Revista San Martiño 2015

Page 1


SUMARIO LIBROS QUE NOS GUSTAN - 4º ENTREVISTA A CELSIÑO - 6º HISTORIAS DE MEDO - 5º

A

A

C

O SAMAÍ N O OUTONO EXCURSIÓN Á CORUÑA - Alumnado de 2º

de E. Primaria.

MATEMÁTICO RODRÍ GUEZ PASEO POR LALÍ N - Alumnado de 5º

de E. Infantil.

O NADAL A PAZ IV CENTENARIO DA PUBLICACIÓN DO QUIXOTE - Alumnado de 3º QUE ARTISTAS! - Alumnado de 5º

- 4º

de E. Primaria.

C

JE SUIS PROXECTO DE COLABORACIÓN COA PRAZA - Alumnado de 6º

de E. Primaria.

DÍ A DA POESÍ A AS GRANDES CIVILIZACIÓNS: OS INDIOS - Alumnado de 4º

de E. Infantil.

LETRAS GALEGAS 2015 VIVA O ENTROIDO!! PROXECTO AUGA - Alumnado de 5º VERSOS - Alumnado de 1º

de E. Infantil

de E. Primaria.

GRANDES PINTORES - 4º A ENTREVISTA A ANTÍ A E MARTA - 4º

A

EXCURSIÓN ÁS ILLAS CÍ ES - Alumnado de 5º POEMA - 3º B OS MAIOS - 2º B ANIMAIS - Alumnado de 1º

de E. Priamria.

CONTOS INVENTADOS - 2º

B

O FRAUTISTA DE ... LALÍ N

de E. Primaria.


CEIP XESÚS GOLMAR

EDITORIAL Sempre A agulla do segundeiro do reloxo non para. Anda continuamente a un ritmo constante e preciso do que en moitas ocasió ns parece pender coma dun fí o o equilibrio do universo. Acotí o observamos cada salto ante a expectativa dun brusco cambio no devir dos acontecementos sen decatarnos de que mentres a nosa atenció n fica no invariable xogo da agulla ás nosas costas está tendo lugar ese pequeno gran agasallo da vida. Imperturbables ollamos como pasa o tempo agardando que algo suceda pero non cavilamos que debemos ser nó s os impulsores desa acció n e motores desta masa esfé rica que adoitamos chamar Terra. A pasividade non é unha opció n nin a actitude axeitada. No noso interior algo flúe constantemente e non deixamos de aprender de cada cheiro, de cada son, de cada imaxe,... de cada sensació n. Aprender é algo que sucede, queiramos ou non. Podemos tentar provocalo e incluso os máis testáns ata se poden plantexar rexeitalo pero a pesar da nosa vontade sucederá. Aprender permí tenos adaptarnos aos cambios mentres que estes nos fan aprender pechando así un cí rculo tan vicioso coma necesario. Dun curso para outro no CEIP Xesús Golmar non vivimos alleos a esta realidade: cambiamos de aula, de libros, de lei, cambiamos de compañ eiros, de mestres, cambia a xente da nosa contorna,... Uns veñ en e outros van pero os que estiveron, están e sempre estarán. Entender a naturalidade tanto do variable coma do perdurable e os seus efectos na xente que nos rodea aché ganos a empatizar, a esbozar o mesmo sorriso da súa ledicia e a ofrecer os nosos brazos nunha aperta como contedor e refuxio das máis profundas emoció ns. Comprender que os distintos ritmos no latexar dos corazó ns de cada un dos membros dun grupo supoñ en unha riqueza posibilita que o anano se suba no lombo do xigante e vexa máis alá do que verí a o máis grande, porque xa dicí a a canció n: xuntos máis fortes, xuntos nos triunfos, xuntos nos fallos tamé n. Aprender é algo que sucede, queiramos ou non, máis alá dos libros e das leis, das aulas e das metodoloxí as. Aprendemos que é máis importante un sorriso ca unha ecuació n, que unha bágoa almacena máis contido ca máis precisa das descrició ns ou que un aloumiñ o é un superheroe na nobre arte da comunicació n. Aprendemos coas sensació ns, con esas que nos achegan á realidade, coas que nos provocan as máis variopintas expresió ns e reacció ns, coas que nos fan rir e chorar, coas que nos enchen de ledicia e tamé n coas que nos fan acougar nos intres máis tensos, coas que nos emocionan, coas que nos ilusionan, coas que nos fan crer na maxia, coas que nos fan sentir e coas que nos fan vivir. Sempre aprender. Sempre sentir. Sempre vivir (felices).

