Tradicións nadal

Page 1

A MÚSICA QUE VIÑA DA CASA

Na véspera de Nadal, o rei invitou o primeiro ministro para unirse a el na súa andaina habitual. Gozaba vendo as decoracións das rúas pero non quería que se gastaran moitos cartos. Só para agradalo os seus súbditos, disfrazábanse de comerciantes dalgún lugar lonxano. Camiñaron polo centro da cidade, admirando as luces, árbores de Nadal, candeas acendidas nas portas das casas, baldas que vendían agasallos, e a xente apurándose para conmemorar un Nadal ao redor dunha mesa ben chea de alimentos. Ao volver pasou por un barrio pobre, onde o ambiente era ben distinto. Sen luces, sen candeas, non había o delicioso arrecendo a comida para ser servida. Apenas había unha alma nas rúas e, como cada ano, o rei dixolle ao primeiro ministro que tiña que prestar máis atención aos pobres no seu reino. O primeiro ministro asentiu, sabendo que o tema sería esquecido de novo, soterrado baixo a burocracia diaria de orzamentos. De súpeto, oíron música que viña da casa máis pobre da cidade. Unha cabana con táboas de madeira podre, feble e tiña tantas fendas que se podía asexar entre elas e ver o que acontecía alí dentro. E o que viron foi completamente absurdo: un vello nunha cadeira de rodas, aparentemente chorando, unha rapaza coa cabeza rapada danzando, e un mozo con ollos tristes batendo un pandeiro e cantando unha canción popular. -Vou descubrir o que ocorre - Dixo o rei. El bateu na porta. A música parou, e, o mozo abriu. -Somos os comerciantes que buscan un lugar para durmir. Escoitamos a música, vimos que estabades espertos e preguntámonos se poderiamos pasar a noite aquí. -Pode aloxarse nun hotel da cidade. Nós, por desgraza, non podemos axudar. A pesar da música, esta casa está chea de tristeza e de sufrimento. -Podemos saber por que? -É todo culpa miña - falou o vello na cadeira de rodas-. Eu pasei a miña vida ensinando caligrafía, para algún un día conseguir un emprego como escriba en palacio, pero os anos pasaron e nunca saíu un posto a concurso. E entón, na noite pasada tiven un soño estúpido: un anxo apareceuseme e encargoume mercar cáliz de prata, pois o anxo dixo que o rei viríame visitar, bebería do cáliz e daríalle ao meu fillo un emprego. -O anxo foi tan convincente que resolvín facer o que el me pediu, xa que non temos cartos, a miña nora foi ao mercado esta mañá para vender o seu pelo e así mercar este cáliz. Os dous están facendo o que poden para contaxiarme o espírito de Nadal cantando e bailando, pero non hai nada que facer.


O rei viu o cáliz de prata, pediu un pouco de auga para saciar a súa sede e, antes de saír, dixo á familia: -Vostede sabe, nós estivemos falando co primeiro ministro hoxe, e dixo que a próxima semana sairía unha vacante de escriba en palacio. O vello asentiu, sen crer moito no que escoitaba, e despediuse dos estranxeiros. Na mañá seguinte, porén, unha proclamación real leuse en todas as rúas do país; precisaban dun novo escriba en palacio. O día sinalado, a sala de audiencias do palacio estaba cheo de persoas ansiosas para acadar ao cobizado posto. O primeiro ministro entrou e pediu a todos preparar o seu papel e lapis: -Aquí está o tema da disertación: Por que un home vello chora, unha muller coa cabeza rapada danza e un mozo triste canta? Un murmurio de incredulidade atravesou a sala. Ninguén sabía como contar unha boa historia , agás o mozo vestido esfarrapado nunha esquina, que cun amplo sorriso comezou a escribir. Paulo Coelho

Como conmemoramos o Nadal no Brasil?


