Introducción Aínda que non coa exactitude e rigurosidade desexable fíxose a traducción dun antigo proverbio chino como “unha imaxe vale máis ca mil palabras”. Nesta interpretación parece prevalecer o gráfico sobre o textual, mais a conxunción de ámbolos dous aportará a máxima riqueza á nosa información. Tendo en conta esa pequena matización, o que non resulta discutible é a forza dunha imaxe como medio de expresión ou información. ¡Cantas veces buscamos as palabras adecuadas para unha explicación que con un sinxelo trazo de xiz na pizarra queda máis que aclarada! Se á imaxe lle engadimos movemento e son entón estaremos incrementando, todavía máis, o seu valor. Coa creación do vídeo estamos executando un bombardeo sensorial xa non so a través da vista se non tamén do oído. A mestura, ben feita, de tantos estímulos pode ter efectos marabillosos no noso público, ben se trate dunha clase de nenos ou de un grupo de adultos con ganas de festa (non hai máis que ver a importancia da proxección de imaxes en locais do máis variopinto. Quedando máis que xustificada a importancia da imaxe en movemento e da acción, dende a escola non debemos manternos alleos a este recurso que empregado na xusta medida nos pode garantir grandes satisfaccións. Dende que a ofimática se fixo omnipresente estamos acostumados a ver presentacións de imaxes e texto feitas con programas do tipo de PowerPoint, mais quizais por exceso, estas presentacións xa non causan o mesmo efecto que anos atrás. É por iso que se fai preciso indagar e avanzar na edición do proceso de cara a ofertar un material atractivo e de calidade que enriqueza a nosa labor como profesionais e que ademais poidamos extrapolar ao ámbito privado e familiar de cadaquén. De aí esta pequena serie de sesións formativas acerca da edición de video, para beneficiarnos no noso traballo e desfrutar no terreo persoal. O programa: Sony Vegas Movie Studio HD Platinum 11.0 Actualmente hai infinidade de programas que podemos empregar, mais non todos ofrecen as mesmas posibilidades nin aproveitan igualmente os recursos dos nosos equipos. Podemos atopar algúns dos máis sinxelos, como pode ser o Windows Movie Maker integrado nos sistemas operativos de Microsoft (agora xa non, pero pódese descargar e instalar). É relativamente doado de utilizar, moi intuitivo pero con poucas opcións para a edición. Hai outros un pouco mais elaborados como o Pinnacle, moi estendido entre o gran público, de fácil manexo e moitas opcións de edición. Este concretamente non resulta demasiado atractivo dende o punto de vista de consumo de recursos do ordenador, xa que ao procesar proxectos un pouco longos ou no que traballamos varios efectos vai moi lento e a golpes, polo que a menos que teñamos un equipo moi potente facer un vídeo de calidade será unha tarefa insufrible, sobre todo co peso dos arquivos dixitais de alta definición. Entre un amplo abano de posibilidades destacan dúas: o Adobe Premiere e o Sony Vegas Movie. Os dous programas ofrecen gran diversidade de opcións que os convirten en programas profesionais, empregados habitualmente no sector audiovisual. Son dous dos estandartes que van marcando o camiño e que difícilmente se nos quedarán cortos en canto a prestacións. Entre os dous, decanteime, tanto para este curso como para o seu uso habitual, polo Sony Vegas Pro xa resulta máis intuitivo de utilizar. As funcións básicas son moi accesibles e ao mesmo tempo podemos chegar a complicar os diversos efectos espectacularmente. Con este programa cheguei á conclusión de que se teño unha idea, con el podo facela. Co seu homólogo da familia de Adobe ten as mesmas prestacións, se ben resulta algo máis confuso, sobre todo para os profanos na materia e ademáis a xestión de recursos do equipo tamén é un pouco máis delicada. O feito de escoller un programa ou outro básase máis en cuestións de tipo subxectivo, según o que prioricemos ou con que entorno nos sintamos máis cómodos xa que todos teñen o seu lugar no mercado. Asimesmo, ao familiarizarnos coa edición de vídeo aínda que sexa con un en concreto despois teremos moita máis facilidade para coñecer outro, toda vez que xa saberemos as funcións que poden (ou deben) ter e so será cuestión de invertir un tempo en coñecer as denominacións da outra marca. O icono Coma sempre, para comezar debemos saber por onde. O icono do Sony Vegas pode variar un pouco en función da versión que estemos a empregar, pero é facilmente recoñecible ao amosar o frontal dunha lente, igual que se amosa a continuación.