San Martiño 2014 / 2015


CEIP XESÚS GOLMAR

San Martiño 2014 / 2015


CEIP XESÚS GOLMAR

ENTREVISTA A ... CELSO FERNÁNDEZ SANMARTÍN “CELSIÑO” Celso Fernández Sanmartín, tamén coñecido como Celsiño, naceu en Lalín o 8 de Setembro de 1969. É un poeta e contacontos galego, licenciado en filosofía pola universidade de Santiago de Compostela e tamén é o promotor de FoCuCu (Foro para Cultivos Culturais) P - Como foi a túa infancia? R - Pois foi boa, porque xoguei moito e ás veces ata traballei xogando, é dicir, que cando me dicían que fixera unha cousa, facíao á miña maneira. P - Cales foron os teus primeiros traballos? R - O meu primeiro traballo foi recolledor de landras, castañas e noces. Tamén recollín miñocas para vendelas. Despois pasei ao traballo que tiven na residencia de Lalín e, por último, o actual. P - Como chegaches a ser Contacontos? R - Foi de casualidade. Propuxéronme ir contar contos un día á Casa da Xuventude de Lalín, fun e empecei. P - Cantos anos levas como Contacontos? R - Cerca de vinte anos. P - Cales foron os traballos máis importantes que fixeches a nivel literario? R - Todos, porque todos son importantes por algún motivo. P - Que opinas da situación actual do noso país? R - Hai que facer moitas cousas para evitar que pasen motas das que pasan. P - As túas historias son verdadeiras ou falsas? R - Son todas verdadeiras. P -De todos os contos, cales son os que máis che gustan? R - Os que máis me gustan son as historias que me conta a xente sobre a súa vida. P - Prefires teatro ou cine? R - Teatro e cine. P - Cal é a túa película favorita? R - “Sang Woo y su abuela”. P - Cal foi o último libro que liches? R - “Divinas Palabras” de Valle Inclán. P - Para rematar a entrevista, poderíasme contar un conto? R - Era un rato metido nun cesto, e o conto acabouse nesto. Feita por: Clara Arias Fernández 6º

San Martiño 2014 / 2015

A


CEIP XESÚS GOLMAR

HISTORIAS DE MEDO A MANSIÓN ENCANTADA Conta a lenda que certa vez, fai moi tempo, alá polo século XVIII, exístía unha mansión encantada. Nela viviron moitas familias ao longo dos anos, xa que as mudanzas eran cotiás. Un ancián, que vivía preto, era a única testemuna de todo o que acontecía ao redor. Pero había un problema... ninguén o cría. Todos os nenos da mansión, choraban polas noites atemorizados polos ruídos que se escoitaban. As portas e fiestras, pechábanse sóas... Pero ao mencer, todo semallaba normal. A última familia que ocupou esta mansión, tiña un neno de sete anos chamado Luis. O rapaz contaba aos seus pais que tiña un amigo co que xogaba na súa habitación, chamado Henry, Os pais pensaban que era un amigo imaxinario. Cando Luis cumpriu oito anos, celebraron na mansión unha gran festa para os seus amigos. Cando soprou as candeas, a súa nai sacou moitas fotos. Nese intre ninguén advertiu a presenza de ninguén estraño pero...ao revelar as fotografías, os pais non saían do seu asombro ao comprobar que unha pantasma esta axudando a soprar as candeas ao seu fillo. Henry existía de verdade! Comezaron a facer máis e máis preguntas a Luis ata que non lles quedou máis remedio que crelo. A parella pretendía mudarse inmediatamente porque estaban realmente asustados, pero Luis púxose moi triste. Non comía, non bebía, nin tan sequera xogaba... Ata que enfermoi. A súa familia intentouno todo, ata que decidiron enfrentar o problema. Ían coñecer a Henry! Luis presentoulles a Henry. Os pais non saían do seu asombro. Nunca viron a Luis tan contento! Desde ese día os catro conviviron en perfecta harmonía. A LENDA ERA CERTA! Lara Gutié rrez Montoto 5º