TRADICIÓNS BRASIL Os brasileiros son unha mestura de diferentes minorías étnicas, e como é unha ex-colonia Portuguesa, ten moitos costumes de Nadal que veñen desta cultura. A tradición é crear un presepio. A palabra vén da palabra hebraica "presepium", que significa a cama de palla sobre a que Xesús durmía en Belén. Papai Noel é o personaxe que hai no Brasil. Segundo a lenda, vive en Groenlandia. Cando chega ao Brasil, normalmente leva roupa de seda, debido á calor do verán. Unha gran cea de Nadal inclúe pavo, xamón, arroz de cores, e marabillosos legumes e pratos de froitas. Os católicos devotos adoitan asistiren á Misa do Galo. A misa soe rematar sobre 1:00 da mañá de Nadal! En 25 de decembro, despois de xantar a xente soe durmir a siesta ou ir á praia. Os fogos artificiais anuncian o inicio do Nadal. A decoración faise con flores frescas e as árbores decoradas poden ser vistas nas cidades de Brasilia, São Paulo e Río de Xaneiro. No Brasil, existen danzas populares do Nadal e cantos. A festividade dura ata 06 de xaneiro, cando os reis magos van visitar ao neno Xesús.


O BELÉN DE GREGGIO Vivía na comarca de Greggio, en Italia, Giovanni de Vellita, que era moi amigo de san Francisco de Asís, a quen todo o mundo o coñecía polos seus desexos de mostrar a forma de amar a vida e todas as cousas da Creación. San Francisco vivía nunha ermida nos montes da comarca, e sempre que Giovanni o visitaba falaban de como facer que a xente comprendera as tarefas de Deus na Terra. Achegábase o día de Nadal de 1223, e Giovanni insistía a Francisco para que este abandonase o seu retiro e celebrase as Pascuas xunto á súa familia. -Querido Giovanni -díxolle Francisco-,gustaríame conmemorar o nacemento daquel neno en Belén de forma que os meus ollos corporais puideran ver os seus traballo na Terra. Gustaríame ser testigo de como xacía sobre a palla do presebe, de como o boi e o asno o quentaban co seu alento, de como a Virxe María o arrolaba nun soño divino, de como os pastores acudiron desde os prados veciños para adoralo. - Claro que si –exclamou Giovanni-, sería marabilloso presencialo! Giovanni e Francisco descenderon á aldea, e encontraron un vello cortello abandonado, que encheron de palla fresca. Giovanni falou cun granxeiro e pediulle prestada unha mula, e a un labrador pediulle o boi que tiraba o arado. Francisco, pola súa banda, falou coa esposa de Giovanni, que era costureira, e explicoulle como era a roupa que levaban as mulleres da época do nacemento do neno en Belén, e logo pediulle a un vendedor uns cantos trapos para confeccionar un boneco. Todo o mundo sentíase moi intrigado polo que aquel santo se dispoñía a facer con todas aquelas cousas, pois nin san Francisco nin Giovanni explicaron a ninguén cal era o seu plan. Por fin, á media noite do día 24 de decembro xa estaban todos os preparativos feitos, e invitaron a todos os veciños/as a acudir ó antigo portal abandonado. Impresionados quedaron todos ó ver o pequeno boneco, como un Neno Xesús xacendo sobre a palla do presebe, como un boi e unha mula o quentaban co seu alento, como unha muller vestida coma a Virxe María o arrolaba… Ademais, todos os veciños/as parecían pastores que acudiran a adoralo. Giovanni e San Francisco intercambiaron unha mirada, pois parecía realmente que estivesen contemplando o que tiña sucedido fai tantos anos no sagrado portal de Belén. Aquel foi o primeiro presebe.


TRADICIÓNS DE ITALIA Buon Natale

- Os oito días anteriores a Nadal coñécense como a novena. Durante estes días, os nenos/as piden diñeiro nas casas dos seus veciños/as, cantando panxoliñas, cos que despois poden comprarse algúns regalos.

- Unha meiga montada nunha vasoira chamada Befana é a encargada de dar os regalos o día 6 de xaneiro a todos os nenos e nenas que se portaran ben. Os que se portaran mal… só reciben carbón!

- O panetone é o doce máis típico de Italia, sobre todo en Milán. Este suave biscoito tómano sempre cun viño de moscatel e acompáñano de queixo Mascarpone do máis rico.


