Dende a biblioteca do IES Valle Inclán, queremos animar a todo o alumnado a participar nun
CONCURSO DE MARCAPÁXINAS
BASES DO CONCURSO: ● Poden participar todos os/as alumnos/as do centro. ● Estableceranse tres categorías: A: 1º ciclo da ESO B: 2º ciclo da ESO C: BACHARELATO ● Aínda que o motivo do marcapáxinas será o día do libro (23 de abril) poderá facerse tamén cun tema libre. ● Todos os marcapáxinas incluirán un lema relacionado co mundo dos libros. ● As medidas dos marcapáxinas serán arredor de 5x20 cm e o soporte, papel cartolina. ● O prazo de presentación será ata o día 13 de abril. ● O lugar de entrega será a propia biblioteca, durante os recreos. ● O marcapáxinas presentarase nun sobre, aberto, que contará tamén cunha folla cos datos persoais (apelidos, nome, curso e grupo). Indicarase a categoría no exterior do sobre. ● Haberá un premio para cada categoría.