Ao longo das seguintes páxinas descubrirás as principais funcionalidades das novas pizarras dixitais Hitachi, instaladas en todas as aulas de 4º, 5º e 6º. Non pretende ser un titorial minucioso, senon unha proposta práctica para facilitar un primeiro achegamento a estas ferramentas. As necesidades e a experiencia serán as mellores aliadas para avanzar no coñecemento e descubrimento das posibilidades que estos recursos nos poden ofrecer. 1– O icono Para comezar a utilizar os recursos da pizarra dixital debemos abrir o programa StarBoard, que identificaremos no noso Escritorio nun icono tal como éste:
2– Abrindo o programa No momento en que pinchemos dúas veces sobre o icono abrirase unha pantalla na que poderemos escoller entre varias opcións, tales como abrir un arquivo novo, recuperar un que teñamos gardado, visitar páxinas de recursos na rede,… Abrirase non so un programa senon todo un mundo de posibilidades. Pantalla de inicio
Existe a posibilidade, incluso, de ter conectadas varias pizarras e compartir traballos, aínda que de momento é mellor que nos familiaricemos co noso novo xoguete ¡xa haberá tempo de experimentos! Se lle damos a “Nuevo” comezaremos unha nova sesión e apareceranos unha pizarra limpa de contido con todos os menús de opcións á vista. Como vereApariencia do programa aberto
mos, hai varias opcións para acceder ás ferramentas:
un menú superior, común á moitos programas informáticos, un menú lateral que poderemos poñer dun ou outro lado según prefiramos e un menú flotante que será o noso mellor aliado. A forma de traballar será a través de páxinas en branco (ou con plantillas) que iremos creando según as nosas necesidades.
3– O menú flotante Pola súa relevancia e comodidade imos comezar analizando cada unha das opcións deste menú flotante. Ao seleccionar cada un dos botóns apareceranos nun pequeño menú situado na zona inferior esquerda onde poderemos configurar a ferramenta en cuestión que seleccionaramos. Botón 1: Ten un rato debuxado e serve para alternar entre o escritorio (ou outro programa que teñamos aberto) e a zona de escritura do programa. Cando pinchamos nel e imos a unha aplicación distinta a zona de escritura ao pinchar nun dos lápices faise automaticamente unha captura da pantalla na que estemos e cópiase na zona de escritura, onde poderemos manipular ao noso gusto o material copiado. Ao dirixirnos a unha aplpicación externa o menú flotante mantense á vista. Botón 2, lapis normal: esta ferramenta sirve para escribir e/ou debuxar a man alzada. A escritura pode facerse co punteiro extensible ou ben directamente coa man, tendo coidado de que so teñamos un punto en contacto coa pizarra para evitar irregularidades. Unha vez que seleccionamos esta ferramenta aparece na parte inferior esquerda un menú de configuración como o da imaxe, con diversos submenús desplegables:
Nese submenú podemos levar a cabo as seguintes accións (por orde de aparición): Selección do tipo de lapis: podemos escoller manter o lápis normal que seleccionamos ou cambiar ao
lapis intelixente.. Grosor do lápis: desprazando a frecha a dereita ou a esquerda conseguiremos unha punta de lapis con
maior ou menor grosor. Tipo de trazo: podemos escoller entre trazo continuo ou discontinuo, ofrecendo este último tamén diver-
sas opcións entre puntos e liñas. Tipo de punta: hai varias opcións de punta para o noso lapis. A primeira é unha punta normal, a segunda
unha punta tipo rotulador subraiador, unha terceira na que a liña está contorneada coa mesma cor de escritura un pouco máis oscura, a cuarta simulando unha pasta e por último o rodete. Cor ou textura: na última opción podemos escoller distintas cores para cada tipo de lapis e, no caso da