O PAXARO RENO Cando Papá Noel e os renos máxicos, cuxa grosa pel lles protexía do frío das terras do norte, chegaron por primeira vez a Australia, os lombos dos renos cubríronse de pingas de suor, porque alí era pleno verán e o clima estaba caldeado polas longas horas de sol. Os renos non podían seguir voando e pousábanse no chan fatigados e arfando, incapaces de avanzar. -Cáspita! -exclamou Papá Noel a primeira vez que lle sucedeu-. Que vou facer agora? Como chegarei a entregar os regalos a todos os nenos de Australia?- E frotábase pensativamente a fronte. Entón viu un crocodilo mariño. Era tan grande que, pensou, seguro que non tería ningún problema en arrastrar o carro. -Crocodilo, serías tan amable repartir os regalos aos nenos?

de tirar da miña zorra para que poida

Claro que si -respondeu o crocodilo, e abriu as fauces de tal xeito que a piques estivo de tragarse a zorra enteira, cos regalos de sobremesa. Pero, Papá Noel interpúxose e espantouno. Apareceu entón un canguro dando brincos, levando ao seu filliño na bolsa, e achegouse ao anción vestido de vermello para prestarlle axuda. -Canguro, serías tan amable de tirar da miña zorra para que poida repartir os regalos aos nenos? -Claro que si -respondeu o canguro colocándose a brida, pero comezou a brincar con tal impetú que os regalos saíron disparados por todas partes! Mentres Papá Noel recollía os paquetes do chan, viu un paxariño redondiño e de pico longo e ás curtas que o miraba desde o chan. -Paxaro kiwi, serías tan amable de tirar da miña zorra para que poida repartir os regalos aos nenos? -Claro que si -respondeu o paxaro kiwi-, pero con estas pequenas á non podo voar e non podería levar a túa zorra polos aires. E Papá Noel botoulle por riba uns pós máxicos, os que usaba para que os seus renos voasen, e o paxaro kiwi puido elevarse e tirar da zorra. Os koalas, os canguros, os crocodilos e os nenos acenderon todos pequenos farois para que o paxaro kiwi atropase as súas casa na escuridade da noite. Desde ese día, o paxaro kiwi pode voar durante unha coite cada ano, e os nenos de Australia reciben puntualmente os seus regalos.


TRADICIÓNS DE AUSTRALIA

Meri Kirihimete

É moi común que os regalos os traia Swag Man, que vai vestido cunha camiseta azul e unhas bermudas ben anchas... E viaxa sobre unha táboa de surf! Ademais do pavo e o xamón cocido habitual, os australianos soen comer tortas de carne. Aderezadas cun pouco de ketchup están riquísimas! A xente reúnese en Melbourne para cantar panxoliñas nun festival chamado cancións á Luz das Candeas, na que todo o mundo leva unha candea acendida.


KAILA E A ZORRA Kaila e Sedna sempre foran bos amigos desde pequechos. Encantáballe xogar xuntos, facer pequenos iglús para os seus bonecos e, cando celebraban o Sinck Tuck, a festa con que os esquimais celebran o Nadal, sempre ían xuntos a escoitar as lendas que lles explicaban os contacontos. Kaila aprendeu que o seu nome proviña do deus do ceo que lle devolvera aos homes os animais que poboaban a Terra, incluido o fermoso caribú. Tamén lle regalara o lobo, que cazaba os exemplares máis débiles, para que o home puidese cazar os animais máis sans, comer a súa carne e protexerse coas súas peles. Sedna tamén descubriu grazas ao contacontos que o seu nome proviña da deusa da auga, de cuxos dedos naceran os peixes, de cuxas mans brotaran as focas e as morsas, que aínda vivía baixo a auga, e cuxos cabelos axitados se convertían na escuma das ondas cando se enfadaba. Un día Sinck Tuck, mentres os máis vellos bailaban e se intercambiaban regalos, Kaila quixo tomar prestada a zorra que era de Sedna, pero ésta negouse, porque estaba moi cansa e quería volver a casa. Era a primeira vez que a súa amiga lle negaba algo, polo que Kaila guindou a zorra ao mar. -Non es a deusa da auga? Pois colle a zorra!- E botou a correr cara a casa. Sedna quedouse observando a zorra mentres afundía lentamente. Pasaron os anos, e Sedna e Kaila non se dirixiron máis a palabra. Cando coincidían na cabana onde se celebraba o Sinck Tuck, nen se ollaban e moito menos bailaban xuntos, e nuncha ninguén lle regalaba nada a el nin a Sedna. Cando preguntou aos seus amigos que por que ocorría aquelo, contestáronlle que, como de pequenos sempre xogaban xuntos, os seus amigos pensaban que eran noivos. Ése era o motivo para non regalarlle nada. Kaila quedouse cavilando, foi correndo ao seu iglú e tallou en madeira unha pequena zorra. Non era grande de abondo para montar nela, pero nunha data de celebración como aquela, non quería que Sedna volvera a casa sen ningún regalo. -Sedna -díxolle, dirixíndolle a palabra por primeira vez en anos-, este regalo é para ti, para celebrar o Sinck Tuck, e para pedirche perdón. Sedna perdoou a Kaila polo que fixera anos atrás, e doulle un bico ao xeito dos esquimós: frotándose o nariz.


