Clube
de Tiro con Arco
Arqueiros de Verín
I.E.S. García Barbón
A finais de decembro de 2012 no IES García Barbón celebrouse unha xornada de actividades extraescolares que tivo una grande acollida entre a nosa comunidade educativa. Unha das actividades desenvolvidas foi a de tiro con arco, que contou co apoio de Luis Sousa, presidente do clube de tiro con arco Arqueiros de Aguiar. Xa nesa xornada un grupo de alumnos/as nos interesamos por este deporte e pouco despois comezamos a adestrar con regularidade.
A finais deste verán decidimos consituir un clube deportivo. Feitos todos os trámites legais pertinentes podemos dicir que xa se constituiu oficialmente o Clube de Tiro con Arco Arqueiros de Verín, recoñecido polo Rexistro de Entidades Deportivas da Xunta de Galicia co número de rexistro C-11687. Como é lóxico, un dos retos que temos nestes momentos de inicio é conseguir o material deportivo axeitado. Este deporte require una serie de material (arcos, flechas, parapeto, dactileras, protectores…). Estamos funcionando cos nosos únicos recursos e coa axuda inestimable de Arqueiros de Aguiar, que nos prestou moito material. Pero a nosa ambición é contar cun mínimo de material propio que, sumado ao que cada un de nós vaia adquirindo polos nosos medios, nos permita no só entrenar senón tamén participar en competicións oficiais e que se vaia asociando o nome do noso institituto e da vila de Verín con este deporte.
Contar con material propio do Clube é o único xeito de poder ir abrindo o clube á participación de máis alumnos/as. Este tipo de material tería unha
vida útil de moitos anos, cun mínimo mantemento e sería propiedade non do Clube senón do IES García Barbón.
Alumnado que asistimos aos adestramentos semanais: Saúl Otero García
1º BACH
Rogelio García Losada
1º BACH
David Correa Conde
1º BACH
Sandra Gómez García
2º BACH
Álvaro Hermida Rodríguez
2º BACH
Jordi Blanco García
2º BACH
Adrián García Alvar
2º BACH
Alejandro Pérez Vega
2º Mantemento