San Martiño 2014 / 2015

C


CEIP XESÚS GOLMAR

O SAMAÍN... Era venres e no colexio iamos celebrar a festa do Samaín con disfraces e cabazas. Cando entrei pola porta, todo estaba decorado! Todo o mundo levaba cabazas e eran de todo tipo: habíaas con forma de morcego, de araña, de vampiros... e incluso había un dragón! Eu pasárame toda a tarde do xoves facendo a miña e daba moito medo xa que era de cor verde escura e tiña tres arañas colocadas enriba. Cando ía comezar a festa, empezou a tronar e un raio alcanzou as cabazas. Pero no lugar de queimalas... cobraron vida! Todos moi asustados comezamos a correr e escondímonos no comedor, pero un mestre que era moi valente fíxolles fronte e convertérono en araña. Unha mestra pediume que avisara ás mestras de Infantil para que pecharan as portas e as fiestras. Fun correndo o máis rápido que puiden pero as cabazas perseguíanme. Cheguei ás aulas de Infantil e conteille ás mestras o que acontecía, pero elas non me creron e entón decidín abrir a porta para que o viran elas mesmas. Volvín correndo ao comedor pero alí xa non estaban as cabazas. Dinme a volta e choquei con unha delas. Asusteime moitísimo porque pensei que me ían converter en araña a min tamén. Pero estaba equivocada, non me fixeron nada! Non eran malas. Converteran ao mestre en araña porque pensaron que lle ía facer mal. Na festa bailou cada un coa súa cabaza, pero o sábado pola mañá, volveron a ser cabazas normais.

Ana Fuentes González 5º C

San Martiño 2014 / 2015


CEIP XESÚS GOLMAR

O SAMAÍN...

San Martiño 2014 / 2015


CEIP XESÚS GOLMAR

San Martiño 2014 / 2015


CEIP XESÚS GOLMAR

O OUTONO

San Martiño 2014 / 2015


CEIP XESÚS GOLMAR

San Martiño 2014 / 2015


CEIP XESÚS GOLMAR

OS NENOS E NENAS DE 1º E 2º, FORON DE EXCURSIÓN Á CORUÑA

O 25 de febreiro os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria fomos á cidade da Coruñ a en autobú s por autoestrada. Ao chegar, visitamos a Casa Domus e vimos unha pelí cula en 3D da Prehistoria. Impresionante! A continuación comemos nun comedor desde onde se observaba o mar. Que vistas! Finalmente estivemos no Acuario onde vimos moitas especies de peixes. O que máis nos gustou foi o tiburón e o submarino.

San Martiño 2014 / 2015


CEIP XESÚS GOLMAR

MATEMÁTICO RODRÍGUEZ José Rodríguez González (naceu en Bermés, Lalín,1770 e morreu en Santiago de Compostela, 30 de setembro de 1824), tamén coñecido como Matemático Rodríguez, foi un matemático e agrónomo español da etapa da Ilustración. Viaxou por Francia, Inglaterra e Alemaña, percorrendo as principais universidades e centros literarios, e granxeándose a amizade de sabios e eruditos de toda Europa. En 1806 foi comisionado, xunto con François Arago e Jean Baptiste Biot, para continuar os traballos de Pierre Méchain para medir o meridiano entre Barcelona e Dunkerque. Presentou unha memoria á Royal Society de Londres sobre as operacións dun meridiano inglés que calculou e encontrou conforme co que se deduce por iguais operacións relativas á forma e dimensións da Terra, en contra do que cría entón. Rodríguez foi presentado á Academia das Ciencias Francesa, da que obtivo o total aprecio e distinción dos xeómetras e astrónomos máis famosos de entón, en especial de Pierre Simon Laplace. En España, foi catedrático de Astronomía do entón Real Museo de Ciencias e o seu nome foi aplaudido no estranxeiro. Deixou moitos manuscritos moi interesantes e coleccións de mineraloxía coas que comezou a formarse o Gabinete de Historia de Santiago de Compostela, ademais de instrumentos que están nunha das salas do actual Museo de Ciencias Naturais.

Charla sobre Matemático Rodríguez

San Martiño 2014 / 2015


CEIP XESÚS GOLMAR

OS NENOS DE 5º DE EDUCACIÓN INFANTIL SAÍRON PASEAR POR LALÍN...

Aquí os vemos co porquiño.

Estiveron na Praza da Igrexa. San Martiño 2014 / 2015


CEIP XESÚS GOLMAR

No concello e ...

no paseo do Pontiñas.