TRADICIÓNS DE CANADÁ

Kuvianak Inovia! Joyeux Noël! Merry Christmas!

En Canadá encántalles comer rosquillas nas festas do Nadal, pero sobre todo se están cubertas de xarabe de arce, a súa árbore nacional, unha especie de mel moi doce.

Os nenos cúbrense con máscaras e fan ruído polo vecindario con campaíñas e outros instrumentos. So o veciño descobre que neno se agocha trala máscara, éste ten que deixar de facer ruído.


A TRIBU DO SOL Cando a tribu dos indios hopi xurdeu das entranas da Terra e poboou por primeira vez o mundo, nin o sol nin a lúa alumeaban o planeta. Todo estaba cuberto por un manto de escuridade, e non atoparon nin sequera o xeito co que acender o lume. Comezaron a sufrir a fame e a sede. O Gran Xefe enviou exploradores en busca dalgún lugar onde asentarse. Un deles puido ver unha pequena luz ao lonxe e descubríu unha chaira alumeada por unha fogueira, con campos de millo, melóns e xudías arredor. A carón do lume, había un home alto e fermoso, que levaba un colar e uns pendentes de turquesas. -Son o home esqueleto -dixo no campo-. Ques es? -A nosa tribu xurdiu das entranas da Terra sen sol e sen lúa está todo tan escuro que non atopamos nada. -respondeu o explorador. -Trae a túa tribu ata a miña fogueira, e dareivos de comer e de beber -concedeu o home esqueleto. E así foi. A tribu dos hopi seguíu ao explorador ata o campo, e alí fartaron a súa sede e a súa fame, pero os xefes hopi eran sabedores de que non podían vivir da amabilidade do home esqueleto. -Necesitamos unha lúa -declarou o Gran Xefe. Cortaron un gran círculo de pel de búfalo, co que recubriron un anaco redondo de cortiza de árbore, e pintárono de cor branca. Atáronlle unhas cordas e subiron o gran círculo branco cara o ceo. Todos os membros da tribu tiraron á vez das cordas, ata que o círculo quedou suspendido no aire, convertido nunha brillante lúa. Comezaron a poder traballar as terras de cultivo, pero non era de abondo para asegurarse unha boa colleita; necesitaban un sol. Colleron un anaco de tea e cortaron un bo círculo, recubriron un cacho de cortiza de árbore e pintárono de cor bronce. Debuxaron no disco unha face sorrinte e decorárono con plumas dun paxaro vermello. Suspendérono no aire con cordas e o sol alumeou a todo o mundo. Os hopis puideron cultivar as súas terras e cazar búfalos, e así viviron e prosperaron. Pero o disco do sol apagábase cada ano, no solsticio de inverno. Por iso os chamáns da tribu celebraron un ritual de purificación, o Soyal. Con isto quixeron das forzas ao sol para iniciar un novo ciclo de vida que os levase á primavera, á plenitude e á vida.


TRADICIÓNS DE ESTADOS UNIDOS

Merry Christmas! Os indios hopi non celebran o Nadal, senón o solsticio de inverno, que é o día máis curto do ano. Durante a cerimonia, que se denomina soyal na que se realizan longas sesións de rezos nunhas covas chamada kiva. O soyal é tamén un momento de troco de regalos e donacións aos chamáns das tribus, polo que é moi habitual atoparnos regalos de roupa adornadas con plumas e kachinas, unha bonecas rituais esculpidas coas efixies dos seus deuses. Durante as ceremonias comese o pan piki, unha torta delgada de millo feita con fariña de millo azul, que se coce riba de rochas quentes egraxadas con sebo.