¡Arrancando! Cando comezamos a nosa andaina polo programa, facendo doble clic sobre o icono apareceranos a seguinte fiestra: Nela dásenos a escoller varias opcións. Á esquerda aparecen os proxectos máis recentes nos que teñamos traballado así coma o icono de “Abrir” común a todos os programas por se queremos abrir algún proxecto máis antigo. Á dereita temos outras 3 posibilidades que serían comezar con un proxecto novo, un apartado de tutoriais para coñecer as funcións básicas dun xeito moi visual e por último a opción de pechar esa ventá e poñerse a utilizar o programa como nos dé a gana. Se non queremos que nos apareza esta ventá cada vez que abrimos o programa podemos desactivala na esquina inferior esquerda. A primeira vez que empecemos a traballar nun proxecto seleccionaremos “Novo” e iso levaranos a outra ventá: As opcións que nos aparecen aquí van configurar o noso proxecto, de modo que convén ter claro o que imos facer, se ben é posible cambialo máis adiante se é que en algún dato nos equivocamos. Tentaremos facer un pequeño achegamento aos conceptos técnicos sen profundizar de xeito que resulte tedioso o proceso práctico que pretendemos acadar con este manual. En primeiro lugar dásenos a escoller o formato segundo a rexión: pode ser PAL ou NTSC, correspondendo a Europa o sistema PAL. Podedes pescudar máis sobre diferencias, pros e contras de ambos sistemas, pero para o que están preparados os nosos televisores, reproductores de vídeo, etc, é o PAL. A continuación escolleremos a configuración de audio, que neste caso pode ser Estéreo ou 5.1 Surround. Esta opción seleccionarémola segundo os aqrquivos que vaiamos empregar. Se temos unha cámara de vídeo que grava en 5.1 temos a opción de escoller calquera das dúas e o programa fará a conversión necesaria. Á inversa tamén funciona pero arriscámonos a que ao crear o 5.1 a partir de un arquivo de son máis “sinxelo” se inventen “artefactos” ou ruídos que poden afear o noso traballo. Seguidamente podemos optar por diferentes formatos de vídeo así como as resolucións máis axeitadas. Aquí trátase de configurar o ámbito de traballo máis ben, xa que para o resultado final teremos á hora de renderizar a oportunidade de seleccionar o formato e resolución do resultado final. Ao ir seleccionando cada unha das opcións do recadro “Vídeo” aparecerá no cadro de abaixo a información sobre as características de dito formato, mentres que á dereita poderemos seleccionar a resolución coa que debemos traballar. Se temos dúbidas podemos escoller a última opción “Facer coincidir configuración de medios” para que o propio programa identifique o formato dos arquivos cos que imos traballar. En caso de que a nosa cámara de vídeo ou as imaxes das que dispoñamos o permitan sería ideal traballar en AVCHD para conseguir a máxima calidade do noso traballo.
Á dereita, como xa sinalamos anteriormente, poderemos seleccionar a resolución, segundo o tipo de formato que escolleramos. No caso do AVCHD temos as opcións de alta definición 1920x1080 (anchoxalto en píxeles) e 1440x1080. A primeira delas será ideal porque nos ofrecerá un aspecto panorámico moi profesional. A continuación vemos que nos pon 24p ou 50i. Ese dato representa o número de fotogramas por segundo que se emitirán e se son de tipo progresivo (p) ou entrelazado (i). Neste caso tamén dependerá de cómo sexan as imaxes que capturaramos, xa que se a nosa cámara grava a 24 fotogramas por segundo e queremos traballar no proxecto a 50 o programa terá que “inventar” esos fotogramas intermedios. O cine funciona a 24 fotogramas por segundo polo que non é mala opción. Se queredes facer algo con imaxes fixas (orixinalmente, independentemente de que despois lle apliquemos efectos) será recomendable empregar os 50. Todo esto vai explicado dun xeito bastante “fulero” xa que non é obxecto deste titorial profundizar nestas cuestións que complicarían en exceso o fin principal destas sesións. Para os que teñades curiosidade en internet hai centos de artigos explicando as diferencias e bondades de cada formato. Por último podemos nomear o noso proxecto e indicar en que carpeta queremos gardar os nosos traballos. Cando esté todo listo aceptamos e comezamos a “fuchicar”. Coñecendo o noso espacio de traballo Tan pronto comezamos a “fedellar” no programa atopámonos con este espacio de traballo no que temos 3 zonas ben diferenciadas: a metade superior esquerda, adicada á carga, xeración e manipulación de medios; a metade superior dereita con opcións de previsualización e onde iremos comprobando os avances do nosos proxecto; e a metade inferior que se denomina “escala de tempo” e onde iremos colocando os diversos elementos cos que faremos a nosa composición.
