Urbanismo e mobilidade. Caminhos seguros

Page 1

CAMIテ前S SEGUROS do Morrazo


02/2 O proxecto: Os nosos Camiños Seguros Os Camiños Seguros do Morrazo son unha proposta de creación+recuperación dunha rede infraestructural intermunicipal, os camiños, que devolve á veciñanza a posibilidade de desprazarse de xeito seguro, económico e saudable. Unha nova rede viaria cuxo obxectivo é complementar tanto a rede de estradas para o coche como ao transporte colectivo existente. Outros beneficios potenciais desta nova rede serán o aumento dos espazos para a socialización, a conexión entre os comercios e servizos así como o incremento da seguridade para escolares, camiñantes ou ciclistas.

O proxecto quere dar resposta ás novas demandas de habitabilidade, competitividade económica e desenvolvemento humano; para iso fai fronte aos actuais procesos de obsolescencia territorial. A nova rede foi deseñada segundo a máxima da “innovación por necesidade”, posto que non xorde como resposta ideolóxica a un problema, senón por adaptación ao contexto de escaseza que ten imposto a crise.

1

Esta nova rede de Camiños Seguros pretende corrixir deficiencias do sistema infraestructural actualmente existente ao tempo que estimula o desenvolvemento do potencial territorial endóxeno. Baséase para iso, nunha reutilización+reinterpretación da rede viaria, baixo novas “regras” nas que, o vehículo a motor cede o protagonismo e preferencia ao camiñante e o ciclista.

Os Camiños Seguros respetan: a orografía (1), as leiras (2)...

2


Na actualidade atopámonos con que os habitantes da cidade difusa dependen do automóbil. Isto é, a un tempo, causa e efecto do incesante incremento da rede viaria. Se observamos o proceso en detalle, atopámonos con que estase a construir unha rede de estradas ex-novo o que produce unha incesante merma na rede de camiños secundarios (tradicionais). Co obxectivo de mellorar a accesibilidade, estase a achegar o coche a tódolos recunchos do territorio, pero no proceso provócase a incomunicación entre os espazos próximos, xa que canto máis ancha é a estrada, máis bulen os coches e máis insegura se fai para o peón. Na actualidade resulta imposible moverse na cidade difusa sen un coche.

3

Outra consecuencia directa é a crecente mono-funcionalidade do espazo público; este vese reducido a un mero espazo de tránsito. É así como se expulsan dos camiños actividades como a socialización, o xogo e o tránsito a pé.

4 ...os casas (3) e a xente (4)

Neste contexto nace o proxecto da Rede de Camiños Seguros. Un proxecto piloto, que procura restituír o dereito á mobilidade a pé ou en bicicleta. A través dunha rede de camiños, híbridos, como o territorio no que se insiren. Outros beneficios que aporta este proxecto é o aumento da autonomía dos escolares, que as persoas maiores poidan saír de casa en zapatillas, que pasear á tardiña sexa unha experiencia agradable, que volvan a acontecer “cousas” no espazo público, que se aforren cartos en mobilidade nas economías familiares…


Sería asimesmo de agardar unha progresiva aterraxe de novos volumes e funcións no entorno destes camiños seguros, xa que constituirían en si mesmos un valor en torno ao cal pagaría a pena vivir. Estas mutacións, observables a medio prazo, darían lugar a unha capa máis naquela secuencia histórica que vimos na parte 01 desta publicación.

02/3 Debate participativo Camiños Seguros do Morrazo é unha proposta técnica, pero antes do que iso é un convite ao debate. Estamos firmemente convencidos de que a toma de decisións, cando estas inflúen sobre o futuro dun territorio, deben ser consensuadas pola xente que habita no mesmo. O proxecto é o resultado dun estudio previo das fortalezas e debilidades presentes na estrutura territorial do Morrazo. Ese traballo técnico representa apenas a primeira fase do traballo; agora faise público para que poida ser discutido. O noso papel convértese entón no de mediadores entre os diferentes intereses presentes na sociedade.

Marcha convocada para promover a recuperación do Camiño Real entre Cangas e Moaña. Acudiron ao redor de 200 persoas entre peóns e ciclistas. Febreiro 2014. Fotografías: Santos Álvarez Fonte Faro de Vigo


O resultado será un proxecto socialmente compartido; resultado de adaptar, enriquecer e rectificar esta proposta inicial. Como facer isto posible? · Xerando espazos para a discusión: presentacións, mesas redondas, mesas de traballo, entrevistas individuais, itinerarios participativos… · Achegando a linguaxe técnica, derrubando as barreiras que normalmente existen entre os técnicos e o resto da sociedade. · Recorrendo a diferentes técnicas de representación que sirvan non só para plasmar a proposta, senón que tamén sirvan de soporte para a discusión: Maquetas, mapas, audiovisual, este volume… ata chegar ao mapa de síntese. · Aprendendo das experiencias que acumulamos noutros procesos participativos; entre elas o traballo de mediación en torno á problemática do Camiño Real en Tirán.

No último ano realizáronse presentacións e exposicións para debater o trazado e a proposta de adecuación do Camiño Real como “espazo compartido”.


Este é um fragmento do libro “Urbanismo e mobilidade. Camiños Seguros do Morrazo” En breve estará dispoñíbel na nosa web: www.caminhosseguros.com


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.