O PARTIDO DE NADAL Na vixilia de Nadal o pequeno Meles non podía durmir. Achegábase o seu día preferido de todo o ano, e morría coas gañas de poñerse a camisola branca, os pantalóns a xogo e de soster na súa man a candea acendida mentres avanzaba en procesión ao redor da igrexa. Pero o que máis ansiaba era ver o partido de Ganna. Era un deporte que se practicaba cada Nadal, no que os nenos máis grandes, como os seus irmáns disputábanse a posesión do pequeno balón empurrándoo cun caxato curvado. Morría das gañas de poder participar no partido, pero era aínda moi novo e non tiña caxato co que xogar. -Podo xogar? -pedira permiso o Nadal anterior. -Non -respondéronlle, es demasiado pechecho, e non tes caxato. Só xoga a xente que ten a idade suficiente e o caxato para xogar. Amenceu, e a mamá de Meles espertouno a el e aos seus irmáns. Éstes vestíronse coas súas camisas e pantalóns brancos, agarraron as candeas e os seus caxatos para xogar ao Ganna e correron cara a igrexa. O pequeno Meles mirounos con envexa, e enfundouse na súa camisola branca, os pantalóns de xogo, e dirixiuse á igrexa. Alí, collido da man da súa nai, acompañado doutros nenos e outras nais, uniuse á procesión. Realizou tres voltas completas ao redor da igrexa, coas candeas acendidas na man, e esperou para escoitar o sermón do párroco. Os seus irmáns, de pé xunto ao altar, movían as pernas nerviosos por sair a xogar ao Ganna, e Meles mirábaos, tamén impaciente. Cando o sermón rematou, todos os nenos saíron correndo e se puxeron a xogar o partido. -Podo xogar -preguntou, cunha lixeira esperanza no corazón, porque aquel ano xa era un pouco máis vello. -Non -respondéronlle-, ainda que xa non es tan novo, non tes caxato para xogar. Só a xente que ten caxato pode xogar. Meles quedouselles mirando, tristeiro. E de súpeto, a súa nai achegouse. -Meles, meu pequeniño, esta mañá non abriches o teu regalo. Talvez agora sexa o mellor momento para facelo. Meles viu o regalo que a súa nai sostiña na man, era un caxato para xogar ao Ganna. Empuñouno con forza, deu un enorme bico á súa nai e foi correndo a reunirse cos seus irmáns e outros nenos. Chegara o momento de incorporarse ao partido!


TRADICIÓNS DE ETIOPÍA

Homadate guatasantade!

Celébrase con grandes festas tanto o día de Nadal coma o de Reis: a diferenza principal é que o día de Nadal visten roupas brancas e en Reis de cores vivas. Como en Etiopía se rixen por un calendario diferente ao noso, o día de Nadal coincide para eles co que é para nós o 7 de xaneiro. Que tarde! A comida principal do día de Nadal basease na injara, un pan moi fino, como unha filloa, sobre o que se serve o doro wat, un polo asado con salsa que está riquísimo.