pasta e máis do rodete, as texturas coas que desexamos traballar. Botón 3, lapis intelixente: con este recurso podemos facer formas aproximadas que o programa interpretará e refará según o que se supón que se pretendía facer. Por exemplo, se facemos un rectángulo é normal que o noso pulso provoque unhas liñas que non sexan exactamente rectas. O lapis intelixente interpretará entón as nosas intencións e faralle un planchado a vapor que as deixará lisas e suaves. Ao seleccionar esta ferramenta aparecerá o menú inferior tamén que será igual ao do lapis normal e ademais engadiránselle opcións propias de traballo con obxectos:
Facer/desfacer: as dúas frechiñas, apuntando a esquerda e dereita, sirven para facer e desfacer cambios
que non nos interesen Cortar/copiar/pegar/duplicar/eliminar: para empregar estas opcións debemos seleccionar primeiro o pun-
teiro do rato (botón 7) e seleccionar a figura/obxecto/liña que queiramos editar. Unha vez esté marcado xa podemos cortalo, copialo, pegalo, duplicalo ou eliminalo (de aí o nome das funcións jejeje). Alinear/cambiar tamaño/ordenar/xirar: para as dúas primeiras opcións deberemos seleccionar alomenos
dous elementos. Ao pinchar en cada un deles aparecerán novas opcións (alinear á dereita, esquerda, arriba, abaixo,… como Barrio Sésamo pero en alineación). A terceira, a de ordenar refírese á orde que ocupan en “capas”, según estén máis arriba ou máis abaixo e a cuarta utilizarémola para xirar exactamente un obxecto. O de exactamente convén matizalo porque podemos xirar simplemente seleccionando o elemento en cuestión, pinchando no puto verde e arrastrando o rato hacia onde queiramos xirar. Cuadrícula: a pesar de vir agrupada esta función coas anteriores coido que é mellor poñela aparte pola
súa funcionalidade. Premendo neste icono a pantalla quedará cuadriculada Botón 4, encher: o caldeiro do leite, ben cheíño, axudaranos a encher figuras ou a pantalla enteira da cor que desexemos. Se pinchamos co rato nun área aberta colorearemos toda a pantalla (non tapa figuras que xa estén debuxadas, liñas ou letras); mentres que se o facemos no interior do contorno dunha figura so quedará pintada esa zona. No menú inferior que aparece con esta ferramenta so temos a opción de escoller entre punta de lapis normal ou subraiador e a cor según sexa unha ou outra punta. Botón 5, goma (de borrar): para solventar os erros nos que puideramos incurrir temos unha ferramenta para borrar con diversas opcións tamén:
As tres primeiras opcións farán maior ou menor o grosor da goma. Borrar a pantalla completa: o seguinte icono sirve para borrar todos os elementos da páxina na que nos
atopemos. As dúas seguintes opcións en teoría sirven para borrar distintos elementos (un é un borrador normal e o
outro para imaxes) pero no momento de rematar estas páxinas todavía non conseguira atopar a diferencia. TRUCOS DA AVOA: para non ter que estar seleccionando o borrador podemos poñer sobre a pizarra dous dedos separados e aparecerá o punteiro do borrador. Outra opción é sinxelamente tocar cos dous dedos para que cambie a forma do punteiro (de escritura a borrador) e despois, sen soltalo, borrar. Tamén podemos coller a ferramenta de selección (botón 7) e arrastrar os elementos á papeleira como se nun ordenador calquera arrastramos arquivos á papeleira de reciclaxe. Se nos equivocamos borrando sempre podemos darlle a desfacer (botón 8).
Botón 6, formas: so con pinchar no botón e ver o
Botón 7, seleccionar: ao seleccionar esta opción o
menú que se desplega
punteiro convertirase na frecha típica do rato e
podemos
os
poderémola utilizar como tal para seleccionar ele-
usos que lle podemos
mentos, arrastralos, eliminalos,… Podemos selec-
dar a esta ferramenta,
cionar varios ao mesmo tempo pinchando fóra do
debuxando automati-
contorno de algún deles e cubrindo coa superficie
camente
e
de selección algún punto ou zona dos eobxectos
figuras prediseñadas coa cor ou tamaño que dese-
que desexemos (é dicir, como o fariamos normal-
xemos.
mente co rato).