San Martiño 2014 / 2015


CEIP XESÚS GOLMAR

NADAL,NADAL...

Breixo Carrón Areán 2º A

San Martiño 2014 / 2015


CEIP XESÚS GOLMAR

Pacear é ...

Día da Paz

camiñar das mans dadas ter en conta aos demais compartir o que temos quererlle aos vellos

A paz é...

fuxir dos odios

unha aperta de mamá

bailar coas nubes

cando chega o meu pai

bicar á xente

as árbores e os ríos

buscar amig@s

a solidariedade dos pobos

pedir perdón

un sorriso

vivir nunha melodía

amig@s tod@s

xogar nun castelo de area ao pé do mar

unha necesidade a luz dos corazóns algo moi grande como unha choiva que amolece os corazóns a noitiña á hora do conto

A Paz...

unha bolsa de lambetadas compartidas

encóntrase na natureza non se esgota

a voz da miña avoa unha canción de berce

vaise facendo... con fariña e bicos chega... co meu pai camiña..., non corre nin se apura dáselle corda escoitando o que lles pasa aos outros somos ti e mais eu entoando unha canción de vida se queres a paz, prepara a paz.

San Martiño 2014 / 2015

a corrente dun río


CEIP XESÚS GOLMAR

IV CENTENARIO DA PUBLICACIÓN DA SEGUNDA PARTE DE DON QUIXOTE DA MANCHA

Alumnos e alumnas de 3º

San Martiño 2014 / 2015

e 4º

de Primaria.


CEIP XESÚS GOLMAR

QUE ARTISTAS!!

AROA FERNÁNDEZ 5º

C

MICHAEL SILVA 5º

C

C

LARA CANDA 5º

C

C

BREIXO PEREIRA 5º

C

ELIANNY SANTANA 5º

PALOMA PÉREZ 5º

C

XIANA GONZÁLEZ 5º

C

IRIA VIEITEZ 5º

AROA FERNÁNDEZ 5º

C

DAVID SANDÁ 5º

LARA GUTIÉRREZ 5º

C

C

ANA FUENTES 5º

San Martiño 2014 / 2015

C


CEIP XESÚS GOLMAR

JE SUIS

San Martiño 2014 / 2015


CEIP XESÚS GOLMAR

San Martiño 2014 / 2015


CEIP XESÚS GOLMAR

PROXECTO DE COLABORACIÓN COA PRAZA DE ABASTOS

FIXEMOS UN TRABALLO DE INVESTIGACIÓN NA PRAZA CANDO FOMOS DE VISITA. ENTREVISTAMOS AOS DISTINTOS DEPENDENTES DOS POSTOS E TAMÉN AOS CLIENTES QUE ATOPAMOS NA PRAZA.

Como queriamos ir de excursión de fin de curso propuxémoslle aos membros da praza de abastos que colaborasen con nós. Eles ofrecéronnos un cheque regalo de 100€ e nós a cambio vendemos as rifas dese cheque por un total de 3000€.

En agradecemento ao seu xesto emprendemos un proxecto de colaboración que tivo tres liñas de traballo diferenciadas. A clase de 6ºA investigou sobre o valor social que ten mercar na praza de abastos e por COA INFORMACIÓN FIXEMOS CARTEIS extensión en Lalín, ademáis de razonar INFORMATIVOS QUE por que é importante mercar no comercio local. PEGAMOS POR LALÍN.TAMÉN A de 6ºB entrevistou a os distintos venELABORAMOS UN TRIPTICO dedores da praza para interesarse pola orixe dos CON TODA A INFORMACIÓN. produtos que venden. E 6ºC investigou tanto alí coma na escola sobre a historia da praza de abastos de Lalín.

San Martiño 2014 / 2015


CEIP XESÚS GOLMAR

VAlOR SOCIAl DA PRAZA É moi importante axudarnos entre os veciños, é moi importante que nos apoiemos todos. O trato é cercano e persoal, por eso mesmo cando mercamos na praza nos chaman polo nome, interésanse por nós, coñecen os nosos gustos e inquedanzas e nós tamén compartimos as súas preocupacións e ilusións. Confían en nós, confiamos neles. MERCA NA PRAZA PORQUE..… 1-O trato é cercano e persoal. 2-Os cartos quedan no pobo. 3-Mellora a economía do pobo. 4-Favorécese a mellora dos negocios. 5-Créase emprego. 6-Sabemos de onde veñen os produtos. 7-Non contaminamos e coidamos o medio ambiente 8-Aforramos cartos de desprazamento. 9-Aumenta a poboación grazas a mellora do emprego. 10-Favorécese a veciñanza. 11--Se eles nos axudan, nós a eles tamén.

