOLMAR

San Martiño

2015 / 2016


CEIP XESÚS GOLMAR

EXCURSIÓN A MARCELLE

Marcelle Natureza é un xardín zoolóxico localizado no municipio de Outeiro de Rei, que xurdiu pola iniciativa dun particular que reconvertiu unha granxa de avestruces nun núcleo zoolóxico mediante a introdución paulatina de diferentes especies. No parque pódense atopar especies da fauna autóctona, entre as que destacarían o lobo ibérico, o xabaril e o oso pardo; así como especies exóticas como por exemplo bisontes, avestruces, dromedarios... Marcelle subdivídese en varias zonas, A primeira sería o zoo propiamente dito aínda que no caso de Marcelle todos os espazos dos animais son enormes e cun grande enriquecemento ambiental. Aquí podemos disfrutar da compaña de cebras, avestruces, linces... Unha segunda zona sería a reserva que se trata dun bosque de tres hectáreas a na que pódense ver mandas de cervos, familias de canguros e diferentes especies en recuperación. A terceira zona sería o río. Na parte posterior do zoo descorre un pequeno paseo ao longo do río Miño. Este curso os nenos de 1º, 2º e 3º foron de excursión a Marcelle e fixeron diferentes traballos para recordar ese día. San Martiño

2015 / 2016


CEIP XESÚS GOLMAR

San Martiño

2015 / 2016


CEIP XESÚS GOLMAR

Os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º curso fixemos unha saída ao espazo natural de Marcelle o mércores 17 de marzo do ano 2016.

A paisaxe era moi fermosa. Había estatuas feitas con árbores secas, unha lagoa, o río Miño que transcorría por ese lugar. Tamén puidemos coñecer animais moi diferentes

San Martiño

2015 / 2016


CEIP XESÚS GOLMAR

EN MARCELLE EMOCIÓN, EN MARCELLE DIVERSIÓN, EN MARCELLE NATUREZA, ALÍ HAI MOITA BELEZA.

TODO TIPO DE ANIMAIS INCLUÍDOS PAVOS REAIS, OSOS, LINCES E LEMURES. SURICATOS E EMÚES, LOBOS, CEBRAS E GACELAS

EN MARCELLE PASÁMOLO XENIAL!!

CADA UNHA NA SÚA PARCELA. San Martiño

2015 / 2016


CEIP XESÚS GOLMAR

San Martiño

2015 / 2016


CEIP XESÚS GOLMAR

San Martiño

2015 / 2016


CEIP XESÚS GOLMAR

San Martiño

2015 / 2016


CEIP XESÚS GOLMAR

San Martiño

2015 / 2016


CEIP XESÚS GOLMAR

San Martiño

2015 / 2016


CEIP XESÚS GOLMAR

San Martiño

2015 / 2016


CEIP XESÚS GOLMAR

San Martiño

2015 / 2016


CEIP XESÚS GOLMAR

San Martiño

2015 / 2016


CEIP XESÚS GOLMAR

San Martiño

2015 / 2016


CEIP XESÚS GOLMAR

San Martiño

2015 / 2016


CEIP XESÚS GOLMAR

VISITAMOS O SUPER!! O pasado venres 29 de abril, os nenos e nenas de 5º de Infantil, fomos de visita ao supermercado LIDL.

Fomos de camiño ao super a través do paseo do Pontiñas.

Alí amosáronnos diferentes zonas do supermercado como a panadería, a froitería cunha gran variedade de froitas e verduras. Tamén vimos unha gran variedade de froitos secos como améndoas, avelás....

San Martiño

2015 / 2016


CEIP XESÚS GOLMAR

Explicáronnos que no supermercado levan a cabo reciclaxe selectiva de diferentes materiais como plástico, cartón, froita,...

Tamén exercimos como caixeiras e caixeiros.

Ao rematar agasalláronnos cunha merenda de froitas. Moitas grazas!!

San Martiño

2015 / 2016


CEIP XESÚS GOLMAR

O TRAXE GALEGO Na súa orixe o deseño do traxe tradicional galego estivo influído en gran maneira polo clima, de maneira que outrora cubríanse cunha peza engadida (homes e en ocasións mulleres) que era unha orixinal capa de palla chamada coroza. O carácter tradicionalista do pobo galego móstrase de maneira activa na súa indumentaria tradicional. O aldeán vestiu sempre o traxe correspondente á súa rexión, aquel que fora ideado polos seus devanceiros. Como complemento moi antigo hai que citar a clásica monteira con borlas. Cando as borlas colócanse á dereita indican que o portador é solteiro. Se van á esquerda, é casado. Hai moitas variacións dependendo da zona o mesmo que as cores utilizadas para as teas. O traxe rexional galego feminino está formado por unha saia longa, que adoita ser vermella cunhas cintas negras na parte inferior, que vai encima da enagua e o pololo, pantalón axustado no xeonllo e as medias brancas ou caladas. Por encima de todo isto, colócase un mandil negro a modo de delantal, cuxa lonxitude pode variar. Na parte superior, as galegas visten unha blusa ou camisa branca e encima un chaleco e o dengue (unha especie de pequena capa de tea decorada con perlas e veludo con puntas longas que se cruzan sobre o peito) de pano negro. Como calzado, poden levar zocos con sola de madeira ou zapatos negros de tacón baixo. Para os homes, as pezas indispensables do traxe de galego son unha camisa xeralmente branca, que vai cuberta por un chaleco normalmente negro. Na parte inferior, levan os calzóns (o nome que reciben os pantalóns) negros e as polainas (pano que cobre as pernas desde os xeonllos ata os pés, normalmente de cor negra e que tamén cobren a parte dianteira do zapato). Rodeando a cintura, colócase unha faixa, que pode ser de distintas cores aínda que adoita ser vermella e nos pés tamén adoitan calzar zocos ou zapatos negros. San Martiño

2015 / 2016


AGRADECEMENTOS GRAZAS A TODOS OS QUE COLABORARON COS SEUS TRABALLOS XUÑO 2016 DINAMIZACIÓN DE BIBLIOTECA DEPARTAMENTO DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E COMPLEMENTARIAS EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA COORDINADOR DE TICS

REVISTA SAN MARTIÑO Nº 16 REVISTA DO CEIP XESÚS GOLMAR


Guillermo Pérez Fernández


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.