Na parte de arriba atoparemos o típico menú onde poderemos acceder a todas as opcións do programa, pero que ao tratarse este dun titorial básico veremos moi por enriba, deténdonos so nas prestacións ás que non poidamos acceder directamente dende os diversos elementos e botóns situados estratéxicamente pola pantalla. Dentro deste menú pode resultar de interese o apartado de “Axuda” xa que está moi ben explicado e ademais de forma moi visual ao ir facendo as explicacións sobre o propio espacio de traballo destacando a localización das funcións que debamos empregar segundo a consulta realizada. A continuación iremos desmenuzando o imprescindible para comezar a facer os nosos vídeos con un toque moi persoal e espectacular.
Os medios Na metade superior esquerda temos este espacio que empregaremos para seleccionar, xerar ou manipular os medios que utilizaremos posteriormente.
En primeiro lugar temos o menú principal do que xa falamos antes e ao que volveremos máis adiante en busca de funcións específicas. A continuación, na primeira barra de ferramentas, atopamos as ferramentas típicas de calquer programa: Novo, Abrir, Gardar, Cortar, Pegar,… Deste bloque unicamente destacaremos o cuarto icono, ao lado de Gardar, representado por un punteiro dun rato sinalando unha lista de opcións. Este é o botón de “Propiedades” premendo no cal abrirase unha nova fiestra na que poderemos cambiar algúns dos axustes cos que comezamos o proxecto, así como concretar outros moitos referidos ao vídeo e ao audio entre outros. Seleccionando na pestaña correspondente desplazámonos de un a outro para modificar os parámetros que estimemos. Hai opcións algo avanzadas nas que de momento tampouco fai falta que nos metamos nin toquemos demasiado. Dentro deste menú un apartado moi interesante é o de “Resumo”, xa que nel poderemos introducir a información que constituirá os metadatos do noso vídeo, é dicir, información sobre o autor, dereitos de uso ou calquera outro dato que desexemos incluir. Esto favorecerá moito dar a coñecer os detalles do noso traballo, facer unha ficha adxunta que nunca se vaia separar do nosos proxecto e faga por tanto inesquecible cada unha das circunstancias nas que se fixo así como facilitar a súa localización nun disco duro, por exemplo, con moitos arquivos, ao ser estos metadatos utilizados polos buscadores do noso sistema operativo. Esta opción de Propiedades está moi presente en toda a pantalla e accesible en distintas zonas, o que nos pode dar unha idea do importante que pode ser. Nesta primeira barra de ferramentas destacaremos tamén a antepenúltima opción “Crear película” xa que será a que utilicemos cando o noso traballo esté rematado e queiramos renderizalo e crear un arquivo. Cómpre dicir que “renderizar” consistiría no proceso de crear o vídeo ou animación a partir dun modelo a través de un programa, fusionando todos os elementos en un solo arquivo. O resto de opcións desta primeira barra de ferramentas, de momento, imos prescindir delas.
En canto á segunda barra de ferramentas podémonos parar un pouco máis porque serán os que nos axuden a conseguir os medios para empregar no noso proxecto. Por “medios” entendemos cada un dos arquivos ben sexan de imaxe fixa, imaxe en movemento, son, texto ou efectos cos que traballaremos no nosos proxecto.