ESTAS SON AS CONClUSIóNS MáIS IMPORTANTES DO NOSO TRABAllO. Se se diferencia o mercado de abastos do resto de grandes superficies é pola orixe dos seus produtos, a tradición, antigüidade e a atención aos clientes.

San Martiño 2014 / 2015


CEIP XESÚS GOLMAR

DÍA DA POESÍA. NA NOSA LEMBRANZA

Casou con Manuel Murguía outro poeta que tamén escribía.

Sen ti Rosalía

Tiveron que marchar a Madrid

Galiza morrería.

pero non se sentían como aquí.

A túa poesía énchenos de alegría.

Dos seus fillos coidaron e a nosa lingua lles ensinaron.

Naceu en Compostela,

Podemos aprender deles

capital da nosa terra

e non avergoñarnos da nosa lin-

sempre nos acordaremos dela

gua.

e na súa casa de Padrón escribiu un montón.

Xesta, breixo, carqueixa, toxos codeso, feixe, fuchanca, cogomelo

Falamos dunha poetisa

arco da vella, xoaniña, debullar

que todo ben o divisa.

como debullamos o millo

Non fai unha poesía

que despois moemos no muíño.

facía moitas cada día.

Rosalía, Rosalía

Escribiu a Galiza e a súa natureza

hoxe é o teu día

fixándose sempre na súa beleza.

e querémosche agradecer

Dicíalle aos emigrantes

canto por Galiza fuches facer.

que sempre se acordaran do de antes.

Loitaremos pola lingua nosa

Daquí non querían saír

a galega, a máis graciosa,

os labregos, as vacas tiveran que muxir,

fálana os nosos avós

os prados, as chousas e as leiras

a falarémola todos nós.

nunca as quixeran baleiras.

Dende hoxe, o noso compromiso

As súas vivenzas de pequena

de non avergoñarnos de nada diso

marcárona para a vida enteira,

empregándoa sempre, tanto la loita como paseando pola feira.

a súa aldea e os seus veciños eran para ela os máis queridiños.

San Martiño 2014 / 2015


CEIP XESÚS GOLMAR

Hoxe é o día da poesía queremos recordar a Rosalía mostrándolle o noso agradecemento neste marabilloso evento. Ela quería a Galiza considerábaa o seu fogar nós con moita grandeza con ela nos queremos xuntar. Nas aldeas, nas vilas e nas cidades cos descoñecidos e coas amizades a todos farémoslle saber a importancia do noso querer.

Deixaches atras ríos e mares a túa casiña e os teus lares coa túa voz medrarían e coa túa poesía desbordarían. Escribiu en galego moitas obras: Cantares Gallegos e Follas Novas. Tamén en castelán: En las orillas del Sar e La hija del mar. Atacoulle unha enfermidade contra ela tivo que loitar con moita humanidade

Non podemos deixar no esquecemento esta autora do Rexurdimento cando o galego estaba prohibido ela atreveuse a escribilo. A súa fala era diferente pero queríaa toda a xente. Achegarémonos a súa beira xunto con Galiza enteira. Morriña, alcume, hórreo, palleiro,

Poema feito pol@s alumn@s de 5º

San Martiño 2014 / 2015

A


CEIP XESÚS GOLMAR

AS GRANDES CIVILIZACIÓNS: OS INDIOS.

Estas son as nosas casas. Chámanse TIPIS. Son moi curiosas. Están feitas de pel de animal coma o bisonte e de paus de madeira.

Esto é un TOTEM que normalmente están feitos de madeira de cedro e serve para identificar á tribo. Neles represéntanse animais, árbores e obxectos que pensamos que teñen poderes sobrenaturais e espirituais.

Esto é un exemplo da nosa vestimenta. Cada tribo ten o seu propio estilo. Está pensada par cazar ou para cerimonias que só eran usadas nas visitas especiais ou nas festas.