intuir
formas
Botón 8, desfacer: esta función é a que todos desexariamos na nosa vida, un tecla na que premer cando nos equivocamos e que pareza que non sucedeu nada, pero xa que na vida cotiá hai que asumir responsabilidades, podemos vivir un mundo onírico de perfección na virtualidade con ferramentas coma esta. ¿Equivocámonos? Dámoslle aí e ninguén sabe nada… Botón 9, páxinas:
Botón 10, accesorios: neste apartado inclúense un
con esta función podemos acceder rápida e
comodamente
a
calquera das páxinas que compoñan o noso documento. Resultará especialmente cando
útil
traballemos
cunha cantidade considerable de páxinas posto que a través da vista
en
miniatura
localizar un traballo en concreto será unha
bo número de aplicacións que pola súa heteroxeneidade forman parte desta miscelánea. A través da última opción do menú mesmo poderemos agregar aplicacións externas. Poderiamos por exemplo engadir un enlace a algún programa como Word ou Google Earth. Algunhas das aplicacións poden resultar máis ou menos curiosas, como o cronómetro que podemos configurar por un tempo determinado e incluso facer que soe unha canción cando éste remata. Outra curiosidade é o Enfoque, que consiste nunha sorte de lupa coa que podemos aumentar algunha zona da pantalla sobre a que queiramos facer fincapé ou amosala ao noso público. O rexistrador de pantalla grava en video todo o que vaiamos facendo e pode ser moi útil para realizar un titorial, por exemplo. O bloque de pantalla crea un bloque gris que cubre a pantalla e que poderemos ir descubrindo por fragmentos ou desprazándoo vertical ou horizontalmente para amosar parcialmente o que se agoche detrás.
Menú do botón 10
O teclado en pantalla amosa un teclado desplegable que será moi útil para escribir direccións nun navegador de internet ou breves textos nun procesador. Non se fai recomendable moito máis xa que non é demasiado práctico á hora de escribir durante un certo tempo . Ademais destas “curiosidades” atopamos ferramentas do máis común, como poden ser un compás, unha regra ou un transportador de ángulos. Se ben o seu uso ao principio nos pode resultar un pouco “estranñ” ao familiarizarnos con eles pronto esqueceremos os rudimentarios artefactos cos que nos desenvolviamos ata agora deixando de lado o po da tiza e gañando en precisión o que non está escrito. No caso do transportador de ángulos ou a regra so hai que ter en conta o seguinte: As barras amarelas dos laterias sirven para
facer máis grandes os utensilios de medición. Os puntos brancos sirven para xirar nun senti-
do ou noutro. Os puntos marróns sirven para determinar
unha medición concreta, tanto en centímetros coma en graos. Para facer os trazos correspondentes actívase
de xeito automático o lapis intelixente para que vaian as liñas ben rectas. O caso do compás é un pouco máis lioso aínda que non demasiado. Nesta ferramenta atopamos 3 puntos amarelos que utilizaremos do seguinte xeito: Punto superior, na manilla do compás: pinchando e arrastrando xiraremos o compás para comezar o trazo
onde desexemos. Punto medio, no brazo dereito: utilizarémolo para abrir os brazos do compás e aumentar polo tanto o ra-
dio da circunferencia. Punto na punta: cando xa teñamos todo calculado so temos que pinchar aí e arrastrar para ver feita reali-
dade a figura desexada. Cousas en común que teñen as tres ferramentas son que as podemos mover dun lado a outro e cando, sobre elas, o punteiro colle forma de man. Nese momento pinchamos e arrastramos a onde queiramos. Cando xa non vaiamos a empregar máis estas ferramentas podemos facelas desaparecer facendo clic na cruz vermella.
Botón 11, propiedades: sempre que teñamos unha ferramenta seleccionada, ao premer neste botón abrirase unha ventaíña na que poderemos configurar máis detalladamente as cualidades desta. Basicamente é o mesmo que aparece no menú inferior esquerdo pero aberto noutra ventá e sen submenús desplegables, todo á vista. Botón 12, teclado: dende aquí podemos acceder directamente ao teclado que figuraba como accesorio no menú do botón 10. Botón 13, Menú: cunha frecha sinalando hacia abaixo convida a darlle e unha vez que o fagamos aparecerá un desplegable co menú principal. ¿Cal é polo tanto a súa funcionalidade? ¿Por qué repetir un menú que temos continuamente visible? Volvamos atrás no tempo, ou nas follas cando menos. Ao premer no botón 1 iamos a outra ventá, ben fora un programa que teñamos aberto ou o escritorio. Nese momento o menú flotante permanece con nós para que nos poidamos beneficiar de todas as ferramentas posibles da pizarra. A maior parte destas atópanse no menú flotante, aínda que hai opcións que so veremos nese menú principal polo que se fai imprescindible ter un modo de acceder a el sen volver ao programa. Tamén pode se runha cuestión de comodidade ou preferencias, pensando en que os nosos alumnos non sempre van ter a altura suficiente para chegar arriba de todo. 4- Menús laterais. Por defecto, á dereita aparece un menú de 5 pestañas
A pestaña de Galería me-
tal como o que acompaña estas palabras á esquerda.