A CORCOVA DOS CAMELOS A noite do 24 de decembro, en tres lugares distintos do mundo, tres reis astrónomos, Melchor, Gaspar e Baltasar, descubriron que unha estrela brillaba no alto do ceo e se movía cara Israel. Ao vela notaron como o seu corazón se enchía de paz, amor e alegría, e decidiron seguila para saber a onde se dirixía. Foi unha dura viaxe para os tres, pero finalmente se atoparon e decidiron continuar xuntos, para facer máis levadeiro o camiño. A estrela conduciunos a través das estepas nevadas, da sabana chea de feras, das peligrosas olas do mar, de selvas poboadas de serpes, ata que chegaron ao borde dun deserto, onde mercaron cadanseu camelo cos que atravesar as dunas. O camiño sobre a area do deserto era máis complicado do que pensababan. Pouco a pouco as súas reservas de auga se foron esgotando e comezaron a racionar a que lle quedaba nas súas alforxas: un dedal de auga para cada un deles, e outro dedal para cada un dos animais. O rei Melchor fixo soar a bota na que levaban a auga, sentindo que, a aquel ritmo, non quedaba para máis de tres días. As dunas parecían non ter fin, como un océano de area que se extendía ata o horizonte. Aquela noite, cando lle ofreceu o dedal de auga ao seu camelo, quedou abraiado ao descubrir que éste podía falar e que lle dicía: -Bo rei, os camelos rexeitaremos o noso dedal de auga, porque é importante que vós, os tres reis, cheguedes ata o voso destino e adoredes ao Neno que trouxo paz, amor e alegría aos vosos corazóns. Sete días despois, logo dunha dura viaxe, os reis chegaron a Belén e se encamiñaron ao portal sobre o que brillaba a estrela. Os camelos, sedentos porque non beberan nin unha pinga de auga nunha semana, arfaban. Nun pesebre, o Neno ría, e con cada un dos seus sorrisos enchía o corazón dos pastores que o adoraban en paz, amor e alegría. Os tres reis desmontaron dos camelos, inclináronse ante Xesús e pousaron os regalos que trouxeran: ouro, incenso e mirra. O neno Deus estirou unha man e tocou o fuciño dun dos camelos. Éste sentíu unha gran sensación de paz no seu interior, e que xa non estaba sedento; en agradecemento por levar aos reis mgos ata Belén, o Neno concedéralle aos camelos a capacidade de amorear na súa corcova auga suficiente para camiñar polo deserto e nunca máis pasar sede.


TRADICIÓNS DE EXIPTO

Milad Majid Nos corenta días anteriores ao Nadal, a xente de Exipto fai un xaxún de produtos derivados dos animais, e non comen carne nin queixo, nin beben leite. É moi típico comer un pan sagrado chamado Qurban, que significa ofrenda, nel debúxase unha cruz e doce puntos que representan aos doce apóstolos. Como en Exipto se rixen por un calendario distinto ao noso, celebran o nadal o 7 de xaneiro.


OS CELEIROS DO ARROZ Hai moitos anos, moitos anos, cando o mundo era tan recente que moitas cousas carecían de nome, a xente e as plantas eran máis fortes e sans, porque os pecados e a corrupción aínda non chegara aos corazóns dos homes, e a natureza entregaba os seus froitos xenerosamente para todos os campesiños. Éste era o caso do arroz. Ao principio, cada gran de arroz era tan grande como a cabeza dunha persoa, e cando maduraba non se precisaba apañalo: el mesmo desprendíase e rolaba ata o celeiro. Con tan só un gran de arroz a xente comía e quedaba cheo, e non existía a fame no mundo. Dadeema, unha anciá que vivía coa súa neta Potte, tiña a casa preto dos campos de arroz, e decidiu enriquecerse construíndo uns celeiros onde amorear todos os grans que rolaban ata a porta da súa casa. Cando polo solsticio de inverno os seus veciños lle pediron uns grans de arroz, ela negouse a entregarllos se non pagaban unha gran suma de diñeiro. Como a xente non tiña con que pagarlle, o gran acabouse pudrindo no seu celeiro e a anciá tivo que tiralo, e moita xente pasou fame. Ao ano seguinte, a natureza, ao ver que tanta xente pasara fame, fixo unha colleita de arroz que fose aínda máis abundante. Ao ver a cantidade de arroz que crecía, Dadeema díxolle a Potte: -Imos construir celeiros máis grandes, para que colla todo o arroz. Pero os grans de arroz, grandes coma cabezas, rolaron ata a súa casa antes de que os celeiros estivesen completos, e a ancián queimou o excedente, pos non quería que os seus veciños famentos se aproveitasen del. -Oxalá os grans de arroz fosen máis pequenos! -queixouse a anciá. Os gran que brotaron do solo ao ano seguinte foron máis pequenos cá uña do dedo maimiño, pero igual de abundantes, e a anciana encheu o celeiro. Aquel ano, a anciá enfermou e tivo que gardar cama. Cando os veciños viñeron a pedir arroz, Potte entregoulles unha cunca a cada un. -Oxalá os grans de arroz non crecesen con tanta facilidade!- maldiciu Dadeema, ao ver a xenerosidade da súa neta. E rabeou, rabeou tanto que morreu da carraxe. A natureza ao ver a ingratitude de Dadeema, xa non entregou con tanta facilidade o seu froito, pero Potee e todos os seus descentes seguiron dando unha cunca de arroz ao máis necesitados, ainda que para conseguilo tivesen que dobrar o lombo baixo o sol e gañalo coa súar da súa frente.