San Martiño 2014 / 2015


CEIP XESÚS GOLMAR

O Homenaxeado do Día das Letras Galegas 2015 é Xosé Fernando Filgueira Valverde, historiador, escritor, político, etnógrafo que naceu en Pontevedra o 28 de Outubro de 1906. Faleceu o 13 de Septembro 1996 ós 99 anos de idade. Estudia o Bacharelato en Pontevedra e obtén en Santiago a licenciatura en Dereito. Tamén obtén en 1936 o doutorado en Filosofía e Letras, Sección de Historia. Traballa como profesor do Instituto de Ensino Medio en Pontevedra. En 1923 dirixe a sección de Historia da Literatura no Seminario de Estudios Galegos. Colabora en diversos medios de comunicación e en 1932 é nomeado membro da Real Academia da Historia. Desde 1942 é membro da Real Academia Galega e en 1953 é nomeado membro da Real Academia da Lingua e tamén do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento así como de moitas máis fundacións, academias... Desde 1959 a 1968 é alcalde de Pontevedra e recibe varios premios e condecoracións.

Son moitos os campos do saber que abarcou Filgueira Valverde. Escribiu máis de 300 libros e milleiros de artigos, pronunciou discursos e conferencias... Por citar algunhas, pódense destacar produccións como Guía de Compostela, Castelao escenógrafo, Da épica na Galicia medieval, Don Quijote y el amor trovadoresco, La toponimia gallega, Rosalía no seu fogar...

San Martiño 2014 / 2015


CEIP XESÚS GOLMAR

VIVA O ENTROIDO!!

San Martiño 2014 / 2015


CEIP XESÚS GOLMAR

San Martiño 2014 / 2015


CEIP XESÚS GOLMAR

5º INFANTIL C

San Martiño 2014 / 2015


CEIP XESÚS GOLMAR

5º INFANTIL B

San Martiño 2014 / 2015


CEIP XESÚS GOLMAR

5º INFANTIl A As familias das nenas e dos nenos desta clase participaron no Proxecto "ÉRASE UNHA VEZ" acudindo os mércores pola tarde a contarnos contos de mil formas diferentes. Pasámolo xenial desfrutando e sorprendéndonos da súa creatividade.

As historias que nos contaron foron as seguintes:

San Martiño 2014 / 2015


CEIP XESÚS GOLMAR

San Martiño 2014 / 2015


CEIP XESÚS GOLMAR

VERSOS!!

A

C

San Martiño 2014 / 2015

D

B


CEIP XESÚS GOLMAR

Os nenos e nenas de 4º A estivemos coñecendo a grandes pintores. No primeiro trimestre: Picasso, Velázquez e Dalí. No segundo a Miró, Van Gogh e Sorolla e no terceiro a Laxeiro, Colmeiro e Lamazares, pintores da nosa comarca. Imitamos algunha das súas obras. Aquí tedes unha mostra. A ver se adiviñades. Cal é de cada quen?

ORIEMLOC

G R A N D E S

P I N T O R E S

ZEUQZÁLEV

ÓRIM

ÓRIM

ÍLAD

GHOG NAV TNECIV

San Martiño 2014 / 2015

ORIEXAL


CEIP XESÚS GOLMAR

Os nenos de 4º A entrevistan a dúas compañ eiras (Antí a e Marta) que participan nun concurso de baile a nivel nacional e no que participaban tamé n grupos de Francia. - Onde se celebrou o concurso? O concurso celebrouse en Tarragona. - Cantos grupos habí a? Moitos, nos eramos o grupo 510. - Canto tempo durou o concurso? Tres dí as. Empezábase ás nove da mañ á e remataba ás catro da tarde. - Habí a moita competencia? Si, entre Españ a e Francia. - Como se titulaba o voso baile? Titulábase “Caja de música”. - Como vos sentistes no escenario? Un pouco nerviosa (Marta). Moi nerviosa (Antí a). - Vos gañ arades o primeiro premio en Asturias. Que sentistes nese momento? Moita alegrí a (Marta). Eu chorei de alegrí a (Antí a). - Como se manifesta o pú blico cando actuades? Moven as mans pero non aplauden porque distraen aos bailarí ns. - Habí a nenos bailando? Sí , moi poucos. Só catro. - Saiú vos ben o baile ou houbo algú n tropezo? Si, houbo un pequeno tropezo. Unha nena levantouse mal. - Algué n chorou por non gañ ar? Non todos estabamos contentos por participar. - Pensades que o premio foi dado xustamente? Bueno, pensamos que sí pero no xurado estaba o pai dun neno do grupo gañ ador. - En que consistí a o premio? O premio era unha copa e podes participar nun concurso en Francia. - Que foi o que máis vós gustou desta experiencia? Ganas o 2º premio e ir a Portaventura. - Volveriades repetir a experiencia? Si, porque o pasamos moi ben.