O primeiro icono que nos aparece ten forma de raio e a súa finalidade é a de eliminar calquer medio que non empregaramos no proxecto. Pode ser que abramos unha carpeta enteira con imaxes das que so nos interesan unhas poucas e con esta función podemos eliminalas do proxecto (non do nosos ordenador) para que non nos molesten. A seguinte, con forma de carpeta aberta da que saen diversos elementos será a que máis utilicemos á hora de importar a nosa materia prima. Se pinchamos nela abrirase unha ventá tipo explorador na que poderemos percorrer o noso equipo en busca dos arquivos que precisemos para facer o vídeo e abrilos directamente na ventá de medios que ocupa case toda esa zona da pantalla. Outra opción para importar estos arquivos consiste directamente en arrastralos dende a carpeta na que os teñamos, sen necesidade de activar ningún botón. A continuación aparece unha cámara de vídeo que será a que utilicemos para capturar o vídeo dende un dispositivo externo. Esta opción tende a ser cada vez menos utilizada dado o tipo de almacenaxe que cada vez se impón máis en forma de discos duros e memorias similares. Sería útil para capturar as imaxes dunha cámara de cinta. Os seguintes son para escanear unha imaxe a partir dun dispositivo externo, extraer o audio de un cd e buscar arquivos de medios na rede. Esta última opción, se ben pode parecer apetecible, remítenos a unha páxina con recursos de pago que non creo que interese demasiado. Seguindo nesta barra de ferramentas o bloque que aparece a continuación vai encabezado por unha cruz que sirve para eliminar os medios que teñamos seleccionados. Novamente o icono de Propiedades e o terceiro é o botón de “Efectos de medio”, que utilizaremos a cotío aínda que seguramente dende outra localización, polo que o deixamos para máis adiante. Os 3 seguintes son para reproducir a vista previa e tamén os teremos mellor situados noutras zonas. Non así o que ven a continuación, un cadro branco con opcións e unha franxa azul por riba. Con esta función podemos cambiar a forma de ver os elementos na ventá de medios, optanco entre ver unha lista sen máis, unha lista con datos e as miniaturas dos medios. Neste aspecto pode resultar bastante práctico unha mestura de utilización entre a lista con datos e as miniaturas. Se temos cada medio ou clip de vídeo ben nomeado so coa lista poderiámonos arranxar, en caso contrario a vista en miniatura pode ser moi eficaz. Por outra banda a lista con datos avisaranos de cando unha imaxe ou medio foi empregado xa e en proxectos con centos de imaxes agradécese bastante ese tipo de organización. Debaixo da ventá de medios aparecerá información sobre o que esté seleccionado referente á resolución, tipo de audio,… E abaixo de todo nesta sección atopámonos con varias pestañas que serán vitais para o noso proxecto. A primeira, que aparecerá marcada por defecto é “Medios de proxecto” e amosa a información que acabamos de ver nos últimos parágrafos. O seguinte apartado é “Transicións” e ao marcalo aparecerá unha clasificación de todas as posibles transicións, no cadro da esquerda agrupadas por categorías e no da dereita os exemplos de cada unha delas. As transicións serán os pasos entre un medio e outro, os cambios dunha imaxe ou clip a outro que poderemos configurar para que sexan máis ou menos artísticos dende un sinxelo, pero eficaz, fundido entre ámbolos dous ou algo máis ela-
Borado con efectos de flashes, dobladuras, persianas, figuras,… Aquí comezará a funcionar a creatividade do autor para conseguir un resultado óptimo. (Hai programas que este apartado ofrecen a opción de facelo aleatorio. Se ben así eliminamos unha boa parte de esforzo corremos o perigo de resultar barrocos en exceso aplicando unha cantidade cargante de recursos que non teñan demasiado sentido coas imaxes que se proxectan. Nese sentido cómpre ser responsables co noso esforzo e darlle o noso toque persoal para conseguir un resultado que realmente nos deixe satisfeitos) Na seguinte pestaña “Efectos de vídeo” poderemos elexir un bo número de efectos para aplicar ao noso proxecto. A forma de clasificación é a mesma que no caso das transicións, aparecendo na ventá da esquerda as categorías de efecto e na da dereita, na grande, os exemplos de cada un deles. Os efectos son innumerables e van dende pasar o noso proxecto a branco e negro, simular unha televisión de fai 40 anos, correxir a cor, pixelar, ampliar,… Case calquer cousa que se nos ocurra pódese facer automáticamente desde esta ventá de efectos (e se non haberá forma de conseguilo xuntando varias opcións). Por último temos a pestaña “Xeradores de medios” que empregaremos fundamentalmente para crear títulos, créditos e outras ferramentas de texto. Sen embargo as súa funcionalidade vai moito máis alá permitíndonos crear efectos do máis diverso, fondos para as