rece mención aparte, xa
A opción Documento amosaranos os temas, páxinas
que é un gran banco de
e arquivos cos que traballemos. A de Propiedades
imaxes catalogados por
permitirá configurar ferramentas e páxinas (cores,
temáticas que iremos se-
fondos, etc,…). A de Ver, que amosa aquí, deixara-
leccionado e concretando
nos configurar aspectos da
na parte superior para logo
apariencia
programa,
elexir a imaxe en cuestión
como as barras laterais, as
na zona inferior. Nos 4
de desprazamento, o tama-
iconos superiores ofrece a
ño da cuadrícula, a papelei-
posibilidade de buscar na
ra,…
base de datos do progra-
En canto á de Conferencia,
ma, no noso ordenador, ou
utilizarémola
nos
en internet (mesmo permi-
queiramos conectar a se-
te facelo a través de reco-
sións de outros usuarios,
ñecemento de voz se con-
aínda que de momento non
tamos cun micrófono).
do
cando
estará configurada nin ope-
O último icono agacha vídeos nos que se ensi-
rativa.
na a facer os trazos de letras e números.
5– Acceso directo Ata o de agora estivemos vendo as ferramentas da pizarra dixital a través de menús, desplegables e demais, pero a nosa amiga ten varias funcións de acceso directo no propio soporte (a ambos lados) que detallaremos a continuación. A primeira, que amosa un rato co botón dereito pulsado ten precisamente esa función, a de facer de botón dereito do rato que tantas opcións nos pode ofrecer na navegación a través de internet así como en diversos programas. As tres seguintes con varias frechas sirven para crear unha nova páxina da pizarra (frecha arriba) ou desprazarnos de unha a outra (frecha esquerda ou dereita). O rato ten a mesma opción ca o icono do menú flotante, ao mesmo tempo que os lápices serán un acceso directo e rápido a distintos grosores e cores predeterminadas. A goma tamén mantén a súa función (aínda que o truco dos dedos é todavía máis rápido) O cadro inferior co número 1 é un acceso directo para o calibrado da pantalla mentres que o 2 por defecto ven libre e podémolo configurar coa opción que máis rabia nos dé. 6– Outras funcións O menú principal do programa “Starboard Software” (accesible tamén a partires do botón 13) non difire demasiado do menú de calquer outro programa de ofimática que estemos acostumados a utilizar. Nalgún caso ofrece algunha funcionalidade aparte das máis intuitivamente accesibles pero son máis ben referidas á configuración do programa e/ou a pantalla. Opcións tales como crear novas páxinas, abrir documentos, gardar ou imprimir non son alleas aos que nos enfrontamos cunha pizarra dixital. Quizais a opción que máis nos podería interesar sería a de Axuda cando nun momento de apuro queiramos solucionar algún contratempo. Nese sentido cómpre dicir que, a pesar de so usala nunha ocasión e non solucionar a dúbida que tiña, a axuda deste programa está bastante ben organizada e resulta asequible para entender as explicacións. 7- Calibrar a nosa pizarra Un apartado imprescindible para o correcto funcionamento do noso dispositivo é o de calibrado. Podemos acceder dende a propia pantalla, no botón de acceso directo 1, ou dende o menú configuración: Configuración > Starboard > Calibrar Aparecerá a seguinte pantalla na que, seguinte as indicacións, unicamente deberemos darlle co dedo ou o punteiro no centro da cruz. ¡É moi importante facelo con calma e ter ben calibrado o dispositivo para optimizar o seu funcionamento!