San Martiño 2014 / 2015


CEIP XESÚS GOLMAR

EXCURSIóN áS IllAS CÍES. Os alumnos e alumnas de 5º foron de excursió n ás Illas Cí es.

San Martiño 2014 / 2015


CEIP XESÚS GOLMAR

San Martiño 2014 / 2015


CEIP XESÚS GOLMAR

San Martiño 2014 / 2015


CEIP XESÚS GOLMAR

Os nenos e nenas de 2º

B

San Martiño 2014 / 2015


CEIP XESÚS GOLMAR

ANIMAIS ENORMES

A BALEA AZUL

D

O ANIMAL MÁIS GRANDE DO MUNDO

HADJER, ALICIA E CARMELO

O OSO POLAR O CARNÍ VORO TERRESTRE MÁIS GRANDE

DIEGO, GENÍ S E JUNIOR

O PEIXE LÚA

O ELEFANTE AFRICANO

O PEIXE VERTEBRADO MÁIS GRANDE

O ANIMAL TERRESTRE MÁIS GRANDE

FARAH, CLARA E BREOGÁN

XIANA, PAULA E ANTÍ A

O ELEFANTE MARIÑO O CARNÍ VORO MÁIS GRANDE

CARLOS, NACHO E ALBA

O CROCODILO O RÉPTIL MÁIS GRANDE DO MUNDO

XULI, XURXO E ANTÓN San Martiño 2014 / 2015


CEIP XESÚS GOLMAR

A

ANIMAIS QUE SE CAMUFLAN XIRAFA AFRICANA Camuflaxe perfecto entre as árbores Fátima, Xoel, Lara e Iker

DRAGÓN DE MAR Semella unha alga ramificada Martina, Ánxela, Diego e Antonio B.

SERPE TIGRE Pasa desapercibida entre as follas. Xián, Manuel, Noa e Jaime

CAMALEÓN JACKSON Cambia de cor adaptándose á vexetació n. Pablo, Alba F., Samuel, Antó n C.

TIGRE Agochada entre a herba espera a sú a presa... Alba A., Martí n B., Uxia e Martí n D San Martiño 2014 / 2015


CEIP XESÚS GOLMAR

Os nenos e nenas de 1º este ano estudamos os:

B

ANIMAIS LONXEVOS

Máis de 165 anos

118 anos

TARTARUGA Mateo, Xiana, Adrián e Kevin P.

100 anos

VOITRE Brais, Borja, Lucí a, Erika e Ulma CISNE 55 anos

Noa, Kevin I., Laura e Aitor.

200 anos

SALAMÁNTIGA XIGANTE XAPONESA Pablo, Mariñ a, Unai e Dana BALEA DE GROENLANDIA Iria, Alex, Alba e Claudia

San Martiño 2014 / 2015


CEIP XESÚS GOLMAR

C

Os nenos e nenas de 1º este ano estudamos os:

ANIMAIS EN PERIGO DE EXTINCIÓN

LEOPARDO DAS NEVES Romaissa, Serxio e Adrián.

CROCODILO Nerea, Johan e Lucas Touceda

OSO PARDO Lucí a, Aitor e Hugo GOLFIÑO LINCE IBÉRICO

Lucas Villamayor, Lú a e Iker

Gabriela, José e Mauro OSO PANDA AGUIA

André s, Diego e Óscar Miriam, Pedro e Yostin San Martiño 2014 / 2015


CEIP XESÚS GOLMAR

CONTOS INVENTADOS!!

alumn@s de 2º San Martiño 2014 / 2015


CEIP XESÚS GOLMAR

O FRAUTISTA DE... LALÍN

San Martiño 2014 / 2015


SAN MARTIÑO Revista escolar do CEIP XESÚS GOLMAR de Lalí n. Grazas a todos e a todas as que colaboraron cos seus traballos. XUÑO 2015 EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA DINAMIZACIÓN DE BIBLIOTECA DEPARTAMENTO DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E COMPLEMENTARIAS


PROXECTO WILLY

Os alumnos e alumnas de 1º quixeron rendirlle unha homenaxe a Willy reproducindo algunhas das sú as obras, coas que fixeron unha exposición.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.