nosas esceas e moito máis que, co tempo e a práctica, iremos demandando, investigando e conseguindo. Vista Previa Na metade superior esquerda atopamos a zona de vista previa que consiste basicamente nunca pequena fiestra na que iremos vendo en tempo real cada un dos cambios que vaiamos introducindo no noso proxecto. Neste programa está realmente moi lograda e a xestión que fai dos recursos é mo boa polo que o seu funcionamento será fluído (a menos que empreguemos gran cantidade de efectos que se ralentizará e andará a saltos, cousa pouco probable alomenos no nosos primeiros pasos no mundo da edición de vídeo). Debaixo da ventá principal onde se irán proxectando as imaxes temos os botóns de control de reproducción como en calquer mando dun reproductor de dvd, por poñer un exemplo. Na parte de arriba voltamos atopar o icono para acceder a “Propiedades” e a continuación unha pantalla azul que servirá para facer unha vista a pantalla completa, moi útil cada pouco para ver o resultado máis ou menos real dos efectos que estamos utilizando ou para ter unha visión xeral antes de crear o arquivo definitivo da película. A continuación volvemos a ter o icono de “Efectos de vídeo” e de seguido un menú desplegable no que poderemos seleccionar a calidade que queiramos que teña esa vista previa. Debemos ter en conta que canto maior sexa a calidade desa vista previa máis recursos do nosos sistema teremos que movilizar e posiblemente se ralentice. A dereita de todo atopamos o mezclador de audio no que poderemos equilibrar o volume das diversas pistas de audio que vaiamos creando, así como controlar globalmente o proxecto. Cando se esté reproducindo é importante que non cheguemos nunca ao pico e que apareza un aviso vermello na parte de arriba do mezclador posto que iso significaría que nos estamos saíndo da frecuencia “reproducible” e que aí o son quedará rachado ou distorsionado. Escala de tempo De todos os elementos ata agora vistos este é no que máis tempo invertiremos pois trátase do espacio de traballo directo. Se isto fora un taller ata o de agora estivemos vendo a distribución e colocación das ferramentas pero agora poñémonos na mesa cos aparellos diante e o traballo por facer. Por defecto a escala de tempo aparece coas opcións da seguinte imaxe, se ben podemos engadir ou eliminar pistas segundo as nosas necesidades.
No eixe horizontal superior vaise marcando o tempo nunha escala que poderemos ampliar dividindo a unidade de medida ou reducir dándolle á roda do rato hacia arriba ou hacia abaixo respectivamente. Tamén o podemos facer dende a esquina inferior dereita cos signos máis e menos. Esto será moi útil cando queiramos marcar con precisión a entrada dunha imaxe ou fotograma nun punto concreto para, por exemplo, facelo cadrar coa música; ou cando nun proxecto longo queiramos ir rapidamente a un punto de máis adiante ou atrás podendo visualizar en toda a pantalla o global da escala. No eixe vertical, á esquerda van aparecendo cada unha das pistas. Por defecto aparecen 6. Pista 1: adicada a texto Pista 2: pista de superposición de vídeo Pista 3: pista principal de vídeo Pista 4: pista de voz do vídeo Pista 5: pista de música Pista 6: pista de efectos de son En realidade é un organigrama proposto polo programa pero por outra banda sen fundamento basado nas características de cada pista xa que as tres primeiras son pistas de vídeo e as tres últimas pistas de audio sen nada que as caracterice para o fin que lles otorga a aplicación. Cada unha destas pistas ten unhas opcións de configuración e/ou acceso rápido. No caso das pistas de vídeo (3) vemos o acceso a “Efectos de vídeo”, outro icono que sirve para silenciar ou non amosar a pista en cuestión. Será útil cando estemos traballando con varias pistas ao mesmo tempo e queiramos centrarnos en axustar unha delas sen ter molestias de outras. O signo de admiración usarémolo no caso contrario, cando entre todas so queiramos queiramos traballar coa que teñamos seleccionada. As dúas de abaixo de momento non as imos utilizar. No caso das pistas de audio (4) temos un botón máis ao principio que servirá para gravar unha voz en off ou algún son que desexemos incluir na nosa montaxe. Os dous controis de abaixo sirven para aumentar ou reducir o volume da pista e para equilibrar o balance entre os dous altavoces (en caso de ser en estéreo, en caso de ser 5.1 aparecerían máis). Se precisamos máis pistas será suficiente con pinchar co botón dereito do rato abaixo de todo, onde non haxa nada e apareceranos este cadro para engadila segundo as nosas necesidades. Asimesmo, se pinchamos sobre unha pista de vídeo ou audio aparecerannos os seguintes cadros respectivamente, de xeito que poidamos crear unha pista igual á que nos atopamos. De momento as demais opcións que nos dan os menús emerxentes podemos prescindir delas.