TRADICIÓNS DA INDIA

Baradin ki shubh kamnaaye! É moi habitual que na India, para dar un ambiente de Nadal ao fogar, se decore cun abeto de plástico ou un bananeiro, con todos os adornos típicos do Nadal. Que orixinal! Nas portas das casa colgan grandes luces de cor branca e cando chega a noite parecen estrelas que descenderan ata a Terra para amosarnos un marabilloso espectáculo. O prato típico desta época é o vindaloo, un cocido de carne de porco marinado nunha vinagreta de allo e viño, e o bibingka, unha sobremesa a base de capas de coco e manteca.


A PEDRA DE SAINT-MIREL A noite do 24 de decembro era moi especial porque cada ano,a medianoite,celebrábase a Misa do Galo,e os corazóns de todo o mundo enchíanse de paz,amor e ledicia. O demo Maufait rabeaba ó sentir que a presenza do amor ó Neno Xesús facíase cada día máis forte nos corazóns da xente ,e a súa rabia era tanta que facía que as pedras se movesen soas e que as ladeiras das montañas se escorregaran ata amosar todos os tesouros que escondían no seu interior. Con iso,o Maufait quería tentar a algún avaricioso para que non acudise á Misa do Galo por buscar algún de aqueles tesouros. Unha Noiteboa un neno chamado Harpagon viuse tentado por un brillo dourado que revelaba un das pedras erguidas do monte de Saint-Mirel.Quixo acercarse pero unha bela doncela que paseaba pola ladeira parouno. -Non pequeno.Para poder obter o tesouro que esconde a pedra de Saint-Mirel debes cavar baixo ela cunha rama dourada no bosque de abelairas e enterrar unha moeda de ouro mentras soan as doce badaladas da medianoite -informou a doncela ,que era o Maufait disfrazado. -Non poderei acudir á Misa do Galo,se a medianoite debo estar aquí. -O ano que ven haberá outra Misa do Galo;sen embargo,calquera outra persoa pode descubrir o tesouro de Saint-Mirel en calquera intre. Harpagon fixo o que a doncela lle aconsellara.Arrancou unha rama dourada de abelaira,correu a Saint-Mirel e esperou a medianoite.As badaladas que anunciaban os cuartos resoaron na baleira montaña con un forte eco,e Harpagon cavou.Ó contacto coa rama,a rocha alzouse polos aires.O neno enterrou a moeda de ouro que a súa avoa lle dera como agasallo de Nadal… e ó facelo xurdiu da terra un rico tesouro,cheo de moedas antigas que brillaban como estrelas.Harpagon empezou a sacar puñados de moedas,a gardalas nun saquiño: un,dous,tres,catro,cinco,seis puñados... ¡Máis,quería máis!Sete,oito,nove,dez,once… Xa soaba a decimosegunda badalada…e demasiado tarde deuse de conta de que tras ela o feitizo da pedra de Saint-Mirel desaparecía,e ésta volvía o seu lugar orixinal.Harpagon escapou a duras penas de ser esmagado,pero o saco das moedas si quedou atrapado.O neno perdera o tesouro e o agasallo da súa avoa…Pero aínda podía chegar á Misa do Galo,e non habería maior tesouro que sentir no seu corazón paz,amor e ledicia.


TRADICIÓNS

DE

FRANCIA

Joyeux Noël! En Francia a Noiteboa chámase Reéveillon e a familia celebra unha gran comilona(na casa ou nun restaurante) que dura toda a noite,con pavo e polo asado e unha salchicha branca que chaman boudin blanc. Durante os días de Nadal cómese o bûche de Noël (tronco de Nadal),un postre con forma de tronco,que recorda cando,na antigüidade,a noite antes de Nadal,a persoa máis xoven da familia e a máis anciá ían ós bosques a buscar un bo tronco que queimar na chimenea para que lles quentase toda a noite. Os agasallos tráeos o Père Noël (a noite do 24 de decembro),aínda que hai que ir con coidado co Père Fouettard (Papá Correas), que da azoutes ós nenos que se portaron mal durante o ano.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.