Ao activar o menú co botón dereito sobre unha pista de audio apareceranos unha opción que empregaremos a cotío. Na penúltima opción, onde di: Inserir/eliminar envolvente, ao poñer o rato enriba aparecerán outras dúas opcións das cales seleccionando Volume veremos que aparece unha liña azul no medio da pista de audio e ao longo dela. Esa liña marca o nivel de volume e ao tela visible podemos manipulalo de varias formas. Por exemplo poderiamos facer entradas e saídas do son paulatina ou repentinamente. Vemos na imaxe un exemplo:
Para situar cada punto de inflexión facemos doble clic sobre a pista e despois movemos arriba ou abaixo según o noso interese. A hora da verdade Ata o de agora fomos analizando as diversas zonas da pantalla, vendo as opcións e funcións que podemos precisar en cada caso, pero agora chega o momento de que nos enfrentemos ao reto de facer algo, de sacar adiante un proxecto polo que as seguintes páxinas tratarán sobre como manipular un arquivo de medio así como dar pequenas orientacións que poden facilitar as nosas tarefas. Como xa vimos ao principio, o primeiro será cargar os medios na ventá correspondente, polo que imos á carpeta na que os teñamos gardados e arrastrámolos ou ben cargámolos a través do segundo icono da segunda barra de ferramentas. Para pasar un medio dende esa ventá á escala de tempo so temos que arrastralo á pista correspondente, se é de audio a unha de audio e se é de vídeo ou imaxe a unha de vídeo. Nese momento a apariencia do noso proxecto será máis ou menos esta, con tres arquivos de medio cargados na ventá, un que levamos a unha pista de vídeo e na ventá de vista previa a imaxe do medio que temos seleccionado. Por defecto as imaxes fixas, ao ser cargadas teñen unha duración concreta. Se todas as imaxes que imos utilizar queremos que teñan a mesma duración podemos configurarlo en Opcións>Preferencias>Edición>Duración de Imaxe Fixa; pero se pola contra queremos manipular cada unha según a necesidade do momento podemos optar por variar a súa duración manualmente dun xeito moi simple. So temos que poñer o rato ao final da imaxe e cando o punteiro se convirte nunha frecha de doble punta arrastrar extendendo ou reducindo a súa duración sobre a liña de tempo. Tamén é posible que non queiramos que a imaxe apareza de súpeto se non que faga unha aparición gradual, cun fundido dende o negro da tenebrosa pantalla inicial. Iso podémolo conseguir de dúas formas: por un lado engadindo unha transición ao principio, para o que iremos á pestaña de Transicións debaixo da ventá de medios, seleccionaremos a transición que nos guste e arrastrarémola ao inicio do clip de vídeo co cal a primeira imaxe aparecerá a través da transición seleccionada. Ou ben podemos poñernos sobre un punto azul que hai na esquina superior esquerda da imaxe e cando o punteiro do rato colle forma dunha frecha que apunta nas dúas direccións sobre un ángulo tirar dela hacia o centro, conseguindo así un fundido moi gradual e bonito (para o meu gusto máis que o que se consigue coa transición). Esto mesmo podemos facelo como final do clip.
O principio e o final xa o temos, pero ¿e polo medio? Podémonos enfrontar a varias situacións. Por un lado pode ser que estemos facendo un proxecto so con imaxes fixas, con fotografías ou debuxos co cal a estaticidade pode convertirse nun problema ao caer na monotonía. Por outra banda podemos ter un vídeo gravado dende un punto fixo co cal acabamos tendo a mesma sensación de inmovilismo que pode perxudicar a nosa finalidade de chamar a atención dalgún xeito. Outra das opcións sería que tiveramos todo gravado pensando no que imos facer e entón á hora de editar so deberiamos ensamblar os distintos medios, pero como iso non é o máis habitual imos ver como dinamizar un pouco as nosas imaxes. Para elo debémonos fixar ao final da imaxe sobre a escala de tempo. Aí aparecen dous símbolos un dos cales xa coñecemos porque é o de “Efecto de vídeo”. O outro é de “Panoramización/Recorte de evento” (si, si, xa sei que teñen uns nombreciños xeitosos…). Se pinchamos nel abrirase a seguinte ventá: Nela vemos a nosa imaxe e uns puntos arredor dela, así como unha liña de tempo na parte inferior. Se imos marcando puntos co rato facendo doble clic, estaremos establecendo un punto no que podemos modificar o tamaño da imaxe na pantalla. A pantalla sería o recadro comprendido entre os puntos polo que se arrastramos os puntos hacia o interior irase facendo máis pequena e iso traducirase en que na reproducción a imaxe teña un movemento dende o punto inicial ata tomar a apariencia que lle indicamos no seguinte punto. É dicir, partindo da imaxe que temos no exemplo, se estableceramos un punto ao final da liña de tempo na que tiveramos reducido o espacio da pantalla á cabeza do abellaruco, ao reproducir o vídeo veriamos como se vai facendo un zoom progresivamente para pasar do paxaro enteiro á cabeza. Dependendo da imaxe e da música poderemos facer movementos máis grandes ou bruscos e incluso xirar a imaxe, pero sempre buscando a conxunción de todos os elementos e dando coherencia ao noso traballo. En moitas ocasións (seguramente en todas) a sinxeleza é máis efectiva que o exceso de recursos. Con esta función poderemos tamén situar a imaxe a un lado da pantalla para do outro lado, por exemplo, poñer un texto ou simultanear imaxes que aparezan noutras pistas. Imos incluir un novo arquivo de medio, esta vez un vídeo. Igual que antes, seleccionamos na ventá de medios e arrastramos. Como agora estamos seleccionando un arquivo de vídeo vemos que aparece conxuntamente o audio asociado:
Para “dulcificar” o salto dunha imaxe a outra empregaremos unha transición, que podemos escoller no menú de transicións directamente ou se non facer un fundido entre os dous medios montando un sobre o outro. O efecto resultante é bastante agradable lonxe da espectacularidade de outros recursos. Para a pista de audio asociada ao vídeo tamén será ben facerlle unha entrada progresiva co fin de que non resulte agresivo polo que faremos tal coo se indicou antes un fundido de entrada ou “fade-in” que lle din por aí. Colleremos o puntiño azul da esquina superior esquerda e arrastrarémolo hacia o interior. Se nese momento lle damos ao botón dereito do rato aparecerannos varias opcións para realizar esa entrada progresiva, para facelo máis rápido ao principio e suavizar despois, ao revés, ou coa mesma graduación. Se o arquivo de vídeo é moi longo podémolo dividir, seleccionando o punto que queiramos e indo ao menú: Edición>Dividir.
Agora que xa temos algunhas imaxes podemos ilas acompañando con Música, para o que, tras cargar o arquivo de medio correspondente, arrastrámolo hacia a pista oportuna. Se escollemos un arquivo de demasiada duración podemos limitarla igual que faciamos coas imaxes, poñéndonos ao final e estirando ou minguando a súa lonxitude sobre a escala de tempo. Do mesmo xeito podemos conseguir que apareza ou se desvaneza gradualmente utilizando o mesmo método que coas imaxes. O novo medio aparecerá na correspondente pista e agora teremos que manipulalo para obter un resultado satisfactorio. Deberemos buscar un equilibrio entre a música de fondo e as voces do noso clip de vídeo, levantar o nivel da música cando haxa silencio,etc. Neste caso, por exemplo o que se fixo foi marcar dous puntos de “control” tal como explicamos antes, facendo doble clic sobre a liña azul que percorre a lonxitude da pista, e cando aparece o son do vídeo baixar o segundo punto para que o volume da Música vaia diminuíndo de forma gradual. Según o volume de un e outro medio ou o efecto que queiramos conseguir pódenos interesar manter a música como fondo ou chegar a silenciar esa pista por completo. Que non haxa ambigüidades será un factor importante a ter en conta para facer unha ou outra cousa. A esto que temos feito é posible que lle queiramos aplicar algún tipo de efecto, por exemplo comezar en branco e negro ou engadir ruído como se se tratase dunha cinta vella. Nese caso o único que temos que facer e ir á pestaña correspondente de Efectos de vídeo, seleccionar o que queremos aplicar e arrastralo sobre o medio que desexemos. Tamén podemos facer clic ao final do clip, no botón de Efectos de evento e proceder do mesmo xeito. Ao aceptar o efecto que queremos quedará visible outra ventá na que poderemos elexir a temporalización do efecto, que non ten porque durar todo o tempo. Como se ve na imaxe, na parte inferior hai unha liña de tempo sobre a que iremos marcando os puntos nos que queremos que suceda algo mentres arriba imos configurando que debe suceder con respecto ao efecto seleccionado. A menos que queiramos que a desaparición do efecto (ou aparición) sexa desde o principio, debemos establecer un punto de control anterior á transición deste. Todo depende do noso criterio. Quizais neste momento interésanos introducir algo de texto para o que debemos ir á pestaña Xerador de medios e seleccionar algunha das dúas últimas opcións, que son as referidas a este medio en concreto. Temos varios medios predefinidos que podemos variar ao noso antoxo en canto a cores, tamaño, movemento,… ou ben crear un medio dende cero. Ao princicpio pode resultar algo tedioso pero realmente é unha ferramenta moi completa. En primeiro lugar podemos definir o tamaño en resolución así como a duración. Seguidamente temos todo o referente á configuración tipográfica, é dicir, tipo de eltra, tamaño, caracteres especiais, alineación,… A continuación veñen as opcións de configuración máis concretas que veremos de seguido:
Cor do texto: non precisa de explicación ¿verdade? Animación: para seleccionar o tipop de movemento que queremos que describa. Escala: para aumentar ou reducir o tamaño. Ubicación: poderemos situar o texto no punto exacto da pantalla que desexemos. Avanzado: para configurar o fondo, se queremos que sexa transparente, con algunha cor. Seguimento: para configurar a separación entre letras e Interlineado para facer o mesmo entre liñas. Contorno: para configurar o contorno do texto, grosor e cor. Sombra: todo o realitvo aos parámetros deste efecto. Para facer fade-in ou fade-out, é dicir aparición ou esvaecemento progresivo podemos utilizar, como nos anteriores casos, as transicións ou os puntiños azuis das esquinas. Despois de moito sementar… ...chegou a hora de recoller a colleita que, se aplicamos os nosos coñecementos con bo criterio, estética, gusto e coherencia abofé que será inmellorable. Despois de moito traballar no proxecto chegou a hora de crear o noso arquivo de película para poder colgar na rede, gravar nun dvd, levar nun lapis de memoria ou deixalo almacenado no disco duro para ver de cando en vez e botar unha bágoa de emoción por aqueles tempos pasados que, por moito que insistan, non eran mellores. Para crear este arquivo facemos clic na primeira barra de ferramentas, case ao final onde pon “Crear película” e abrirase esta ventá: Aquí poderemos escoller entre todas esas opcións mais a miña recomendación é seleccionar a última e despois xa veremos nós para que o usamos. Se temos ese arquivo pode funcionar como copia de seguridade con toda a calidade e despois xa faremos os axustes e conversións precisos para subilos a Vimeo, Youtube ou calquera outro lugar da extensa rede. Cando pinchamos na nosa opción abrirase unha nova ventá, na que teremos que facer a configuración do arquivo de saída do noso proxecto. Primeiramente deberemos indicar a carpeta onde queremos que se garde, así como o nome do arquivo resultante. A continuación seleccionaremos o formato de saída. Este é un paso relativamente complexo posto que ofrece unha chea de opcións e non sempre saberemos escoller a mellor. Pero podémonos deixar aconsellar e se vos fixades ao lado dalgunhas opcións aparece unha marca que nos está indicando que ese formato é compatible co nosos proxecto polo que o resto xa depende un pouco máis das nosas preferencias. Eu habitualmente traballo en HD polo que escollerei un formato que me dé unha resolución de 1920x1080 e podendo elexir que sexa mp4 xa que me asegura que practicamente calquer reproductor o vai ler e manterá a calidade coa que se supón que o fixen. De todas as plantillas dispoñibles podemos crear unha personalizada na opción correspondente de Personalizar plantilla. Cando xa teñamos todo listo prememos en “Renderizar” e esta venatíña iranos informando do proceso ata o seu fin. Se o proxecto é longo pode botar moito tempo, así que non desesperedes e animádevos a traballar e descubrir novos recursos.